Temática: As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina [20]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Centro Redondela y su Distrito |
Ver
Transcripción da Centro Redondela y su DistritoEsta entidade foi fundada o 1 de abril de 1931 como iniciativa dun grupo de galegos naturais de Redondela e residentes en Bos Aires. O resultado esperado non se logrou á primeira, pois estes emigrantes intentaron varias veces materializar os seus intereses en forma de sociedade étnica moito tempo antes, o primeiro en 1909, co intento de crear o Centro Unión Redondelana, o cal non se materializou por falta de adhesións.
|
|
Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
|
|
Sociedad del Partido Judicial de Arzúa, Mutualidad, Cultura y Beneficencia, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Sociedad del Partido Judicial de Arzúa, Mutualidad, Cultura y Beneficencia, ca. 1930Fundada en xuño de 1923, esta entidade foi froito da fusión entre Sociedad del Partido de Arzúa e Hijos del Partido de Arzúa e no ano 1931 pasou a denominarse Centro del Partido de Arzúa. Esta sociedade agraria foi creada baixo o patrocinio da sociedade Unión Galaico-Americana e dun grupo de emigrantes galegos naturais da Terra de Melide, entre os que se atopaban Manuel Villar, Silvestre Villar, Luis Carreira, Luis Paliño, José Muíña, Andrés Gómez, Andrés García, Luis Agra, Francisco Lata, Manuel Suárez e Bonifacio Botana.
|
|
Centro Partido de Carballino, anos 30 |
Ver
Transcripción da Centro Partido de Carballino, anos 30Esta asociación foi creada no ano 1918 baixo o nome de Hijos del Partido de Carballino, pero non foi recoñecida legalmente ata o 8 de xaneiro de 1956.
|
|
Sociedad Residentes del Municipio de Porriño, ca. 1940 |
Ver
Transcripción da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño, ca. 1940Os emigrantes do Porriño xa constituíran a súa primeira asociación como grupo étnico en 1916, a Sociedad Fomento de Porriño y sus Distritos. En 1922 nacía Hijos de San Salvador de Budiño e, un ano máis tarde, a Sociedad Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño. A fusión das asociacións anteditas deu como resultado a fundación da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño en 1938. A pertenza a unha localidade non foi o motivo principal da súa constitución, senón que existía unha causa maior marcada pola existencia dun propósito de carácter político: a colaboración activa e o apoio material para a campaña de solidariedade co bando republicano na Guerra Civil española. A partir do seu ingreso na Federación de Sociedades Gallegas, esta asociación permaneceu vencellada a outras asociacións de emigrantes galegos de carácter microterritorial. Na actualidade a súa finalidade é de índole recreativa e mutualista.
|
|
Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920O 15 de agosto de 1908 constituíuse esta sociedade de emigrantes do concello pontevedrés de Silleda residentes en Arxentina. O seu principal obxectivo foi o mantemento dos vínculos de amizade e veciñanza dos seus socios «haciendo revivir los sentimientos de fraternidad nacidos en la infancia». Nos primeiros estatutos prevaleceu a proposta de Antonio Alonso Ríos, un dos seus promotores, quen impuxo a súa finalidade instrutiva, coa creación de escolas nas distintas parroquias como un medio de progreso para os seus veciños e veciñas. A esta asociación deben os silledenses a creación e o mantemento de tres escolas que contribuíron á súa formación educativa. Nelas impartíase un plan educativo redactado por Alonso Ríos, seguindo os postulados didácticos do país de acollida. Desde Arxentina chegaban indicacións para priorizar a calidade da ensinanza, pero tamén para que os edificios dispuxesen de todas as comodidades e medidas hixiénicas máis modernas, ademais de dotar o alumnado de todo o material escolar necesario.
