Temática: Mulleres galegas na emigración

Temática: Mulleres galegas na emigración [20]

Data Material Ver
Data Material Ver
Comité de damas da sociedade benéfica e de instrución Liga Santaballesa da Habana, ca. 1930
Ver

Transcripción da Comité de damas da sociedade benéfica e de instrución Liga Santaballesa da Habana, ca. 1930

A presenza da muller nas asociacións de emigrantes estivo moi centrada nos comités de damas, integrados na súa gran maioría polas esposas e fillas dos seus directivos. Na maior parte das entidades o papel das socias era pouco activo e non contaban cos mesmos dereitos e beneficios sociais que os homes. Os comités de damas encargábanse de organizar actividades de carácter benéfico para recadar fondos cos que axudar aos seus compatriotas máis necesitados.


Mestra e alumnas do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, ca. 1945
Ver

Transcripción da Mestra e alumnas do Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, ca. 1945

O Plantel Concepción Arenal foi creado en 1880 para dar formación aos socios e familiares do Centro Galego. A partir de 1894 permitiuse o acceso das mulleres ás súas clases. Pero a oferta educativa non era igual á dos homes: había aulas diferenciadas por sexos e as alumnas recibían clases de ensino primario, corte e costura, labores domésticas ou secretariado, isto é, as tarefas que se consideraban daquela "femininas", aínda que, co paso do tempo e paralelamente á modernización da sociedade, fóronse ampliando os estudos.


Traballadoras dunha fábrica de IPUSA durante unha visita dos xefes e investidores, Pando (Montevideo), ca. 1948
Ver

Transcripción da Traballadoras dunha fábrica de IPUSA durante unha visita dos xefes e investidores, Pando (Montevideo), ca. 1948

En 1937 Xesús Canabal fundou a Industria Papelera Uruguaya S. A. (IPUSA) e en 1948 creou en Pando unha fábrica con máis de 100 traballadores, na que predominaban as e os emigrantes galegos. Alí fabricaban papel e material de escritorio e chegou a ser unha das más importantes do sector en Uruguai.


Carmen Borrazás Landeira e María Paradela Cancela paseando por Caracas, ca. 1965
Ver

Transcripción da Carmen Borrazás Landeira e María Paradela Cancela paseando por Caracas, ca. 1965

Carmen, natural de Santiago de Compostela, representou o perfil predominante da muller galega na segunda onda migratoria con destino a América. En 1960, con 21 anos de idade, emprende unha longa viaxe soa ata o porto da Guaira, onde a esperaba o seu marido Antonio. En Caracas traballou os primeiros anos como dependenta nunha "boutique" propiedade dunha empresaria xudía. A súa vida laboral foi interrompida polo nacemento dos seus dous fillos ata o seu retorno a Galicia en 1982. María, natural de A Baña, iniciou a aventura migratoria en solitario e de xeito independente, o cal non era moi frecuente entre as mulleres nos anos 50. Alí traballou como empregada doméstica dunha familia caraqueña acomodada.


Emigrantes galegas nas cociñas do Restaurante Baron de la Mouette, Zürich (Suíza), ca. 1965
Ver

Transcripción da Emigrantes galegas nas cociñas do Restaurante Baron de la Mouette, Zürich (Suíza), ca. 1965

A emigración a Europa supuxo para as galegas unha nova vía para emigrar durante a posguerra. Pese ás dificultades de integración (lingua e cultura moi diferentes), os bos soldos e as mellores condicións laborais facían que os países europeos resultasen moi atractivos. Generosa Lois Daparte, emigrante lalinense en Suíza, traballou no sector da hostalaría, na cociña de varios restaurantes e cafetarías. Aquí posa cunhas compañeiras galegas no seu traballo.


Carmen Martínez Rey na fábrica de metalurxia onde traballaba en Alemaña, ca. 1970
Ver

Transcripción da Carmen Martínez Rey na fábrica de metalurxia onde traballaba en Alemaña, ca. 1970

Carmen emigrou a Alemaña a finais dos anos 60. Alí traballou nunha fábrica de pezas metálicas. Pouco a pouco as mulleres galegas en Europa, ampliaron as súas expectativas laborais e, ademais da hostalaría e o servizo doméstico, foron accedendo a postos nas fábricas dos países industrializados.


