Temática: O exilio galego [20]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Envío de axuda para a República Española, ca. 1938 |
Ver
Transcripción da Envío de axuda para a República Española, ca. 1938Dende América, moitas das entidades de emigrantes galegos inician diversas campañas e colectas de recollida de cartos e materiais médicos, roupa e alimentos para enviar ao bando republicano. Na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina creáronse varios comités para o envío de axuda ás zonas máis necesitadas.
|
|
Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942 |
Ver
Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942Florencio e Ramón eran amigos en Galicia, ambos os dous afiliados ao Partido Galeguista e exiliados no país azteca en 1939. Aquí aparecen, posando de maneira divertida, nun día de lecer.
|
|
Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970 |
Ver
Transcripción da Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970En 1939 Carlos Velo, cun salvoconduto do exército republicano, pasou a Francia como refuxiado e acabou no campo de concentración de Saint-Cyprien. Grazas aos irmáns Fernando e Susana Gamboa, embarcou rumbo a México no vapor Flandre. Á súa chegada, Velo asume a secretaría xeral do Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles.
|
|
| 1925-00-00 | Retrato de Maruxa Mallo, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Retrato de Maruxa Mallo, ca. 1925 en 00/00/1925Esta pintora, "musa do surrealismo", foi unha das moitas galegas que tiveron que exiliarse tras a Guerra Civil. Na República xa era unha recoñecida pintora, amiga de destacados intelectuais da época como Rafel Alberti, María Zambrano, Bergamín, García Lorca, Buñuel, Dalí... e xa realizara numerosas exposicións de éxito, coas que ía tendo un nome nos círculos artísticos da capital.
|
| 1938-11-11 | Chegada de Castelao á Habana, 1938 |
Ver
Transcripción da Chegada de Castelao á Habana, 1938 en 11/11/1938Castelao foi convidado pola Casa de Cultura da Habana a visitar Cuba e impartir diversas conferencias. Chegou en novembro de 1938 e foi recibido de maneira multitudinaria. Viaxou por case toda a illa dando mitins en prazas, teatros ou campos deportivos para acadar apoios e axuda económica para a República española. Ademais participou activamente nas eleccións do Centro Galego da Habana, sendo decisivo o seu apoio á candidatura de "Hermandad Gallega", de esquerdas e pro-republicana, que se impuxo á candidatura valedora dos sublevados franquistas.
|
| 1939-00-00 | Embarque de refuxiados españois no porto de Sètes (Francia) cara a México, 1939 |
Ver
Transcripción da Embarque de refuxiados españois no porto de Sètes (Francia) cara a México, 1939 en 00/00/1939Fuxir por Francia foi nos anos da guerra unha saída para os españois que escapaban da violencia e da represión. Pero o grande aluvión de refuxiados en 1939 fixo que as autoridades francesas quedasen desbordadas e promulgasen leis bastante restritivas para a acollida. Os exiliados foron internados en campos de concentración, nun primeiro momento nos de Argelès-sur-Mer e Saint-Cyprien, onde tiveron que soportar unhas condicións moi precarias, sen hixiene, sen apenas comida nin medicamentos e vivindo amoreados en barracóns feitos por eles mesmos. A única saída que tiñan era volver a España, algo imposible para moitos deles, ou intentar entrar nas listas de pasaxeiros dalgún barco fretado por países defensores da causa republicana, como México ou Chile.
|
| 1939-05-25 | Saída de refuxiados cara a México no buque Sinaia, 1939 |
Ver
Transcripción da Saída de refuxiados cara a México no buque Sinaia, 1939 en 25/05/1939O 13 de xuño de 1939, este buque chegou a México con case 1600 refuxiados españois. Foi a primeira das numerosas viaxes con exiliados que chegaron a América neses anos.
|
| 1939-12-30 | Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939 |
Ver
Transcripción da Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939 en 30/12/1939Nesta carta, Carlos Tobío relátalle á súa familia as difíciles circunstancias da súa saída de España ata chegar a Cuba, onde por fin se reunira con seu irmán Lois. Grazas a ter uns tíos emigrantes na illa, estes irmáns conseguen permiso de entrada en 1939. De todos os modos, o Goberno cubano poñíalles numerosas trabas burocráticas para exercer a súa profesión aos refuxiados republicanos, polo que a súa estadía alí foi ás veces un paso previo cara a outros países máis receptivos, tal foi o caso dos irmáns Tobío Fernández, que marchan a México, ou de José Rubia Barcia, que acaba instalándose nos Estados Unidos. |
| 1940-04-19 | Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940 |
Ver
Transcripción da Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940 en 19/04/1940En xullo de 1936 Castelao atopábase en Madrid presentando nas Cortes o Estatuto de autonomía de Galicia, que acababa de ser aprobado polo pobo galego. Isto salvou a súa vida. Durante a guerra foi comisionado polo Goberno republicano para participar en viaxes de propaganda á Unión Soviética, Estados Unidos e Cuba. |
| 1941-01-28 | Ficha de inmigración do goberno mexicano de Lois Tobío Fernández, 1941 |
Ver
Transcripción da Ficha de inmigración do goberno mexicano de Lois Tobío Fernández, 1941 en 28/01/1941Lois Tobío Fernández, diplomático, escritor e político galego, formou parte do Goberno republicano e tivo que exiliarse en 1938. Tras o seu paso pola Habana, onde conseguiu dar algúns cursos na universidade recomendado polo mesmo Castelao, marcha a México onde comeza a traballar como profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Pouco despois trasládase a Uruguai, país de nacemento da súa muller, onde ambos se asentaron durante vinte anos, ata o seu retorno a España en 1961. |
