Temática: Historias de ida e volta [378]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50 |
Ver
Transcripción da Alumnos posando diante do edificio principal da Escola Agrícola Pedro Murias en Vilaframil (Ribadeo), anos 50Pedro Murias Rodríguez fixo fortuna como empresario tabaqueiro en Cuba, onde morreu en 1906. Deixou no seu testamento, entre outros legados, máis de 10 000 pesos ouro para a construción dunha escola agrícola que formase os mozos da súa comarca natal en todos os avances agropecuarios existentes no momento. Tras numerosas vicisitudes, o centro agrícola foi inaugurado en 1922 e converteuse nun centro pioneiro e impulsor do melloramento agrario e gandeiro de toda a Mariña luguesa. A filantropía deste indiano continúa presente na memoria colectiva co funcionamento na actualidade deste centro senlleiro.
|
|
Alumnado e mestre da escola financiada pola Alianza Aresana de Instrucción da Habana, ca. 1905 |
Ver
Transcripción da Alumnado e mestre da escola financiada pola Alianza Aresana de Instrucción da Habana, ca. 1905A Alianza Aresana, fundada en 1904, foi a primeira sociedade galega de instrución de ámbito microterritorial creada en América. A súa finalidade era construír unha escola para os nenos de Ares, segundo se recolle nos seus estatutos "(...) tendrá por objeto exclusivo, el fomentar y propagar la enseñanza gratuita entre las clases pobres y menos acomodadas de la villa de Ares por medio del establecimiento de escuelas de instrucción elemental".
|
|
Veciños posando diante das obras da escola de Roupar, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Veciños posando diante das obras da escola de Roupar, ca. 1920Esta escola foi inaugurada un ano máis tarde. A entidade promotora, Sociedad de Instrucción y Protección Hijos de Roupar, foi fundada en Cuba en 1913 coa finalidade de fomentar e propagar a ensinanza. Mentres se constrúe o edificio, aluga unha casa e contrata un mestre para impartirlles clases aos rapaces e rapazas da parroquia. Aínda que a idea e a maior parte dos gastos corrían a cargo das sociedades de emigrantes, en moitos casos os veciños colaboraban co seu traballo ou doazón de material, incluso cedendo terreos para a construción dos edificios escolares.
|
|
Retrato de Luís Seoane diante dunha das súas obras, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Retrato de Luís Seoane diante dunha das súas obras, ca. 1950Luís Seoane é unha das figuras máis sobresaíntes da cultura e da arte galegas do século XX. Foi un destacado intelectual e artista comprometido coa realidade social e cultural do país. Nacido en Bos Aires en 1910, de pais emigrantes, retornou á terra en 1916. Estudou Dereito na USC e integrouse nos circuítos culturais e artísticos, participando ademais nos movementos a prol da república e da autonomía de Galicia. En 1936 tivo que exiliarse e regresou a Arxentina. Alí realizou un inmenso traballo como divulgador da cultura galega con carácter multidisciplinar: como pintor, editor, escritor ou xornalista. Entre outras, fundou e dirixiu a revista cultural Galicia Emigrante e a emisión radiofónica do mesmo nome; tamén creou as editoriais Nova (1943) e Citania (1957). Xunto con Isaac Díaz Pardo participou en 1956 na fundación da fábrica La Magdalena na Pampa arxentina, que sería o xerme do Laboratorio de Formas de Galicia.
|
|
Anuncio da colección Dorna da editorial arxentina Emecé, ca. 1940 |
Ver
Transcripción da Anuncio da colección Dorna da editorial arxentina Emecé, ca. 1940Xa antes do seu exilio, Luís Seoane tivera unha intensa actividade como ilustrador de revistas e libros, traballando tamén no obradoiro tipográfico da Editorial Nós, para a que deseñou as cubertas dalgúns libros. En 1939 comezou a colaborar na editorial arxentina Emecé. Entre 1940 e 1942 dirixiu, xunto co seu amigo Arturo Cuadrado, dúas das súas coleccións dedicadas a temas e escritores galegos. "Dorna" estaba centrada na poesía e baixo o seu cuño publicáronse obras como Rojo farol amante (1940) de Rafael Dieste, Queixumes dos pinos (1940) de Eduardo Pondal, Cantigas de Macías o namorado (1941) e Cancionero popular gallego (1942) de José Pérez Ballesteros. A outra colección denominábase "Hórreo" e publicou sobre todo títulos de autores dos séculos XVIII e XIX, como o Padre Feijoo, Frei Martín Sarmiento ou Enrique Gil y Carrasco.
|
|
Emigrantes galegos nun ultramarinos en Bos Aires, ca. 1962 |
Ver
Transcripción da Emigrantes galegos nun ultramarinos en Bos Aires, ca. 1962Na primeira fila aparecen dúas parellas de mozos emigrantes galegos, naturais do concello coruñés de Val do Dubra, que posan na tenda dunha veciña (no centro) que os reclamou e axudou nos primeiros tempos na capital arxentina. A axuda mutua entre paisanos da mesma parroquia ou concello foi sempre unha constante no proceso migratorio dos e das galegas. Acabados de casar, José e Obdulia inician a súa vida en común nun novo país, cheo de oportunidades para asegurar o seu futuro. Alí traballarán e criarán a súa filla ata o seu retorno a Galicia.
|
|
Restaurante propiedade de galegos en Río de Xaneiro, ca. 1959 |
Ver
Transcripción da Restaurante propiedade de galegos en Río de Xaneiro, ca. 1959As e os emigrantes galegos en Brasil proceden maioritariamente da provincia de Pontevedra, quizais pola súa proximidade con Portugal, o que foi creando ao longo do século XX amplas redes migratorias. Nesta fotografía, Francisco (o segundo pola dereita), emigrante das Neves, aparece cos seus compañeiros no restaurante no que traballaba como camareiro en Río de Xaneiro.
|
|
Retrato familiar en Petrópolis (Río de Xaneiro), ca. 1964 |
Ver
Transcripción da Retrato familiar en Petrópolis (Río de Xaneiro), ca. 1964Benito, no centro, posa cos seus irmáns e cos seus dous fillos nun retrato que mandarán á súa familia en Galicia. Natural de Bueu, emigrou a Brasil en 1954, país onde xa estaban asentados os irmáns maiores. Alí traballou de mecánico e en 1958 casou por poderes coa súa moza de toda a vida. Ao ano seguinte reuniuse con ela en Río de Xaneiro e crearon unha familia co nacemento de dous fillos cariocas.
|
|
Mécanicos galegos traballando en Los Teques, Venezuela, ca. 1955 |
Ver
Transcripción da Mécanicos galegos traballando en Los Teques, Venezuela, ca. 1955Maximino (á dereita) era natural de Arzúa e emigrou a Venezuela a mediados dos anos 50. Alí traballou como mecánico e condutor nunha empresa de autobuses no estado de Miranda. As boas condicións económicas dos contratos laborais fixeron que moitos mozos galegos decidisen marchar a este novo país de acollida nas preferencias dos e das galegas para emigrar. O grande auxe do petróleo venezolano e, por conseguinte, as posibilidades económicas que se ofertaban no país caribeño fixeron que Venezuela nestes anos fose o destino americano preferido para iniciar unha nova vida.
|
|
Ensinando carpintaría en Puerto La Cruz, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Ensinando carpintaría en Puerto La Cruz, ca. 1950Bernardo (con chaqueta branca), natural de Fene, posa cos seus alumnos nunha clase de carpintaría na costa venezolana. Bernardo era un experto carpinteiro de ribeira. A oportunidade de formar nas técnicas galegas tradicionais de construción de barcos e espallar os seus coñecementos nun país tan afastado de Galicia, ademais das boas condicións económicas para exercer o seu oficio, levárono a emprender esta aventura migratoria. Con el viaxou a súa familia, que se integrou perfectamente no país.
|
|
Na construción dunha estrada en Venezuela, ca. 1960 |
Ver
Transcripción da Na construción dunha estrada en Venezuela, ca. 1960Co auxe da explotación e exportación petroleira, Venezuela iniciou a modernización das súas infraestruturas. Moitos galegos emigraron para traballar na construción, non só como obreiros ou albaneis senón tamén en postos de alta cualificación, por exemplo enxeñeiros, arquitectos, peritos, técnicos especialistas etc. Moitos deles viñan empregados por empresas españolas ou norteamericanas que o Goberno venezolano contrataba para construír estradas e autoestradas, pontes ou grandes edificios públicos. A gran oferta neste sector e os altos soldos atraían un gran número de traballadores.
|
|
Do Val de Barcala a Caracas, ca.1960 |
Ver
Transcripción da Do Val de Barcala a Caracas, ca.1960Tras unha curta experiencia migratoria en Río de Xaneiro, Antonio decidiu partir cara a Venezuela en 1953. Tras a súa chegada ao país, traballou de camareiro e, uns anos despois, chegou a ser xerente dunha coñecida distribuidora de licores no sector hostaleiro caraqueño. Coma calquera emigrante, o seu propósito era ser dono do seu propio negocio. Co paso do tempo alcanzou o seu obxectivo xunto a outros socios galegos, un restaurante-pizzería no centro comercial “Los Cedros”, da emblemática avenida Libertador. En varias ocasións o dito establecemento serviu de escenario durante as gravacións dalgunha famosa telenovela.
|
|
Recordo para a familia en Galicia, La Guayra, ca. 1956 |
Ver
Transcripción da Recordo para a familia en Galicia, La Guayra, ca. 1956O coche continuaba a ser un símbolo de boa posición social e as e os emigrantes retratábanse co seu automóbil para amosarlles aos seus seres queridos que a vida lles ía ben. As mulleres venezolanas, e polo tanto tamén as emigrantes, tiñan libre acceso ao mundo laboral e non estaban tan supeditadas ao fogar como as mulleres galegas e españolas durante o franquismo. Moitas delas ocupábanse da súa familia pero tamén se formaban e tiñan traballos en oficinas, tendas, fábricas etc.
|
|
Envío de axuda para a República Española, ca. 1938 |
Ver
Transcripción da Envío de axuda para a República Española, ca. 1938Dende América, moitas das entidades de emigrantes galegos inician diversas campañas e colectas de recollida de cartos e materiais médicos, roupa e alimentos para enviar ao bando republicano. Na Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina creáronse varios comités para o envío de axuda ás zonas máis necesitadas.
|
|
Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942 |
Ver
Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán con Ramón Cabanillas Álvarez en México, ca. 1942Florencio e Ramón eran amigos en Galicia, ambos os dous afiliados ao Partido Galeguista e exiliados no país azteca en 1939. Aquí aparecen, posando de maneira divertida, nun día de lecer.
|
|
Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970 |
Ver
Transcripción da Carlos Velo conversando cos seus amigos Luis Buñuel, Jeanne Rucar e Gabriel García Márquez, ca. 1970En 1939 Carlos Velo, cun salvoconduto do exército republicano, pasou a Francia como refuxiado e acabou no campo de concentración de Saint-Cyprien. Grazas aos irmáns Fernando e Susana Gamboa, embarcou rumbo a México no vapor Flandre. Á súa chegada, Velo asume a secretaría xeral do Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles.
|
|
Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921 |
Ver
Transcripción da Emblema da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1921Tal como indica o nome elixido para a nova entidade, tivo dende os inicios a finalidade expresa de loitar pola emancipación económica, cultural, política e social dos galegos, principalmente dos que vivían do campo. Esta organización defendía o ideario republicano e de esquerdas e o agrarismo rexional. Pronto aparecen disensións entre dous sectores: os que se declaran galeguistas, que priman os intereses de Galicia na súa loita, e o sector socialista, para os que a defensa da república, do obreiro e dos ideais de esquerdas son prioritarios.
|
|
Zapateiro galego en Paderborn, cidade de Renania do Norte-Westfalia, ca. 1969 |
Ver
Transcripción da Zapateiro galego en Paderborn, cidade de Renania do Norte-Westfalia, ca. 1969O ourensán Severino Gil emigrou a Alemaña en 1969, con 20 anos acabados de cumprir. Alí traballou no seu oficio de zapateiro, pero axiña conseguiu un contrato na industria metalúrxica Hella en Hannóver, onde estivo varios anos "cortando chapa". No ano 1978 retornou á súa localidade pero volveu emigrar coa súa muller, esta vez a Suíza.
|
|
Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60 |
Ver
Transcripción da Grupo de emigrantes galegos na construción en Alemaña, anos 60O sector da construción alemán precisaba abundante man de obra, pouco cualificada. A maioría destes traballos eran ocupados por emigrantes galegos, como este grupo de arzuáns que posa na foto diante da urbanización que estaban a construír na cidade de Niedereschach, en Baden-Württemberg, unha das zonas con máis presenza de galegos e galegas.
|
|
Emigrantes galegas nunha fábrica en Alemaña, anos 70 |
Ver
Transcripción da Emigrantes galegas nunha fábrica en Alemaña, anos 70Carmen Martínez Rey, natural de Mazaricos, marchou moi nova a Alemaña e comezou a traballar xunto con outras amigas da mesma zona nunha fábrica metalúrxica, onde facían pezas para outras industrias.
|
|
Emigrante galego en Holanda xunto cos seus compañeiros de traballo, ca. 1972 |
Ver
Transcripción da Emigrante galego en Holanda xunto cos seus compañeiros de traballo, ca. 1972Vicente Castro traballaba na construción en Mos, a súa localidade natal, cando viu un anuncio en que se solicitaba xente para traballar en Holanda. As condicións laborais e o bo salario fixeron que se decidise a emigrar xunto cun compañeiro de traballo de Nigrán. Deixaba en Galicia a súa muller e catro fillos. Marchou cun contrato laboral para traballar nunha fábrica de conservas e matadoiro porcino de Uithoorn, preto de Amsterdam.
|
|
De festa cunhas amigas españolas en Eidhoven, ca. 1975 |
Ver
Transcripción da De festa cunhas amigas españolas en Eidhoven, ca. 1975A emigración de Rosiña foi froito do reagrupamento familiar. Seu pai emigrara nos anos 60 a Holanda cun contrato laboral na fábrica de Philips de Eidhoven e levaba residindo alí uns anos. Cando Rosiña contaba con 16 anos, en 1973, seu pai reclamou a familia e instaláronse na cidade holandesa. Cos anos, ela tamén traballou na mesma empresa por mediación de seu pai.
|
|
Reunión festiva de galegos en Anveres, ca. 1963 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva de galegos en Anveres, ca. 1963Nesta imaxe vemos a Juan gozando dunhas horas de descanso xunto con varios amigos, emigrantes coma el. Nos anos 60 e 70 a maioría dos españois que chegaban a Bélxica eran galegos e asturianos. Traballaban na construción, na industria do automóbil, do vidro, metalúrxica e na hostalaría. As mulleres emigrantes atoparon ocupación na industria química e farmacéutica e no sector sanitario. As e os galegos eran ben aceptados na sociedade belga, que os consideraba bos traballadores e pouco conflitivos. Unha característica salientable deste país é que as súas leis facilitaban o reagrupamento familiar debido ao problema demográfico que padecían; así, os gobernos tiñan políticas para favorecer a instalación estable dos emigrantes e das súas familias.
|
|
Unha viaxe sen retorno: Pontiac Bonneville 1959, Cidade de Panamá, ca. 1960 |
Ver
Transcripción da Unha viaxe sen retorno: Pontiac Bonneville 1959, Cidade de Panamá, ca. 1960Pontiac foi unha marca de coches producida por General Motors e das máis vendidas nos Estados Unidos, Canadá e México dende 1926. Na imaxe vemos os tres irmáns Barreiro (Francisco, Manolo e Amador), a carón e enriba dun coche do modelo Bonneville, do que eran copropietarios Manolo e Amador. En 1963 deciden realizar unha viaxe a Galicia que duraría seis meses, pero non foron sós, pois o seu automóbil de moda cruzaría o Atlántico con eles. Durante os meses de vacacións percorreron as incontables festas de verán por toda a xeografía galega, rodaron e rodaron causando sensación ao seu paso. Finalmente, ese peculiar e rechamante acompañante quedou en terra, coas súas anécdotas gardadas nun alpendre de Forcarei.
|
|
Reunión familiar nun evento da Asociación de Damas Españolas e Panameñas (ADEP), Colón, Panamá, ca. 1975 |
Ver
Transcripción da Reunión familiar nun evento da Asociación de Damas Españolas e Panameñas (ADEP), Colón, Panamá, ca. 1975Avelina Meleda González, natural de Pazos de Arenteiro, Boborás (Ourense), traballaba como modista en Galicia xunto ao seu home, Jesús, que era xastre. Os cartos daban para vivir mais non para aforrar, polo que comezan a facer plans para emprender a súa propia aventura migratoria, tal como viñan facendo os seus veciños e algúns achegados da familia. O destino elixido foi Panamá e o seu marido decide ir abrindo camiño primeiro para probar sorte e máis adiante mandar buscar a Avelina e as súas fillas, Ana e Marilú. O primeiro ano de estancia no Istmo estivo reunindo cartos para pagar a pasaxe (15 000 pesetas). Mentres, Avelina quedaría en Galicia cosendo día e noite e criando as nenas. Despois as tres marcharon en barco a través da Comisión Católica de Migracións.
|
|
Reunión de amigos en Changuinola, Bocas del Toro, Panamá, ca. 1977 |
Ver
Transcripción da Reunión de amigos en Changuinola, Bocas del Toro, Panamá, ca. 1977A finais dos anos 60 e principios dos 70 existiu unha pequena emigración procedente da comarca do Carballiño cara ao norte de Panamá. Formaron un auténtico monopolio de moblaría en Changuinola, poboado e centro bananeiro máis importante da provincia de Bocas del Toro. María Elena Benedetto Banga (a segunda pola dereita) é natural de Vilachá, concello de Boborás. Filla dun matrimonio formado por un italiano e unha galega, ambos emigrados en Caracas, lugar onde se coñeceron. Os seus país tiveron cinco fillos e María Elena foi única que colleu rumbo a Panamá. Sendo moi noviña, con tan só dezaseis anos, casou con Jaime Sieiro. Coñecéronse nunha das viaxes de verán que facía Jaime á parroquia de Feás (concello de Boborás). En Panamá tiveron tres fillos. O retorno da familia a Galicia fíxose entre 1987 e 1990, primeiro voltou María Elena cos fillos e logo Jaime. Pero, como resulta bastante habitual dentro das familias galegas con polo menos unha experiencia migratoria, o seu fillo Francisco retoma a aventura migratoria cara ao Istmo no ano 2011, co que repite un pouco a historia que a súa nai comezou unha tarde de verán.
|
|
Desfile da Escola Finca 42, a simbiose perfecta, Changuinola, ca. 1985 |
Ver
Transcripción da Desfile da Escola Finca 42, a simbiose perfecta, Changuinola, ca. 1985Jacqueline Sieiro Benedetto, filla de Maria Elena e Jaime, foi unha alumna destacada da Escola Finca 42. Na imaxe pódese apreciar a Jacqueline xunto a outros compañeiros no desfile da escola celebrando os “Días Patrios”, que teñen lugar no mes de novembro, coa bandeira panameña e engalanada cunha cinta sobre o seu uniforme escolar. O feito de levar a bandeira era un privilexio reservado para os mellores alumnos de cada promoción.
|
|
Tres xeracións e un destino, Panamá 1907, 1941 e 1951 |
Ver
Transcripción da Tres xeracións e un destino, Panamá 1907, 1941 e 1951Emilio Barreiro Varela inicia a súa aventura migratoria en 1907, cando marcha para traballar nas obras da Canle de Panamá. O seu periplo migratorio cambia de rumbo e diríxese a Nova York pero intercala tempadas en Galicia ata o retorno definitivo. O seu fillo, Emilio Barreiro Mariño, decide repetir o primeiro destino do seu pai e en 1941 viaxa a Panamá, mentres que a súa muller e fillos permanecen en Galicia. Alí fai traballos de albanelaría e cantaría, e en 1951 manda chamar os catro fillos: Francisco, Gumersindo, Manolo e Amador. Nun principio traballan no sector da construción, ata que en 1953 tres dos catros irmáns Barreiro deciden adquirir en propiedade o famoso restaurante El Gato Negro, situado no barrio de Santa Ana, na cidade de Panamá. O establecemento hostaleiro era moi popular polas saborosas comidas a bo prezo. Comentan algúns clientes panameños que alí aprenderon a comer “garavanzos”, entre outros pratos españois.
|
|
Unha galega na Illa do Encanto, Utuado, Porto Rico, ca. 1980 |
Ver
Transcripción da Unha galega na Illa do Encanto, Utuado, Porto Rico, ca. 1980Cando falamos de emigración galega a Porto Rico o primeiro que nos ven á mente é un grupo de guardeses que probaron sorte nese destino migratorio a mediados do s. XX., posto que crearon un foco de atracción para o resto de paisanos e forxaron un posto importante dentro da rede de tecido comercial da illa. Nesta ocasión atopámonos cun caso diferente que rompe o molde do devandito modelo migratorio. A historia que se desprende desta imaxe fala dun matrimonio mixto, formado pola galega Amalia Dapena Baqueiro e o boricua Eduardo Cintrón Cruz. Coñecéronse nos anos 50, sendo Eduardo un mozo estudante de Medicina, na Universidade de Santiago de Compostela. O destino fixo que casasen e marchasen vivir a Utuado, na illa de Porto Rico. Alí naceron os seus catro fillos: Eduardo, Amalia, María Fernanda e Fabiola. As contrariedades do destino fixeron que o retorno a Galicia fose un acontecemento moi doloroso, marcado polo repentino falecemento do Dr. Eduardo Cintrón Cruz. A volta definitiva de Amalia cos catro fillos adolescentes provocou un novo comezo para todos.
|
|
Un guardés máis en Santo Domingo. República Dominicana, ca. 1968 |
Ver
Transcripción da Un guardés máis en Santo Domingo. República Dominicana, ca. 1968José Manuel Pacheco Lomba, nacido en 1951 e natural da Guarda, emigrou no barco Covadonga á República Dominicana en 1967, coa súa recentemente estreada maioría de idade. Chegou primeiro a Porto Rico, onde o veciño coñecido na súa parroquia como “Fochas” e radicado nesa illa o recolle para levalo ao aeroporto e poder seguir rumbo ao seu destino definitivo, que sería a República Dominicana. José Manuel non era un emigrante habitual daquela época. Non era labrador senón un estudante da Escola Náutica de Vigo que decide marchar detrás de varios curmáns cos que logo prosperaría na illa.
|
|
Todo queda entre familia, Santo Domingo, ca. 1968 |
Ver
Transcripción da Todo queda entre familia, Santo Domingo, ca. 1968Na República Dominicana o guardés José Manuel Pacheco Lomba traballou como empregado na tenda do seu curmán –José Rodríguez Lomba– chamada El Encanto, situada na avenida Duarte 196, nunha das principais arterias de Santo Domingo. A dita tenda foi adquirida polo seu curmán despois de moito esforzo e dedicación, pois comezou vendendo zapatos por todo o país. Co paso do tempo o noso protagonista tamén chegou a ser accionista da empresa. Na actualidade o local deste famoso comercio está ocupado polos Hipermercados Olé.
|
|
Cuadrilla de traballadores galegos no sector eléctrico en Canberra, ca. 1976 |
Ver
Transcripción da Cuadrilla de traballadores galegos no sector eléctrico en Canberra, ca. 1976Antonio Toubes, natural do Saviñao (Lugo), emigrou a Australia a comezos da década dos 70. Traballou en Sydney e Canberra nunha empresa eléctrica con outros compañeiros españois e italianos. Á marxe dos acordos gobernamentais, os galegos e galegas chegaban ao país ben por chamamento de familiares ou veciños, ben contratados polas empresas e fábricas necesitadas de man de obra cualificada, como lle pasou a Antonio. Instaláronse en cidades como Melbourne, Sydney ou Canberra e traballaron na construción, na hostalaría, montando pequenos negocios etc. No país austral permanecen os descendentes destes emigrantes que se senten australianos pero tamén galegos e galegas, que aman o noso país e a nosa cultura a través dos relatos dos seus.
|
|
A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escena |
Ver
Transcripción da A Bella Otero (Valga 1868 - Niza 1965). A raíña valguesa da escenaFilla de nai solteira, Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias naceu na parroquia pontevedresa de San Miguel de Valga, o 4 de novembro de 1868. Viviu xunto á súa nai e catro irmáns. Tratábase dunha familia sumida na miseria. A súa nai, Carmen Otero Iglesias, era coñecida como “A piñeira”, pois alimentaba os fillos grazas a recoller piñas no monte e vendelas como combustible para facer lume e dar calor. O seu destino estivo marcado por un suceso nefasto de violencia, pois foi vítima dunha brutal violación no monte Terroeira, sendo aínda unha rapaza preadolescente, de once anos de idade. Logo do acontecido, foi trasladada ao Hospital Real de Santiago, debido a unha aparatosa e preocupante hemorraxia. As secuelas psíquicas e físicas, xunto ao rexeitamento de parte da veciñanza, foron un dos desencadeantes da fuxida da súa localidade. Existen varias versións sobre a forma en que a Bella Otero fuxiu de Galicia e descoñécense os detalles sobre a súa aparición en Barcelona e máis tarde en París. A historia da súa vida está envolta nun halo de fantasía e misterio. Fálase dunha historia de vida chea de datos autobiográficos inventados. O certo é que a súa sona tivo unha repercusión internacional. A Bella Otero logrou moverse en círculos culturais de vangarda da Belle Époque. A súa fermosura, destrezas artísticas, sedutora indumentaria e bo manexo de idiomas abraiaron a poderosos homes da elite; o que provocou que algúns perdesen a cordura e a fortuna. O seu ciclo vital pecharíase dun xeito pouco afortunado, en soidade e sen luxo, debido á súa afección polos xogos de casino, que a levaron á ruína. A pesar da condición económica na etapa final da súa vida, Carolina Otero non esqueceu a súa terra natal —á que nunca máis volveu—, pois deixou unha misiva, dirixida ao alcalde de Valga, na que manifestaba a súa intención de facer beneficiarios de súa herdanza os residentes máis pobres. O dito desexo non se cumpriría, xa que non tiña bens, nin cartos que achegar á comunidade menos favorecida de Valga. A Bella Otero morreu aos noventa e sete anos en Niza, o 10 de abril do ano 1965.
|
|
Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998) |
Ver
Transcripción da Maruxa Villanueva (A Barrela-Carballedo, 1906 - Santiago de Compostela, 1998)María Isaura Vázquez Blanco, máis coñecida como Maruxa Villanueva, naceu na Barrela e iniciouse no canto da man da súa nai. En 1926, con tan só vinte anos, cruza o charco cara a Arxentina seguindo a dous irmáns que se anticiparan na aventura migratoria. En Bos Aires desenvolvería o seu talento como cantante e actriz, non sen antes traballar como dependenta nun comercio téxtil, como o facía calquera outra muller emigrante galega da época. O desenvolvemento da súa carreira artística foi impulsado da man dun matrimonio formado polo pianista vasco Juan Gueresta e a súa muller, a cantante galega Esperanza Blanco. En 1936 deixa o seu traballo no sector do comercio debido ao éxito alcanzado, sobre todo entre a colectividade galega residente en Bos Aires. Maruxa colaborou de maneira activa nas actividades desenvolvidas a favor da República española levadas a cabo pola colectividade emigrante na cidade. Nese tempo coñece ao dramaturgo estradense Daniel Varela Buxán, que a convidou a cantar na estrea da obra Se o sei… non volvo á casa, que tivo lugar no famoso Teatro Maravillas. Casou con Daniel pero non sería un matrimonio estable. Formaron a Compañía de Teatro denominada Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva, coa que se estreou "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao. Ademais deste último, Maruxa Villanueva tiña amizade con Salvador de Madariaga, Eduardo Blanco-Amor e Fernando Iglesias “Tacholas”, entre outras figuras destacadas da cultura galega alén mar. O seu retorno a Galicia foi intermitente, regresa en 1949 pero, ao fallar os seus plans de traballo, volve a Bos Aires en 1958, para retornar definitivamente en 1962. Esta vez desempeñaría un importante labor na Casa Museo Rosalía de Castro, da man do Dr. Agustín Sixto Seco, presidente do Padroado Rosalía de Castro. Converteuse nunha especialista no mundo rosaliano e coidadora da dita Casa Museo. Recibiu numerosas distincións polo seu labor activo na difusión da cultura galega fóra e dentro de Galicia. Finou en Santiago de Compostela aos noventa e dous anos de idade, o 24 de novembro de 1998.