1901-00-00
Portada de Almanaque Gallego, publicado por Manuel Castro López en Arxentina, Bos Aires, 1901
Ver

Transcripción da Portada de Almanaque Gallego, publicado por Manuel Castro López en Arxentina, Bos Aires, 1901 en 00/00/1901

Na prensa da colectividade en América dábase unha imaxe tradicional da muller galega como traballadora, abnegada, sempre dedicada ao fogar e á súa familia. No primeiro terzo do século XX, leváronse a cabo moitas campañas contrarias á emigración feminina. Nesta portada vemos a representación dunha muller despedindo os emigrantes que viaxan nun barco que vai cara a América.


1910-00-00
Emigrante galega coidando duns nenos nun parque, Madrid, 1910
Ver

Transcripción da Emigrante galega coidando duns nenos nun parque, Madrid, 1910 en 00/00/1910

A muller galega era moi apreciada como traballadora no fogar e como coidadora dos nenos das familias podentes, non só en América, senón tamén na capital de España. O traballo no servizo doméstico foi unha das principais saídas laborais das nosas emigrantes.


1918-02-26
Carta de Julia Ramos, emigrante natural de Arzúa, dirixida ao seu pai, Montevideo, 26 de febreiro de 1918
Ver

Transcripción da Carta de Julia Ramos, emigrante natural de Arzúa, dirixida ao seu pai, Montevideo, 26 de febreiro de 1918 en 26/02/1918

Moitas emigrantes mantiñan correspondencia coa súa familia. Nas cartas relataban a súa vida diaria e preguntaban por todo canto acontecía na súa casa, na familia e cos amigos de aquí. Tamén, como podemos ler na misiva, avisaban do envío de cartos para axudar na economía familiar. Nesta familia emigraron a Uruguai, ademais do pai, que daquela xa retornara, tres irmás, Carmen, Julia e Concepción. Máis tarde emigrou outro irmán, Julián, reclamado por elas, e sempre mantiveron estreito contacto entre eles e cos seus pais en Galicia.


1924-05-30
Retrato dunha emigrante galega en Nova York enviado á súa nai, 30 de maio de 1924
Ver

Transcripción da Retrato dunha emigrante galega en Nova York enviado á súa nai, 30 de maio de 1924 en 30/05/1924

Xunto coas cartas, as fotografías servían para dar conta da boa situación que gozaban alén mar. Carmen Rodríguez Debén, natural de Ribadeo, posa para o fotógrafo toda elegante e co seu colar de perlas, para que a súa familia vise que a súa experiencia migratoria era un éxito e dedícalle unhas sentidas palabras de cariño á súa nai.


1930-00-00
As irmás Marcote Marcote, emigrantes galegas en Uruguai, Montevideo, 1930
Ver

Transcripción da As irmás Marcote Marcote, emigrantes galegas en Uruguai, Montevideo, 1930 en 00/00/1930

As catro irmás (Manuela, Celia, Teresa e Plácida), naturais de Duio (Fisterra), emigraron a Montevideo na década dos anos 20 do pasado século. Manuela, con blusa branca, emigrou a Uruguai moi nova e mandou "chamar" as súas irmás. Alí casou con Fernando Pans, de orixe francesa, e tivo unha filla.


1939-00-00
Cartel da película Cándida, dirixida por Luis Bayón Herrera e protagonizada pola actriz arxentina Niní Marshall, 1939
Ver

Transcripción da Cartel da película Cándida, dirixida por Luis Bayón Herrera e protagonizada pola actriz arxentina Niní Marshall, 1939 en 00/00/1939

A imaxe negativa que da muller emigrante galega transmitían esta serie de películas, con moita difusión na súa época, fomentaba o estereotipo dunha muller bruta, analfabeta, de poucas luces pero moi traballadora e resolutiva. Amosaban situacións que ridiculizaban a precariedade destas mulleres. Algunhas institucións e xornais da colectividade levaron a cabo campañas de protesta contra este tipo de visións pexorativas, que permaneceron no imaxinario colectivo dos países americanos.


