Temática: No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina [20]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921 |
Ver
Transcripción da Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921Tal como indica o nome elixido para a nova entidade, tivo dende os inicios a finalidade expresa de loitar pola emancipación económica, cultural, política e social dos galegos, principalmente dos que vivían do campo. Esta organización defendía o ideario republicano e de esquerdas e o agrarismo rexional. Pronto aparecen disensións entre dous sectores: os que se declaran galeguistas, que priman os intereses de Galicia na súa loita, e o sector socialista, para os que a defensa da república, do obreiro e dos ideais de esquerdas son prioritarios.
|
|
| 1922-01-01 | O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 |
Ver
Transcripción da O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 en 01/01/1922A necesidade de crear un órgano de expresión propio foi unha das prioridades da Federación acabada de fundar e estaba recollida nos seus estatutos. Este xornal informaba mensualmente sobre o funcionamento da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.) e das actividades das sociedades federadas. O seu primeiro director foi o galeguista Antón Alonso Ríos. Neste primeiro número aparecen reproducidos os estatutos e a declaración de principios aprobados no congreso constituínte. |
| 1926-00-00 | Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 |
Ver
Transcripción da Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 en 00/00/1926De pé aparecen Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo. Este último acababa de chegar da súa viaxe a Europa, na que visitou Galicia e Sada, a súa vila natal. Na sede da FSG impartiu unha conferencia co título de "Impresiones de un viaje por la tierra gallega".
|
| 1931-00-00 | Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931 |
Ver
Transcripción da Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931 en 00/00/1931Coa chegada da República, os galeguistas da colectividade do Río da Prata cren que é o momento de conseguir as aspiracións nacionalistas para Galicia. O poeta e xornalista galego Julio Sigüenza dende Uruguai e Antón Alonso Ríos en Bos Aires publican na prensa da colectividade a necesidade de enviar unha delegación para participar activamente no proceso electoral constituínte. A FSG toma a iniciativa de mandar a Galicia varios dos seus dirixentes. Ademais dos xa mencionados, viaxaron en maio de 1931 Ramón Suárez Picallo e Pedro Campos Couceiro, e máis tarde fíxoo Eduardo Blanco-Amor, como correspondente de prensa. |
| 1935-00-00 | Comisión feminina da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, 1935 |
Ver
Transcripción da Comisión feminina da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, 1935 en 00/00/1935A presenza das mulleres no asociacionismo emigrante foi secundaria. Como membros das comisións femininas ou comités de damas participaban nos diversos actos societarios e na recollida de fondos. Recibían con flores aos persoeiros que visitaban a entidade; nos banquetes, festas e bailes eran as encargadas de organizar e servir o xantar, da decoración ou da limpeza final. Destacaron nos actos culturais como membros dos coros e grupos de danza, nos actos teatrais ou nos recitais poéticos.
|
| 1937-03-06 | Carta Orgánica da Federación de Sociedades Galegas, 1937 |
Ver
Transcripción da Carta Orgánica da Federación de Sociedades Galegas, 1937 en 06/03/1937Pouco despois da división da Federación en dúas entidades diferentes, acontecida en 1929, comezaron a xurdir voces favorables para superar as diferencias e volver unirse. Durante o período republicano houbo varios intentos de fusión pero non será ata 1936, coa Guerra Civil, cando se deixen de lado as vellas hostilidades e teña lugar a unión federativa. Esta fusión será ben acollida en xeral polas sociedades de ambas as federacións, que aproban nun congreso extraordinario a súa declaración de principios e novos estatutos, que se poden consultar neste documento. |
| 1938-00-00 | Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938 |
Ver
Transcripción da Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938 en 00/00/1938En moitas das sociedades federadas funcionaban comisións internas de solidariedade que eran coordinadas pola Central Gallega da FSG. Unha vez rematada a guerra, a Federación desempeñou un importante papel na axuda aos refuxiados e a súa repatriación. Neste período a axuda foi enviada aos campos de concentración en Francia; ao tempo que se denunciaba a súa situación, continuaron apoiando aos exiliados que chegaban a Arxentina, facilitándolles permisos de residencia e axudándoos na solución dos problemas burocráticos que se presentaban, así como na obtención de traballo, axudas médicas e sanitarias ou axudas económicas puntuais.