|
|
Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006) |
Ver
Transcripción da Pura Vázquez, mestra e poetisa (Ourense, 1918 - 2006)O seu nome completo era Carmen Pura Vázquez Iglesias. Naceu en Ourense en 1918. Como acontecía en moitas familias da época, Pura pertencía a unha familia numerosa. A nai era ama de casa e o pai empregado de Correos. A Coruña foi o lugar que acolleu a toda a familia e lle brindou unha mellora das condicións económicas. Quen ía dicir que aquela nena tan delicada de saúde chegaría a romper moldes a través da súa produción literaria en lingua galega e das súas ensinanzas como mestra. Transcorrendo xa a súa adolescencia e de volta no seu Ourense natal, Pura manifesta unha preferencia polas letras que a fai gozar da lectura e escritura, moitas veces creada por ela mesma. Recibe apoio do seu pai, quen, ante o entusiasmo que Pura manifesta, lle regala a súa primeira máquina de escribir. Comezou con trece ou catorce anos publicando na revista La Zarpa. Estes primeiros traballos foron orientados por Otero Pedrayo.
|
|
Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en Galicia |
Ver
Transcripción da Iolanda Díaz Gallego, sempre en movemento pero coa mente en GaliciaNaceu en Sarria en 1934. A nai de Iolanda xa vivira de solteira en Uruguai cos seus padriños, que non tiñan fillos, e retornou con eles en 1931. O pai dela tamén tivera experiencia migratoria pero en Cuba, onde tan só estivo durante tres anos. Casan en Galicia e montan un ultramarinos e casa de comidas. Ambos eran republicanos e o pai de Iolanda viuse obrigado a fuxir, nunca máis souberon nada del. Os padriños de Iolanda marchan de novo a Uruguai en 1941. En 1953 a nai e dous irmáns de Iolanda marchan tamén a terras uruguaias, non sen antes “darlles estudos” aos fillos. Iolanda obtivo o título de Perito Mercantil na Escola de Altos Estudos Mercantís da Coruña, con tan só 19 anos. A súa nai dixéralle: “Iremos de aquí cando ti, que es a maior, remates a carreira, porque entón vas ser como o soporte”. Iolanda marchou cun certificado de penais falso, xa que ningunha muller cunha carreira podía saír ao estranxeiro se non fixo o Servizo Social. Se non tiña o certificado de penais non lle daban o pasaporte. De modo que un xoieiro de Sarria, que viñera de Arxentina, axudouna facendo unha carta en que constaba que ela estaba traballando para el como serventa. Aos seis días de chegar a Monteviedo, Iolanda xa estaba traballando na emblemática tenda London París, na sección de importación e exportación. A súa preparación académica permitiulle traballar no Banco de Galicia, posto que lle facilitou a oportunidade de coñecer moitas persoas influentes, entre as que atoparía varios membros do grupo de exiliados galegos que traballaban desde fóra por e para Galicia.
|
|
Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacional |
Ver
Transcripción da Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacionalNacida na Habana o 18 de abril de 1923, Antía Cal Vázquez era filla de emigrantes galegos orixinarios de Muras. Os seus nomes eran: Vicenta Vázquez e Xosé Cal. Viviu alí cos seus pais ata os nove anos. Sempre comentaba que nesta etapa foi moi feliz en Cuba. Estivo escolarizada no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana. Preocupado pola educación dos fillos, Xosé decide enviar a Galicia á súa muller con eles no barco Cristóbal Colón en 1932, mentres que el permanecería na illa durante 15 anos máis. Tras a chegada a Galicia, o seu fogar foi a casa dos avós maternos, no Mesón Muras, da que conserva moi gratas lembranzas. Antía continuou cos seus estudos no Colexio Dequidt da Coruña, no que tivo boa adaptación. Santiago de Compostela, a onde se mudaron en 1939, sería o seu novo destino familiar. Antía estudou alí, primeiro, Comercio e Maxisterio e, logo, Xeografía e Historia. En 1944, con 21 anos de idade, coñece o que sería o seu marido, o Dr. Antón Beiras, oftalmólogo de Vigo que estaba realizando unha investigación sobre o estrabismo. Deciden casar en 1947 e Antía pon unha condición: ela tamén tiña que atopar traballo. Mentres o dito traballo non aparecía, Antía acompañou a Antón nunha viaxe de estudos por varios países europeos. A estadía que tiveron en Xenebra marcou profundamente a visión de futuro de Antía. Asistiu a un acto do recoñecido pedagogo Pestalozzi, no que descubriu as novas tendencias no desenvolvemento da metodoloxía pedagóxica expostas pola UNESCO. Eses novos coñecementos serían de grande utilidade, tanto para o seu desenvolvemento profesional como para aplicalos na educación dos seus fillos. Despois da citada experiencia, o matrimonio decidiu enviar os seus fillo a cursar a Educación Primaria no Reino Unido. Ela chegou a cumprir o soño de fundar a Escola Rosalía de Castro en Vigo en 1962, na que aplicou todos os coñecementos adquiridos cunha perspectiva educativa revolucionaria, avanzada e un tanto cosmopolita. En 1968 morreu Antón Beiras e Antía quedou viúva con catro fillos e coa responsabilidade de dirixir a súa escola. A metodoloxía aplicada no seu centro educativo rompía co ensino tradicional, sendo unha escola bilingüe, co inglés como segunda lingua, e mixta. O uso do galego normalizouse, sobre todo nas zonas comúns, a pesar da prohibición franquista do seu uso nas aulas. Foi galardoada con varios premios e no 2006 a editorial Galaxia publicoulle as súas memorias: Este camiño que fixemos xuntos.
|
|
Ánxeles Alvariño. O legado científico dunha pioneira galega, precursora na investigación oceanográfica mundial |
Ver
Transcripción da Ánxeles Alvariño. O legado científico dunha pioneira galega, precursora na investigación oceanográfica mundialÁnxeles Alvariño González naceu en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916. Desde ben pequena caracterizouse por ter unha grande inquietude intelectual. O feito de ser filla dun médico e dunha pianista facilitou, sen dúbida, un ambiente familiar propicio e aberto a fomentar todo tipo de aprendizaxe. En 1933 remata os estudos de Bacharelato Universitario en Ciencias e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus estudos de Ciencias Naturais na Universidad de Madrid vense interrompidos polo peche das aulas, motivado pola Guerra Civil. En 1940 casa con Eugenio Leira Manso, capitán da Mariña de Guerra Española e Cabaleiro da Real e Militar Orde de San Hermenegildo, e dous anos máis tarde nace a súa filla, María de los Ángeles, que chegou a ser unha recoñecida arquitecta e urbanista radicada nos EE. UU.
|
|
Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galega |
Ver
Transcripción da Nélida Piñón. Escritora e xornalista orgullosa da súa proxenie galegaNélida Cuíñas Piñón naceu en Río de Xaneiro no ano 1937. É descendente de galegos polos catro costados. De pai galego e nai carioca, filla de galegos. Daniel Cuíñas Cuíñas, emigrante de Cotobade, era o seu avó materno e foi un referente extraordinario para esta recoñecida escritora. O coñecemento do “mundo galego”, como ela mesma sinala, deulle a oportunidade de afondar na súa pertenza a dúas culturas, a consolidar unha identidade híbrida que tanto enriquece a alma. Na súa nenez Nélida viaxa a Galicia cos seus avós maternos e cos seus pais, onde permanece durante case dous anos. A escritora cualifica este ciclo como o máis feliz da súa vida, cheo de aprendizaxes, doutras linguas e paisaxes. Desfrutou da vida no agro dun xeito intenso e conserva aínda na súa memoria todas esas experiencias tan frutuosas. O seu anhelo sempre foi ser escritora e aquela experiencia en Galicia marcaría parcialmente a súa obra literaria. Un fiel exemplo atopámolo no seu libro La república de los sueños (1984), no que recrea o fenómeno da emigración galega e todo o que representa como tal.
|
|
Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo son |
Ver
Transcripción da Hotel Balneario de Cabreiroá, un complexo arquitectónico no que a saúde e o lecer bailan ao mesmo sonAs propiedades beneficiosas das augas do manancial de Cabreiroá eran ben coñecidas polos veciños da zona desde finais do século XIX. O manancial e os terreos circundantes, necesarios para construír as instalacións do balneario, foron mercados por José García Barbón en 1904, quen obtivo a certificación científica das propiedades beneficiosas das súas augas. Estas foron declaradas como augas mineromedicinais polo doutor Santiago Ramón y Cajal e tiveron unha cualificación moi positiva do Charing Cross Hospital. En 1906, unha vez declaradas augas de utilidade pública, créase a planta de envasado e, un ano despois, inícianse as obras de construción do Hotel Balneario de Cabreiroá, que se converte nun referente europeo. Na imaxe vemos un grupo de persoas que gozan da música diante da buvette ou tamén coñecida como pavillón de augas. O balneario non era só un centro para mellorar a saúde dos seus visitantes, senón tamén un espazo de ocio e diversión no que a burguesía socializaba e facía reunións para realizar acordos de negocio. O Hotel Balneario de Cabreiroá funcionou con grande éxito ata 1936.
|
|
Augas de Cabreiroá (Verín) |
Ver
Transcripción da Augas de Cabreiroá (Verín)«El agua mineral natural Cabreiroá es bacteriológicamente pura y de excelentes condiciones higiénicas… Es absolutamente pura, sin manipulaciones químicas ni agregados artificiales».
|
|
Home familiar, dos seus e para os seus! |
Ver
Transcripción da Home familiar, dos seus e para os seus!Pouco se sabe dos asuntos privados de José García Barbón, agás que volveu solteiro da Habana. Unha figura importante na súa vida foi o seu tío Luciano, guía intelectual que lle marcou o camiño cara a un éxito practicamente asegurado, tendo en conta tamén a condición de traballador constante que o caracterizaba.
|
|
Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacada |
Ver
Transcripción da Escola de Artes e Oficios de Vigo, a obra filantrópica de José García Barbón máis destacadaInaugurada en 1886, iniciativa da Sociedad de Socorros Mutuos La Cooperativa, a Escola de Artes e Oficios de Vigo constituíu unha peza esencial no desenvolvemento da cidade olívica. En 1888 pasou a ser de titularidade municipal.
|
|
A profesionalización do ensino práctico. Un paso adiante no progreso de homes e mulleres |
Ver
Transcripción da A profesionalización do ensino práctico. Un paso adiante no progreso de homes e mulleresO período de maior matrícula na Escola de Artes e Oficios de Vigo foi entre 1910 e 1930. O ensino gratuíto fíxose efectivo en 1908 para obreiros de ambos os sexos e fillos de obreiros. Ata entón había que pagar 5 pesetas polos dereitos de matrícula. As mulleres entraron na Escola en 1900, en horario de mañá.
|
|
A Biblioteca Pública Municipal García Barbón, un espazo común ao alcance de toda a cidadanía, Vigo |
Ver
Transcripción da A Biblioteca Pública Municipal García Barbón, un espazo común ao alcance de toda a cidadanía, VigoEsta dependencia forma parte das instalacións da Escola de Artes e Oficios. De feito, a Biblioteca Pública García Barbón e o Laboratorio de Química foron dúas dependencias imprescindibles no seu proxecto educativo. O dito espazo constituíu durante moito tempo a única biblioteca pública da cidade. Inaugurouse no curso 1900-1901 e aparecía anunciada nas guías turísticas de Vigo, con toda a información pertinente sobre o seu enderezo e horarios de atención ao público.
|
|
O influxo de José García Barbón na cidade de Vigo |
Ver
Transcripción da O influxo de José García Barbón na cidade de VigoO proxecto do edificio da Escola de Artes e Oficios de Vigo data do ano 1887 e é obra do arquitecto francés Michel Pacewicz pero foi asinado por Dimas Vallorba por razóns de tipo administrativo. O primeiro edificio sitúase nunha parcela que fai esquina a dúas rúas, o que ocasiona que o impacto visual sexa maior. Despois da inauguración do edificio propúxose a súa ampliación en 1904. García Barbón engade un edificio anexo ao proxecto arquitectónico e fai entrega ao Concello de Vigo da correspondente escritura de doazón. Sen dúbida, trátase dunha importante contribución ao desenvolvemento económico da cidade, en calidade de formación práctica especializada nos distintos sectores industriais e comerciais que se estaban desenvolvendo na Galicia deses anos. |
|
Avenida de García Barbón, ca. 1909 |
Ver
Transcripción da Avenida de García Barbón, ca. 1909O Concello de Vigo acordou poñer o nome de “Avenida de García Barbón” ao que, naquel entón, era un tramo da estrada onde estaba enclavado o fermoso predio Vista Alegre, no que vivía o filántropo. Esta acción tivo que realizarse unha vez falecido este benfeitor, xa que en vida se negou a tal feito e dixo que se iso acontecía el marcharía da cidade de Vigo. Certamente, a modestia tamén era unha das súas características persoais, pois rexeitaba todo alarde de publicidade.
|
|
José García Barbón e o sentimento de gratitude popular |
Ver
Transcripción da José García Barbón e o sentimento de gratitude popularTras a morte de José García Barbón y Sola, xornais e revistas nacionais e internacionais fixéronse eco do suceso e do pesar sentido, sobre todo polos habitantes de Vigo e comarca. A presenza da súa figura como filántropo e mecenas tivo moito impacto na súa cidade adoptiva. O seu excelente labor de benfeitor deixou unha pegada perenne, que constitúe un elemento máis na configuración da identidade cultural en Galicia. Era un home benevolente que pasaba rapidamente a executar accións de alto poder resolutivo, cubrindo carencias económicas e sociais, nunha comunidade desmotivada pola falta de recursos económicos e culturais. A cidade de Vigo non se podería definir sen a marca García Barbón, que transcende o puramente arquitectónico, representando o ideal dun pobo que merecía a fortuna de acceder ao que máis dignifica ao ser humano: a educación e o traballo. |
|
Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906) |
Ver
Transcripción da Pedro Murias Rodríguez (Santa Eulalia da Devesa, 1840 - A Habana, 1906)Pedro Murias, rico comerciante e industrial, foi un dos primeiros en converter os primitivos “chinchales” en verdadeiras fábricas de tabaco. Estivo moi vencellado coa colectividade galega residente na illa, sendo tesoureiro e vogal do Centro Galego da Habana e membro protector da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia.
|
|
La Meridiana: motor do progreso indiano |
Ver
Transcripción da La Meridiana: motor do progreso indianoPedro Murias chegou a engrosar a listaxe dos máis importantes fabricantes de tabaco da illa de Cuba. En 1860 aínda non estaba rexistrado como tal. Non obstante, en 1874 xa adquirira a fábrica e marcas da Compañía de Tajo y Quevedo e estableceu La Meridiana como a primeira marca principal, que posteriormente ampliaría, a medida que progresaba o seu negocio. Da fábrica procedían os tabacos de mellor calidade e prestixio. En 1890 Pedro Murias embarcouse no segundo proxecto empresarial, materializado mediante a compra da segunda fábrica, La Devesa. En 1892 creou a súa terceira fábrica, denominada Pedro Murias, reafirmándose como marquista de identidade propia e asegurando unha vez máis a garantía de calidade.
|
|
Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro MuriasA fabricación de tabaco levou consigo a promoción dunha serie de industrias auxiliares que funcionaban como pezas clave na cadea de produción, para a súa posterior comercialización. Oficios representados polo caixoneiro, o litógrafo, o carpinteiro, o ebanista etc. víronse favorecidos pola elaboración do tabaco. Xurdiu, deste xeito, un tipo de traballador máis cualificado que o común da época. Perfiláronse, así, as tarefas especializadas dos escolledores, fileteadores, rezagadores, torcedores etc. Pedro Murias pertenceu a un grupo de empresarios cada vez máis reducido que contaba cunha maior dispoñibilidade de recursos para a elaboración do seu tabaco.
|
|
«El que los prueba una vez, los fuma siempre» |
Ver
Transcripción da «El que los prueba una vez, los fuma siempre»O crecente consumo de tabaco traspasou fronteiras, supuxo a expansión da economía tabaqueira cubana e un incremento notable da riqueza produtiva da illa. O indiano devesán atopábase entre os mellores representantes do sector de Cuba. A marca Pedro Murias estaba extraordinariamente acreditada no mercado internacional, co seu nome e apelido como distintivo industrial. A publicidade das distintas marcas que Pedro Murias tiña en propiedade aparecían anunciadas na prensa da colectividade galega residente en Cuba, así como tamén nos principais xornais e publicacións especializadas no mundo do tabaco publicadas dentro e fóra da illa.
|
|
Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen data |
Ver
Transcripción da Alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias posan diante do edificio principal, sen dataA construción do primeiro edificio, que estamos a ver na imaxe, comezou en 1920. Trátase do inmoble principal, onde estaban situadas as aulas e demais dependencias para o ensino e o profesorado. Edificio de grandes dimensións, estaba formado por un corpo central de planta baixa, primeiro andar e faiado e dúas ás a cada lado. Na planta baixa, á esquerda estaban as aulas, os servizos e unha estancia para o profesorado; na dereita, as dependencias da Dirección da escola, a cociña, o comedor e un almacén de víveres. A súa ornamentación é moi sobria, con numerosos vans e ocos resaltados con molduras. Na fachada destaca a dobre escalinata, que lle dá monumentalidade ao conxunto, cunha fonte central con cabeza de dragón e unha araucaria que lle achega un eixe simétrico.
|
|
Materialización do soño indiano de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Materialización do soño indiano de Pedro MuriasA idea de terra e progreso estaba intimamente relacionada coa experiencia obtida por Pedro Murias no agro cubano. Deixa como legado a fundación da escola agrícola que levaría o seu nome, nunha das mandas testamentarias redactadas por el mesmo con data do 22 de maio de 1892. Alí manifestou estar “deseoso del mayor adelantamiento agrícola de mi patria”. Un centro educativo pioneiro e que “forzosamente” tiña que ser construído dentro dos límites da Devesa, a semellanza da Colonia Agrícola de Ruysselede en Bélxica. |
|
Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934 |
Ver
Transcripción da Lembranza dos ribadenses á memoria de Pedro Murias, ca. 1934A comisión delegada da Devesa foi creada pola fundación habaneira en 1919 para ter un maior control sobre as obras e o funcionamento da escola agrícola pois, debido á distancia, era moi difícil desde Cuba organizar os traballos, controlar os gastos e lograr que se impuxesen as súas ideas para a boa marcha do proxecto. Estivo integrada ao longo dos anos por persoeiros políticos e económicos da Mariña, moitos deles emigrantes enriquecidos retornados de Cuba, polo que se pode considerar que a escola agrícola foi tamén obra destes "habaneiros". O seu nomeamento como membros da comisión era unha honra e sentían como un deber axudar para que o legado do indiano chegase a bo fin. Supoñía, ademais, acadar prestixio social e unha reafirmación na elite da comarca. Desde 1934 e ata 1949, a comisión estivo presidida por Ramón Maseda Villamil, emigrante retornado de Cuba.
|
|
Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20 |
Ver
Transcripción da Clases prácticas de agricultura do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias, anos 20No regulamento da fundación habaneira de 1913 aprobouse a organización da escola agrícola e o proxecto pedagóxico que se quería implementar. As materias debían estar relacionadas coa agricultura seguindo os estudos máis modernos e dispoñía de xeito expreso que tiñan prioridade os coñecementos prácticos e aplicables ao medio en que vivían sobre as clases teóricas, con aulas impartidas por enxeñeiros agrícolas. Como vemos, tratábase dun plan moi ambicioso que, de aplicarse, suporía un grande avance na capacitación agropecuaria dos futuros labregos da comarca ribadense.
|
|
Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20 |
Ver
Transcripción da Educación activa no agro: alumnos nunha clase práctica, anos 20A Escola Agrícola Pedro Murias foi un centro pioneiro, enfocado a abrir o acceso e abano de posibilidades para os rapaces da súa comunidade de orixe. O ingreso na escola garantía a experiencia directa do alumnado nos labores do agro. Os coñecementos prácticos ían engarzados de xeito directo cos teóricos. Esta metodoloxía facía que a aprendizaxe se consolidase sobre os terreos dedicados a tal fin, seguindo de xeito directo todos os procesos, desde a composición e preparación da terra, plantar as sementes, sistemas de rego e drenaxe, ata a colleita dos froitos. En canto á cría dos animais, o seu manexo nas granxas, alimentación e aproveitamento tamén formaban parte do proceso ensino-aprendizaxe do alumnado.
|
|
«Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terra |
Ver
Transcripción da «Velo para crelo»: o coñecemento práctico do que produce a terraA aplicación práctica dos coñecementos teóricos era unha premisa ou base para conseguir a aprendizaxe efectiva do alumnado da Escola Agrícola Pedro Murias. O plan de estudos, previamente establecido, contemplaba materias como Análise e Prácticas Agrícolas, Xeoloxía e Mineraloxía Agrícola ou Agrimensura e Nivelación. Materias como Álxebra, Debuxo, Física e Química ou Historia Natural non escapaban do currículo e eran impartidas sempre en relación coa agricultura e gandaría. Porén, o plan de estudos sufriu numerosas modificacións desde que comezou a funcionar a escola agrícola como tal, en 1928. O certo é que as decisións tomadas pola xunta de patróns, encargada de materializar o proxecto do indiano devesán, non foron acatadas con rigor. A idea da creación e posta en marcha do centro sobranceiro que o indiano devesán tiña en mente quedou esvaída por diversas circunstancias.
|
|
O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da O retorno simbólico do filántropo á súa parroquia natal, ca. 1950Unha das mandas testamentarias do indiano foi que os seus restos mortais repousasen na súa parroquia natal. Deixou disposta unha cantidade de cartos para a construción dun mausoleo no cemiterio da Devesa, onde debía ter "o repouso eterno", pero este desexo non se realizou ata os anos 50.
|
|
Primeira sede social da ABC del Partido de Corcubión, na rúa Venezuela, 2164, Cidade Autónoma de Bos Aires |
Ver
Transcripción da Primeira sede social da ABC del Partido de Corcubión, na rúa Venezuela, 2164, Cidade Autónoma de Bos AiresEsta foi unha das sociedades microterritoriais establecidas en Bos Aires con maior afluencia e número de socios, pois xa en 1924 contaba con 600 aproximadamente. A súa sede social, situada na rúa Venezuela, 2164, moi preto do Centro Galego de Bos Aires, foi adquirida en 1940. A ABC del Partido de Corcubión consolidaba así un dos obxectivos de toda sociedade étnica de emigrantes. Nela funcionan a administración, a biblioteca e as demais estancias onde se desenvolven actividades de carácter cultural e formativo.
|
|
O emblemático Campo Corcubión, distintivo da ABC del Partido de Corcubión, ca. 1963 |
Ver
Transcripción da O emblemático Campo Corcubión, distintivo da ABC del Partido de Corcubión, ca. 1963Non cabe dúbida da importancia que ten para esta entidade a sede recreativa coñecida como Campo Corcubión. Anos antes de ser adquirida en propiedade, era alugada para realizar celebracións de toda índole. Nela nenos e maiores gozaban do tempo de lecer, particularmente durante os meses de verán. As festas tradicionais galegas, o Entroido e os aniversarios continúan tendo lugar nas súas coidadas e modernizadas instalacións, onde socios e simpatizantes rememoran acotío os signos da identidade cultural, con bailes e música popular galega, facendo honra da súa orixe.
|
|
Grupo de baile Alborada da ABC del Partido de Corcubión |
Ver
Transcripción da Grupo de baile Alborada da ABC del Partido de CorcubiónUnha das formas de participación das mozas e mozos da ABC del Partido de Corcubión que contribúen ao seu desenvolvemento social e mesmo persoal é o fomento do deporte e a promoción da formación de grupos folclóricos. A través desta práctica achéganse, dun xeito lúdico e ameno, os valores culturais e a lingua galega á mocidade. Música tradicional e lingua como compoñentes configuradores da identidade cultural. Prodúcese así un proceso de retroalimentación, de feedback, xa que eles tamén funcionan como elementos de difusión da cultura galega, tanto en Arxentina e no resto de países que acollen emigrantes galegos como na propia Galicia.
|
|
O viveiro Josefa do Chao coa súa tripulación na badía da Habana, ca. 1900 |
Ver
Transcripción da O viveiro Josefa do Chao coa súa tripulación na badía da Habana, ca. 1900Este barco de pesca, máis coñecido como viveiro, era propiedade de Manuel Suárez Casteleiro, nacido en Redes, que emigrou moi novo á illa de Cuba e acabou convertido nun importante empresario da pesca cubana. A maioría da tripulación dos seus barcos estaba formada por emigrantes aresáns. Este barco tivo como patróns a José Prego (veciño seu), que aparece na fotografía coa súa tripulación, e anos máis tarde ao seu paisano Isidoro Ríos.
|
|
Facendo o corpo ao novo mar. A badía da Habana co Morro ao fondo, ca. 1906 |
Ver
Transcripción da Facendo o corpo ao novo mar. A badía da Habana co Morro ao fondo, ca. 1906Ernesto López Naveiras, grande estudoso da emigración aresá a Cuba, describe claramente o que se atopaban os mozos da comarca de Ferrol cando navegaban nos seus viveiros para amigarse co mar do golfo de México: «Había que ser moi bo mariñeiro para facerse con estes barcos nun mar cheo de correntes, ventos, ás veces endiañados, e costas que os arrecifes de coral facían perigosas e dificultaban o acceso aos peiraos na busca de abrigo. […] As mareas eran de vinte días se collían un bo majal [banco de peixes] que producía nese tempo quince mil quilos de peixe…».
|
|
Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo Caribe |
Ver
Transcripción da Un día de traballo: o patrón Manuel Martínez ao temón cos seus mariñeiros, de pesca polo CaribeOs viveiros eran barcos pesados con dificultade para manobrar, polo que precisaban unha tripulación con experiencia e competente. Por iso os donos dos barcos preferían contratar os mariñeiros da comarca de Ferrol, que, aínda que emigraban moi novos, xa sabían do duro traballo no mar. A marea, que duraba de media uns vinte días aínda que variaba segundo a situación dos bancos pesqueiros e da cantidade conseguida, comezaba no peirao dos Cocos en Casa Blanca, onde os viveiros estaban fondeados e onde vivía a maior parte dos mariñeiros galegos. A vida destes mariñeiros era difícil: á dureza do traballo e da climatoloxía do golfo engadíanse unhas condicións laborais pouco favorables. Moitos conseguiron subsistir co seu traballo e formaron alá unha familia; outros, con máis sorte, víronse recompensados e puideron retornar á súa terra cuns aforros que lles permitiron construír ou amañar as súas casas, dar estudos aos fillos, montar un pequeno negocio ou gozar dunha vellez sen atrancos.
|
|
Viveiristas de Caamouco na hora de xantar, Casa Blanca, badía da Habana, s.d. |
Ver
Transcripción da Viveiristas de Caamouco na hora de xantar, Casa Blanca, badía da Habana, s.d.A cantidade de galegos que formaban a tripulación dos viveiros era variable en función do tamaño da embarcación. As campañas de pesca da cherna e do prago, en augas do golfo de México, eran unha fonte de recursos económicos moi importante para os mariñeiros. Á hora de falar sobre os pescadores galegos procedentes das rías de Ferrol e Ares é preciso mencionar a coñecida Compañía Cubana de Pesca y Navegación, con Segundo Casteleiro como presidente. En 1919 esta empresa pesqueira tiña unha frota de 47 barcos-viveiro e cada un deles tiña unha capacidade para soportar de 80 a 150 toneladas de pesca. Ademais, contaba cunha ampla infraestrutura composta polo molle dos Cocos en Casa Blanca, vivendas para os seus empregados, talleres de reparación e varios almacéns.