1943-04-22
Emilia Blanco, emigrante ourensá, coa súa familia en Salvador de Bahia, 22 de abril de 1943
Ver

Transcripción da Emilia Blanco, emigrante ourensá, coa súa familia en Salvador de Bahia, 22 de abril de 1943 en 22/04/1943

Emilia Blanco casou con Manuel Piñeiro Blanco, tamén ourensán, aínda que descoñecemos si o fixeron na súa terra e emigraron xuntos ou se se coñeceron en Brasil. Tiveron catro fillos nacidos alí, Manuel, Walter, Ilda e Edite. Envíanlles esta fotografía aos familiares para que coñezan os rapaces e vexan a boa situación económica e social que acadaron.


1954-00-00
Concepción Pazos Álvarez, emigrante da Estrada, cos seus alumnos no colexio Madrid, México D. F., 1954
Ver

Transcripción da Concepción Pazos Álvarez, emigrante da Estrada, cos seus alumnos no colexio Madrid, México D. F., 1954 en 00/00/1954

Concepción emigrou a México e alí traballou como mestra do colexio Madrid, referente da educación no país centroamericano. En 1941 fora creado por un grupo de republicanos españois exiliados, para dar formación aos fillos da colectividade e para defender a cultura española no país azteca. Hoxe en día continúa co seu labor educativo.


1957-00-00
Carné de socia de Hijas de Galicia de Elsa Blanco Martínez, habaneira filla de galegos, A Habana, 1957
Ver

Transcripción da Carné de socia de Hijas de Galicia de Elsa Blanco Martínez, habaneira filla de galegos, A Habana, 1957 en 00/00/1957

Ante a desprotección das emigrantes galegas por parte das principais asociacións galegas da illa, en 1914 fundouse Solidaridad Pontevedresa, co principal obxectivo de defender e dar prestacións médico-sanitarias ás galegas necesitadas que vivían en Cuba. En 1918 pasa a denominarse Hijas de Galicia e centra as súas actividades na axuda mutua e benéfica das súas asociadas. Co paso dos anos e o incremento de socias, fundan un hospital (1924) e un balneario (1937). A oferta dos seus modernos servizos médicos, de gran calidade, fixo que tamén se asociasen moitas mulleres cubanas e doutras colectividades. Aínda que a entidade se creou para axudar as mulleres, estas apenas participaban nas súas directivas, constituídas todas por homes.


1960-06-07
Lectura dramatizada da obra teatral de Alfonso Castelao Os vellos non deben de namorarse. Bos Aires, 7 de xuño de 1960
Ver

Transcripción da Lectura dramatizada da obra teatral de Alfonso Castelao Os vellos non deben de namorarse. Bos Aires, 7 de xuño de 1960 en 07/06/1960

Nas diversas actividades culturais da colectividade galega en América estaban presentes moitas mulleres emigrantes, algunhas delas chegaron a ser un referente intelectual da diáspora. Nesta fotografía, dun acto organizado pola Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, participaron Clotilde Iglesias, Pilar Jeremías, María Victoria Villaverde, Maruxa Boga, Dora Seco, entre outras.


1970-05-01
Mª Angélica paseando coa súa filla e a súa sobriña, polas rúas de Chimbote (Perú), maio de 1970
Ver

Transcripción da Mª Angélica paseando coa súa filla e a súa sobriña, polas rúas de Chimbote (Perú), maio de 1970 en 01/05/1970

María casou por poderes co seu mozo en Galicia. Despois dun ano de trámites burocráticos foi reclamada e emigrou a Perú en 1967 para reunirse con el e formar a súa desexada familia. Tanto a filla como a súa sobriña naceron en Perú. As cadeas migratorias foron clave no proceso migratorio a este país: primeiro emigraban os homes para traballar na súa gran maioría no sector pesqueiro e despois "chamaban" as súas familias: esposas, fillos, irmáns ou sobriños. A pequena colonia galega alí residente estaba moi unida e tiña unha forte relación de amizade e solidariedade.