|
| 1938-00-00 | Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938 |
Ver
Transcripción da Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938 en 00/00/1938Durante a Guerra Civil, a FSG desempeñou un importante papel de apoio ao bando republicano. Tras coñecerse o golpe militar, foi das primeiras entidades da colectividade en mandar axuda monetaria e sanitaria a través da Cruz Vermella. En outubro de 1936 organizou o Comité de Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, que pouco despois pasou a chamarse Central Gallega. Os socios das distintas entidades federadas organizaban numerosas actividades para recadar fondos e enviar alimentos e medicamentos ao bando republicano.
|
| 1941-00-00 | Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941 |
Ver
Transcripción da Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941 en 00/00/1941A FSG celebraba numerosas actividades en que participaban activamente os socios, ben para escoitar mitins de políticos ou persoeiros afíns e como unha maneira de difundir o seu ideario, ben para recadar fondos cos que financiar as súas numerosas actividades a prol dos refuxiados. Cada ano organizaban festivais para conmemorar datas significativas, como o Día de Galicia ou o aniversario da República, e tamén comidas de camaradaría, romarías e festas campestres, bailes familiares etc., reunións coas que afianzaban a unión dos socios. Nestes actos, difundidos no voceiro social, actuaban artistas da colectividade como Maruxa Villanueva, José Vales ou o actor Fernando Iglesias "Tacholas", grupos societarios de coros e danzas, gaiteiros etc.
|
| 1943-00-00 | Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943 |
Ver
Transcripción da Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943 en 00/00/1943Na mesa do fondo podemos ver, presidindo o acto, a Xerardo M. Díaz, secretario xeral da FSG, e a Antón Alonso Pérez, director da S.A. Alborada; á súa beira, Francisco Pérez Leiro, deputado nacional arxentino. Alonso Pérez foi outra das figuras destacadas no seo da FSG. Socio e presidente da sociedade de Nogueira de Ramuín, ingresou en 1932 na Federación pola lista do líder nacionalista Manuel Cao Turnes. Declarado socialista e galeguista, participou en diversas executivas co cargo de tesoureiro e foi secretario xeral nos anos 1955-1956, 1958-1959. Foi un dos principais xestores da compra da sede social en Chacabuco e participou nos anos 40 e 50 como orador en numerosos actos e homenaxes.
|
| 1944-00-00 | Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944 |
Ver
Transcripción da Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944 en 00/00/1944O labor de axuda e apoio a causa republicana da FSG foi salientado por Castelao en varios dos seus discursos. Castelao era considerado pola colectividade como o símbolo espiritual da patria e era recibido con entusiasmo en todas as súas visitas ás asociacións galegas. Os e as emigrantes acudían masivamente aos actos públicos nos que participaba. Como delegado do Centro Orensano participou no Congreso federal de 1942. Aínda que mantiña unha boa relación persoal con varios dirixentes da FSG como Alfredo Baltar ou Alonso Ríos, existían diferencias ideolóxicas de cara á política da República no exilio, pois a FSG non compartía a preeminencia do Partido Galeguista. A creación do Consello de Galiza en novembro de 1944 xerou novas diverxencias, aínda que sempre existiu unha liña aberta de diálogo e boa vontade tanto por parte da Federación como de Castelao.
|
| 1950-00-00 | Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950 |
Ver
Transcripción da Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950 en 00/00/1950Xerardo M. Díaz escribe as entidades que forman parte da Federación para que intenten atraer cara ás súas filas os numerosos emigrantes que na década dos 40-50 estaban vindo ao país. Segundo a súa premisa, ao chegar debían asociarse á Federación para deixar de lado os postulados franquistas e adoptar o ideario republicano e democrático que se defendía. Durante o franquismo a FSG continuou realizando actividades de apoio ás políticas antifranquistas e á loita guerrilleira, denunciando con campañas na prensa a situación dos presos políticos e a represión da ditadura. |
| 1954-00-00 | Romaría da sociedade Hijos de Buján no campo de recreo da Federación, 1954 |
Ver
Transcripción da Romaría da sociedade Hijos de Buján no campo de recreo da Federación, 1954 en 00/00/1954Aínda que a Federación organizaba diversas actividades sociais para manter a unión dos seus afiliados, as sociedades que a integraban facían pola súa vez moitas actividades festivas de maneira individual nas dependencias federativas ou no campo de recreo federal, como nesta foto. Manter vivos os vínculos de orixe e a sociabilidade entre os paisanos era moi importante para a colectividade emigrada.