|
|
Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936 |
Ver
Transcripción da Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936Ter unha sede social en propiedade foi unha das aspiracións das asociacións microterritoriais en Arxentina. Cando se creaba unha destas entidades, a falta de recursos obrigaba as directivas a reunirse ben na casa ou negocio dalgún socio, ben en oficinas alugadas para tal fin. Cando o número de socios e socias crecía, as cotas sociais e os cartos recadados nos festivais e banquetes que organizaban dedicábanse ás necesidades máis perentorias: as axudas mutualistas para os socios máis desfavorecidos, o envío de remesas de cartos a Galicia para a construción de escolas, a loita agrarista e galeguista, o arranxo de estradas e camiños, etc. O logro de adquirir unha sede propia prestixiaba a asociación dentro da colectividade. Por iso, organizábase un grande acto festivo ao que se convidaba a todas as entidades e persoeiros da diáspora galega no país. |
|
Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920Esta sociedade foi creada o 2 de outubro de 1910 por un grupo de veciños do concello de Vedra que emigraran a Arxentina, coa finalidade expresa de «agrupar en su seno a los convecinos de las doce parroquias de Vedra, con el fin de apoyar moral y materialmente los esfuerzos de sus convecinos que luchaban por emanciparse del prepotente caciquismo imperante». A súa fundación tivo unha finalidade agrarista, coa prioridade de mandar axudas ao Sindicato Agrario de Vedra. No eido cultural e educativo destacan as numerosas remesas de cartos enviadas para o funcionamento de varias escolas creadas nos anos vinte nas parroquias de Vedra, tal como se pode ver no apartado As escolas da emigración do web do CCG.
|
|
Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, ca. 1938 |
Ver
Transcripción da Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, ca. 1938En 1924 fanse realidade os desexos dun grupo de emigrantes residentes en Arxentina e naturais do concello de Buxán, hoxe parroquia de Val do Dubra. Foi entón cando se constituíron como unha organización civil de carácter mutualista, privado e sen fins de lucro. Os estatutos de 1932 falan de finalidades como as de «proteger a sus asociados; repatiarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad».
|
|
Centro Renovación de Puenteareas: un papel activo a prol da causa republicana, 1942 |
Ver
Transcripción da Centro Renovación de Puenteareas: un papel activo a prol da causa republicana, 1942En 1924 fanse realidade os desexos dun grupo de emigrantes residentes en Arxentina e naturais do concello de Buxán, hoxe parroquia de Val do Dubra. Foi entón cando se constituíron como unha organización civil de carácter mutualista, privado e sen fins de lucro. Os estatutos de 1932 falan de finalidades como as de «proteger a sus asociados; repatiarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad». |
|
A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014) |
Ver
Transcripción da A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014)A sociedade promotora deste centro educativo tivo como obxectivo principal, desde a súa fundación en 1905, a creación de escolas na súa comarca natal. Na primavera de 1909 fundou unha escola na parroquia da Ramallosa, que chegou a ter máis de 180 alumnos. Esta escola funcionaba baixo os postulados pedagóxicos de Ignacio Ares de Parga, baseados no modelo educativo arxentino. O éxito en toda a comarca foi enorme e a gran demanda por parte do alumnado para asistir ás súas clases obrigounos a construír un novo edificio escolar, cuxos planos foron deseñados por Jacobo Esténs Romero. |
|
Sociedad Saviñao y sus Contornos, anos 40 |
Ver
Transcripción da Sociedad Saviñao y sus Contornos, anos 40Esta entidade foi fundada en 1928 polos emigrantes naturais do concello do Saviñao residentes en Arxentina. A súa finalidade cultural e recreativa foi a base da súa creación, pero, como a maioría das sociedades étnicas alí establecidas, tamén tiña o ollo posto no outro lado do océano, na súa terra natal. Desde os seus inicios tiña a intención de construír unha torre cun reloxo na vila de Escairón, fin para o cal constituíu unha comisión. No ano 1944, incentivaron aos seus paisanos residentes na cidade de Rosario para que formasen unha sociedade homóloga, coa que tiveron moita vinculación.
|
|
Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa |
Ver
Transcripción da Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y RecreativaDúas asociacións de emigrantes galegos en Arxentina —Centro Villamarín Perojano (1940) e Asociación Hijos de Arentey (1952)— chegaron a un acordo de unión para beneficio común dos seus asociados e constituíron así a que hoxe se coñece como Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa. Esta unión está marcada por unha historia de fusións de entidades antecesoras que se remonta ao primeiro terzo do século XX. Esta última tivo a aprobación do entón chamado Instituto Nacional de Acción Mutual, o 13 de xuño do ano 1990.
|
|
| 1919-00-00 | Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 |
Ver
Transcripción da Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 en 00/00/1919Para os emigrantes, formar parte da directiva dunha asociación acreditaba ante a colectividade o éxito da súa experiencia migratoria e supoñía unha reafirmación do seu ascenso social e económico no novo país de acollida. Os emigrantes que lideraban a fundación destas sociedades adoitaban ser persoeiros comprometidos e con boa situación, que eran elixidos por quendas.