1972-00-00
Documentos para o reagrupamento familiar dos emigrantes galegos en Alemaña, 1972
Ver

Transcripción da Documentos para o reagrupamento familiar dos emigrantes galegos en Alemaña, 1972 en 00/00/1972

Unha vez asentados, moitos emigrantes trataban de levar consigo ás súas familias. Para logralo tiñan que conseguir numerosos documentos acreditativos da súa situación laboral. As xestións facíanas a través do Consulado de España do país de acollida. Podían reclamar as esposas ou esposos e os fillos, estes só podían vivir no país, nunca traballar. Esta esixencia non sempre se cumpría e había moitas mulleres que acaban traballando no servizo doméstico ou na hostalaría nunha economía somerxida que axudaba para incrementar os aforros da familia.


1975-00-00
Palmira Rey Asenso (primeira pola dereita) cunhas compañeiras nun descanso laboral, Solingen (Alemaña), 1975
Ver

Transcripción da Palmira Rey Asenso (primeira pola dereita) cunhas compañeiras nun descanso laboral, Solingen (Alemaña), 1975 en 00/00/1975

Esta emigrante de Mazaricos emigrou en 1970 cara Alemaña. Palmira traballou nunha fábrica de pezas metálicas para a industria armamentística alemá do grupo Diehl. Alí trabou amizade e compartiu traballo con outras emigrantes españolas. Tamén coñeceu e casou cun emigrante salmantino, Federico Pérez, traballador no sector da hostalaría. Tiveron dous fillos e retornaron a finais da década dos 70 a Galicia.


1978-00-00
Mercedes Pérez Payo traballando de modista en Suíza, Lausana, 1978
Ver

Transcripción da Mercedes Pérez Payo traballando de modista en Suíza, Lausana, 1978 en 00/00/1978

Mercedes, natural de Ourense, emigrou nos anos 70 a Suíza. Primeiro traballou na cociña dun restaurante e despois como costureira nun taller dunha tenda de moda. Vémola alí cosendo xunto cunha compañeira.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella Nieto, EvelinaMaside, CarlosDieste, RafaelVarela Vázquez, LorenzoPaz-Andrade, ValentínGarcía-Sabell, DomingoLaxeiro, Castelao, Maiztegui, Isidro B.Otero Pedrayo, RamónBlanco Amor, EduardoCañas, PilarArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoPiñeiro López, RamónCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelFole, ÁnxelNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánCanabal, XesúsDíaz, AvelinoCabanillas, RamónOtero Espasandín, XoséLópez García-Picos, CarlosDíaz Dorado, DiegoDíaz Arias de Castro, CamiloNeira Vilas, XoséFerreiro Míguez, Celso EmilioVilanova Rodríguez, AlbertoCurros Enríquez, ManuelPita, EmilioÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaBaltar Domínguez, AntonioEiroa, José GabrielCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoCao Luaces, José MaríaGómez Cobas, CasimiroFernández, ValentínCruces, FortunatoPereira Caamaño, FernandoÁlvarez Blázquez, EmilioVillamarín Prieto, José Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesHistorias de ida e voltaÁlbum da EmigraciónÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisÁlbum de Galiciaautores/asFondos de Radio Nacional de España en Galiciamúsicaasociaciónsprensa escritamedios de comunicaciónasuntos particularesentrevistaColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneMullerespolíticasocioloxíaespazos artísticosacción socioculturalA nova SargadeloshistoriaMulleres no Álbum de GaliciaradioremesaseducaciónFábrica de Porcelanas La MagdalenaexilioensinopoesíaMulleres galegas na emigraciónAs iniciativas educativas da emigración galegaA cultura galega alén marNovas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XXO exilio galegoNo centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaVoceiros da colectividade galega na emigracionOutros destinos da emigración galega150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos A pegada educativa da emigración galega en AméricapremiosFardel d’eisiladonovela

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0