|
|
Guadaños que cruzan a badía da Habana |
Ver
Transcripción da Guadaños que cruzan a badía da HabanaEntre a multitude de voces e usos peculiares da illa de Cuba atópase un termo moi vencellado coa emigración galega procedente de Ares. A palabra é guadaño, así definida no Diccionario provincial de voces cubanas (Esteban Pichardo y Tapia, 1836): «Bote pequeño con carroza, de que se usa en el trafico de algunos puertos de la isla, principalmente en el de la Habana, donde es mas comun y general la palabra».
|
|
Aponte y Rojo, molle de Regla, A Habana, ca. 1904 |
Ver
Transcripción da Aponte y Rojo, molle de Regla, A Habana, ca. 1904Algúns emigrantes orixinarios das parroquias de Ares non chegaron a traballar directamente no mar, senón que se dedicaron a outros mesteres con menos sacudidas pero realmente pouco levadíos. Para os propietarios das carboeiras e almacéns de carbón, esta era unha boa fonte de ingresos. Só precisaban un espazo libre e leña, que sacaban de calquera monte próximo. Era o combustible económico e de alto rendemento utilizado en toda a illa.
|
|
Alumnado e mestres da Escola da Tenencia |
Ver
Transcripción da Alumnado e mestres da Escola da TenenciaO testemuño de Manuel Varela Casteleiro —mariñeiro redense dos que nunca volveron á terra— ilustra moi ben as circunstancias de moitos rapaces de Redes que non podían asistir ás clases de maneira continuada, o ambiente laico e a introdución dos adiantos tecnolóxicos na escola aos que, talvez, non se lles sacaba o máximo proveito:
|
|
Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en Lisboa |
Ver
Transcripción da Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en LisboaO Salón Nobre da sede social de Xuventude de Galicia, localizado na rúa Júlio de Andrade da capital portuguesa, leva o nome da nai de Manuel Cordo Boullosa, chamada Leocadia Boullosa Muñoz. A súa maxestade e beleza asombra a calquera visitante. Trátase dun espazo destinado a exposicións de distinta índole (pintura, fotografía, escultura etc.) e outro tipo de actividades, como presentacións de publicacións, conferencias...
|
|
Expresións de afecto das visitas máis esperadas |
Ver
Transcripción da Expresións de afecto das visitas máis esperadasEste libro de visitantes de Xuventude de Galicia está cheo de sorpresas. Numerosos intelectuais galegos foron sempre recibidos con agarimo e entusiasmo por parte da colectividade residente en Lisboa. Á sede social de Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa achegáronse destacados persoeiros que deixaron neste libro as súas expresións de afecto e agradecemento pola boa acollida percibida. |
|
Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangarda |
Ver
Transcripción da Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa, sede de manifestacións culturais de vangardaEsta asociación de emigrantes galegos en Lisboa mantense conectada coa sociedade galega e portuguesa e manifesta unha continua e mutua consonancia co seu interese polas artes plásticas, a música, a danza ou as conferencias de distinta índole, entre outras actividades. Froito dese interese pola difusión cultural, adoita organizar diversas e variadas exposicións. Nesta fotografía vemos como os visitantes gozan con atención da mostra titulada Só 4, pintura con outra arte, acollida no Salón Nobre Leocadia Boullosa.
|
|
Fraguando un soño coa mente na súa terra |
Ver
Transcripción da Fraguando un soño coa mente na súa terraGumersindo Busto pretendeu fundar a Biblioteca América co obxecto de que o alumnado dos distintos niveis de capacitación académica tivese a oportunidade de coñecer canto producía a intelectualidade hispanoamericana nos seus diferentes aspectos: científico, literario, histórico, xeográfico, antropolóxico, artístico etc.
|
|
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos |
Ver
Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, BetanzosEn 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.
|
|
Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables |
Ver
Transcripción da Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerablesA vontade filantrópica dos indianos García Naveira vén ilustrada principalmente a través da creación do asilo e as escolas García Hermanos. Con ese obxectivo quedou constituída unha fundación benéfica de «patronato particular perpetuo», por escritura pública do 23 de agosto de 1908. O capital de base, achegado a partes iguais polos dous irmáns, foi de 500 000 pesetas. O predio para a construción de ambos os edificios anexos foi cedido polos dez concellos do partido xudicial de Betanzos. No artigo primeiro dos estatutos do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos recóllese a súa natureza e finalidade xeral:
|
|
Para pasear e aprender: o paseo dos Emperadores Romanos no Pasatempo |
Ver
Transcripción da Para pasear e aprender: o paseo dos Emperadores Romanos no PasatempoEste parque enciclopédico, en palabras de Luís Seoane, é un orixinal conxunto de arquitectura, escultura, cerámica e xardinaría, con diversidade de materiais empregados na súa construción: mármore, cemento, pedra, conchas, azulexos, vexetación etc. Destacan no conxunto as numerosas fontes e estanques e mais os grupos escultóricos de gran factura. Incluso chegou a ter un pequeno zoolóxico con especies exóticas.
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indiano |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos, máis que un capricho indianoA curiosidade e o afán de sabedoría leva os irmáns García Naveira a viaxar por varios países. Acompañados de Rogelio Borondo, bo amigo betanceiro, viaxan a lugares emblemáticos e estimulantes, onde coñecen parte da súa historia, arte, cultura, natureza e industria. Os tres amigos, nun periplo de dous meses de duración, visitan Francia, Suíza e Italia. Borondo escribe a obra titulada
|
|
Unha peseta ben vale a pena… |
Ver
Transcripción da Unha peseta ben vale a pena…A iniciativa de elaboración dun vistoso álbum de postais, titulado Álbum de postales a beneficio del Asilo García-Hermanos, foi unha boa idea para recadar fondos destinados ao sustento do asilo García Hermanos. Sabemos da existencia de dúas series de dez postais cada unha. A serie B (11-20) contén: a Fonte de Cupido, a Fonte de Neptuno, o xardín-comedor, o xardín-dormitorio, a Gruta e Estanque do Retiro, a Fonte das Catro Estacións, o Pavillón e unha vista parcial, a Gruta da Recoleta, a Fonte da Agricultura e a fermosa Fonte Florentina que aparece nesta imaxe.
|
|
Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de Betanzos |
Ver
Transcripción da Fonte da Agricultura, Parque do Pasatempo de BetanzosNo espazo que ocupa a vistosa Fonte da Agricultura destaca a escultura dunha campesiña, ataviada co traxe tradicional mariñán, portando un anciño ao lombo. Esta fonte está no Muro da España Monárquica e as súas 18 Fillas Republicanas, ao que se lle atribúe a representación da independencia das colonias españolas en América. Debaixo da figura da campesiña había tres alegorías: a industria, o progreso e o comercio. Nesta fotografía aparecen varios membros da familia García Naveira gozando do recinto, cos seus estimulantes elementos ornamentais dotados de significado.
|
|
O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidades |
Ver
Transcripción da O Parque do Pasatempo de Betanzos ante novos tempos e merecidas oportunidadesA construción do Parque do Pasatempo comezou en 1893 e contaba nada menos que con nove hectáreas de superficie para desenvolver un soño multipropósito. Non se trataba só dun espazo para acadar o enxalzamento perpetuo da figura de Juan García Naveira e da súa familia, senón de transmitir coñecemento a partir das experiencias vividas tras percorrer países de medio mundo, ensinanzas plasmadas en cada recanto do elaborado recinto para o deleite dos seus visitantes. O Pasatempo resultou, sen dúbida, un recurso pedagóxico inherente ás escolas fundadas polos irmáns García Naveira, sen parangón en España. A súa decadencia comezou coa morte de Juan García Naveira en 1933. Desde entón, nada quixo ser tan grande para quedar tan pequeno.
|
|
Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, polo engrandecemento cultural e moral dos fillos da súas parroquias, ca. 1933Na acta fundacional desta sociedade barcalesa, creada na Habana en 1907, recóllese un obxectivo prioritario: «fundar una escuela en el punto más céntrico de Barcala, escuela en la que se proporcionará educación e instrucción a la niñez y juventud de ambos sexos». Entre os seus socios fundacionais figura o seu presidente, Romualdo Negreira Gosende, e o resto de membros da xunta directiva: Manuel Pastoriza, Francisco Ferreiro, Aureliano Mouro, Ramón Negreira, José Negreira, Generoso Negreira, José Mª Barbazán, Juan Suárez, Cipriano Casabiella, Segundo Negreira, Manuel Baña, José Leis, Manuel Negreira, José Negreira Gómez e Modesto Suárez.
|
|
Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua, ca. 1950Os emigrantes naturais do concello de Sarria non ían ser menos que os seus paisanos galegos residentes na Habana e tamén crearon unha sociedade instrutiva e mutualista, concretamente o 1 de febreiro de 1917. Eliseo Pallarés Pérez foi un dos promotores e o primeiro presidente desta asociación étnica microterritorial. Na busca da creación das súas propias escolas para a rapazada da vila de Sarria, en 1921 comezan a tramitación pertinente para a súa construción, co fin de cubrir as necesidades educativas de ensino que tiñan os máis cativos da comunidade de orixe.
|
|
La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936 |
Ver
Transcripción da La Baña y su Comarca, Sociedad de Instrucción, Cultural y Benéfica, 1936Esta sociedade foi fundada polos emigrantes naturais do concello da Baña residentes na Habana. A súa directiva fundacional estivo formada por Jacinto Rodríguez Recarey, presidente; José Suárez Ramos, vicepresidente; José Vilas Recarey, secretario; Manuel Mallón, vicesecretario; Manuel Agra Rodríguez, tesoureiro, e Manuel Cardeso Rey, vicetesoureiro, entre outros membros. |
|
A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da A vida cotiá dunha asociación: xunta xeral de socios da Liga Santaballesa, ca. 1950Ademais das reunións semanais ou mensuais das directivas das sociedades para xestionar o seu funcionamento e finalidades, unha vez ao ano, ou en máis ocasións se procedía, convocábase a todos e todas as súas socias a unha reunión para informar das diversas actividades organizadas e do estado da contabilidade social. Nesas xuntanzas aprobábanse as futuras actuacións da entidade. Era un día de festa e de fraternidade para todos.
|
|
Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955 |
Ver
Transcripción da Xuntanza de camaradaría das e dos membros da sociedade Monterroso y Antas de Ulla, ca. 1955Esta asociación foi fundada en 1911 na capital cubana polos naturais dos concellos veciños de Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei coa finalidade de construír escolas nestes municipios. En 1922, tras numerosos desacordos, os socios orixinarios de Palas de Rei decidiron deixar a entidade e crear unha independente. Isto acontecía en ocasións no seo da colectividade, pois pequenos grupos de asociados considerábanse agraviados na consecución dos seus obxectivos. Estes enfrontamentos e malentendidos levaban á creación de entidades máis pequenas e, polo tanto, con menores posibilidades de actuación.
|
|
Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953 |
Ver
Transcripción da Sociedad Unión de Baleira, ca. 1953Fundada o 16 de febreiro de 1937 na cidade da Habana, esta sociedade foi unha iniciativa dos emigrantes do concello de Baleira que residían na illa. En realidade, un grupo de socios de Juventud de Baleira y su Comarca, debido ao estalido da Guerra Civil española e as profundas diverxencias ideolóxicas existentes, tomaron a iniciativa de desmarcarse e crear unha nova sociedade baixo a denominación de Unión de Baleira. Os seus fins eran comúns a outras tantas sociedades microterritoriais de emigrantes galegos en Cuba, é dicir, procurar a protección moral e material dos seus asociados en situación de risco social e por enfermidade, así como tamén establecer unha boa relación con outras asociacións de intereses comúns.
|
|
O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957 |
Ver
Transcripción da O crepúsculo do asociacionismo galego en Cuba: directivos da sociedade Progreso de Lousada, A Habana, ca. 1957Esta entidade foi fundada en 1916 por emigrantes da parroquia de Santo André de Lousada, en Xermade, para construír unha casa-escola no lugar do Pazo, que foi inaugurada dous anos máis tarde. Tamén sabemos da súa colaboración e apoio ao sindicato agrario da parroquia ou do envío de cartos para melloras na súa vila natal, como a construción dunha estrada ou do tendido de electricidade e de teléfono do concello.
|
|
Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946Fundada na Habana o 11 de novembro de 1910, esta sociedade de instrución e socorros mutuos foi creada por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello de Coles.
|
|
O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940 |
Ver
Transcripción da O descanso eterno en terras afastadas, ca. 1940Na imaxe podemos ver os socios e socias de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira no panteón social que posuían no Cemiterio Colón da capital cubana. Unha das prioridades destas asociacións foi ter a propiedade dun panteón funerario no que poder ser enterrados todos os socios que o desexasen, como se se atopasen no camposanto da súa aldea ou parroquia. A distancia e as dificultades para o regreso á terra natal provocan neles a necesidade de saber onde van ser soterrados, onde van permanecer para a eternidade. Nesta situación, o mellor era estaren acompañados dos seus amigos e veciños, compañeiros no soño migratorio. Unha vez inaugurado o panteón, de maior ou menor tamaño e distinción segundo as posibilidades económicas de cada entidade, ano tras ano os socios acudían ao cemiterio para rezar polos seus e ter un momento para recordar a todos e todas as que morreran fóra da súa terra. Como vemos, asistían todos os socios e socias cos seus fillos, que vestían as súas mellores galas para acudir a esta reunión. Na necrópole habaneira pódense ver magníficos exemplos de arquitectura funeraria propiedade de galegos residentes na illa.
|
|
Centro Redondela y su Distrito |
Ver
Transcripción da Centro Redondela y su DistritoEsta entidade foi fundada o 1 de abril de 1931 como iniciativa dun grupo de galegos naturais de Redondela e residentes en Bos Aires. O resultado esperado non se logrou á primeira, pois estes emigrantes intentaron varias veces materializar os seus intereses en forma de sociedade étnica moito tempo antes, o primeiro en 1909, co intento de crear o Centro Unión Redondelana, o cal non se materializou por falta de adhesións.
|
|
Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
|
|
Sociedad del Partido Judicial de Arzúa, Mutualidad, Cultura y Beneficencia, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Sociedad del Partido Judicial de Arzúa, Mutualidad, Cultura y Beneficencia, ca. 1930Fundada en xuño de 1923, esta entidade foi froito da fusión entre Sociedad del Partido de Arzúa e Hijos del Partido de Arzúa e no ano 1931 pasou a denominarse Centro del Partido de Arzúa. Esta sociedade agraria foi creada baixo o patrocinio da sociedade Unión Galaico-Americana e dun grupo de emigrantes galegos naturais da Terra de Melide, entre os que se atopaban Manuel Villar, Silvestre Villar, Luis Carreira, Luis Paliño, José Muíña, Andrés Gómez, Andrés García, Luis Agra, Francisco Lata, Manuel Suárez e Bonifacio Botana.
|
|
Centro Partido de Carballino, anos 30 |
Ver
Transcripción da Centro Partido de Carballino, anos 30Esta asociación foi creada no ano 1918 baixo o nome de Hijos del Partido de Carballino, pero non foi recoñecida legalmente ata o 8 de xaneiro de 1956.
|
|
Sociedad Residentes del Municipio de Porriño, ca. 1940 |
Ver
Transcripción da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño, ca. 1940Os emigrantes do Porriño xa constituíran a súa primeira asociación como grupo étnico en 1916, a Sociedad Fomento de Porriño y sus Distritos. En 1922 nacía Hijos de San Salvador de Budiño e, un ano máis tarde, a Sociedad Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño. A fusión das asociacións anteditas deu como resultado a fundación da Sociedad Residentes del Municipio de Porriño en 1938. A pertenza a unha localidade non foi o motivo principal da súa constitución, senón que existía unha causa maior marcada pola existencia dun propósito de carácter político: a colaboración activa e o apoio material para a campaña de solidariedade co bando republicano na Guerra Civil española. A partir do seu ingreso na Federación de Sociedades Gallegas, esta asociación permaneceu vencellada a outras asociacións de emigrantes galegos de carácter microterritorial. Na actualidade a súa finalidade é de índole recreativa e mutualista.
|
|
Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva da sociedade Hijos de Silleda de Protección Mutua, ca. 1920O 15 de agosto de 1908 constituíuse esta sociedade de emigrantes do concello pontevedrés de Silleda residentes en Arxentina. O seu principal obxectivo foi o mantemento dos vínculos de amizade e veciñanza dos seus socios «haciendo revivir los sentimientos de fraternidad nacidos en la infancia». Nos primeiros estatutos prevaleceu a proposta de Antonio Alonso Ríos, un dos seus promotores, quen impuxo a súa finalidade instrutiva, coa creación de escolas nas distintas parroquias como un medio de progreso para os seus veciños e veciñas. A esta asociación deben os silledenses a creación e o mantemento de tres escolas que contribuíron á súa formación educativa. Nelas impartíase un plan educativo redactado por Alonso Ríos, seguindo os postulados didácticos do país de acollida. Desde Arxentina chegaban indicacións para priorizar a calidade da ensinanza, pero tamén para que os edificios dispuxesen de todas as comodidades e medidas hixiénicas máis modernas, ademais de dotar o alumnado de todo o material escolar necesario.
|
|
Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936 |
Ver
Transcripción da Convite para a inauguración da sede social de Hijos del Partido Judicial de Lalín, ca. 1936Ter unha sede social en propiedade foi unha das aspiracións das asociacións microterritoriais en Arxentina. Cando se creaba unha destas entidades, a falta de recursos obrigaba as directivas a reunirse ben na casa ou negocio dalgún socio, ben en oficinas alugadas para tal fin. Cando o número de socios e socias crecía, as cotas sociais e os cartos recadados nos festivais e banquetes que organizaban dedicábanse ás necesidades máis perentorias: as axudas mutualistas para os socios máis desfavorecidos, o envío de remesas de cartos a Galicia para a construción de escolas, a loita agrarista e galeguista, o arranxo de estradas e camiños, etc. O logro de adquirir unha sede propia prestixiaba a asociación dentro da colectividade. Por iso, organizábase un grande acto festivo ao que se convidaba a todas as entidades e persoeiros da diáspora galega no país. |
|
Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da Asemblea xeral de socios da Sociedad agrícola, cultural y recreativa de Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires, ca. 1920Esta sociedade foi creada o 2 de outubro de 1910 por un grupo de veciños do concello de Vedra que emigraran a Arxentina, coa finalidade expresa de «agrupar en su seno a los convecinos de las doce parroquias de Vedra, con el fin de apoyar moral y materialmente los esfuerzos de sus convecinos que luchaban por emanciparse del prepotente caciquismo imperante». A súa fundación tivo unha finalidade agrarista, coa prioridade de mandar axudas ao Sindicato Agrario de Vedra. No eido cultural e educativo destacan as numerosas remesas de cartos enviadas para o funcionamento de varias escolas creadas nos anos vinte nas parroquias de Vedra, tal como se pode ver no apartado As escolas da emigración do web do CCG.
|
|
Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, ca. 1938 |
Ver
Transcripción da Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Buján, ca. 1938En 1924 fanse realidade os desexos dun grupo de emigrantes residentes en Arxentina e naturais do concello de Buxán, hoxe parroquia de Val do Dubra. Foi entón cando se constituíron como unha organización civil de carácter mutualista, privado e sen fins de lucro. Os estatutos de 1932 falan de finalidades como as de «proteger a sus asociados; repatiarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad».
|
|
Centro Renovación de Puenteareas: un papel activo a prol da causa republicana, 1942 |
Ver
Transcripción da Centro Renovación de Puenteareas: un papel activo a prol da causa republicana, 1942En 1924 fanse realidade os desexos dun grupo de emigrantes residentes en Arxentina e naturais do concello de Buxán, hoxe parroquia de Val do Dubra. Foi entón cando se constituíron como unha organización civil de carácter mutualista, privado e sen fins de lucro. Os estatutos de 1932 falan de finalidades como as de «proteger a sus asociados; repatiarlos en caso de enfermedad y faltos de recursos; ayudar a procurarles trabajo y prestarles alcance de la institución, como también orientar y servir de guía a los hijos de Buján que a su llegada a este país soliciten el amparo moral de esta sociedad». |
|
A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014) |
Ver
Transcripción da A educación como fin primordial: o pasado e o presente das escolas da Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor (1914-2014)A sociedade promotora deste centro educativo tivo como obxectivo principal, desde a súa fundación en 1905, a creación de escolas na súa comarca natal. Na primavera de 1909 fundou unha escola na parroquia da Ramallosa, que chegou a ter máis de 180 alumnos. Esta escola funcionaba baixo os postulados pedagóxicos de Ignacio Ares de Parga, baseados no modelo educativo arxentino. O éxito en toda a comarca foi enorme e a gran demanda por parte do alumnado para asistir ás súas clases obrigounos a construír un novo edificio escolar, cuxos planos foron deseñados por Jacobo Esténs Romero. |
|
Sociedad Saviñao y sus Contornos, anos 40 |
Ver
Transcripción da Sociedad Saviñao y sus Contornos, anos 40Esta entidade foi fundada en 1928 polos emigrantes naturais do concello do Saviñao residentes en Arxentina. A súa finalidade cultural e recreativa foi a base da súa creación, pero, como a maioría das sociedades étnicas alí establecidas, tamén tiña o ollo posto no outro lado do océano, na súa terra natal. Desde os seus inicios tiña a intención de construír unha torre cun reloxo na vila de Escairón, fin para o cal constituíu unha comisión. No ano 1944, incentivaron aos seus paisanos residentes na cidade de Rosario para que formasen unha sociedade homóloga, coa que tiveron moita vinculación.
|
|
Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa |
Ver
Transcripción da Fusión tras fusión, a unión que fai a forza: Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y RecreativaDúas asociacións de emigrantes galegos en Arxentina —Centro Villamarín Perojano (1940) e Asociación Hijos de Arentey (1952)— chegaron a un acordo de unión para beneficio común dos seus asociados e constituíron así a que hoxe se coñece como Asociación Hijos de Arentey y Centro Villamarín Perojano, Mutual, Cultural y Recreativa. Esta unión está marcada por unha historia de fusións de entidades antecesoras que se remonta ao primeiro terzo do século XX. Esta última tivo a aprobación do entón chamado Instituto Nacional de Acción Mutual, o 13 de xuño do ano 1990.
|
|
A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da A Torre dos Moreno, edificio singular de obrigada visita, Ribadeo, ca. 1915Este palacete modernista, considerado como a obra arquitectónica cosmopolita máis destacada de Ribadeo, non falta en ningunha guía turística de Galicia. Foi promovido cara a 1915 polos irmáns Pedro María e Juan Moreno Ulloa, naturais da vila de Ribadeo e emigrantes de éxito na Arxentina. Dedicábanse á explotación do campo en terras da Pampa e coméntase que fundaron un poboado con moeda propia, utilizado fundamentalmente como residencia dos traballadores contratados por eles.
|
|
Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, ca. 2000 |
Ver
Transcripción da Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, ca. 2000A maioría dos e das emigrantes galegas residentes no estado de Florida iniciaron o seu proceso migratorio na illa de Cuba. Tras o triunfo da revolución castrista, moitos cubanos e cubanas fuxiron de Cuba e asentáronse neste estado, nomeadamente en Miami. Entre esta numerosa colonia de exiliados había moitos galegos ou de orixe galega.
|
|
O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego |
Ver
Transcripción da O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galegoOs símbolos institucionais de Galicia foron oficializados definitivamente a través da Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia, aprobada polo Parlamento galego (DOG nº 120, 23/06/1984). Tal como consta no artigo 1, o himno —xunto coa bandeira e o escudo— simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
|
|
Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930A gran maioría das asociacións de emigrantes de ámbito parroquial ou municipal tiveron como finalidade prioritaria acadar o progreso educativo e cultural dos seus lugares de procedencia, sen esquecer o apoio ás loitas agraristas dos seus compatriotas. Convértense así nun foco de atención preferente para os nacionalistas co fin de propagar as súas ideas entre esta ampla masa social. Ao longo da década de 1920 moitas destas sociedades apoiarán activamente o ideario nacionalista moderado asistindo a mitins e achegando cartos nas numerosas subscricións que se creaban con ese fin. Foi esencial o papel da prensa étnica: os principais xornais e revistas como Correo de Galicia —o xornal de J. R. Lence que tiña un maior número de lectores no seo da colectividade emigrada e que neses anos virou cara a un galeguismo moderado—, Céltiga, El Despertar Gallego etc., os mitins, conferencias e artigos dos intelectuais galeguistas tiveron un amplo eco na colectividade, e cada vez participaba máis público nos diferentes actos a prol da causa galeguista.
|
|
Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, ca. 1950O desexo dos e das emigrantes galegas por mellorar a súa formación foi unha constante na colectividade de alén mar. Pese á loita das sociedades instrutivas que tantos esforzos fixeron no primeiro terzo do século XX para fundar centros escolares en Galicia e paliar os altos niveis de analfabetismo que existían nas vilas galegas da época, moitos dos emigrantes chegaban aos países de acollida con escasa cualificación. Despois dunha dura xornada laboral, asistían a estas clases de formación profesional organizadas en horario nocturno no Plantel do Centro Galego para poder acceder a traballos máis especializados que lles posibilitarían ascender socialmente e gozar dunha mellor posición económica. Alí recibían cursos de mecanografía e taquigrafía, aritmética, contabilidade, cálculo mercantil, xeografía e historia comercial, álxebra, prácticas de oficina, caligrafía e ortografía ou inglés, entre outras materias. As clases nocturnas eran mixtas e contaban con todos os medios metodolóxicos e técnicos para obter un título que acreditase a súa formación nas empresas e negocios nos que querían traballar.
|
|
Escola Curros Enríquez, Montevideo, ca. 1970 |
Ver
Transcripción da Escola Curros Enríquez, Montevideo, ca. 1970O 1 de outubro de 1917 uns cincocentos galegos e fillos de galegos, «con entusiasmo indescriptible», botaron os cimentos da Casa de Galicia de Montevideo, fundada polo baionés José María Barreiro e outros galegos con ideais, para un bo futuro da colectividade alí residente. A Escola Curros Enríquez foi creada pola Sección de Instrución desta sociedade de emigrantes no Uruguai, un gran labor desenvolvido co fin de poder ofrecer formación educativa aos seus socios e socias, á marxe do carácter mutualista e benéfico da entidade. Ao chamado polos asociados «Instituto Social» podían asistir tanto os pais como os fillos dos socios. Entre as materias principais que se impartían na escola constaban as seguintes: dactilografía, aritmética, cálculos mercantís, levanza de libros, taquigrafía, caligrafía e ortografía. O ensino foise ampliado co paso dos anos, coa introdución do curso de inglés. A media de alumnos e alumnas matriculadas nesta escola, co fin de recibir coñecementos para aprender habilidades certificadas que lles permitisen lograr certa mobilidade no futuro ámbito laboral superaba con creces o centenar anual.
|
|
Pura Vázquez nunha aula de «Kinder», Caracas, ca. 1955 |
Ver
Transcripción da Pura Vázquez nunha aula de «Kinder», Caracas, ca. 1955En 1955 Pura Vázquez, con 37 anos de idade, apuntouse á aventura migratoria rumbo a Venezuela. Desde o principio mantivo unha estreita relación cos centros galegos creados en Caracas e sempre estivo de acordo coa súa fusión, que finalmente tivo lugar coa creación da emblemática Hermandad Gallega de Venezuela.
|
|
Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires |
Ver
Transcripción da Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos AiresO 18 de decembro de 1996 constituíuse o Padroado da Fundación Galicia-América, creada grazas á achega do Centro Galicia de Bos Aires e o apoio material da Xunta de Galicia. A súa principal finalidade é a administración e guía do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol. Este proxecto educativo supuxo o afianzamento dos valores que leva consigo a galeguidade, a través dos e das descendentes de emigrantes galegos residentes en Bos Aires. Os obxectivos do Instituto son o fomento do ensino en todos os niveis educativos e a consecución do seu ideario, centrado en «propagar y sostener una educación basada en los principios biculturales argentino-gallegos», a través do coñecemento dos valores culturais do pobo galego, así como da súa lingua, historia e tradicións culturais.