|
| 1955-11-05 | Estatutos da sociedade federada Residentes del Municipio de Porriño, 1955 |
Ver
Transcripción da Estatutos da sociedade federada Residentes del Municipio de Porriño, 1955 en 05/11/1955Esta sociedade creouse o 1 de xuño de 1938 pola fusión de varias entidades do concello do Porriño que existían en Bos Aires: Fomento de Porriño y su distrito, Unión Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño e Hijos de San Salvador de Budiño. |
| 1958-00-00 | Actuación do Coro da Federación durante a celebración do 37 aniversario fundacional, 1958 |
Ver
Transcripción da Actuación do Coro da Federación durante a celebración do 37 aniversario fundacional, 1958 en 00/00/1958Unha das datas máis emblemáticas ao longo dos anos foi a conmemoración do seu aniversario social. Nesta data organizaba, aínda hoxe o fai, numerosas actividades festivas, como unha comida de camaradaría e diversas actuacións nas que participan os coros e grupos de danza da FSG e das sociedades federadas.
|
| 1960-00-00 | Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960 en 00/00/1960De esquerda a dereita podemos ver a Arturo Cuadrado, Alberto Portas (secretario xeral da FSG), Abelardo García, Maruxa Boga (actriz e directora da audición radial Recordando a Galicia), José Gil e Marta Portas. Nos anos 60 a Federación centrou as súas actividades no eido cultural, coa organización de actos como este recoñecemento a unha das figuras máis queridas e valoradas no seo da colectividade emigrada e que moitas veces colaborara coa Federación dende as ondas na reivindicación do papel dos e das emigrantes galegas na sociedade arxentina.
|
| 1967-00-00 | Xantar no salón de actos da Federación, 1967 |
Ver
Transcripción da Xantar no salón de actos da Federación, 1967 en 00/00/1967Na imaxe podemos ver a Arturo Cuadrado, Antonio Quintas e, de pé, Andrés Beade Dopico dirixíndose aos asistentes. Andrés Beade, fillo do último alcalde republicano da vila de Betanzos, emigrou a Arxentina a finais dos 50 por motivos económicos pero tamén pola represión que se vivía en Galicia contra as familias consideradas desafectas ao réxime. Afiliado e dirixente do Centro Betanzos, entrou na FSG nos 60 e foi redactor do Galicia dende 1964. En 1966 foi elixido secretario xeral, cargo que volveu ocupar en 1981; entrementres participou activamente ocupando diversos cargos na directiva federal ata 1983, ano en que retornou a Galicia.
|
| 1969-00-00 | Capa do libro Castelao artista, publicado pola editorial Alborada da Federación de Sociedades Galegas, 1969 |
Ver
Transcripción da Capa do libro Castelao artista, publicado pola editorial Alborada da Federación de Sociedades Galegas, 1969 en 00/00/1969Este libro de Luís Seoane foi escrito en 1951, pero non foi ata novembro de 1969 cando saíu impreso baixo o selo da editorial da FSG e a dirección de Arturo Cuadrado. |
| 1975-09-24 | Folleto editado polo 75 aniversario fundacional da Federación, 1975 |
Ver
Transcripción da Folleto editado polo 75 aniversario fundacional da Federación, 1975 en 24/09/1975Neste folleto podemos ler unha pequena historia social das asociacións federadas nese momento. A caída da chegada de emigrantes cara a Arxentina a partir da década dos 60 e a diminución de socios e entidades federadas provocaron un cambio nas finalidades da FSG. Se ata o momento continuaba a súa loita antifranquista, a chegada da democracia en España fai virar as súas prioridades, centradas agora na defensa das condicións de vida da colectividade emigrada e da cultura galega en Arxentina. |
| 2020-00-00 | Sede da Federación na rúa Chacabuco, 2020 |
Ver
Transcripción da Sede da Federación na rúa Chacabuco, 2020 en 00/00/2020Dende a súa fundación a FSG, ocupou diversas sedes alugadas que ían cambiando ben por motivos económicos, ben polas necesidades do seu funcionamento. Coa reunificación federativa, o desexo de ter unha sede propia máis ampla para poder acoller a todas as sociedades federadas levou á creación dunha comisión “Pro-Casa Propia”, dirixida por Antón Alonso Pérez e co obxectivo de recadar fondos para mercar un edificio e acondicionalo para o seu uso. En 1942, tras unha intensa campaña na prensa da colectividade e coa axuda económica do seu principal valedor, consegue mercar un edificio no número 955 da rúa Chacabuco, que hoxe en día continúa a ser a sede federal e onde está instalado o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina Francisco “Paco” Lores (MEGA). Neste museo pódense visitar numerosas exposicións e consultar o patrimonio documental desta centenaria institución.
|