|
| 1935-00-00 | Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 |
Ver
Transcripción da Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 en 00/00/1935A fundación desta asociación agrarista xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda de Caselas e loitador anticaciquil que fundou o xornal El Despertar, desde cuxas páxinas loitou pola formación de sindicatos agrarios no seu distrito; debido a súa actividade política foi desterrado e tivo que emigrar cara a Arxentina. Alí foi acollido polos residentes da súa comarca e promoveu a idea de crear unha asociación integrada polos residentes en Bos Aires de todas as parroquias do seu concello natal. O 26 de outubro de 1913 é a data fundacional desta entidade, presidida por Constantino Gil e que tiña como obxectivo principal cooperar no desenvolvemento agrario da súa comarca. Así, nas décadas de 1920 e 1930 achegou numerosas remesas económicas ao seu concello destinadas á propaganda agraria e a favor da República e da autonomía de Galicia. Os seus estatutos tamén inclúen a axuda mutua en casos de enfermidade ou necesidade económica para os seus socios e socias e mesmo a repatriación de quen precisase regresar ao terruño. En marzo de 1917 edita La Voz del Centro, un xornal agrarista de grande influencia na colectividade e que anos despois pasa a chamarse El Agrario. |
| 1940-00-00 | Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 |
Ver
Transcripción da Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 en 00/00/1940Esta entidade, fundada en 1927, axiña pasou a formar parte da Federación de Sociedades Gallegas, coa que compartía ideario republicano e agrarista. Foi creada como unha institución recreativa e un centro de cultura e protección para os seus asociados. Para eles era primordial a unión e sociabilidade dos seus membros, tal como acreditaba o seu lema «unidad y confraternidad».
|
| 1944-00-00 | Unión Residentes de Santiago de Compostela, 1944 |
Ver
Transcripción da Unión Residentes de Santiago de Compostela, 1944 en 00/00/1944A creación desta asociación de emigrantes galegos remóntase ao ano 1929, cando os galegos naturais da comarca de Santiago de Compostela residentes en Arxentina decidiron xuntar inquietudes e desexos de compartir celebracións e de preservar os seus patróns culturais de orixe. Chegaron a editar a Revista Compostela como medio de divulgación cultural, na que contaron coa participación de destacados persoeiros da cultura galega como, por exemplo: Arturo Souto, Avelino Díaz, Leandro Pita Romero, Ramón Rey Baltar, Gumersindo Sánchez Guisande, Leandro Pita Romero ou Manuel Roel. |
| 1948-09-09 | A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 |
Ver
Transcripción da A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 en 09/09/1948Na fotografía vemos o Coro Castelao, integrado polos socios e socias de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo, durante a gravación do Himno a Rianjo, escrito polo xornalista e músico José Arcos Moldes. Este himno era música obrigada nas festas organizadas por esta asociación de rianxeiros e rianxeiras en Arxentina.
|
| 1959-08-24 | «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 |
Ver
Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
|
| 1984-00-00 | Centro Betanzos: de simple lugar de reunión a gran centro de axuda para os betanceiros, 1984 |
Ver
Transcripción da Centro Betanzos: de simple lugar de reunión a gran centro de axuda para os betanceiros, 1984 en 00/00/1984O 15 de setembro de 1897 un grupo de emigrantes brigantinos reuníase nunha casona do extenso barrio bonaerense de Palermo Viejo co fin de celebrar as festas patronais de San Roque. Aquel día foi clave para a historia dos fillos de Betanzos radicados en Arxentina, pois xurdiu a idea do que sería máis adiante a Sociedad Hijos de Betanzos, constituída oficialmente en 1905. Pouco a pouco foron medrando as súas finalidades, as cales se estenderon cara a unha vertente solidaria, ao ofrecer axuda aos galegos e galegas que periodicamente ían arribando a terras arxentinas. Como acontecía con moitas sociedades étnicas, que nalgún momento da súa traxectoria histórica cambiaban de nome, en 1930 a entidade pasou a denominarse Centro Social Betanzos, con sede na rúa Lima, nº 733. Pouco tempo despois produciuse unha escisión entre a colectividade betanceira residente en Bos Aires e en 1931 fundouse unha nova sociedade de emigrantes denominada Centro Cultural Betanzos. Nesta ocasión non podemos deternos nas razóns que provocaron esta separación nin nos demais pormenores da traxectoria desta importante asociación étnica, pero si podemos destacar que despois da Guerra Civil española se produciu unha reunificación dos betanceiros arredor do actual Centro Betanzos. Como representante non só da colectividade betanceira senón do resto de galegos e galegas, a entidade mantivo un compromiso político co apoio á defensa da República e ás familias exiliadas da Guerra Civil española. |