|
|
Aula de informática do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, ca. 2015 |
Ver
Transcripción da Aula de informática do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, ca. 2015O estudantado deste centro educativo ten acceso a un ambicioso plan de estudos no que se imparten as materias curriculares marcadas pola Dirección General de Educación Privada do Ministerio de Educación da República Arxentina. Por outra banda, teñen materias extracurriculares obrigatorias: lingua galega —que aprenden os nenos e nenas desde os catro anos—, literatura galega, e xeografía e historia de Galicia, ademais doutras optativas, como música, teatro, baile galego etc. Deste xeito, cúmprese tamén o obxectivo de seguir un plan o máis parecido posible ao que se imparte na Galicia territorial. As súas instalacións contan con salas de concerto, bibliotecas para cada nivel, aulas de informática, laboratorio de física e química, comedores e salas para conferencias e actos multitudinarios, como a representación de obras teatrais. O ximnasio, as canchas deportivas e a piscina son compartidos co Centro Galicia de Bos Aires.
|
|
| 1872-01-21 | Acta fundacional da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia da Habana, 1872 |
Ver
Transcripción da Acta fundacional da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia da Habana, 1872 en 21/01/1872Cando xurdiu a idea de crear unha institución benéfica, protectora e asistencial para os galegos máis necesitados que residían en Cuba, José García Barbón era un prominente empresario da colectividade galega asentada na illa. Como tal apoiou a iniciativa e formou parte da súa directiva, da que ocupou o cargo de tesoureiro durante doce anos, ata o seu regreso a Galicia por problemas de saúde. |
| 1879-00-00 | Retrato de José García Barbón, gran benfeitor da cidade de Vigo, 1879 |
Ver
Transcripción da Retrato de José García Barbón, gran benfeitor da cidade de Vigo, 1879 en 00/00/1879José García Barbón y Sola emigrou a Cuba e chegou a ser un dos máis importantes empresarios da illa. Retornou a Galicia en 1884 e acabou instalándose en Vigo, onde deixou gran pegada no seu desenvolvemento económico e cultural. Ademais da construción da Escola de Artes e Oficios, inaugurada en 1900 e que hoxe en día continúa co seu labor de formación educativa, contribuíu con numerosas doazóns a diversas institucións, hospitais e asilos da zona. Non se esqueceu da súa vila natal, Verín, onde financiou a construción e mantemento do Colexio San José de Verín, inaugurado en 1895 e hoxe sede da Biblioteca municipal da vila.
|
| 1879-00-00 | Retratos de varios fundadores e directivos da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1879 |
Ver
Transcripción da Retratos de varios fundadores e directivos da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1879 en 00/00/1879Nesta composición vemos a directiva de 1879 da entidade formada, de esquerda a dereita, por Francisco Lóriga y Taboada, presidente da entidade; José García Barbón, tesoureiro, e abaixo, Francisco Lamigueiro, vogal, e Juan Álvarez Baldanero, secretario. Todos eles eran destacados membros da colectividade galega asentada na illa. Francisco Lóriga era un importante avogado, que foi senador polas provincias de Santa Clara (1879-1881) e Porto Príncipe (1881-1886). Tamén foi nomeado presidente da Real Audiencia Territorial de La Habana en 1885. Dende os seus postos favoreceu a actividade benéfica e filantrópica da sociedade e apoiou a causa dos galegos e galegas na illa. José García Barbón, importante banqueiro e home de negocios, foi un dos socios benfeitores da entidade, apoiando con parte da súa fortuna moitas das súas actividades. Outras figuras importantes foron Juan Álvarez e Francisco Lamigueiro, que era comandante do primeiro Batallón de Artillaría de Voluntarios da Habana.
|
| 1879-12-21 | Regulamento social, aprobado pola xunta xeral de socios o 21 de decembro de 1879 |
Ver
Transcripción da Regulamento social, aprobado pola xunta xeral de socios o 21 de decembro de 1879 en 21/12/1879Este regulamento é o máis antigo que se conserva nos fondos documentais da institución e foi dixitalizado na Habana polo Arquivo da Emigración Galega. Con este regulamento aparecen as normas para o funcionamento da entidade, a elección de directivos e os deberes dos socios. O fin primordial da sociedade era “proporcionar socorros a los naturales de Galicia y a los hijos de éstos”, previa solicitude por escrito e acreditación de que vivían na illa de Cuba. Contemplan tamén que se poderá atender aos naturais doutras provincias pero terán prioridade os galegos e galegas e sempre que os fondos o permitan. |
| 1880-00-00 | Cuberta do libro Follas Novas de Rosalía de Castro, editado por primeira vez na Habana, 1880 |
Ver
Transcripción da Cuberta do libro Follas Novas de Rosalía de Castro, editado por primeira vez na Habana, 1880 en 00/00/1880En 1880 a editorial habaneira La Propaganda Literaria edita este libro de poemas en galego de Rosalía de Castro. A súa obra xa era coñecida en Cuba e a poetisa convértese nun dos símbolos da emigración. No limiar, a autora dedícalles o libro á xunta directiva e membros da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, da que era socia honoraria dende 1872. Rosalía contou co apoio económico dos emigrantes galegos en Cuba en diversas ocasións, como en 1883, cando se creou unha subscrición popular para axudala e lle mandaron 1732 pesos ouro. A súa morte provocou unha gran conmoción en toda América. Os galegos de alén mar apoiaron e fomentaron todo tipo de homenaxes á súa figura e obra, sendo os promotores da creación da Casa-Museo de Rosalía en Padrón.
|
| 1888-00-00 | Ferdinand de Lesseps, figura pioneira dun proxecto errado |
Ver
Transcripción da Ferdinand de Lesseps, figura pioneira dun proxecto errado en 00/00/1888O francés Ferdinand de Lesseps, diplomático de carreira e empresario, foi a figura pioneira que deu comezo á materialización dunha idea que viña circulando desde tempos da colonización española, tal como amosaban os estudos topográficos ordenados polo rei Carlos I de España en 1534. Foi recoñecido como “O milagre de Suez” ou “O grande enxeñeiro” desde 1869, polo traballo realizado na construción da canle de Suez (Exipto). Parecía a persoa idónea e pedíronlle que se ocupase do proxecto de construción da canle de Panamá, aínda que non era propiamente un enxeñeiro, senón un diplomático, como fora seu pai, Mathieu de Lesseps. A compañía presidida por Ferdinand, denominada Compagnie Universelle du Canal Interocéanique, fundouse o 31 de xaneiro de 1881. A persoa que en realidade se encargaría da supervisión diaria dos traballos sería o seu fillo Charles. Namentres, Lesseps intentaba conseguir financiamento para o ambicioso proxecto de construción da canle, a través da venda de accións da compañía, entre outros movementos.
|
| 1889-00-00 | A herdanza da “canle francesa”, ca. 1889 |
Ver
Transcripción da A herdanza da “canle francesa”, ca. 1889 en 00/00/1889Entre as causas polas que o proxecto francés desembocou nun fracaso e desventura, ademais das sinaladas máis arriba, atópase a insistencia en seguir co proxecto de construción dunha canle a nivel. O feito de encontrarse coas características “case letais” propias da selva panameña, sen apenas coñecementos para combater as enfermidades tropicais, supuxo unha cifra de 22 000 traballadores falecidos como mínimo. A pesar diso, os franceses deixaron un considerable legado, froito dos esforzos empregados durante sete anos. Os traballos herdados pola ICC á súa chegada ás obras foron: 15 millas de canle en estado de servizo do lado do Atlántico e 4 millas do lado do Pacífico, 33 quilómetros de canle completamente rematados, 500 máquinas de vapor, 1000 carretas, 150 quilómetros de raís, 250 canoas, escavadoras, dragas, guindastres e ferramentas de varias clases.
|
| 1891-00-00 | «Dimas o San Pedro de Murias». Planos presentados para o proxecto de construción dun peirao e almacén concedido a Pedro Murias, situado na Enseada de Dimas, Mantua, Pinar del Río, 1891 |
Ver
Transcripción da «Dimas o San Pedro de Murias». Planos presentados para o proxecto de construción dun peirao e almacén concedido a Pedro Murias, situado na Enseada de Dimas, Mantua, Pinar del Río, 1891 en 00/00/1891Pedro Murias foi o artífice da construción dun dique na enseada de Dimas (termo municipal de Mantua), zona onde se concentraba a súa actividade agrícola. Quedaba, así, resolto o problema de comunicación co porto da Habana para o transporte das súas colleitas de tabaco desde os seus predios de cultivo localizados en Pinar del Río, provincia tabaqueira por excelencia. A construción dun almacén para depósito de mercancías tamén foi iniciativa deste indiano. Na imaxe pódense observar os planos de ambas as construcións. |
| 1892-00-00 | Retrato do filántropo ceense Fernando Blanco de Lema, 1892 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo ceense Fernando Blanco de Lema, 1892 en 00/00/1892Este indiano emigrou moi novo á illa de Cuba, onde conseguiu triunfar nos negocios. Tras a súa morte na Habana en 1875, lega case toda a súa fortuna á súa vila natal para construír un colexio de primeira e segunda ensinanza, gratuíto para todos os nenos e nenas da comarca. Este centro de ensino, inaugurado en 1886, foi un dos máis modernos da época e estaba dotado de todo tipo de material educativo, laboratorios de física e química, obradoiros, unha biblioteca con máis de 2000 volumes traídos de Cuba e Europa, un gran xardín con especies da flora americana etc. e contribuíu ata hoxe á educación e á modernización da súa contorna.
|
| 1894-04-08 | Portada do número 1 do xornal La Tierra Gallega, A Habana, 8 de abril de 1894 |
Ver
Transcripción da Portada do número 1 do xornal La Tierra Gallega, A Habana, 8 de abril de 1894 en 08/04/1894No último cuarto do século XIX, no artellamento do movemento asociativo das comunidades galegas alén mar teñen especial protagonismo varios intelectuais e xornalistas galegos emigrados a América que defenden o ideario rexionalista. Manuel Curros Enríquez chega á Habana en marzo de 1894 fuxindo da persecución política que estaba a vivir na Península polas súas ideas republicanas. Será en Cuba onde o seu pensamento irá evolucionando cara a un rexionalismo cultural, influído pola súa experiencia migratoria. |
| 1902-08-17 | Lavadoiro público das Cascas, servizo e socialización das mulleres brigantinas (inaugurado o 17 de agosto de 1902) |
Ver
Transcripción da Lavadoiro público das Cascas, servizo e socialización das mulleres brigantinas (inaugurado o 17 de agosto de 1902) en 17/08/1902Outra das numerosas obras filantrópicas dos irmáns García Naveira foi a construción do lavadoiro das Cascas, edificado na beira do río Mendo. Na actualidade aínda se pode intuír a fermosura desta infraestrutura, de grande utilidade para os habitantes do Betanzos da época:
|
| 1903-00-00 | Almanaque Gallego, Bos Aires (1898-1927) |
Ver
Transcripción da Almanaque Gallego, Bos Aires (1898-1927) en 00/00/1903Esta publicación bilingüe foi fundada e dirixida polo lugués residente en Bos Aires Manuel Castro López (1860-1927). O xornalista e escritor especialista en estudos históricos era de ideoloxía republicana e galeguista. Foi fundador da revista El Eco de Galicia e da publicación que ilustra esta imaxe, Almanaque Gallego. Deste último foron publicados trinta volumes en que se poden atopar as colaboracións literarias e artísticas de autores de mérito relevante como Manuel Murguía, Manuel Leiras Pulpeiro, Eduardo Lence-Santar, Eugenio Carré Aldao, Benito Fernández Alonso, Jesús Rodríguez López, José María Cao, Francisco Asorey, Modesto Brocos ou José Seijo Rubio.
|
| 1905-00-00 | Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 |
Ver
Transcripción da Acta de constitución e bases da sociedade Alianza Aresana de Instrucción da Habana, 1905 en 00/00/1905A Alianza Aresana de Instrucción foi a pioneira das sociedades de ámbito local creadas con finalidades instrutivas e benéficas para o seu concello ou parroquia natal. A partir dela comezaron a agromar centos de asociacións deste tipo, tanto en Cuba como en Arxentina e outros países de acollida, que tanto ben fixeron pola educación e o progreso da nosa terra. |
| 1905-00-00 | Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) |
Ver
Transcripción da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega (A Habana, 1905) en 00/00/1905Os galegos emigrados a América sempre foron conscientes das necesidades e aspiracións da súa terra. Tiveron unha participación moi activa no progreso e desenvolvemento das institucións culturais creadas en Galicia. A colectividade galega residente en Cuba e na Arxentina estivo á cabeza de movementos impulsores do rexurdir cultural e político, que serviron como elementos catalizadores do cambio no contexto social galego.
|
| 1905-06-25 | Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905 |
Ver
Transcripción da Creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega na Habana, 1905 en 25/06/1905Por iniciativa do ferrolán José Fontenla Leal creouse na Habana esta asociación co propósito fundamental de "promover la creación en Galicia de una ‘academia’ encargada de velar por la conservación y perfección de nuestra lengua, publicar la ‘Gramática’ y ‘Diccionario’ de la misma (...)". O seu primeiro presidente foi Manuel Curros Enríquez, acompañado na directiva por Ángel Barros e Nan de Allariz. Tras a súa fundación, a asociación iniciou unha campaña na prensa da colectividade para dar a coñecer os seus obxectivos, tal e como vemos neste artigo publicado no xornal Galicia. No mes de xullo dese mesmo ano envíalles cartas a diversos intelectuais das catro provincias galegas instándoos á creación da Academia Galega, que foi constituída o 4 de setembro de 1905 baixo a presidencia de Manuel Murguía. A Academia contou dende os seus inicios e ata ben avanzado o século XX co apoio económico dos emigrantes galegos. |
| 1906-00-00 | Poñendo en marcha un soño: sinatura da escritura de compra do solar para construír o edificio escolar en Ares, 1906 |
Ver
Transcripción da Poñendo en marcha un soño: sinatura da escritura de compra do solar para construír o edificio escolar en Ares, 1906 en 00/00/1906Na imaxe aparecen os directivos da Alianza Aresana de Instrucción tras a sinatura da compra do solar na vila de Ares para edificar un centro escolar da súa propiedade.
|
| 1906-00-00 | O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906 |
Ver
Transcripción da O labor fecundo e incansable da Alianza Aresana de Instrucción, 1906 en 00/00/1906Ás oito da noite do 20 de marzo de 1904, na fermosa cidade da Habana, tivo lugar a xuntanza fundacional desta sociedade de emigrantes galegos orixinarios da vila de Ares. Domingo Troche, quen foi o presidente fundador, fixo un chamamento a todos os seus paisanos residentes na illa para manifestarlles o desexo e a necesidade de «fundar en su pueblo natal un colegio de instrucción elemental para niños». Deste xeito e coa antedita finalidade, a Alianza Aresana de Instrucción converteuse nunha sociedade étnica pioneira entre as numerosas asociacións microterritoriais galegas que se fundarían na illa. |
| 1907-00-00 | Galegos en Tampa, capital mundial do tabaco habano, 1907 |
Ver
Transcripción da Galegos en Tampa, capital mundial do tabaco habano, 1907 en 00/00/1907Nos anos finais do século XIX constátase unha forte reemigración desde Cuba con destino a Tampa, onde comezaba a crearse unha industria tabaqueira, que en 1890 contaba con catro fábricas. Nesta área, concretamente en Ybor City, levantouse o imperio da industria do tabaco, liderado por varios membros da colectividade española, como Vicente Martínez Ybor ou Ignacio Haya. Entre eles había tamén algún galego, como Peregrino Rey (Cuesta-Rey & Co), nacido en 1863. O groso dos emigrantes naturais de Galicia participaría nesta industria como «escogedores», «torcedores» ou «enrolladores» dos cigarros e puros máis famosos do mundo, pero non todos os emigrantes se ocupaban neste sector de produción. Moitos tiñan outra actividade económica pois eran comerciantes, carpinteiros, hostaleiros etc. A súa procedencia era variada: Lugo, Ribadeo, Viveiro, San Miguel de Reinante, A Fonsagrada, Reigosa, Vilanova, Mondoñedo, Chantada, A Baña, Santa Comba, A Coruña, Ferrol, Ortigueira, Mugardos, Padrón, Ourense ou Pontevedra.
|
| 1908-00-00 | A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908 |
Ver
Transcripción da A música como elemento de unión e de identidade cultural: a Rondalla Ferrolana, A Habana, 1908 en 00/00/1908Na primeira década do século XX comezaron a agromar numerosas asociacións étnicas de implantación localista. Os emigrantes da comarca de Ferrol residentes na Habana comezaron a reunirse para organizar actividades festivas e culturais coa música como elemento definidor. Formaron unha rondalla que realizou numerosas actuacións no seo da colectividade galega da capital cubana. O 14 de xuño de 1909 os seus integrantes decidiron constituír unha asociación baixo a denominación de Ferrol y su Comarca, coa finalidade de crear e manter centros de ensino en cada un dos concellos da comarca. Este ambicioso obxectivo tivo que moderarse, e só temos constancia dos seus numerosos envíos de cartos para a construción dunha escola con todos os adiantos hixiénicos e educativos en Moeche. Foi dedicada ao ensino primario e chegou a contar no ano da súa inauguración, 1920, con 60 alumnos, que recibían un plan didáctico baseado nas máis modernas teorías pedagóxicas.
|
| 1909-00-00 | Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo |
Ver
Transcripción da Sofía Casanova, unha escritora de gran sona no seu tempo en 00/00/1909Sofía Casanova naceu na Coruña en 1862 e moi nova trasladouse coa súa nai e irmáns a Madrid para que puidesen estudar. Con 15 anos xa asistía a reunións dos círculos intelectuais da capital e será nun destes faladoiros onde coñeza ao seu marido, o profesor e filósofo polaco Vicente Lutoslaswki, co que marchará vivir a Polonia. A actividade diplomática do seu home fai que viaxe a miúdo polas principais capitais europeas e viva os principais cambios históricos de finais do século XIX e primeira metade do XX. Convértese, así, nunha destacada xornalista ao escribir sobre todos os acontecementos que se estaban a producir: o sufraxismo, as loitas sindicais, a formación do Partido Comunista, a revolución rusa e as dúas guerras mundiais. Foi das primeiras periodistas correspondentes de guerra. Nos seus escritos podemos ver que se trataba dunha muller comprometida cos cambios sociais da súa época cunha clara postura pacifista e antibélica. Esta actividade como xornalista será o seu apoio económico tras o repudio do seu home. Tamén escribiu novelas, poesía e obras de teatro. |
| 1909-00-00 | Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909 |
Ver
Transcripción da Payday ou día de cobro dos silver roll men (Isthmian Canal Commission), ca. 1909 en 00/00/1909A importación, categorización e ordenación espacial dos traballadores constituíu un dos primeiros pasos do procedemento norteamericano, xunto ás medidas urxentes de saúde pública destinadas á erradicación, principalmente, da malaria e da febre amarela. Os norteamericanos adoptaron un sistema de distribución da forza laboral con claras connotacións de segregación racial. Para os traballos denominados de “pico e pa” utilizaban traballadores importados de distintas nacionalidades. Neste caso, a dita segregación aparecía enmascarada polo pretexto da variada procedencia dos obreiros, con costumes e linguas diferentes, ambos posibles factores capaces de entorpecer o ritmo rápido e fluído que tiña que reinar ao pé de obra. A categorización da forza de traballo configurouse basicamente da maneira seguinte: os traballadores adscritos á categoría de gold roll e os adscritos ao silver roll. Esta clasificación baseábase no sistema de pagamento salarial (en ouro ou prata) que implantara Estados Unidos para o proxecto da canle de Panamá.
|
| 1909-00-00 | Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909 |
Ver
Transcripción da Directiva fundacional de Xuventude de Galicia, 1909 en 00/00/1909Os fundadores desta sociedade de emigrantes galegos residentes en Lisboa, creada en novembro de 1908, elixen unha directiva que se encargará de poñela en funcionamento. Axiña comeza unha campaña de difusión entre a colectividade para atraer novos integrantes e acadar o apoio dos seus membros máis destacados.
|
| 1909-00-00 | Rondalla social, 1909 |
Ver
Transcripción da Rondalla social, 1909 en 00/00/1909Nun primeiro momento o desexo dos fundadores da nova entidade de emigrantes era organizar unha rondalla para actuar nas diversas reunións festivas que se facían no seo da colectividade galega en Lisboa. Así, no número 3 da revista Vida Gallega dáse información da fundación de Xuventude de Galicia con estas palabras: «Aquellos paisanos nuestros han levantado una bandera de cultura. Van a consagrarse a las tareas artísticas. Van a hacer música gallega, a recordar a la patria entonando sus canciones amadas, las que nos siguen fuera de la terriña como himnos de amor a lo que jamás podemos olvidar […]». Nos primeiros anos este orfeón estivo dirixido polo compositor e pianista de orixe galega, Alfredo Motta, que aparece retratado no centro da fotografía. Portando a bandeira galega, no centro da imaxe, vemos a Ramiro Vidal. Outros compañeiros da agrupación musical e socios do centro eran Domingo Ribas, Indalecio García Eiró, Benigno Fernández Pérez, Ramón Carrera Carballo, José Lorenzo Cuevas, José Bermúdez Ramírez, Albino Lorenzo Cuevas, Evaristo Besada Santos ou Domingo Fernández Pereira.
|
| 1909-00-00 | Mestres e mestras do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1909 |
Ver
Transcripción da Mestres e mestras do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1909 en 00/00/1909A sección de instrución do Centro Galego ocupábase de todos os aspectos relacionados coa creación e mantemento das aulas en que se impartía a ensinanza aos socios da entidade. Desde o primeiro momento unha das súas preocupacións foi a contratación dun corpo de profesorado do máis alto nivel educativo. No artigo 14 do seu regulamento aparecían especificadas as esixencias e responsabilidades dos mestres do Plantel. As prazas outorgábanse por concurso de méritos, elixindo sempre os mellores expedientes con acreditación documental da súa formación profesional, ademais de ter en conta a súa boa consideración no seo da colectividade. Aínda que non era unha condición principal, «tendrán derecho preferente a ser profesores de esta sociedad, los gallegos y oriundos de Galicia, y a falta de estos, los de cualquier otra provincia de España». Nos seus programas educativos vemos como se impartía unha ensinanza moderna e participativa do alumnado, seguindo os plans de estudos cubanos. Ao longo da historia desta entidade houbo unha extensa nómina de docentes destacados, como o pedagogo Vicente Fraiz Andión, o escritor Eduardo Núñez Sarmiento ou as mestras Elisa Losada e Andrea López Chao, quen chegou a ser directora do colexio.
|
| 1910-00-00 | Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 |
Ver
Transcripción da Dando conta aos socios do labor de dirección e administración da Alianza Aresana de Instrucción, 1909-1910 en 00/00/1910Temos aquí a relación de traballos realizados por esta sociedade de emigrantes aresáns durante os anos 1909 e 1910. Na memoria preséntanse datos relacionados coa contabilidade e o estado xeral da entidade, a programación da construción da aula de nenas sobre o plano do grupo escolar, a ornamentación de fachadas, o mobiliario e útiles escolares mercados, o calendario de exames etc. |
| 1910-00-00 | Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 |
Ver
Transcripción da Retrato do filántropo Jesús García Naveira, ca. 1910 en 00/00/1910Nacido en Betanzos o 11 de setembro de 1852 no seo dunha familia humilde de labradores, emigrou con apenas 18 anos a Arxentina, reclamado polo seu irmán maior, Juan María, quen, instalado no país, comezaba a ter unha posición desafogada. Os dous irmáns convertéronse en socios en diversos negocios relacionados co comercio téxtil e de importación. Jesús tamén desenvolveu unha intensa actividade financeira e na banca: foi director do Banco Español de Río da Prata, vicepresidente da Cámara Española de Bos Aires e conselleiro-delegado de varias compañías de seguros.
|
| 1910-00-00 | Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, 1910 en 00/00/1910Seguindo os pasos da súa homóloga antecesora en Arxentina e a instancias dela, esta sociedade de emigrantes procedentes da comarca de Deza foi fundada na cidade da Habana coa finalidade de protexer e axudar os seus asociados e co obxectivo, entre outros, de construír un hospital-asilo en Lalín, secundando deste xeito os conterráneos pioneiros da iniciativa que residían en Bos Aires. Así pois, o domingo 20 de marzo de 1910, hai 113 anos, aprobouse a creación da Sociedad de Instrucción, Beneficencia y Recreo Hijos del Partido de Lalín, con sede no edificio do Centro Galego da Habana.
|
| 1910-02-00 | Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 |
Ver
Transcripción da Primeiro número do Boletín de la Biblioteca «América» de la Universidad de Santiago de Compostela, febreiro de 1910 en 00/02/1910Este boletín foi publicado en Bos Aires a partir de 1910 e tivo continuidade ata 1936. Creouse tras a frustración de Gumersindo Busto por non poder inaugurar a Biblioteca América nese ano tan significativo para Arxentina, o seu país de acollida migratoria e un dos principais países doadores. Foi un medio máis para dar a coñecer os traballos realizados a prol da fundación da Biblioteca e tamén serviu como medio publicitario do proxecto para así atraer máis doantes coa publicación dos seus nomes e relación de doazóns. Tamén publicaban artigos de contido cultural e reproducían as noticias da prensa do momento sobre o proxecto. Unha vez editado, o Boletín enviábase ás redaccións de gran parte dos xornais e revistas de España e de todo o continente americano para que o seu labor tivese ampla repercusión. |
| 1910-05-17 | Primeiros Estatutos sociais, 17 de maio de 1910 |
Ver
Transcripción da Primeiros Estatutos sociais, 17 de maio de 1910 en 17/05/1910Un ano despois da fundación da entidade, os socios, cada vez máis numerosos, reunidos en asemblea en maio de 1910 aproban os estatutos regulamentarios cos que se debía rexer a entidade. Aínda que nun primeiro momento a idea era crear unha sociedade recreativa para fomentar a irmandade e solidariedade entre os membros da colectividade galega asentada na capital portuguesa, axiña se amplía o seu radio de acción á instrución como un medio para acadar a integración social e obter mellores oportunidades laborais dos seus membros no país de acollida. Así, no artigo 3 sinálase: «Para cumplir su objeto, la Sociedad contribuirá con todas sus fuerzas morales e intelectuales para que la colonia gallega en Lisboa alcance, en no lejano tiempo, el mayor grado posible de cultura y progreso, facilitando a sus miembros aquí asociados cuantos medios legales de ilustración, distracción y recreo estime conveniente para ese fin, así como también para estrechar entre sí los vínculos de amistad, paisanaje y protejer moralmente a todos aquellos que sean víctimas de arbitrariedades e injusticias». |
| 1913-00-00 | No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913 |
Ver
Transcripción da No estaleiro de Gabriel Palmer en Casa Blanca, 1913 en 00/00/1913Para manter en boas condicións a frota pesqueira había que contar con varadoiros e bos estaleiros onde se arranxaban e construían os barcos ou se adaptaban para que funcionasen como viveiros. Na fotografía podemos ver a Gabriel Palmer, en primeiro plano, de orixe mallorquina, cos seus homes de confianza inspeccionando a construción dun neveiro que se chamou Nando Palmer. Palmer era o dono dun dos mellores estaleiros de Cuba no que, ademais de construír barcos, confeccionaban velas e redes e facían as cachuchas para conservar o peixe nos peiraos, ou servía de almacén para os aparellos. Moitos dos seus traballadores eran galegos.
|
| 1913-01-00 | Suevia: Revista Gallega Regionalista |
Ver
Transcripción da Suevia: Revista Gallega Regionalista en 00/01/1913O primeiro número desta publicación saíu en Bos Aires no mes de xaneiro de 1913, e nel Joaquín Pesqueira consta como director e J. Pena Bustelo como administrador. Trátase dunha revista ilustrada de carácter rexionalista. Con certa frecuencia aparecen artigos referidos a temas políticos, abordados dende unha orientación galeguista e agrarista. Tamén comparte reflexións de varios autores sobre o fenómeno da emigración galega, ademais de ofrecer información sobre as actividades da colectividade galega en Bos Aires e o acontecido en Galicia.