| 1944-00-00 | Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944 |
Ver
Transcripción da Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944 en 00/00/1944O 15 de novembro de 1944 constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, como un intento de manter a lexitimidade republicana e a reivindicación do autogoberno galego, pois o Estatuto de autonomía, plebiscitado poucas semanas antes do levantamento militar, non chegou a entrar en vigor. Participaban nel como persoeiros os catro deputados galegos das Cortes republicanas, todos eles no exilio: Castelao (quen foi o seu primeiro presidente ata a súa morte en 1950), Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo. Aínda que non todo o exilio o aceptou como representativo, polo excesivo protagonismo dos galeguistas, entre as colectividades americanas tivo unha grande acollida. A súa principal preocupación foi manter viva a memoria do galeguismo e a defensa dos dereitos políticos de Galicia ante os gobernos republicanos e as outras comunidades como a catalá e a vasca. |
| 1944-00-00 | Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944 |
Ver
Transcripción da Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944 en 00/00/1944Na fotografía podemos ver un grupo de refuxiados galegos camiño do exilio. Na primeira liña, á esquerda, está María Araújo Martínez, máis coñecida como "María a guerrilleira". A nena é a súa filla, Dora Carcaño, quen se convertería nunha figura destacada da revolución cubana. Están tamén a parella formada por Ascensión Concheiro e Francisco Comesaña, cuxa vida serviu de inspiración a Manolo Rivas para o seu libro O lapis do carpinteiro.
|
| 1945-00-00 | Homenaxe da colectividade galega ao diplomático uruguaio José María Perelló con presenza de Castelao, 1945 |
Ver
Transcripción da Homenaxe da colectividade galega ao diplomático uruguaio José María Perelló con presenza de Castelao, 1945 en 00/00/1945Castelao realizou varias visitas a Uruguai. En 1940, de camiño a Arxentina, fixo escala en Montevideo, onde recibiu unha cálida homenaxe por parte da colectividade galega alí asentada. En abril de 1943 regresou xunto a Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde, integrando a delegación galeguista nun acto a prol da República. Será tamén Montevideo onde se faga a presentación do Consello de Galiza.
|
| 1945-08-17 | Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 |
Ver
Transcripción da Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 en 17/08/1945Castelao era o símbolo da loita e defensa do galeguismo. Cada un dos seus actos políticos e artísticos eran seguido e apoiado polos galegos residentes alén mar.
|
| 1948-00-00 | Jovita Pérez cos seus tres fillos e familiares en Portugal. 1948 |
Ver
Transcripción da Jovita Pérez cos seus tres fillos e familiares en Portugal. 1948 en 00/00/1948A partir de 1946 van ser posibles novas saídas de exiliados e/ou das súas familias, que ademais marchan forzados pola situación política e social, pero tamén para reunirse cos seus.
|
| 1952-08-00 | Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952 |
Ver
Transcripción da Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952 en 00/08/1952Xunto a Blanco-Amor, están os exiliados galegos Pepe Velo, Juan Noya Gil e Mariano Otero Castelao. Tamén aparece Manuel Meilán (á beira de Velo), que foi presidente da Irmandade Galega de Venezuela.
|
| 1954-00-00 | Festa de benvida a Francisco Fernández del Riego na súa primeira viaxe a Bos Aires, 1954 |
Ver
Transcripción da Festa de benvida a Francisco Fernández del Riego na súa primeira viaxe a Bos Aires, 1954 en 00/00/1954No centro da imaxe podemos ver a Virxinia Pereira, viúva de Alfonso Castelao, quen era considerada pola colectividade galega en Arxentina como a depositaria da memoria e da defensa do ideario do seu home. Aparecen na fotografía Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos xunto coas súas donas, Virxinia Pereira, detrás dela está Manuel Puente, Maruxa Seoane, Francisco Fernández del Riego e a súa esposa, Evelina Hervella.
|
| 1956-07-00 | Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956 |
Ver
Transcripción da Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956 en 00/07/1956Aproveitando a celebración do primeiro centenario do Banquete de Conxo, o Consello de Galiza aprobou organizar un gran congreso da emigración galega. Convocaron aos máis destacados persoeiros galegos en América como representantes das colectividades a unhas xornadas que tiveron lugar en Arxentina. Este congreso tivo unha ampla repercusión e aprobáronse numerosas mocións editadas nunhas actas que se poden consultar no noso web.
|
| 1975-00-00 | Reunión do Padroado Museo Carlos Maside. Ca. 1975 |
Ver
Transcripción da Reunión do Padroado Museo Carlos Maside. Ca. 1975 en 00/00/1975Vemos de esquerda a dereita a Ricardo García Suárez, Ramón Piñeiro, Domingo García Sabell, Rafael Dieste, Sebastián Martínez Risco, Álvaro Gil, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego e Eduardo Blanco-Amor. Todos eles son membros do padroado para a creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
|
| 1977-02-19 | Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977 |
Ver
Transcripción da Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977 en 19/02/1977Nesta reunión decidiuse a creación do Instituto Galego de Información (IGI). Lorenzo Varela e Luís Seoane, retornados a Galicia, desexaban crear un novo xornal galego e en galego, tal como aparece nos estatutos do IGI.
|