|
| 1914-00-00 | O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 |
Ver
Transcripción da O Círculo Habanero de La Devesa, 1914 en 00/00/1914A Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo Habanero de La Devesa constitúe unha das primeiras sociedades galegas de adscrición parroquial creadas na illa de Cuba. Foi fundada polos emigrantes orixinarios de Santalla da Devesa o 31 de decembro de 1911. Os seus obxectivos principais eran prestar socorro á veciñanza máis necesitada e recadar fondos para financiar as festas patronais nas respectivas parroquias de orixe, ademais de construír edificios escolares, lavadoiros e cemiterios, entre outras obras filantrópicas de interese para a comunidade. A súa directiva fundacional estaba formada por José Acevedo, primeiro presidente e un dos seus principais promotores e beneficiarios; José R. Alonso, secretario, e Ramón P. Murias, José A. Posada, Julio Raimundo, Melchor Rodríguez, Benito F. Fernández, José F. Fernández, José M. Graña, Ángel Ríos, Antonio Pérez, José Molejón, Isidro Martínez e Benito Fernández, vogais. |
| 1914-05-17 | Excursión de emigrantes galegos en Lisboa, 1914 |
Ver
Transcripción da Excursión de emigrantes galegos en Lisboa, 1914 en 17/05/1914A presenza de emigrantes galegos, sobre todo pontevedreses e ourensáns, en terras portuguesas foi unha constante ao longo do tempo. Compartir fronteira facilitaba o intercambio de traballadores en ambas as dúas "raias" e, como non, a súa integración.
|
| 1915-00-00 | Inauguración do curso escolar na Escola da Tenencia, en Redes, 1915 |
Ver
Transcripción da Inauguración do curso escolar na Escola da Tenencia, en Redes, 1915 en 00/00/1915Este centro de ensino primario foi fundado pola Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana en 1915. Seguindo a pegada dos seus paisanos aresáns, os emigrantes de San Vicente de Caamouco fundan unha nova sociedade en 1911 para edificar unha escola na súa parroquia. Paralelamente crean unha delegación da mesma en Ares para que xestione a construción do edificio escolar e o seu mantemento. O edificio funcionou como escola gratuíta e laica para as nenas e nenos das aldeas próximas.
|
| 1915-00-00 | Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 |
Ver
Transcripción da Inauguración da Escola da Tenencia, Redes, concello de Ares, 1915 en 00/00/1915No ano 1912, o presidente da delegación de Caamouco, representando a Agrupación Instructiva de Redes y Caamouco da Habana, asina a compravenda do predio de dous ferrados e medio chamado A Tenencia, por un valor de 1604 pesetas. Esta entidade promotora tiña a intención de construír alí un edificio escolar que ofrecese contidos educativos novidosos aos rapaces e rapazas da zona, cos mellores materiais e nunhas óptimas condicións de aprendizaxe. En 1913 asínase o contrato de obra, que estivo a cargo de José Calvo Pérez. Finalmente, a construción da escola levouse a cabo por un valor de 18 060 pesetas.
|
| 1915-00-00 | O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 |
Ver
Transcripción da O filántropo betanceiro Juan María García Naveira nunha visita ao asilo de anciáns, ca. 1915 en 00/00/1915Os Estatutos de la Fundación Benéfica Asilo García Hermanos y Escuela García Hermanos publicados en 1908, recollen os requisitos para a admisión de usuarios do asilo, que sería rexido preferentemente polas Hermanitas de Ancianos Desamparados ou outra comunidade homóloga:
|
| 1915-00-00 | Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 |
Ver
Transcripción da Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 en 00/00/1915Ao parecer, a dirección do centro de ensino era responsabilidade de Juan García Naveira. A finalidade era aplicar un modelo educativo progresista nun contorno académico agradable e estimulante para o alumnado. Tratábase dun modelo pedagóxico que xa se viña empregando naquelas escolas que se atopaban baixo o patrocinio da Institución Libre de Ensinanza, dirixida por Giner de los Ríos. |
| 1917-00-00 | O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 |
Ver
Transcripción da O descanso final: noticia do regreso dos restos do filántropo Jesús García Naveira a Betanzos, 1917 en 00/00/1917A noticia da morte de Jesús García Naveira acaecida de forma repentina en 1912 en Arxentina conmocionou a toda a sociedade betanceira e galega. Xa recoñecido o seu labor filantrópico e benéfico xunto co seu irmán Juan, as homenaxes e tributos aparecen en toda a prensa do momento. Con motivo do seu falecemento, as Sociedades Obreiras de Betanzos organizaron unha velada literaria na que numerosos intelectuais da comarca loaron a súa figura e obra. |
| 1917-09-02 | Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) |
Ver
Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
|
| 1918-00-00 | «Ferretería Casteleiro, Vizoso y Cía.», 1918 |
Ver
Transcripción da «Ferretería Casteleiro, Vizoso y Cía.», 1918 en 00/00/1918Un dos establecementos comerciais de emigrantes de galegos na Habana foi a ferraxería dos aresáns Casteleiro e Vizoso. Pola súa actividade vertixinosa, este negocio foi representativo do éxito absoluto ao que aspiraba calquera emigrante da época, razón suficiente pola que valería a pena a aventura migratoria lonxe da súa terra.
|
| 1918-00-00 | A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 |
Ver
Transcripción da A instrución como motor de progreso e modernización: o proxecto educativo da sociedade habaneira San Miguel y Reinante, 1918 en 00/00/1918As asociacións instrutivas tiñan moi claro o proxecto educativo que querían implementar nos centros educativos que financiaban. Dende A Habana chegaban os regulamentos educativos e demais directrices para a súa aplicación. De carácter progresista e laico, seguindo o modelo da educación cubana, neles constaban polo miúdo todos os aspectos relativos ao funcionamento das escolas: a admisión do alumnado, o tipo de ensinanza, as materias que ían impartirse, os horarios, a contratación e o soldo dos mestres…, sen esquecer todo o relativo á construción dos centros. Para levar a cabo os seus plans contaban con delegacións das sociedades en Galicia, integradas por veciños da súa confianza, moitos deles emigrantes retornados que foran socios en Cuba. Pese a isto, non sempre lograban aplicar os regulamentos polas presións da Igrexa ou dos gobernos municipais, moitas veces en mans de caciques. |
| 1918-07-17 | Estatutos da sociedade de emigrantes sadenses en Nova York, 1918 |
Ver
Transcripción da Estatutos da sociedade de emigrantes sadenses en Nova York, 1918 en 17/07/1918Sada foi un dos concellos da costa coruñesa con maior taxa de emigración cara aos Estados Unidos, «o país das oportunidades». O labor de difusión das cadeas migratorias levou a que centos de sadenses elixisen a área de Nova York como lugar para emigrar e non os países con maior tradición migratoria como A Arxentina ou Cuba. Unha vez instalados, estes homes e mulleres non esqueceron a súa terra natal e, coma nos países citados, uníronse para defender os seus dereitos e manter a súa identidade cultural. |
| 1919-00-00 | Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 |
Ver
Transcripción da Directivos da sociedade Chantada y su partido, 1919 en 00/00/1919Para os emigrantes, formar parte da directiva dunha asociación acreditaba ante a colectividade o éxito da súa experiencia migratoria e supoñía unha reafirmación do seu ascenso social e económico no novo país de acollida. Os emigrantes que lideraban a fundación destas sociedades adoitaban ser persoeiros comprometidos e con boa situación, que eran elixidos por quendas.
|
| 1919-00-00 | Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 |
Ver
Transcripción da Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 en 00/00/1919Para asistir como alumno aos cursos deste centro educativo era condición necesaria ser socio do Centro Galego ou familiar dun socio. Para os varóns as clases eran gratuítas, mentres que as nenas (fillas de socios) tiñan que pagar unha pequena cantidade anual. Co tempo tamén puideron acceder os cubanos e os membros doutras colectividades.
|
| 1920-00-00 | Regulamento social da Agrupación Instructiva Redes y Caamouco, A Habana, 1920 |
Ver
Transcripción da Regulamento social da Agrupación Instructiva Redes y Caamouco, A Habana, 1920 en 00/00/1920Desde principios do século XX a creación dun movemento cultural activo, por parte dos emigrantes galegos residentes en América, viuse materializada a través da fundación de sociedades de instrución. O fin era común a todas elas: a construción dun espazo educativo no que as novas xeracións tivesen acceso gratuíto aos coñecementos que lles permitisen alcanzar a máxima autonomía posible, cun espírito de liberdade, tolerancia e entrega ao traballo. |
| 1920-00-00 | O traballo no mar e nos portos, nicho laboral dos emigrantes galegos en Nova York, ca. 1920 |
Ver
Transcripción da O traballo no mar e nos portos, nicho laboral dos emigrantes galegos en Nova York, ca. 1920 en 00/00/1920Varios informes da década de 1910 publicados polo Consejo Superior de Emigración falan da presenza destacada de galegos na costa leste dos Estados Unidos: «[H]ay gran número de españoles empleados como marineros, fogoneros, paleros y engrasadores en los buques de la marina mercante americana y dragas y buques del gobierno; en su mayoría de las provincias de Galicia, Santander y Vizcaya». Debido ás duras condicións laborais, moitas veces estes traballos eran un primeiro paso para optar a outras colocacións nunhas cidades en pleno desenvolvemento. Este fluxo migratorio vaise incrementando a través das cadeas migratorias que se establecían con familiares e veciños.
|
| 1920-00-00 | Acción Gallega: Publicación Oficial de Casa de Galicia de Bos Aires (1920-1925) |
Ver
Transcripción da Acción Gallega: Publicación Oficial de Casa de Galicia de Bos Aires (1920-1925) en 00/00/1920Acción Gallega foi a publicación oficial da Casa de Galicia de Bos Aires e estivo dirixida por Rodolfo Prada Chamocín (Os Peares, 1892 - Bos Aires, 1980), figura histórica do galeguismo na emigración. O seu consello de redacción contou coa colaboración de Ignacio Ares de Parga, Xavier Ínsua e Eduardo Blanco-Amor, entre outros. Destaca a colaboración de importantes personaxes da emigración con numerosos artigos sobre literatura, economía, política e sociedade galegas, ademais de notas históricas e bibliográficas: Antonio R. de Fraga, Augusto Barcia, E. Correa Calderón, Francisco Lamas, Gerardo Álvarez Limeses, Joaquín Pesqueira, Joaquín R. Rodríguez, José Ramón Lence, Julio Carballo, Manuel del Río Candamo, Miguel Revestido, Tirso Lorenzo, Xaquín Bacelo, Antonio Noriega Varela, Eladio Rodríguez González, Fortunato Cruces, Manuel Castro López, Ramón Cabanillas, Ramón María del Valle-Inclán, Roberto Blanco Torres ou Xavier Bóveda. |
| 1920-11-30 | Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo |
Ver
Transcripción da Recinto escolar do Círculo Habanero de La Devesa, Ribadeo en 30/11/1920O 3 de xullo de 1921 constitúese a asociación Círculo Habanero, Comisión Administrativa de La Devesa, na parroquia de Santalla da Devesa (Ribadeo). Entre os seus fins estaba: «Administrar dicho círculo bajo los dos puntos que abraza —instrucción y recreo— debiendo dedicar su mayor atención al funcionamiento de las escuelas con sujección al reglamanto que para su régimen formula y aprueba la Junta Directiva». Este acordo aparece reflectido no regulamento xeral da Sociedad de Instrucción y Recreo Círculo de La Devesa, fundada en 1911 e domiciliada na Habana, baixo a presidencia de José Acevedo Martínez.
|
| 1921-00-00 | Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 |
Ver
Transcripción da Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 en 00/00/1921A Xuntanza Nazonalista d’Habana foi creada o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio e César Parapar Sueiras, entre outros, todos eles recoñecidos nacionalistas. Na súa declaración de intencións manifestan o obxectivo de seren un «catalizador» no proceso de galeguización das «numerosas sociedades feitas pol-os galegos do desterro, facendo que as que sosteñen escolas, den ós escolantes unha instrucción máis ampla e galeguista», para combater toda clase de prexuízos contra os galegos emigrados «por medio da súa Seución de Cultura e Fala, contestará […] todos cantos traballos sexan pubricados en xornaes e revistas onde se denigre o santo nome de Galicia e as virtudes dos galegos». O seu lema social foi «todo por Galicia e para Galicia». Axiña pasan a defender posturas máis arredistas e a reivindicar a autonomía plena para Galicia —chegan a predicar a independencia— e a instauración da lingua e da cultura galegas nas institucións; tamén avogan por realizar labores de propaganda e de acción política e incluso defenden un ideario feminista por entender que a muller en Galicia debe ter máis dereitos que os que as leis lles conceden.
|
| 1922-00-00 | Regulamento societario de Vivero y su comarca, 1922 |
Ver
Transcripción da Regulamento societario de Vivero y su comarca, 1922 en 00/00/1922Esta sociedade de instrución e beneficencia foi fundada na Habana en 1910 polos numerosos emigrantes do partido xudicial de Viveiro asentados na illa de Cuba. Tivo como prioridade a creación de escolas en toda a comarca, segundo consta nos seus estatutos "a este objeto pedirá al Estado español la creación de escuelas en los lugares que haga falta (...) previo ofrecimiento del solar saneado, equipo completo, mobiliario y casa vivienda para el maestro". En total sabemos do seu apoio económico na construción e instalación de 57 escolas nas 49 parroquias do distrito viveirense. Polo seu labor a prol da educación e o desenvolvemento da súa terra, o Goberno español concedeulle a Cruz de Beneficiencia de Primer Orden en 1919. |
| 1922-00-00 | Alumnas e alumnos do colexio da Liga Santaballesa en Vilalba, 1922 |
Ver
Transcripción da Alumnas e alumnos do colexio da Liga Santaballesa en Vilalba, 1922 en 00/00/1922O alumnado posa co material escolar que lle facilitaba gratuitamente a sociedade promotora. A Liga Santaballesa de Educación e Instrucción foi fundada na Habana en 1907 coa finalidade de construír un centro educativo para as parroquias pertencentes a todo o distrito. En 1914, grazas ao traballo da delegación de Santaballa, comezaron as obras e dous anos máis tarde foi inaugurado como centro de ensino primario, con dúas aulas mixtas, biblioteca, salón de actos e vivenda do mestre/a. Actualmente é un museo escolar e funciona como centro sociocultural e sede da delegación.
|
| 1922-00-00 | Reglamento de las escuelas de la Sociedad Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires, 1922 |
Ver
Transcripción da Reglamento de las escuelas de la Sociedad Unión del Partido de Lalín en Buenos Aires, 1922 en 00/00/1922As sociedades de emigrantes con finalidade instrutiva non só mandaban remesas de cartos para a construción e mantemento das escolas senón que tamén enviaban mobiliario, libros, os planos arquitectónicos dos edificios etc. e impoñían ademais o plan pedagóxico que tiña que ser impartido polos mestres nas aulas. Esta entidade, fundada en Bos Aires en 1921, publica este folleto coas normas e programa pedagóxico que se debía aplicar nas súas escolas. |
| 1922-00-00 | Secretaría da entidade, ca. 1922 |
Ver
Transcripción da Secretaría da entidade, ca. 1922 en 00/00/1922A SBNG alugou varias oficinas onde reunirse para xestionar as súas actividades a prol dos emigrantes máis necesitados pero nunca contou cunha sede social propia, que implicaba numerosos gastos tanto na súa compra coma no seu mantemento. Dedicou todos os seus fondos a axudar aos máis necesitados. Dende a fundación do Centro Galego da Habana, tiveron unha traxectoria moi ligada, compartindo moitas veces directivos e moitos membros eran socios de ambas as dúas entidades. Dende 1922 contou cun espazo no Palacio do Centro Galego, onde se instalou a secretaría e despachos varios. Aínda hoxe ten a súa sede no mesmo edificio. A Beneficencia contaba con acordos co Centro Galego para que os seus socios puidesen acceder aos servizos sanitarios de La Benéfica.
|
| 1922-00-00 | Galicia Sporting Club, Nova York, 1926 |
Ver
Transcripción da Galicia Sporting Club, Nova York, 1926 en 00/00/1922Este equipo deportivo formado, na súa maioría, por xogadores galegos radicados en Nova York era moi popular. Foron campións da Liga Hispano-Americana de Nova York e conquistaron a copa Ever-Last en 1926. Neste último torneo interviñeron 65 clubs e era un dos máis prezados que se disputaban na metrópole neoiorquina. O «Galicia», como era coñecido entre a colectividade, acadou gran relevancia entre a numerosa cantidade de participantes. Na imaxe poden observarse os membros do equipo galego posando cos trofeos conseguidos.
|
| 1922-01-01 | O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 |
Ver
Transcripción da O número 1 de El Despertar Gallego, primeiro voceiro federal, 1922 en 01/01/1922A necesidade de crear un órgano de expresión propio foi unha das prioridades da Federación acabada de fundar e estaba recollida nos seus estatutos. Este xornal informaba mensualmente sobre o funcionamento da Federación (informes da xunta executiva, consello federal, asembleas, debates, disensións internas etc.) e das actividades das sociedades federadas. O seu primeiro director foi o galeguista Antón Alonso Ríos. Neste primeiro número aparecen reproducidos os estatutos e a declaración de principios aprobados no congreso constituínte. |
| 1922-09-03 | Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922 |
Ver
Transcripción da Mercedes Vieito, xornalista pioneira na prensa da colectividade en Cuba, 1922 en 03/09/1922A cubano-galega Mercedes Vieito Bouza naceu na Habana, filla duns humildes emigrantes naturais das Somozas que lle fomentaron a identidade galega desde moi pequena. Estes sentimentos de pertenza e orgullo por unha cultura e un país, que non chegou a coñecer ata finais de 1920, aparecen en todos os seus escritos na prensa da colectividade. Mais tamén se consideraba cubana plenamente integrada no seu país de nacemento. Na Universidade da Habana estudou maxisterio, profesión que exerceu coa creación dunha academia chamada "La Aurora" –nome que nos retrotrae ao concello natal dos seus pais–, dedicada ao ensino primario para nenos e nenas. |
| 1922-10-01 | El Despertar Gallego, Bos Aires (1922-1930) |
Ver
Transcripción da El Despertar Gallego, Bos Aires (1922-1930) en 01/10/1922El Despertar Gallego forma parte da prensa étnica publicada pola colectividade galega radicada na Arxentina. Foi o “Órgano oficial da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales”, marcado por unha postura política galeguista de esquerda. |
| 1923-00-00 | Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres |
Ver
Transcripción da Andrea López Chao, unha mestra galega en Cuba a prol da educación e do progreso das mulleres en 00/00/1923Pouco se sabe da vida de Andrea López Chao, emigrante na illa de Cuba. Mais ela non foi unha de tantas mulleres sen estudos nin formación que na primeira década do século XX marcharon alén mar para traballar no servizo doméstico. A través da prensa temos noticia do seu labor como docente no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana, do que chegou a ser directora. Moi integrada na colectividade galega, ocupou o cargo de vicepresidenta da sociedade Hijas de Galicia, entidade centrada na protección e coidado da muller emigrante.
|
| 1923-00-00 | Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923 |
Ver
Transcripción da Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923 en 00/00/1923Fotografía dos membros da directiva fundacional, na que podemos ver sentados, de esquerda a dereita, a Lino Baliña, que ocupaba o cargo de tesoureiro; José Quintáns Pazos, vicepresidente; Casto M. Insua, presidente; o secretario, Manuel Areas Blanco, e Vicente Graíño, contador. De pé están J. M. Castro, nomeado prototesoureiro, e os vogais Jaime Lires, Jesús Pose, José Santos Soto, Daniel Caamaño Moreira, Manuel F. Fernández, Faustino Luaces e Manuel Fariña.
|
| 1923-03-18 | Portada de Eco de Galicia da Habana co mapa de Galicia onde se crearan sociedades de instrución, 1923 |
Ver
Transcripción da Portada de Eco de Galicia da Habana co mapa de Galicia onde se crearan sociedades de instrución, 1923 en 18/03/1923Os emigrantes galegos fundaron numerosas asociacións de carácter microterritorial que tiñan como finalidade principal a creación de escolas nos concellos, parroquias e aldeas de referencia. Estas entidades foron constituídas principalmente en Arxentina e Cuba (máis do 90%), pero tamén en Uruguai, Estados Unidos e Brasil. O espallamento pola xeografía galega dános conta da importancia e asentamento que tiñan, aínda que non todas tiveron éxito nas súas iniciativas. |
| 1924-00-00 | A revista Céltiga, voceiro dun galeguismo moderado en América, (Bos Aires 1924 - 1932) |
Ver
Transcripción da A revista Céltiga, voceiro dun galeguismo moderado en América, (Bos Aires 1924 - 1932) en 00/00/1924Esta revista cultural ilustrada reaparece publicada en 1924 baixo a dirección literaria de Eduardo Blanco-Amor, Ramón Suárez Picallo e Eliseo Pulpeiro, recoñecidos galeguistas no seo da colectividade. Dende as súas páxinas difundiuse un galeguismo moderado e respectuoso, como se pode ver na sección “Idearium Galeguista”, na que se dá cabida a colaboracións de intelectuais arxentinos e galegos que en Galicia atopaban atrancos para expresaren as súas ideas políticas debido ás restricións da ditadura de Primo de Rivera.
|
| 1925-00-00 | Retrato de Maruxa Mallo, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Retrato de Maruxa Mallo, ca. 1925 en 00/00/1925Esta pintora, "musa do surrealismo", foi unha das moitas galegas que tiveron que exiliarse tras a Guerra Civil. Na República xa era unha recoñecida pintora, amiga de destacados intelectuais da época como Rafel Alberti, María Zambrano, Bergamín, García Lorca, Buñuel, Dalí... e xa realizara numerosas exposicións de éxito, coas que ía tendo un nome nos círculos artísticos da capital.
|
| 1925-00-00 | Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 |
Ver
Transcripción da Acto de colocación da primeira pedra na segunda fase construtiva do recinto escolar Pedro Murias, 1925 en 00/00/1925A grandiosidade do proxecto provocou que a construción dos edificios se levase a cabo en dúas fases. Unha vez rematado o edificio principal, en 1925 comezan as obras doutras edificacións destinadas a almacéns, palleiras, cortes para o gando, vivendas do persoal, talleres e incluso unha estación meteorolóxica.
|
| 1925-00-00 | Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Estampa familiar do indiano Juan María García Naveira en Betanzos, ca. 1925 en 00/00/1925Juan María García Naveira (Betanzos, 16 de maio de 1849 – 9 de marzo de 1933), orfo de pai, decide, como moitos dos seus veciños, tomar o camiño da emigración e en 1869 marcha en busca dun futuro mellor a Arxentina. Alí traballa en diversos oficios e un par de anos despois, xa encarrilada a súa economía, manda chamar o seu irmán pequeno Jesús. A traxectoria profesional de ambos os dous continúa paralela e chegan a ser uns importantes homes de negocios. Hai varias fontes que atribúen a súa gran fortuna á venda duns terreos en Bahía Blanca para a construción da liña de ferrocarril.
|
| 1925-00-00 | Entrada principal do Pasatempo: o soño de Juan García Naveira, ca. 1925 |
Ver
Transcripción da Entrada principal do Pasatempo: o soño de Juan García Naveira, ca. 1925 en 00/00/1925A imaxe permítenos intuír a beleza e magnificencia deste parque. Esta entrada do Carregal estaba limitada por un fermoso enreixado que se erguía sobre un baseamento granítico e un portalón de gran prestancia, obra de ferreiros da comarca baixo a dirección de José Fernández Montero, como imitación das reixas do Palacio de Versalles, segundo algúns autores. Destacan as esculturas de mármore de Carrara de dous impresionantes leóns que servían como gardiáns do recinto. Nesta entrada existía ademais unha pequena edificación que funcionaba como despacho de billetes para os visitantes, pois para poder acceder había que pagar un módico prezo, e no que tamén se podían mercar postais. Tiña, pois, un claro servizo público: os cartos recadados servían para o mantemento do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos, que se ocupaba do funcionamento do asilo e das escolas do mesmo nome.
|
| 1925-08-09 | Carta manuscrita de Gumersindo Busto ao decano da Facultade de Filosofía e Letras da USC, José González Salgado, con data do 9 de agosto de 1925 |
Ver
Transcripción da Carta manuscrita de Gumersindo Busto ao decano da Facultade de Filosofía e Letras da USC, José González Salgado, con data do 9 de agosto de 1925 en 09/08/1925Gumersindo Busto mantiña activa correspondencia con varios membros do profesorado da Universidade que apoiaban o seu proxecto e as súas ideas americanistas. Esta carta é a resposta a unha anterior na que fora convidado a organizar unha expedición de intelectuais afíns para asistir aos festexos do Ano Santo compostelán que se celebraría en 1926. Relata os trámites para organizar a viaxe a Galicia. Sería unha excursión turística máis que relixiosa (non hai que esquecer que a sociedade arxentina da época se caracterizaba polo seu laicismo). Tamén fala dos contactos para buscar financiamento con ese fin. |
| 1926-00-00 | Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 |
Ver
Transcripción da Xunta directiva da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, ca. 1926 en 00/00/1926De pé aparecen Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo. Este último acababa de chegar da súa viaxe a Europa, na que visitou Galicia e Sada, a súa vila natal. Na sede da FSG impartiu unha conferencia co título de "Impresiones de un viaje por la tierra gallega".
|
| 1926-06-00 | A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926) |
Ver
Transcripción da A Fouce: periódico galego (Bos Aires, 1926) en 00/06/1926No Bos Aires das primeiras décadas do século XX os grupos nacionalistas, formados no seo da colectividade galega, amosaban unha actividade moi dinámica que se difundía a través da prensa étnica. Tal é o caso do xornal independentista A Fouce, creado en 1926. Este foi o segundo voceiro en importancia de ideoloxía nacionalista galega, despois de A Nosa Terra.
|
| 1926-07-26 | Asistentes á inauguración da Biblioteca América |
Ver
Transcripción da Asistentes á inauguración da Biblioteca América en 26/07/1926A Biblioteca inaugurouse o 26 de xullo de 1926. Ese día tivo lugar un acto en que estiveron presentes o director xeral de Ensinanza e todo o equipo reitoral, ademais das principais autoridades da cidade e delegados de moitas das repúblicas americanas que achegaran fondos á Biblioteca, mais non Gumersindo Busto. Ese mesmo día en Bos Aires a elite intelectual da cidade organizou un banquete na súa honra. Busto mandou unha carta, que leu o decano da Facultade de Filosofía e Letras, na que se percibe a súa emoción polo soño acadado: «[…] a Galicia, tierra de mis recuerdos afectuosos; a Santiago, hogar solariego, depositario de cotidianas oraciones, tributo el homenaje de mi corazón. A su ilustre Universidad, a sus hombres de ciencia, maestros de las nuevas generaciones, todo mi respeto y el caudal de mi esfuerzo tenaz, representado por el haber de la Biblioteca América, creada como un símbolo fraterno entre España y las repúblicas americanas».
|
| 1927-00-00 | Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, 1927 |
Ver
Transcripción da Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor, 1927 en 00/00/1927A Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor fundouse en Bos Aires en 1905 coa finalidade de crear unha escola práctica de artes e oficios, con sección de agricultura e clases de ensino primario. En 1914 inaugurou este edificio escolar, no que se aplicaron os métodos pedagóxicos máis modernos: contaba con numerosas aulas, unha gran biblioteca con libros traídos de América, un comedor gratuíto para o alumnado, laboratorios, un pequeno teatro onde actuaba a súa banda de música, unha imprenta na que os alumnos aprendían un oficio, unha ampla horta de experimentación etc.; incluso tiñan transporte escolar gratuíto, tal como vemos na imaxe. A sociedade financiou tamén todo o mobiliario, material pedagóxico, pagaba o salario do profesorado etc.
|
| 1927-00-00 | Homenaxe da cidade de Vigo ao seu benfeitor, 1927 |
Ver
Transcripción da Homenaxe da cidade de Vigo ao seu benfeitor, 1927 en 00/00/1927Todas as fontes consultadas falan da humildade de García Barbón e das súas negativas aos intentos de recoñecemento que se lle quixeron tributar en vida. En 1927 a corporación municipal de Vigo organizou unha grande homenaxe na súa honra polas obras benéficas que realizara na cidade. A pegada que deixou nas numerosas xeracións que estudaron na Escola de Artes e Oficios da cidade ou que asistiron ás representacións no teatro que leva o seu nome son unha realidade aínda na actualidade. O 28 de setembro dese ano inaugurouse unha estatua do prócer realizada polo escultor Francisco Asorey. Foi un acto multitudinario que contou coa presenza dos reis de España e de todas as autoridades da cidade, ademais dos veciños anónimos que tanto ben recibiran polo seu mecenado. Fóronlle concedidas a título póstumo as Cruces de Beneficencia e de Isabel a Católica como recoñecemento e agradecemento polos seus servizos a prol da educación e da cultura dos seus conveciños.
|
| 1928-00-00 | Colocación da primeira pedra da Escola de Instrucción Primaria e de Comercio de Bandeira en Silleda, 1928 |
Ver
Transcripción da Colocación da primeira pedra da Escola de Instrucción Primaria e de Comercio de Bandeira en Silleda, 1928 en 00/00/1928As obras de construción deste edificio comezaron ese ano, conforme os planos enviados dende Bos Aires, de aí a imaxe que estamos a ver. Foi promovida pola sociedade Pro-Escuelas en Bandeira, creada na capital arxentina en 1909. Ata 1927 a entidade non acadou os fondos precisos para comezar as obras. A escola, laica, mixta e gratuíta, foi inaugurada en 1930 e estaba dotada de mobiliario e material educativo enviado dende Arxentina. Neste centro de ensino impartíanse aulas teóricas e prácticas nos gabinetes de física e química, óptica, electricidade, meteoroloxía etc.
|
| 1928-00-00 | As iniciativas pro-progreso de Galicia: A Residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, 1928 |
Ver
Transcripción da As iniciativas pro-progreso de Galicia: A Residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela, 1928 en 00/00/1928A colectividade galega emigrada en América sempre estivo implicada nos distintos proxectos a prol do desenvolvemento da cultura e o progreso de Galicia. Tal foi o caso das numerosas sociedades de instrución fundadas para crear escolas que se foron espallando pola xeografía galega, nas que recibiron formación educativa as novas xeracións.
|
| 1929-00-00 | Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 |
Ver
Transcripción da Homenaxe de Eduardo Blanco-Amor a Rosalía de Castro, Santiago de Compostela, 1929 en 00/00/1929Eduardo Blanco-Amor foi un dos galeguistas máis activos da emigración en espallar o ideario autonomista e de defensa da cultura galega. En Bos Aires destaca o seu labor xornalístico na prensa étnica, pois dirixiu en diferentes etapas o xornal El Despertar Gallego (1921), a revista Terra (1923), a revista Céltiga (1924), a revista Galicia, voceiro do Centro Galego de Bos Aires, ou o xornal Galicia da Federación de Sociedades Gallegas (FSG), entre outros. En 1926 comezou a colaborar no diario arxentino La Nación, de gran prestixio no país. En 1929 foi nomeado correspondente deste xornal en España, posto que exerceu ata 1931. Durante este período visitou Galicia en numerosas ocasións e coñece a Castelao e outros líderes nacionalistas; a través deles establece unha intensa relación co Partido Galeguista e co grupo Nós.
|
| 1929-07-00 | O galeguismo cultural en Montevideo: o xornal Arazúa, boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega, 1929 |
Ver
Transcripción da O galeguismo cultural en Montevideo: o xornal Arazúa, boletín de la Asociación Protectora de la Cultura Gallega, 1929 en 00/07/1929Esta asociación cultural foi creada por un grupo de galeguistas residentes no Uruguai, entre os que estaban Julio Sigüenza, Jaime L. Lorenza, Constantino Sánchez Mosquera, Miguel Barros, Casiano Estévez ou Juan José San Román. Seguidores do labor realizado polo Seminario de Estudos Galegos e pola Real Academia Galega, difunden a súa obra tanto en Galicia como en América e envían numerosas doazóns para o seu sostemento e para a súa acción cultural na terra nai. O Centro Galego, a institución máis importante no seo da colectividade en Montevideo, apoiou a súa creación en 1928. Defendía un galeguismo cultural cuxa finalidade principal era acadar fondos para investir no progreso de Galicia: só a través do coñecemento e defensa da cultura propia, os galegos poderían conseguir o seu desenvolvemento económico e político.
|
| 1931-00-00 | Inauguración da casa-escola Enrique Labarta Pose en Pasarela, 1931 |
Ver
Transcripción da Inauguración da casa-escola Enrique Labarta Pose en Pasarela, 1931 en 00/00/1931Esta escola foi fundada pola ABC del Partido Judicial de Corcubión, entidade creada en Bos Aires en 1922. De ideais agraristas e progresistas, defendía a educación como medio de progreso da súa terra natal. Por iso fomentou a construción de escolas e no bienio 1930-1931 conseguiu inaugurar catro centros de ensino primario en outras tantas parroquias do partido xudicial: Nemiña (Muxía), Suarriba (Fisterra), Pasarela (Vimianzo) e Estorde (Cee), escolas que contribuíron á instrución e educación dos nenos e nenas da contorna.
|
| 1931-00-00 | Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931 |
Ver
Transcripción da Escolma de noticias sobre a delegación da emigración durante a República española, 1931 en 00/00/1931Coa chegada da República, os galeguistas da colectividade do Río da Prata cren que é o momento de conseguir as aspiracións nacionalistas para Galicia. O poeta e xornalista galego Julio Sigüenza dende Uruguai e Antón Alonso Ríos en Bos Aires publican na prensa da colectividade a necesidade de enviar unha delegación para participar activamente no proceso electoral constituínte. A FSG toma a iniciativa de mandar a Galicia varios dos seus dirixentes. Ademais dos xa mencionados, viaxaron en maio de 1931 Ramón Suárez Picallo e Pedro Campos Couceiro, e máis tarde fíxoo Eduardo Blanco-Amor, como correspondente de prensa. |
| 1931-00-00 | Memoria social correspondente ao ano 1931. Aniversario LX |
Ver
Transcripción da Memoria social correspondente ao ano 1931. Aniversario LX en 00/00/1931As memorias sociais constitúen unhas ferramentas informativas que dan conta da organización económica e das actividades e distintas iniciativas emprendidas, neste caso pola Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Nelas a xunta directiva expón aos socios as actividades executadas pola asociación durante todo o ano anterior nos seus distintos ámbitos de actuación, por exemplo: o movemento de socios, solicitudes de socorro e pasaxes para repatriacións, relación de donativos por cota dobre ou extraordinaria, tanto de socios particulares como de distintas asociacións de emigrantes galegos inscritas tamén como socias. Ademais, aparece a relación de propiedades doadas por socios tras o seu pasamento, o capital social e a relación de operacións realizadas para obter o seu incremento. |
| 1931-07-14 | Credencial de Ramón Suárez Picallo como deputado das primeiras Cortes da II República, 1931 |
Ver
Transcripción da Credencial de Ramón Suárez Picallo como deputado das primeiras Cortes da II República, 1931 en 14/07/1931Tras o triunfo da República e a previsible convocatoria de elección ás Cortes constituíntes, diversas organizacións galeguistas da emigración galega no Río da Prata idean o envío a Galicia dunha delegación de representantes coa misión de influír máis directamente na política galega. Esta proposta foi publicada na Revista del Centro Gallego de Montevideo polo xornalista Julio Sigüenza. A ORGA bonaerense apoia o proxecto coa intención declarada de procurar a unión de todos os galegos, loitar pola recuperación dos dereitos históricos de Galicia mediante o acceso a un sistema de autonomía integral e constituír unha fronte única e compacta nas Cortes. Na lista de representantes acordada coa FSG están Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Pedro Campos Couceiro; de Montevideo viaxará Julio Sigüenza.
|
| 1932-00-00 | Socio nº 884 da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia |
Ver
Transcripción da Socio nº 884 da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia en 00/00/1932Coma no resto de asociacións étnicas, o rexistro de socios é un instrumento imprescindible para o control de ingresos, evolución do número de asociados, organización das distintas actividades e posta en marcha de iniciativas sociais. O proceso de identificación de socios leva consigo a utilización de fichas cos correspondentes datos persoais de cada asociado e asociada. Vemos aquí un exemplo en que este socio ourensán de 44 anos ten adxudicado o número 884 e a súa afiliación coa Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia é proposta por dous socios máis antigos. Os datos que se rexistran de cada asociado corresponden ao nome completo, idade, familiares, domicilio actual e os cambios deste en caso de producirse, para poder enviarlle a correspondencia relacionada cos diferentes actos da dita sociedade, convocatorias para asistir ás asembleas da entidade, así como a súa localización por calquera outra razón.
|
| 1932-00-00 | Recibo de solicitude de ingreso na Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1932 |
Ver
Transcripción da Recibo de solicitude de ingreso na Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 1932 en 00/00/1932No Regulamento de 1932 aparece recoñecido que poderán ser socios da entidade, con plenos dereitos, tanto os homes como as mulleres: “podrán pertenecer a esta Sociedad todas las personas de uno u otro sexo que lo soliciten y sean admitidas por la Junta Directiva”. Nos anteriores só se contemplaba que as mulleres podían solicitar axuda á entidade como familiares dos socios inscritos, e non aparecían nos rexistros de asociados agás como viúvas ou fillas orfas dos antigos socios. Así, Amalia Alonso Álvarez solicita a súa inscrición como socia avalada por dous socios.
|
| 1932-00-00 | Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 |
Ver
Transcripción da Inauguración do curso escolar na casa-escola de Pasarela en Vimianzo, 1932 en 00/00/1932Nos seus primeiros estatutos aparece como unha das súas principais prioridades «procurar la creación de escuelas de instrucción primaria, industriales y de artes y oficios, tendiendo al mejoramiento de las existentes, creando premios y estimulando todo aquello que este comprendiendo en el orden cultural […]».
|
| 1933-00-00 | Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 |
Ver
Transcripción da Noticia do pasamento do filántropo Juan María García Naveira, 1933 en 00/00/1933Juan García Naveira tivo unha vida longa e produtiva. De ser un neno pobre e con escasa formación pasou a converterse, grazas á emigración, nun home emprendedor e moi rico, así como —o que para el era esencial— nun home instruído. Con todo, nunca esqueceu a súa terra natal e, tras o regreso en 1893 coa súa familia, instalouse en Betanzos. Alí, e ata o final da súa vida, xa feitos os 84 anos, dedicouse a numerosos proxectos a prol dos seus paisanos máis necesitados. |
| 1933-00-00 | Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 |
Ver
Transcripción da Fonte e lavadoiro público de San Xoán de Río, financiados pola Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa, 1933 en 00/00/1933Esta sociedade comarcal foi fundada na Habana o 12 de xuño de 1921 polos emigrantes naturais do concello da Pobra de Trives. Foi creada coa finalidade de socorrer os asociados necesitados de axuda por motivos diversos: enfermidade, accidente, invalidez física para o traballo ou necesidade de repatriación a Galicia. Como o resto de asociacións étnicas, entre os seus obxectivos tamén figuraba a realización de actividades que contribuísen ao fomento da confraternidade entre os naturais do partido xudicial da Pobra de Trives e os demais paisanos residentes na illa, incluídos tamén os que eles chamaban fillos de Cuba e os procedentes doutras partes de España. Os variados actos culturais e de recreo eran as actividades máis recorridas á hora de recadar cartos para o fondo social da entidade.
|
| 1933-00-00 | Permiso de entrada nos Estados Unidos, 1933 |
Ver
Transcripción da Permiso de entrada nos Estados Unidos, 1933 en 00/00/1933O mariñeiro galego José P., casado e natural de Cambre, realizou un reingreso nos Estados Unidos no ano 1933, de conformidade coas disposicións da Lei de inmigración de 1924. Estivo residindo en Nova York durante 12 anos pero cunha interrupción temporal. Este documento —expedido polo Departamento de Traballo, Inmigración e Naturalización do Goberno dos Estados Unidos— tiña unha vixencia dun ano. Nel recollíanse as principais características físicas do inmigrante: a súa idade, estatura, cor de pel, peso, complexión, cor de ollos e de pelo e a existencia de cicatrices e outras lesións significativas na cara e no corpo.
|
| 1933-06-30 | Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 |
Ver
Transcripción da Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 en 30/06/1933Ao rematar o curso escolar, o Plantel celebraba un festival en que se entregaba ás alumnas e alumnos o diploma conforme adquiriran os coñecementos necesarios para superar o curso. Na imaxe podemos ver a acreditación da alumna Margarita Senra, coa cualificación de sobresaínte no seus estudos de taquigrafía, o que lle permitiría obter un posto laboral nunha empresa ou negocio.
|
| 1933-07-01 | Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933 |
Ver
Transcripción da Recibo do Centro Galego da Habana polo alugueiro das súas instalacións, 1 de xullo de 1933 en 01/07/1933A maioría das asociacións microterritoriais galegas creadas na illa de Cuba destinaban os seus recursos económicos (conseguidos co pago das cotas dos socios, con investimentos ou coa organización de actividades festivas) a envialos á súa parroquia ou municipio de orixe e non consideraban necesario ter unha sede social en propiedade. O Centro Galego da Habana, dono dun grandioso edificio no centro da capital cubana, poñía os seus salóns á disposición destas asociacións para levaren a cabo as xuntanzas de socios e socias e diversas actividades culturais. Tamén cedía escritorios ou pequenos despachos, situados nos espazos da súa secretaría, nos que as entidades instalaban as súas oficinas para as reunións das directivas e para gardar a documentación das súas actividades.
|
| 1933-07-25 | Ramón Suárez Picallo dando un discurso diante do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, 1933 |
Ver
Transcripción da Ramón Suárez Picallo dando un discurso diante do monumento a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, 1933 en 25/07/1933O 25 de xullo de 1933 foi asinado en Santiago o Pacto de GALEUZCA polas tres nacionalidades históricas da Península. Pola mañá tivo lugar un acto de homenaxe a Rosalía de Castro no que tamén falaron Castelao e Eduardo Blanco-Amor.
|
| 1934-00-00 | Recoñecemento ao tesón e filantropía de Gumersindo Busto |
Ver
Transcripción da Recoñecemento ao tesón e filantropía de Gumersindo Busto en 00/00/1934Poucos meses despois da inauguración oficial da Biblioteca América, o claustro de profesores da USC outorgou a Gumersindo Busto o título de doutor honoris causa. Na acta da reunión pódese ler: «La obra del Sr. Busto es grande por su valor intrínseco; de singular trascendencia por contribuir a estrechar los vínculos de intelectualidad entre la América española y su antigua Metrópoli y extraordinariamente meritoria por el colosal ejemplo de constancia dado en una incesante, inteligente y costosa labor de más de veinte años, durante los cuales no decayó un momento la inquebrantable fe de Busto, que no dejó de trabajar ni un solo día en la empresa de aumentar el caudal de su Biblioteca Museo». Aínda que este título foi solicitado en 1927, non será concedido ata outubro de 1934.
|
| 1934-00-00 | Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34 |
Ver
Transcripción da Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34 en 00/00/1934Co paso do tempo e en paralelo á modernización da sociedade, foise ampliando o programa de estudos para as nenas e mulleres. As fillas dos emigrantes galegos nacidas na illa de Cuba comezaban os seus estudos de primaria no Plantel e moitas emigrantes acudían aos seus cursos de alfabetización ou mecanografía. Acadaban así unha formación que, segundo os casos, ampliaban ou lles servía para ter unha educación e cultura básicas para o seu futuro. O acceso laboral das mulleres cubanas ao sector do comercio, da pequena empresa ou dos servizos era bastante maior que en Galicia, e as galegas aspiraban a ocupar eses postos de maior remuneración e mellor consideración social, máis aló do sector doméstico, principal nicho laboral para as nosas emigrantes.
|
| 1934-12-00 | O Irmandino. Periódico Galego, órgao da Irmandade Galeguista d’o Uruguai, (Montevideo, 1934-1936) |
Ver
Transcripción da O Irmandino. Periódico Galego, órgao da Irmandade Galeguista d’o Uruguai, (Montevideo, 1934-1936) en 00/12/1934Esta asociación «xurdiu a vida aitiva da coleitividade para espertar na conciencia de todol-os galegos a noción da personalidade de Galiza, como unidade natural de raza, linguaxe, hestoria, xeografía e esprito propios». Foi creada en 1934 por Manuel Meilán, Antón Crestar, Pedro Fernández Veiga, Juan José San Román e outros galeguistas que desenvolvían unha intensa actividade a prol da autonomía de Galicia e do ideario nacionalista dende un punto de vista cultural. Esta sociedade foi considerada como unha sección uruguaia dentro do Partido Galeguista. |
| 1935-00-00 | Comisión feminina da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, 1935 |
Ver
Transcripción da Comisión feminina da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, 1935 en 00/00/1935A presenza das mulleres no asociacionismo emigrante foi secundaria. Como membros das comisións femininas ou comités de damas participaban nos diversos actos societarios e na recollida de fondos. Recibían con flores aos persoeiros que visitaban a entidade; nos banquetes, festas e bailes eran as encargadas de organizar e servir o xantar, da decoración ou da limpeza final. Destacaron nos actos culturais como membros dos coros e grupos de danza, nos actos teatrais ou nos recitais poéticos.
|
| 1935-00-00 | Festa da Música galega no Gran Teatro Nacional, A Habana 1935 |
Ver
Transcripción da Festa da Música galega no Gran Teatro Nacional, A Habana 1935 en 00/00/1935Cada 25 de xullo tiña lugar a tradicional Festa de Santiago no Teatro Nacional. Os asistentes podían gozar dun festival de música tradicional galega, ademais dunha función teatral. O diñeiro recadado tras a celebración do acto ía destinado á obra benéfica tan característica da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Esta institución filantrópica leva exercendo a caridade durante toda a súa existencia, prestaba auxilio tanto aos residentes na illa como aos que quedaron en Galicia. A celebración desta festa tiña un dobre propósito: divertirse e axudar aos máis necesitados: “Que la alegría y el contento de este día sea consuelo y alivio de aquellos compañeros nuestros de emigración, que cayeron a nuestro lado, vencidos en la lucha”.
|
| 1935-00-00 | Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 |
Ver
Transcripción da Estatutos sociais do Centro de Protección Agrícola del Distrito de Salceda, 1935 en 00/00/1935A fundación desta asociación agrarista xurdiu por iniciativa de Joaquín Fernández Sestelo, farmacéutico de Salceda de Caselas e loitador anticaciquil que fundou o xornal El Despertar, desde cuxas páxinas loitou pola formación de sindicatos agrarios no seu distrito; debido a súa actividade política foi desterrado e tivo que emigrar cara a Arxentina. Alí foi acollido polos residentes da súa comarca e promoveu a idea de crear unha asociación integrada polos residentes en Bos Aires de todas as parroquias do seu concello natal. O 26 de outubro de 1913 é a data fundacional desta entidade, presidida por Constantino Gil e que tiña como obxectivo principal cooperar no desenvolvemento agrario da súa comarca. Así, nas décadas de 1920 e 1930 achegou numerosas remesas económicas ao seu concello destinadas á propaganda agraria e a favor da República e da autonomía de Galicia. Os seus estatutos tamén inclúen a axuda mutua en casos de enfermidade ou necesidade económica para os seus socios e socias e mesmo a repatriación de quen precisase regresar ao terruño. En marzo de 1917 edita La Voz del Centro, un xornal agrarista de grande influencia na colectividade e que anos despois pasa a chamarse El Agrario. |
| 1935-00-00 | Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935 |
Ver
Transcripción da Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935 en 00/00/1935A Federación, dende a súa creación, foi unha institución en que coexistían varias vertentes de pensamento progresista e de esquerdas: o agrarismo (de aí o seu nome), o republicanismo, o socialismo reformista e o galeguismo. Na década de 1920 a FSG estivo baixo o liderado de Antón Alonso Ríos ou Manuel Cao Turnes, vinculada nunha primeira etapa á defensa do agrarismo e dos ideais republicanos e de esquerda do PSOE. A inclusión nas súas filas de figuras como Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo provocou que cada vez tivese un maior peso o ideario galeguista. A Federación apoiará economicamente as organizacións galeguistas na terra nai e as súas actividades de propaganda. Cede tamén as súas instalacións para a organización de actos progaleguistas, así como o seu xornal oficial (El Despertar Gallego e, a partir de 1931, Galicia) para publicar noticias e artigos a favor da causa.
|
| 1935-02-15 | Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 |
Ver
Transcripción da Memoria anual da Fundación Escuela Agrícola «Pedro Murias» publicada na revista habaneira Eco de Galicia, 1934 en 15/02/1935Pedro Murias deixara disposto a constitución dunha fundación encargada de levar a bo fin o seu proxecto educativo. Esta fundación contaría con personalidade xurídica propia e residiría na Habana e para a súa xestión creouse unha xunta de patróns integrada por cinco persoeiros destacados da colectividade. |
| 1935-10-10 | Noticia sobre a inauguración das escolas Concepción Yáñez en Ramirás, publicada en Vida Gallega, 1935 |
Ver
Transcripción da Noticia sobre a inauguración das escolas Concepción Yáñez en Ramirás, publicada en Vida Gallega, 1935 en 10/10/1935Rogelio García Yáñez naceu en Freás de Eiras (Ramirás) e emigrou moi novo cara a Arxentina, país no se dedicou ao comercio con grande éxito. Ao seu retorno financiou a construción dun grupo escolar na súa localidade natal, que foi inaugurado en 1935 e cedido ao Concello en 1936 como centro de ensino primario. Tratábase dun magnífico edificio cunha gran extensión de terreo e contaba con todas as modernidades: electricidade, calefacción na vivenda dos mestres e nas tres aulas mixtas; tiña tamén laboratorio, biblioteca e comedor escolar. |
| 1936-00-00 | Rexistro de Socorros, 1936 |
Ver
Transcripción da Rexistro de Socorros, 1936 en 00/00/1936A Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia levaba un rexistro de socios numerados que percibían axudas económicas pola súa difícil situación, moitos deles hospitalizados na Benéfica do Centro Galego da Habana. A información que conteñen os libros de rexistro de socorros fai referencia aos seguintes datos: nome completo dos e das beneficiarias, idade, estado civil, fillos, antigüidade, lugar de orixe (vila, concello, provincia), domicilio, cantidade entregada e algunha observación sobre a súa situación ou denegación da axuda. |
| 1936-02-20 | Alumnos posando diante das escolas "República Argentina" en Cortegada, 1936 |
Ver
Transcripción da Alumnos posando diante das escolas "República Argentina" en Cortegada, 1936 en 20/02/1936Este edificio foi construído por iniciativa de Guillermo Álvarez Pérez. Natural de Cortegada, emigrou co seu pai e irmán a Arxentina, onde chegou a ser un recoñecido arquitecto. Sen esquecerse da súa terra, deseñou e financiou a construción deste edificio con numerosas dependencias para ser concello, xulgado, casino e casa-escola. O centro docente foi inaugurado en 1935 e levaba este nome en homenaxe ao país que o acolleu.
|
| 1937-03-06 | Carta Orgánica da Federación de Sociedades Galegas, 1937 |
Ver
Transcripción da Carta Orgánica da Federación de Sociedades Galegas, 1937 en 06/03/1937Pouco despois da división da Federación en dúas entidades diferentes, acontecida en 1929, comezaron a xurdir voces favorables para superar as diferencias e volver unirse. Durante o período republicano houbo varios intentos de fusión pero non será ata 1936, coa Guerra Civil, cando se deixen de lado as vellas hostilidades e teña lugar a unión federativa. Esta fusión será ben acollida en xeral polas sociedades de ambas as federacións, que aproban nun congreso extraordinario a súa declaración de principios e novos estatutos, que se poden consultar neste documento. |
| 1937-07-00 | Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937) |
Ver
Transcripción da Cultura Gallega. Publicación quincenal: Literatura, Arte, Historia, Geografía, Gráfica, Informativa (A Habana, 1937) en 00/07/1937En 1936 sae á rúa o primeiro número desta revista ilustrada de información xeral, creada e dirixida por Adolfo V. Calveiro co obxectivo de divulgar a cultura galega na illa de Cuba. Nas súas páxinas percíbese unha exaltación de Galicia e os seus valores, colocando a figura de Rosalía de Castro como símbolo de identidade nacional (hai un número extraordinario dedicado á súa figura). Colaboran na revista importantes personalidades da cultura galega como Eladio Vázquez Ferro, Fuco G. Gómez, Ramón Marcote, Sinesio Fraga, Eduardo Blanco-Amor, Marcial Valladares, Ramón Fernández Mato, Ramón Otero Pedrayo ou Xerardo Álvarez Gallego, que ofrecen unha visión dos problemas de Galicia dende unha perspectiva galeguista e republicana, liña editorial que se vai abandonando segundo avanza a Guerra Civil española. En 1940 pasa a apoiar a causa franquista e cambia o seu nome polo de Cultura Hispánica, máis acorde co ideario da ditadura.
|
| 1938-00-00 | Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938 |
Ver
Transcripción da Grupo de socios e directivos da Sociedad de Nogueira de Ramuín nun acto de apoio á República española, 1938 en 00/00/1938En moitas das sociedades federadas funcionaban comisións internas de solidariedade que eran coordinadas pola Central Gallega da FSG. Unha vez rematada a guerra, a Federación desempeñou un importante papel na axuda aos refuxiados e a súa repatriación. Neste período a axuda foi enviada aos campos de concentración en Francia; ao tempo que se denunciaba a súa situación, continuaron apoiando aos exiliados que chegaban a Arxentina, facilitándolles permisos de residencia e axudándoos na solución dos problemas burocráticos que se presentaban, así como na obtención de traballo, axudas médicas e sanitarias ou axudas económicas puntuais.
|
| 1938-00-00 | Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938 |
Ver
Transcripción da Camións con mercadorías para axudar á España republicana, 1938 en 00/00/1938Durante a Guerra Civil, a FSG desempeñou un importante papel de apoio ao bando republicano. Tras coñecerse o golpe militar, foi das primeiras entidades da colectividade en mandar axuda monetaria e sanitaria a través da Cruz Vermella. En outubro de 1936 organizou o Comité de Ayuda al Gobierno Español del Frente Popular, que pouco despois pasou a chamarse Central Gallega. Os socios das distintas entidades federadas organizaban numerosas actividades para recadar fondos e enviar alimentos e medicamentos ao bando republicano.
|
| 1938-00-00 | Noticia da fusión de dúas sociedades irmás, Alborada, 1938 |
Ver
Transcripción da Noticia da fusión de dúas sociedades irmás, Alborada, 1938 en 00/00/1938A maior parte dos fundadores da entidade eran naturais dos concellos de Cee e Muxía e pensaban nos seus conterráneos como socios da nova sociedade. Axiña xurdiron voces que defendían a necesidade de incluír todos os concellos da comarca e así ter un maior peso e influencia para acadar os seus obxectivos. Aínda que se intentou que a representación de cada municipio fose equitativa para evitar agravios, en xaneiro de 1923, un grupo de socios naturais de Muxía liderados por Manuel Pose Oreiro, en desacordo con esta iniciativa, deciden separarse e crear unha nova entidade que se chamará Sociedad Cultural y Agraria Residentes del Distrito de Mugía. Isto supuxo un conflito entre ambas as entidades e nos seus voceiros sociais podemos ler artigos e cartas en que cada sociedade manifesta as súas razóns para esta separación. En 1935 comeza a frutificar a idea dunha fusión e finalmente, en 1938, aprobouse a ansiada unificación, que foi considerada como a mellor opción para a súa supervivencia. Os socios da entidade muxiá, xa moi poucos, só puxeron como condición a compra dun local social que se fixo en 1940. |
| 1938-11-11 | Chegada de Castelao á Habana, 1938 |
Ver
Transcripción da Chegada de Castelao á Habana, 1938 en 11/11/1938Castelao foi convidado pola Casa de Cultura da Habana a visitar Cuba e impartir diversas conferencias. Chegou en novembro de 1938 e foi recibido de maneira multitudinaria. Viaxou por case toda a illa dando mitins en prazas, teatros ou campos deportivos para acadar apoios e axuda económica para a República española. Ademais participou activamente nas eleccións do Centro Galego da Habana, sendo decisivo o seu apoio á candidatura de "Hermandad Gallega", de esquerdas e pro-republicana, que se impuxo á candidatura valedora dos sublevados franquistas.
|
| 1939-00-00 | Embarque de refuxiados españois no porto de Sètes (Francia) cara a México, 1939 |
Ver
Transcripción da Embarque de refuxiados españois no porto de Sètes (Francia) cara a México, 1939 en 00/00/1939Fuxir por Francia foi nos anos da guerra unha saída para os españois que escapaban da violencia e da represión. Pero o grande aluvión de refuxiados en 1939 fixo que as autoridades francesas quedasen desbordadas e promulgasen leis bastante restritivas para a acollida. Os exiliados foron internados en campos de concentración, nun primeiro momento nos de Argelès-sur-Mer e Saint-Cyprien, onde tiveron que soportar unhas condicións moi precarias, sen hixiene, sen apenas comida nin medicamentos e vivindo amoreados en barracóns feitos por eles mesmos. A única saída que tiñan era volver a España, algo imposible para moitos deles, ou intentar entrar nas listas de pasaxeiros dalgún barco fretado por países defensores da causa republicana, como México ou Chile.
|
| 1939-00-00 | Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969) |
Ver
Transcripción da Ramón Rey Baltar, Padrón (1882) - Gerli, Arxentina (1969) en 00/00/1939Este médico de profesión emigrou a Bos Aires en 1914 e integrouse en varias asociacións da colectividade. Moi vinculado coa defensa da República e do galeguismo, en 1939 a Central Galega d'Axuda ao Frente Popular Hespañol publicou este poemario que trata o drama da Guerra Civil e as terribles consecuencias que están a sufrir os partidarios da República. A gaita a falare está considerado o primeiro libro galego de poesía civil no exilio e conta con ilustracións de Castelao, Manuel Colmeiro e Luís Seoane, autor desta ilustrativa cuberta. Os beneficios da súa venda foron destinados á compra de víveres e roupa para enviar ás forzas republicanas.
|
| 1939-00-00 | Carné de socio do Centro Galego da Habana do mariñeiro de Redes José Pazos Deus, 1939 |
Ver
Transcripción da Carné de socio do Centro Galego da Habana do mariñeiro de Redes José Pazos Deus, 1939 en 00/00/1939A miúdo, se tiñan posibilidades, os emigrantes galegos, tamén os aresáns, facíanse socios das grandes sociedades benéficas galegas creadas na illa: a Beneficencia de Naturales de Galicia e/ou o Centro Galego da Habana. Estas grandes entidades ofrecíanlles os servizos sanitarios, educativos e benéficos que precisaban para vivir con tranquilidade en Cuba. Grazas ao Centro Galego podían, en caso de continxencia, acceder a uns servizos médicos de primeira calidade. Nuns traballos tan duros como os de mariñeiro ou pescador era moi necesaria esa cobertura sanitaria. Tamén contaban cunha sección de educación que lles permitía asistir a clases nocturnas, ben para aprender a ler e escribir, ben para ampliar os seus estudos, co fin de así ascender na súa profesión, como por exemplo conseguir o título de patrón.
|
| 1939-00-00 | Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939 |
Ver
Transcripción da Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido, 1939 en 00/00/1939Esta sociedade foi fundada na Habana en 1907 polos emigrantes naturais do concello de Cerdido baixo o nome de Pila Ancha. Fomentar a instrución na súa terra natal e facilitar a unión entre os seus asociados foron dúas das razóns da súa creación. Os seus fins están recollidos no seu primeiro regulamento (1908): «sus fines exclusivos serán fomentar y propagar la enseñanza entre los moradores o habitantes de Cerdido y de las aldeas limítrofes, si fuera posible. A este efecto se abrirán dos escuelas de primera enseñanza, una que funcionará en la parroquia de San Martín de Cerdido y otra en San Antonio de la Barquera». Entre os socios fundadores figuraban: José Piñón Abella, Secundino Candorcia, José Rodríguez, Andrés García Amador, Manuel Durán, José Lamigueiro, Severino T. Solloso, Carlos Bouso, José Couto, Vicente Sueiras, José García Peña, Eduardo Fraguela, José Martínez Piñón, Benito Peña, Manuel Gallego, Tomás Pita, José Candales, Faustino López, Guillermo López, José Pajón, Generoso López Valiño, Antonio Candales (primeiro presidente social), Vicente Candales Piñón, Eliseo García, Vicente Rodríguez Piñón, Benigno López, José Martínez Rodríguez, José Bellón Coba, Benigno Villadóniga, José López, Manuel Villar e Vicente López.
|
| 1939-05-25 | Saída de refuxiados cara a México no buque Sinaia, 1939 |
Ver
Transcripción da Saída de refuxiados cara a México no buque Sinaia, 1939 en 25/05/1939O 13 de xuño de 1939, este buque chegou a México con case 1600 refuxiados españois. Foi a primeira das numerosas viaxes con exiliados que chegaron a América neses anos.
|
| 1939-12-30 | Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939 |
Ver
Transcripción da Carta de Carlos Tobío Fernández aos seus pais, 1939 en 30/12/1939Nesta carta, Carlos Tobío relátalle á súa familia as difíciles circunstancias da súa saída de España ata chegar a Cuba, onde por fin se reunira con seu irmán Lois. Grazas a ter uns tíos emigrantes na illa, estes irmáns conseguen permiso de entrada en 1939. De todos os modos, o Goberno cubano poñíalles numerosas trabas burocráticas para exercer a súa profesión aos refuxiados republicanos, polo que a súa estadía alí foi ás veces un paso previo cara a outros países máis receptivos, tal foi o caso dos irmáns Tobío Fernández, que marchan a México, ou de José Rubia Barcia, que acaba instalándose nos Estados Unidos. |
| 1940-00-00 | Coral Os Rumorosos do Centro Betanzos de Bos Aires, 1940 |
Ver
Transcripción da Coral Os Rumorosos do Centro Betanzos de Bos Aires, 1940 en 00/00/1940A gran maioría das sociedades de emigrantes galegos creaban, nas súas filas, corais e grupos de música tradicional galega, integrados polos socios. Algúns destes grupos alcanzaban moita sona e participaban nas numerosas festas e reunións culturais e artísticas organizadas polas distintas entidades e asociacións. Recreábase así a tradición musical da patria e difundíanse moitas das obras musicais feitas en Galicia e na emigración.
|
| 1940-00-00 | Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 |
Ver
Transcripción da Socias do Centro Recreativo del Partido de Becerreá nun pícnic, anos 40 en 00/00/1940Esta entidade, fundada en 1927, axiña pasou a formar parte da Federación de Sociedades Gallegas, coa que compartía ideario republicano e agrarista. Foi creada como unha institución recreativa e un centro de cultura e protección para os seus asociados. Para eles era primordial a unión e sociabilidade dos seus membros, tal como acreditaba o seu lema «unidad y confraternidad».
|
| 1940-04-19 | Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940 |
Ver
Transcripción da Postal enviada por Castelao durante unha estadía en Estados Unidos, 1940 en 19/04/1940En xullo de 1936 Castelao atopábase en Madrid presentando nas Cortes o Estatuto de autonomía de Galicia, que acababa de ser aprobado polo pobo galego. Isto salvou a súa vida. Durante a guerra foi comisionado polo Goberno republicano para participar en viaxes de propaganda á Unión Soviética, Estados Unidos e Cuba. |
| 1941-00-00 | Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941 |
Ver
Transcripción da Conmemoración do aniversario da República nun acto multitudinario organizado pola Federación no Teatro Avenida, 1941 en 00/00/1941A FSG celebraba numerosas actividades en que participaban activamente os socios, ben para escoitar mitins de políticos ou persoeiros afíns e como unha maneira de difundir o seu ideario, ben para recadar fondos cos que financiar as súas numerosas actividades a prol dos refuxiados. Cada ano organizaban festivais para conmemorar datas significativas, como o Día de Galicia ou o aniversario da República, e tamén comidas de camaradaría, romarías e festas campestres, bailes familiares etc., reunións coas que afianzaban a unión dos socios. Nestes actos, difundidos no voceiro social, actuaban artistas da colectividade como Maruxa Villanueva, José Vales ou o actor Fernando Iglesias "Tacholas", grupos societarios de coros e danzas, gaiteiros etc.
|
| 1941-00-00 | Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941 |
Ver
Transcripción da Un Día de Galicia no trópico habaneiro. Festa de Santiago Apóstolo, A Habana, 1941 en 00/00/1941Programa festivo da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, con motivo da celebración da Festa de Santiago Apóstolo. Na organización desta tradicional conmemoración do Día de Galicia tamén adoitaban participar todos os compoñentes artísticos da Sección de Belas Artes do Centro Galego da Habana. A dita festa tiña lugar cada 25 de xullo no Gran Teatro Nacional, onde se celebraban funcións teatrais e musicais, como a actuación do coro típico galego da Agrupación Artística Gallega, que amenizaban a citada conmemoración, ao mesmo tempo que se recadaban fondos destinados para os socios máis necesitados.
|
| 1941-01-28 | Ficha de inmigración do goberno mexicano de Lois Tobío Fernández, 1941 |
Ver
Transcripción da Ficha de inmigración do goberno mexicano de Lois Tobío Fernández, 1941 en 28/01/1941Lois Tobío Fernández, diplomático, escritor e político galego, formou parte do Goberno republicano e tivo que exiliarse en 1938. Tras o seu paso pola Habana, onde conseguiu dar algúns cursos na universidade recomendado polo mesmo Castelao, marcha a México onde comeza a traballar como profesor no Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Pouco despois trasládase a Uruguai, país de nacemento da súa muller, onde ambos se asentaron durante vinte anos, ata o seu retorno a España en 1961. |
| 1941-11-08 | Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 |
Ver
Transcripción da Estatutos polos que se rexe a sociedade Naturales de Ortigueira, A Habana, 1941 en 08/11/1941Esta asociación fundouse en 1928, cando comezaba a decaer o agromar societario. Contou ademais coa particularidade de ser creada como unha sociedade de beneficencia e protección mutua, sen incluír a finalidade instrutiva. Isto quizais se debeu a que practicamente cada parroquia do concello de Ortigueira contaba xa cunha asociación que financiara a construción e mantemento de magníficos edificios escolares por todo o municipio. Xa dende moi cedo os e as naturais deste concello residentes na Habana constituíron varias asociacións instrutivas de ámbito parroquial, como a Sociedad de San Adrián, fundada en 1905; La Devesana, en 1907; Puente de Mera, en 1911; San Claudio, en 1912; El Progreso del Yermo, en 1914; Hijos de San Julián de Senra, en 1916, e Hijos de Santa María de Mera, en 1917. |
| 1942-00-00 | Un descanso asegurado. Cemiterio Cristóbal Colón, A Habana, 1942 |
Ver
Transcripción da Un descanso asegurado. Cemiterio Cristóbal Colón, A Habana, 1942 en 00/00/1942Baixo a presidencia de José Moure y Saco adquiriuse o terreo do que chegaría a ser o panteón social da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, concretamente no ano 1933, no emblemático Cemiterio Cristóbal Colón. O comezo das obras tivo lugar dous anos máis tarde e finalizou en 1936 baixo a presidencia de Juan Varela Grande. Debido a que o número de asociados ía en aumento, a sociedade viuse na necesidade de mercar un terreo anexo en 1940, onde se fixeron as obras de ampliación, que rematarían en 1941. |
| 1943-00-00 | Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943 |
Ver
Transcripción da Banquete de camaradaría da Federación de Sociedades Galegas, 1943 en 00/00/1943Na mesa do fondo podemos ver, presidindo o acto, a Xerardo M. Díaz, secretario xeral da FSG, e a Antón Alonso Pérez, director da S.A. Alborada; á súa beira, Francisco Pérez Leiro, deputado nacional arxentino. Alonso Pérez foi outra das figuras destacadas no seo da FSG. Socio e presidente da sociedade de Nogueira de Ramuín, ingresou en 1932 na Federación pola lista do líder nacionalista Manuel Cao Turnes. Declarado socialista e galeguista, participou en diversas executivas co cargo de tesoureiro e foi secretario xeral nos anos 1955-1956, 1958-1959. Foi un dos principais xestores da compra da sede social en Chacabuco e participou nos anos 40 e 50 como orador en numerosos actos e homenaxes.
|
| 1944-00-00 | Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944 |
Ver
Transcripción da Acta fundacional do Consello de Galiza, 1944 en 00/00/1944O 15 de novembro de 1944 constitúese en Montevideo o Consello de Galiza, como un intento de manter a lexitimidade republicana e a reivindicación do autogoberno galego, pois o Estatuto de autonomía, plebiscitado poucas semanas antes do levantamento militar, non chegou a entrar en vigor. Participaban nel como persoeiros os catro deputados galegos das Cortes republicanas, todos eles no exilio: Castelao (quen foi o seu primeiro presidente ata a súa morte en 1950), Antón Alonso Ríos, Elpidio Villaverde e Ramón Suárez Picallo. Aínda que non todo o exilio o aceptou como representativo, polo excesivo protagonismo dos galeguistas, entre as colectividades americanas tivo unha grande acollida. A súa principal preocupación foi manter viva a memoria do galeguismo e a defensa dos dereitos políticos de Galicia ante os gobernos republicanos e as outras comunidades como a catalá e a vasca. |
| 1944-00-00 | Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944 |
Ver
Transcripción da Exiliados galegos no barco Marqués de Comillas viaxando cara a Cuba, 1944 en 00/00/1944Na fotografía podemos ver un grupo de refuxiados galegos camiño do exilio. Na primeira liña, á esquerda, está María Araújo Martínez, máis coñecida como "María a guerrilleira". A nena é a súa filla, Dora Carcaño, quen se convertería nunha figura destacada da revolución cubana. Están tamén a parella formada por Ascensión Concheiro e Francisco Comesaña, cuxa vida serviu de inspiración a Manolo Rivas para o seu libro O lapis do carpinteiro.
|
| 1944-00-00 | Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944 |
Ver
Transcripción da Socios e directivos da sociedade de Boiro nunha recepción a Castelao na sede da Federación. Ca. 1944 en 00/00/1944O labor de axuda e apoio a causa republicana da FSG foi salientado por Castelao en varios dos seus discursos. Castelao era considerado pola colectividade como o símbolo espiritual da patria e era recibido con entusiasmo en todas as súas visitas ás asociacións galegas. Os e as emigrantes acudían masivamente aos actos públicos nos que participaba. Como delegado do Centro Orensano participou no Congreso federal de 1942. Aínda que mantiña unha boa relación persoal con varios dirixentes da FSG como Alfredo Baltar ou Alonso Ríos, existían diferencias ideolóxicas de cara á política da República no exilio, pois a FSG non compartía a preeminencia do Partido Galeguista. A creación do Consello de Galiza en novembro de 1944 xerou novas diverxencias, aínda que sempre existiu unha liña aberta de diálogo e boa vontade tanto por parte da Federación como de Castelao.
|
| 1944-00-00 | Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944 |
Ver
Transcripción da Integrantes do Comité de Damas da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, correspondente ao ano 1944 en 00/00/1944No voceiro social da entidade, La Vida Gallega en Cuba, publicábase en todos os números a fotografía dos membros dos comités de damas. Estaban integrados polas socias máis relevantes, moitas delas eran esposas, viúvas ou fillas dos directivos. Elas encargábanse de organizar actividades festivas e recreativas para a recadación de fondos e poder levar a cabo as diversas axudas aos máis necesitados ou para o mantemento do panteón social. Daban ademais prestixio á entidade participando en numerosos actos recreativos e filantrópicas da colectividade.
|
| 1944-00-00 | Carné de socia que acredita a pertenza a unha asociación, 1944 |
Ver
Transcripción da Carné de socia que acredita a pertenza a unha asociación, 1944 en 00/00/1944Moitas das sociedades microterritoriais eran pola súa vez socias das grandes entidades da illa, tanto do Centro Galego da Habana como da Beneficencia de Naturales de Galicia, que podían ofrecer beneficios máis amplos na asistencia sanitaria ou na axuda mutua. Un dos deberes dos socios era o pago da cota, o que se acreditaba co carné correspondente para así poder acceder aos servizos sociais e recreativos das pequenas asociacións, pero tamén aos que ofertaba o Centro Galego ou a Beneficencia. Esta dobre vertente favorecía aos emigrantes, que tiñan así cubertas todas as posibles carencias na sociedade de acollida. |
| 1944-00-00 | Unión Residentes de Santiago de Compostela, 1944 |
Ver
Transcripción da Unión Residentes de Santiago de Compostela, 1944 en 00/00/1944A creación desta asociación de emigrantes galegos remóntase ao ano 1929, cando os galegos naturais da comarca de Santiago de Compostela residentes en Arxentina decidiron xuntar inquietudes e desexos de compartir celebracións e de preservar os seus patróns culturais de orixe. Chegaron a editar a Revista Compostela como medio de divulgación cultural, na que contaron coa participación de destacados persoeiros da cultura galega como, por exemplo: Arturo Souto, Avelino Díaz, Leandro Pita Romero, Ramón Rey Baltar, Gumersindo Sánchez Guisande, Leandro Pita Romero ou Manuel Roel. |
| 1945-00-00 | Homenaxe da colectividade galega ao diplomático uruguaio José María Perelló con presenza de Castelao, 1945 |
Ver
Transcripción da Homenaxe da colectividade galega ao diplomático uruguaio José María Perelló con presenza de Castelao, 1945 en 00/00/1945Castelao realizou varias visitas a Uruguai. En 1940, de camiño a Arxentina, fixo escala en Montevideo, onde recibiu unha cálida homenaxe por parte da colectividade galega alí asentada. En abril de 1943 regresou xunto a Antón Alonso Ríos e Elpidio Villaverde, integrando a delegación galeguista nun acto a prol da República. Será tamén Montevideo onde se faga a presentación do Consello de Galiza.
|
| 1945-08-17 | Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 |
Ver
Transcripción da Homenaxe da colectividade galega de Bos Aires a Alexandre Bóveda, 1945 en 17/08/1945Castelao era o símbolo da loita e defensa do galeguismo. Cada un dos seus actos políticos e artísticos eran seguido e apoiado polos galegos residentes alén mar.
|
| 1946-00-00 | «Reinado de la Simpatía» Nova York, 1946 |
Ver
Transcripción da «Reinado de la Simpatía» Nova York, 1946 en 00/00/1946No ano 1924 o xornal New York Times describía nunha das súas columnas varias características da colectividade española residente na cidade, destacando o papel das distintas sociedades de emigrantes en función da súa procedencia e resaltando que cada grupo tiña o seu propio centro, onde se organizaban comidas tradicionais, bailes e representacións teatrais. Un dos eventos máis esperados polos socios e socias da Casa de Galicia de Unidad Gallega sempre foi a elección da Raíña das Flores e as súas damas de honor. As tres mozas elixidas representaban a «glorificación» da xuventude feminina na colonia galega residente en Nova York.
|
| 1946-03-29 | A reagrupación familiar como unha das causas da emigración feminina |
Ver
Transcripción da A reagrupación familiar como unha das causas da emigración feminina en 29/03/1946Antonia, como tantas mulleres mariñás, emigra á illa de Cuba en 1937 acompañada da súa nai Eusebia. Por fin ían reunirse co pai, que marchara para A Habana nos anos 20 e traballaba como mariñeiro nos barcos que facían a ruta A Habana-Florida. Tras uns anos de duro traballo, Antonio consegue ter unha certa posición económica e manda ir á súa familia. O ano en que Antonia e Eusebia inician o proceso migratorio é tamén sintomático, a Guerra Civil e a situación económica e social da Galicia deses anos levan a moitos galegos e galegas a fuxir ou cando menos a buscar mellores perspectivas de futuro alén mar. Ao chegar á illa, debían inscribirse no Consulado de España na República de Cuba para poder manter a nacionalidade española. En 1948, por problemas de saúde, nai e filla regresan a Rinlo, a parroquia de Ribadeo de onde partiran había 11 anos. O pai continúa en Cuba ata 1965. Cun pé en ambos os dous mundos, o choque cultural e social debeu ser importante para elas, pero a adaptación no país caribeño foi máis sinxela grazas á presenza de numerosos familiares e veciños que residían alí. |
| 1946-07-30 | Carta da directiva da SBNG a unha beneficiaria dun auxilio póstumo, 30 de xullo de 1946 |
Ver
Transcripción da Carta da directiva da SBNG a unha beneficiaria dun auxilio póstumo, 30 de xullo de 1946 en 30/07/1946Nesta carta solicítase a María Grueiro de la Maza, filla dun socio falecido, unha serie de documentos que acrediten a súa identificación así como que o seu pai estaba ao día no pago das cotas sociais para poder percibir a axuda tras a súa morte. Tal e como se recolle nos estatutos sociais, serán beneficiarios deste auxilio as nais, viúvas ou viúvos e fillos menores de ambos os sexos, que acrediten atoparse sen recursos e imposibilitados para o traballo, segundo considere a xunta directiva. A cantidade será en función da antigüidade do asociado, cun máximo de 15 pesos mensuais.
|
| 1947-00-00 | Audición Recordando a Galicia. 1947 |
Ver
Transcripción da Audición Recordando a Galicia. 1947 en 00/00/1947Este programa radiofónico fundárono en Bos Aires en 1945, baixo os auspicios de Castelao e do Centro Betanzos, Maruxa Boga, o actor Fernando Iglesias "Tacholas" e o xornalista Alfredo Aróstegui. Todos eles aparecen fotografados xunto co gaiteiro Manuel Dopazo, os acordeonistas Moreiras, o poeta Avelino Díaz e membros da Coral "Terra Nosa" do Centro Orensano durante unha emisión.
|
| 1948-00-00 | Jovita Pérez cos seus tres fillos e familiares en Portugal. 1948 |
Ver
Transcripción da Jovita Pérez cos seus tres fillos e familiares en Portugal. 1948 en 00/00/1948A partir de 1946 van ser posibles novas saídas de exiliados e/ou das súas familias, que ademais marchan forzados pola situación política e social, pero tamén para reunirse cos seus.
|
| 1948-07-00 | Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) |
Ver
Transcripción da Golada. Boletín editado por la sociedad del Ayuntamiento de Golada (Bos Aires, 1948) en 00/07/1948Moitas das asociacións microterritoriais en América publicaban xornais e boletíns para manter informados das súas actividades aos socios. Moitas tiñan unha tirada pequena e se cadra non contaban con colaboracións tan destacadas; eran froito do traballo e ilusión dun grupo de socios que conseguían editar anualmente un boletín ou unha revista de menos páxinas pero que lograba o seu obxectivo: informar do acontecer societario e manter presentes os costumes e tradicións das súas vilas natais na memoria colectiva dos seus socios e socias. Este boletín é un exemplo deles, publicado con motivo da conmemoración do 18º aniversario da fundación da asociación editora. Nas súas páxinas dábase conta aos socios das diversas actividades realizadas durante ese ano e publicábase a memoria e a contabilidade social correspondente. Ademais, aparecen reproducidos algúns poemas e textos literarios e predominan os artigos sobre a súa vila natal. Para financiarse aparecen numerosos anuncios de negocios de galegos, moitos deles nacidos en Agolada, nunha campaña de publicidade para dar a coñecer aos paisanos a súa actividade e bo facer.
|
| 1948-08-22 | Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
|
Ver
Transcripción da Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
|
| 1948-09-09 | A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 |
Ver
Transcripción da A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 en 09/09/1948Na fotografía vemos o Coro Castelao, integrado polos socios e socias de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo, durante a gravación do Himno a Rianjo, escrito polo xornalista e músico José Arcos Moldes. Este himno era música obrigada nas festas organizadas por esta asociación de rianxeiros e rianxeiras en Arxentina.
|
| 1949-00-00 | Aguinaldo de Noiteboa, A Habana, 1949 |
Ver
Transcripción da Aguinaldo de Noiteboa, A Habana, 1949 en 00/00/1949A chamada Festa do Aguinaldo era celebrada antes do Nadal, co fin de recadar donativos en efectivo e en especies para os paisanos máis necesitados. Destacados membros dos sectores comerciais e sociais facían xenerosas contribucións que se convertían en espléndidos aguinaldos, polo menos durante as tradicionais Pascuas. Os donativos en especies eran proporcionados por membros da colectividade que, en xeral, tiñan o seu propio negocio ou empresa. Como exemplo das ditas especies temos: caixas de leite, queixo, aceite, arroz, figos, barras de goiaba, fariña de millo, azucre, noces, garavanzos, xudías, chícharos, café, viño doce, xabón ou tabaco.
|
| 1949-06-21 | Documento de chamada para emigrar a Arxentina, 1949 |
Ver
Transcripción da Documento de chamada para emigrar a Arxentina, 1949 en 21/06/1949Unha das vías máis empregadas para poder emigrar alén mar era a carta de chamada. Un amigo, un veciño ou un familiar, neste caso a súa irmá, reclaman ao emigrante e comprométense a conseguirlle traballo e un lugar onde vivir. Delia chama ao seu irmán José Luis para que poida emigrar e asentarse no país. Un ano despois el fará o mesmo coa súa muller e co seu fillo, aos que reclama. José traballou como xefe de recepción do Hotel España en Mar del Plata e como fotógrafo; a súa muller Carmen foi modista e costureira. Alí, e anos despois en Bos Aires, formaron unha fermosa familia. |
| 1950-00-00 | Familia galega en Mar del Plata, 1950 |
Ver
Transcripción da Familia galega en Mar del Plata, 1950 en 00/00/1950José Luis posa coa súa muller e co seu fillo, que acaban de chegar de España (no centro), e coas súas dúas irmás, Sara e Delia. A familia, coma tantas outras familias galegas, xa protagonizara unha experiencia migratoria anterior. Sara e Delia naceron en Arxentina e de moi pequenas viñeron para Ourense, de onde eran naturais seus pais. Alí naceu o seu irmán. Tras a Guerra Civil, a represión e as dificultades económicas obríganas a volver emigrar a Arxentina. Ao nacer alí non tiveron impedimentos para entrar no país e comezar unha nova vida. Anos máis tarde reclaman a seu irmán, que emigra a Mar del Plata en 1949. Ao ano seguinte María del Carmen, a súa muller, xunto co seu fillo conseguen reunirse con el.
|
| 1950-00-00 | Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950 |
Ver
Transcripción da Carta do secretario xeral da Federación ás sociedades federadas, 1950 en 00/00/1950Xerardo M. Díaz escribe as entidades que forman parte da Federación para que intenten atraer cara ás súas filas os numerosos emigrantes que na década dos 40-50 estaban vindo ao país. Segundo a súa premisa, ao chegar debían asociarse á Federación para deixar de lado os postulados franquistas e adoptar o ideario republicano e democrático que se defendía. Durante o franquismo a FSG continuou realizando actividades de apoio ás políticas antifranquistas e á loita guerrilleira, denunciando con campañas na prensa a situación dos presos políticos e a represión da ditadura. |
| 1950-00-00 | La Vida Gallega en Cuba. Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 25 de xullo de 1950 |
Ver
Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, 25 de xullo de 1950 en 00/00/1950Revista societaria que recolle información sobre temas e actividades da entidade promotora e sobre Galicia (cultura, lingua, historia etc.). Ademais pódense atopar balances financeiros, listaxes nominativas dos contribuíntes, informes sobre o labor social, a distribución de axudas, acordos das Xuntas xerais e directivas etc. Inclúese tamén unha listaxe nominativa das persoas inhumadas no panteón, ofrecendo o nome, idade, data de inhumación e a súa procedencia (cando son galegos identifícase o concello e a provincia).
|
| 1950-00-00 | As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 |
Ver
Transcripción da As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 en 00/00/1950As Grandes Festas Campestres son ben coñecidas pola colectividade galega residente en Bos Aires debido á súa amenidade e boa organización. Na sede de Vicente López, coñecida como Campo Corcubión, organízase unha gran cantidade de actos de índole variada. A Comisión de Festas, xunto coa de Damas e demais socios voluntarios, traballa cóbado con cóbado na organización dos diferentes eventos, co fin de alcanzar unha maior comodidade e entusiasmo por parte das socias, socios e demais simpatizantes da ABC del Partido de Corcubión. Moitas persoas concorren cada ano aos pícnics, ceas de camaradaría e festivais musicais, entre outras moitas actividades. As celebracións son máis rechamantes na tempada de verán, nas que non faltan as cantareiras e o seu emblemático grupo de música tradicional Alborada. |
| 1950-00-00 | Lunch de celebración de fin de curso organizado pola comisión directiva da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 |
Ver
Transcripción da Lunch de celebración de fin de curso organizado pola comisión directiva da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 en 00/00/1950A profesora de costura, corte e confección Elsa Martínez Santos celebra a fin de curso xunto ás súas alumnas. A comisión directiva agasalla ao grupo cun sinxelo ágape e un pouco de música para celebrar o dito acontecemento. Un exemplo das famosas «Notas Gráficas» publicadas na revista Alborada, na que se dá conta das actividades formativas e da vida social que delas se desprende, a través da organización de grandes e tamén pequenas celebracións como a que ilustra esta imaxe, que reflicte a satisfacción de ter rematada a tarefa de capacitación levada a cabo pola directora deses cursos.
|
| 1950-00-00 | Memoria social do ano 1950, Bos Aires, 1951 |
Ver
Transcripción da Memoria social do ano 1950, Bos Aires, 1951 en 00/00/1950A revista Alborada, no seu empeño en ter a todas as socias e socios ben informados sobre o funcionamento da ABC del Partido de Corcubión, publica desde os seus inicios as convocatorias ás asembleas de socios. No artigo 22 dos estatutos da entidade inclúese o proceso de citación para as ditas asembleas, tanto ordinarias como extraordinarias, para o cal eran indispensables as circulares impresas remitidas a domicilio e a súa publicación no órgano xornalístico representativo da asociación. Estas convocatorias adoitan ir acompañadas pola Memoria na que a comisión directiva rende contas das súas accións desenvolvidas durante o ano anterior. Temos aquí un exemplo da Memoria correspondente ao ano 1950, na que se referencian as principais actividades, traballos realizados para a ampliación e mellora das instalacións no Campo Corcubión etc. O estado de solidez económica da entidade é outro punto que se desenvolve nesta dita Memoria anual, que inclúe a xustificación de gastos extra efectuados. |
| 1950-10-28 | Celebración do X aniversario fundacional da Casa de Galicia de Unidad Gallega de Nova York, 28 de outubro de 1950 |
Ver
Transcripción da Celebración do X aniversario fundacional da Casa de Galicia de Unidad Gallega de Nova York, 28 de outubro de 1950 en 28/10/1950A comezos de 1940 varias das asociacións de emigrantes galegos en Nova York desapareceran ou estaban en declive. O antigo Centro Galicia fora absorbido pola Sociedad de Beneficencia Española, e o Frente Popular Antifascista Gallego (FPAG) –que tivo un papel destacado na defensa da República española durante a Guerra Civil, a través de numerosos envíos de axuda ao bando republicano e da realización de importantes campañas a prol da causa republicana– co final da Guerra Civil perdera o seu papel no seo da colectividade. A figura de Castelao foi clave na idea de crear unha nova asociación étnica que integrase a todos os e as galegas que residían na cidade. En setembro dese ano, pouco despois da marcha do líder galeguista, un grupo de galegos, moitos deles exiliados políticos, entre os que podemos citar a Emilio González, Amado Rincón, Ramón Rodríguez, José Zapata, Dolores López ou Reynaldo Mariña, reúnense para crear a Casa de Galicia, denominación que cambia por mor das autoridades americanas e aparece inscrita como Unity Gallega of the United States.
|
| 1951-05-11 | Certificado de antecedentes penais e boa conduta para poder emigrar, 1951 |
Ver
Transcripción da Certificado de antecedentes penais e boa conduta para poder emigrar, 1951 en 11/05/1951Para poder saír de España, os emigrantes tiñan que lidar cunha forte burocracia que lles esixía conseguir numerosos documentos que acreditasen a súa filiación, a súa boa saúde e a súa irreprochable conduta como cidadáns, e así poder entrar no país de acollida de maneira legal. Toda esta documentación debía ser presentada ante o consulado do país correspondente para que este emitise a documentación de entrada do emigrante. Un dos certificados que se precisaba era o de antecedentes penais, emitido pola garda civil, que acreditaba a boa conduta "moral, pública e privada" do emigrante e que non tiña antecedentes político-sociais, algo esencial ante o Goberno franquista pero tamén esixido polo país de acollida. |
| 1952-00-00 | Celebración dun acto cultural no Teatro Avenida de Bos Aires, 1952 |
Ver
Transcripción da Celebración dun acto cultural no Teatro Avenida de Bos Aires, 1952 en 00/00/1952A colectividade emigrante era convocada ao longo do ano polas asociacións para asistir aos diversos actos culturais organizados a prol da cultura galega. Neses actos destacaban as actuacións musicais dos diversos grupos societarios, así como representacións teatrais de obras escritas en galego ou con temática popular galega, festivais de poesía, etc.
|
| 1952-08-00 | Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952 |
Ver
Transcripción da Eduardo Blanco-Amor nunha viaxe a Caracas. O terceiro pola dereita, de pé, é Xosé Velo. 1952 en 00/08/1952Xunto a Blanco-Amor, están os exiliados galegos Pepe Velo, Juan Noya Gil e Mariano Otero Castelao. Tamén aparece Manuel Meilán (á beira de Velo), que foi presidente da Irmandade Galega de Venezuela.
|
| 1953-00-00 | Estatística migratoria elaborada polo Consulado de Uruguai en Vigo, 1953 |
Ver
Transcripción da Estatística migratoria elaborada polo Consulado de Uruguai en Vigo, 1953 en 00/00/1953Para poder entrar no país, os e as emigrantes tiñan que presentar unha serie de documentos ante o consulado do país ao que se desexaba emigrar. Este expediente acredita de maneira moi visual as profesións declaradas polos emigrantes que marchaban cara a Uruguai en 1953. Podemos ver como é moi similar o número de homes e mulleres emigrantes. O elevado número de mulleres e menores débese ao reagrupamento familiar; o marido e pai xa asentado no país reclama a súa familia para estar xuntos. En canto ás profesións, aínda que predominan os e as labradoras, aparecen outras solicitadas para traballar nas fábricas ou na construción, como electricistas, chapistas, canteiros, albaneis, mecánicos, carpinteiros, vidreiros, ferreiros..., e algunhas máis cualificadas, como oficinistas, técnicos de radio, comadroas, dentistas etc. Tamén está presente o sector da hostalaría con camareiros, panadeiros ou cociñeiros. En canto aos oficios considerados femininos, aparecen desagregados as serventas e as modistas, aínda que, se temos en conta os números, moitas delas non aparecen reflectidas, seguramente por declarar que "non traballan" ou que realizan "os seus labores".
|
| 1953-06-01 | Canteiros galegos traballando nunha obra en Santos, 1953 |
Ver
Transcripción da Canteiros galegos traballando nunha obra en Santos, 1953 en 01/06/1953Moitos emigrantes da provincia de Pontevedra chegan a Brasil e alí exercen oficios tradicionais da súa terra, como canteiros ou ferreiros. Nos anos 50 o país vive un momento de gran crecemento e desenvolvemento industrial que fai que sexan necesarias a construción de infraestruturas esenciais para o seu despregamento económico. Os galegos traballan neste sector, moitas veces en duras condicións e sufrindo os rigores climáticos, pero con bos soldos que lles permiten mandar cartos ás súas familias en Galicia ou crearen alí un novo fogar.
|
| 1953-09-18 | Díptico do Ateneo Cultural Curros Enríquez co programa da celebración dun acto artístico-cultural en homenaxe ao poeta, 1953 |
Ver
Transcripción da Díptico do Ateneo Cultural Curros Enríquez co programa da celebración dun acto artístico-cultural en homenaxe ao poeta, 1953 en 18/09/1953A figura de Manuel Curros Enríquez permaneceu ao longo do tempo como un dos símbolos identitarios da cultura galega. Numerosas asociacións e agrupacións levaron o seu nome e arredor da súa figura celebráronse numerosos actos de homenaxe e difusión da súa obra entre a colectividade. |
| 1954-00-00 | Festa de benvida a Francisco Fernández del Riego na súa primeira viaxe a Bos Aires, 1954 |
Ver
Transcripción da Festa de benvida a Francisco Fernández del Riego na súa primeira viaxe a Bos Aires, 1954 en 00/00/1954No centro da imaxe podemos ver a Virxinia Pereira, viúva de Alfonso Castelao, quen era considerada pola colectividade galega en Arxentina como a depositaria da memoria e da defensa do ideario do seu home. Aparecen na fotografía Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos xunto coas súas donas, Virxinia Pereira, detrás dela está Manuel Puente, Maruxa Seoane, Francisco Fernández del Riego e a súa esposa, Evelina Hervella.
|
| 1954-00-00 | Romaría da sociedade Hijos de Buján no campo de recreo da Federación, 1954 |
Ver
Transcripción da Romaría da sociedade Hijos de Buján no campo de recreo da Federación, 1954 en 00/00/1954Aínda que a Federación organizaba diversas actividades sociais para manter a unión dos seus afiliados, as sociedades que a integraban facían pola súa vez moitas actividades festivas de maneira individual nas dependencias federativas ou no campo de recreo federal, como nesta foto. Manter vivos os vínculos de orixe e a sociabilidade entre os paisanos era moi importante para a colectividade emigrada.
|
| 1954-00-00 | Antón Zapata García, Laxe (1886) - Bos Aires (1953) |
Ver
Transcripción da Antón Zapata García, Laxe (1886) - Bos Aires (1953) en 00/00/1954Antón Zapata emigrou con 17 anos cara a Arxentina, onde transcorreu toda a súa vida, sempre estrañando a súa terra e o seu mar. Foi un dos grandes poetas da colectividade emigrada en Bos Aires. Á súa chegada comezou a compoñer versos e a escribir artigos, con preferencia de temas nacionalistas, nas principais cabeceiras da prensa da colectividade. Converteuse nun referente como poeta, participando asiduamente nos actos culturais das entidades galegas nos anos 30 e 40. En 1954, tras a súa morte, a editorial coruñesa Roel publica o seu único libro, A roseira da soidade. A edición estivo supervisada polo autor e consta de 72 poemas, de moi diversas épocas, algúns xa publicados en xornais pero corrixidos ou ampliados e outros moitos inéditos. O libro foi prologado por Ramón Otero Pedrayo e a cuberta é obra de Manuel Abelenda. A poesía de Antón Zapata está chea de referencias ao mar, aos mariñeiros e aos costumes da costa galega, nomeadamente da súa Costa da Morte natal.
|
| 1954-00-00 | Os socios colaboran na construción do seu campo de recreo, ca. 1954 |
Ver
Transcripción da Os socios colaboran na construción do seu campo de recreo, ca. 1954 en 00/00/1954A partir de 1940, co incremento de socios, a comisión directiva aluga un amplo predio na localidade de Vicente López, para destinalo á organización de actividades recreativas e lúdicas. Estas instalacións, con parrillas e un gran parque con árbores, enchíanse e énchense cos socios e socias e os seus convidados as fins de semana e na época estival. No Campo Corcubión teñen lugar numerosas festas campestres e asados, así como as diversas celebracións festivas da entidade como o seu aniversario, as festas patronais de cada concello ou os famosos «carnavales», de gran sona entre a colectividade galega de Bos Aires dos anos 50 e 60.
|
| 1954-00-00 | Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954 |
Ver
Transcripción da Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954 en 00/00/1954A Sección de Instrución e Cultura do Centro Galego ocupábase de que o alumnado do centro escolar obtivese a mellor e máis moderna formación académica posible facilitando todo o mobiliario e material pedagóxico necesarios para obter os mellores resultados. Tamén poñía á disposición do alumnado medios de transporte para poder acceder ao colexio. Así aparece reflectido na memoria escolar do curso 1954-1955, na que se congratulaba de ter «un magnífico e insuperable servicio de ómnibus nuevos para la mayor comodidad en el transporte de sus alumnos». Este servizo tamén era empregado nas numerosas excursións educativas e festivas que se organizaban durante o curso escolar.
|
| 1954-10-22 | Ficha consular de calificación expedida no Consulado de Brasil en Vigo, 1954 |
Ver
Transcripción da Ficha consular de calificación expedida no Consulado de Brasil en Vigo, 1954 en 22/10/1954Preciosa, igual que moitas outras emigrantes, chega cos seus dous fillos menores a Brasil reclamada polo seu marido, tal como aparece na ficha consular: "viaja para reunir-se com seu espôso de maneira permanente". O seu concello natal, Santa Comba, é un dos municipios de toda Galicia con maior densidade de poboación emigrada a Brasil. Unha alta porcentaxe das e dos emigrantes galegos asentados en Río de Xaneiro proceden desta zona de Galicia e dos seus concellos limítrofes, Negreira, A Baña e Val do Dubra. A gran maioría dedícase ao sector servizos e á hostalaría, moitos deles como propietarios de negocios hoteleiros, restaurantes, bares e pequenos comercios de alimentación, cos que acadaron unha boa posición económica. |
| 1955-07-00 | Díptico das actividades organizadas polos Centro Orensano e o Centro Pontevedrés para conmemorar o Día de Galicia, xullo 1955 |
Ver
Transcripción da Díptico das actividades organizadas polos Centro Orensano e o Centro Pontevedrés para conmemorar o Día de Galicia, xullo 1955 en 00/07/1955A celebración do Día de Galicia era unha data moi especial para a comunidade emigrada, que participaba en gran número nas diversas actividades organizadas polas asociacións e centros de emigrantes. Aquí vemos un exemplo dos diversos actos que tiñan lugar: ciclos de conferencias de destacados intelectuais da colectividade e tamén de escritores chegados de Galicia, exposicións de pintura galega etc. |
| 1955-11-05 | Estatutos da sociedade federada Residentes del Municipio de Porriño, 1955 |
Ver
Transcripción da Estatutos da sociedade federada Residentes del Municipio de Porriño, 1955 en 05/11/1955Esta sociedade creouse o 1 de xuño de 1938 pola fusión de varias entidades do concello do Porriño que existían en Bos Aires: Fomento de Porriño y su distrito, Unión Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño e Hijos de San Salvador de Budiño. |
| 1956-00-00 | Recital de poesía galega organizado polo Centro Galego de Bos Aires, 1956 |
Ver
Transcripción da Recital de poesía galega organizado polo Centro Galego de Bos Aires, 1956 en 00/00/1956Este recital foi dirixido por Eduardo Blanco-Amor, á esquerda, e nel participaron Fernando Iglesias “Tacholas”, Lita Soriano, Anita Fontas, Pilar Lebón e Lito López coa lectura de diversas obras de autores galegos.
|
| 1956-00-00 | Inauguración do Banco de Galicia en Montevideo, 1956 |
Ver
Transcripción da Inauguración do Banco de Galicia en Montevideo, 1956 en 00/00/1956O gran número de galegas e galegos asentados en Uruguai levou a uns cantos empresarios galegos –con Xesús Canabal á cabeza– a fundar este banco, que axiña se converteu na principal entidade financeira da colectividade galega deste país e tamén de moitos uruguaios polo seu bo facer. Ademais de funcionar como banco, financiou e promoveu numerosas iniciativas a prol da cultura galega no Río da Prata.
|
| 1956-00-00 | Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 |
Ver
Transcripción da Nadal entre parentes e paisanos, Lisboa, 1956 en 00/00/1956Como o resto das sociedades de emigrantes galegos no exterior, Xuventude de Galicia vén organizando desde a súa configuración as celebracións máis tradicionais e emotivas sinaladas cada ano. As festas do Nadal en compañía de familiares e paisanos alivian a distancia da terra de orixe e reforzan os lazos de confraternidade dentro da colectividade. Este tipo de celebracións adoitaban ser amenizadas pola agrupación coral e artística Anaquiños da Terra, con representacións teatrais e bailes para o divertimento dos socios e socias de todas as idades. |
| 1956-00-00 | Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) |
Ver
Transcripción da Alborada. Órgano del Centro Gallego de Barcelona (1956) en 00/00/1956O Centro Galego de Barcelona comeza a editar en 1948 esta revista como «portavoz oficial de nuestra entidad y un eco espiritual del basto mundo de la galleguidad y un balcón de cultura y de arte gallegos al que puedan asomarse los intelectuales amigos de Galicia». Dende esa data pasa por varias etapas editoriais ao longo dos anos: a primeira vai dende marzo de 1948 ata 1952; a segunda abarca dende xullo dese ano ata 1956; a terceira vai de 1961 a 1968; durante uns anos deixa de publicarse ata 1974, ano en que comeza a cuarta etapa; a quinta vai dende 1986 ata 1989 e en 1995 comeza de novo a súa andaina.
|
| 1956-07-00 | Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956 |
Ver
Transcripción da Reunión dos participantes do Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en Bos Aires, 1956 en 00/07/1956Aproveitando a celebración do primeiro centenario do Banquete de Conxo, o Consello de Galiza aprobou organizar un gran congreso da emigración galega. Convocaron aos máis destacados persoeiros galegos en América como representantes das colectividades a unhas xornadas que tiveron lugar en Arxentina. Este congreso tivo unha ampla repercusión e aprobáronse numerosas mocións editadas nunhas actas que se poden consultar no noso web.
|
| 1956-11-20 | Emigrantes galegos en Chimbote, 20 de novembro de 1956 |
Ver
Transcripción da Emigrantes galegos en Chimbote, 20 de novembro de 1956 en 20/11/1956A corrente migratoria de pescadores da Costa da Morte no Perú foi iniciada polo corcubionés Benigno Lago Estévez, quen se converteu nun grande empresario do sector pesqueiro deste país nos anos 40. Para el traballou un pequeno grupo de mariñeiros malpicáns exiliados da Guerra Civil e que estaban refuxiados na costa chilena, preto da fronteira con Perú. Moitos deles chamaron a familiares e veciños, que nos anos 50 foron instalarse na costa peruana. De esquerda a dereita, Luís Santiago, Pepe do Pián e Manuel García, naturais da comarca de Fisterra, xunto con dous compañeiros peruanos, posando diante do barco El Terrible. Pescaban anchoa para as fábricas de fariña de peixe, produto moi demandado como alimento para o gando e Perú foi unha potencia mundial na súa exportación.
|
| 1957-00-00 | Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957 |
Ver
Transcripción da Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957 en 00/00/1957Baixo o título de «Actividad cultural. Los cursos de “AGUEA”» podemos ler na revista Galicia Emigrante unha recensión da inauguración do curso de cultura galega que organiza a Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas. Esta sociedade foi fundada en Bos Aires o 22 de xuño de 1956 por un grupo de intelectuais galegos de gran prestixio no seo da colectividade emigrada, entre os que se atopaban Antonio Baltar —quen foi o seu primeiro presidente—, Eduardo Blanco-Amor, Xosé Núñez Búa, Emilio Pita, Xavier Bóveda, Rafael Dieste, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela. |
| 1957-02-11 | Certificado de nacionalidade dun emigrante galego residente en Uruguai, 1957 |
Ver
Transcripción da Certificado de nacionalidade dun emigrante galego residente en Uruguai, 1957 en 11/02/1957A embaixada de España en Montevideo certifica a nacionalidade deste emigrante galego que reside na capital uruguaia dende 1950, exercendo o seu oficio de cociñeiro. Todo emigrante español residente no estranxeiro estaba obrigado a rexistrarse na embaixada e debía renovar anualmente a súa cédula consular se quería manter a nacionalidade española. |
| 1957-08-10 | Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) |
Ver
Transcripción da Homenaxe a María Casares da Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) en Bos Aires (1957) en 10/08/1957A Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) homenaxeou a esta actriz galega durante a súa visita a Arxentina, como integrante da compañía Théâtre National Populaire. En Bos Aires representou varias obras no Teatro Colón con grande éxito. Para os emigrados galegos e do exilio a súa presenza supuxo unha fonda afirmación colectiva de defensa dos ideais republicanos e galeguistas e provocou diversas homenaxes á súa persoa.
|
| 1957-10-15 | Billete de pasaxe de emigrante para viaxar no transatlántico Santa Maria, 1957 |
Ver
Transcripción da Billete de pasaxe de emigrante para viaxar no transatlántico Santa Maria, 1957 en 15/10/1957No porto de Vigo embarcaban como pasaxeiros numerosos emigrantes galegos, que viaxaban na súa maioría en terceira clase, coma neste caso, mais tamén en segunda ou primeira, segundo as súas posibilidades económicas. |
| 1958-00-00 | Paseando por Caracas, 1958 |
Ver
Transcripción da Paseando por Caracas, 1958 en 00/00/1958Maximino emigrou a Caracas no ano 1957 e traballou como camareiro en diversos hoteis e restaurantes caraqueños. Un ano despois chegaron ao país a súa muller e a súa filla reclamadas por reagrupación familiar. Aquí o vemos posando coa nena nun lugar emblemático da capital venezolana e do patriotismo do país: o Paseo dos Próceres, que foi inaugurado durante a presidencia de Marcos Pérez Jiménez en 1956 e que se converteu nun lugar de encontro para todos os habitantes de Caracas.
|
| 1958-00-00 | Actuación do Coro da Federación durante a celebración do 37 aniversario fundacional, 1958 |
Ver
Transcripción da Actuación do Coro da Federación durante a celebración do 37 aniversario fundacional, 1958 en 00/00/1958Unha das datas máis emblemáticas ao longo dos anos foi a conmemoración do seu aniversario social. Nesta data organizaba, aínda hoxe o fai, numerosas actividades festivas, como unha comida de camaradaría e diversas actuacións nas que participan os coros e grupos de danza da FSG e das sociedades federadas.
|
| 1958-00-00 | Festa da Caridade da Beneficencia Galega, A Habana 1958 |
Ver
Transcripción da Festa da Caridade da Beneficencia Galega, A Habana 1958 en 00/00/1958Coñecida como a “Grandiosa Romería Gallega” era celebrada no xardín da cervexaría “La Tropical”. Trátase dunha festa moi concorrida que era convocada cada mes de abril. Os membros da colectividade galega na illa eran invitados para asistir a esta festa e pasar bos momentos entre familiares, amigos e demais paisanos. Coa compra da entrada non só quedaba asegurado o divertimento en momentos de ocio para lembrar as tradicións galegas da terra, senón tamén ese gran de area que axudaba a levar “consuelo a muchos infortunados”. A través deste evento, organizado pola SBNG, incrementábanse os fondos para a grande obra benéfica practicada con centenares de “infortunados sin alivio”. O desfile de automóbiles americanos, típicos e rechamantes polo seu deseño moderno e grandes dimensións, era característico. A madriña social da Benéfica e as súas damas de honor saudaban con agradable sorriso desde os flamantes coches coa capota recollida. A caravana partía do Centro Galego da Habana e percorría as rúas da capital ata chegar aos xardíns de “La Tropical”.
|
| 1958-00-00 | Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) |
Ver
Transcripción da Casa de Galicia. Unidad Gallega (Nova York, 1958) en 00/00/1958Máis que unha revista como tal, trátase dun «libro-memoria», de periodicidade anual, que nace en 1940 coa finalidade de informar sobre as principais actividades desenvolvidas pola Casa Galicia de Unidad Gallega, sociedade que acolle os e as emigrantes galegas residentes en Nova York.
|
| 1958-01-21 | Certificado médico para poder emigrar a Venezuela, 1958 |
Ver
Transcripción da Certificado médico para poder emigrar a Venezuela, 1958 en 21/01/1958Certificado emitido polo servizo médico do Consulado da República de Venezuela en Vigo que acredita as boas condicións médico-sanitarias da emigrante e da súa filla. Con el permíteselles iniciar a súa viaxe ao país caribeño e acadar o tan ansiado reagrupamento familiar. O marido de Dolores emigrara un ano antes a Caracas e, xa instalado, reclamou á súa muller e filla para reunir a toda a familia. Como vemos por este certificado, os e as futuras emigrantes tiñan que pasar por uns controis médicos moi exhaustivos para poder entrar no novo país. De feito, Dolores non puido viaxar co seu home en 1957 por un problema oftalmolóxico pois foi rexeitada. Neste segundo informe conseguiu a cualificación de "apta" para poder emigrar. |
| 1958-04-00 | La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) |
Ver
Transcripción da La Vida Gallega en Cuba. Órgano Oficial de la Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia (A Habana, 1958) en 00/04/1958Esta revista funcionou como voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia, asociación étnica pioneira na illa de Cuba. O seu inicio data de 1950 e publicouse simultaneamente durante catro anos xunto á titulada Vida Gallega, pertencente á mesma entidade. Ata 1960, ano en que deixou de publicarse, recolleu información sobre todas as actividades desenvolvidas pola entidade, ademais de contidos sobre cultura, historia e lingua galegas. O volume de páxinas era considerable en determinadas épocas do ano, tendo en conta que se publicaba a memoria anual da sociedade, na que se daba conta dos balances financeiros, listaxes nominativas das contribucións, informes, axudas prestadas a socios necesitados, persoas falecidas etc.
|
| 1959-00-00 | Visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, 1959 |
Ver
Transcripción da Visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, 1959 en 00/00/1959Ademais de impartir varias conferencias no Centro Galego e asistir a diversas homenaxes que as entidades galegas lle ofreceron durante a súa visita a Arxentina, D. Ramón participou na Feira do Libro Galego, organizada pola editorial e librería Follas Novas, que fora creada por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda en 1957 co obxectivo de difundir a produción literaria e intelectual galega nas terras americanas.
|
| 1959-00-00 | Revista Vieiros publicada polo Padroado da Cultura Galega de México, 1959 |
Ver
Transcripción da Revista Vieiros publicada polo Padroado da Cultura Galega de México, 1959 en 00/00/1959Esta revista cultural, de orientación galeguista, pretendía recoller nas súas páxinas "calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura". Dirixida polos exiliados galegos en México Luís Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social. Tiña un deseño moi coidado, con numerosas ilustracións, entre as que destacan as reproducións artísticas e debuxos reivindicativos de Castelao, Arturo Souto, Maside, Jaime Quesada, Ledo, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane etc. |
| 1959-00-00 | Xunta directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia de 1959 |
Ver
Transcripción da Xunta directiva da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia de 1959 en 00/00/1959Presidida por Rosendo Varela Álvarez, fillo de Juan Varela Grande, un dos máis importantes presidentes da entidade nos anos 40 e 50, esta directiva tivo que asumir un profundo cambio na marcha da entidade. As leis cubanas, tras o triunfo da revolución castrista, non son favorables á existencia deste tipo de entidades benéficas na illa e pasan a gravar con impostos as rendas que estas viñan obtendo polo alugueiro das súas propiedades, polo que os seus ingresos quedaron moi diminuídos.
|
| 1959-00-00 | Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959 |
Ver
Transcripción da Anisia Miranda, unha vida chea de literatura. Bos Aires, 1959 en 00/00/1959Ese ano, aproveitando a visita de Ramón Otero Pedrayo a Bos Aires, na editorial Follas Novas organizaron varias actividades arredor da súa figura e dedicáronlle esta feira.
|
| 1959-00-00 | Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) |
Ver
Transcripción da Eduardo Blanco-Amor, Ourense (1897) - Vigo (1979) en 00/00/1959Eduardo Blanco-Amor, un dos grandes xornalistas galegos en Arxentina, foi tamén autor de poesía e de numerosas obras de teatro. En 1959 publicou A esmorga, novela escrita en galego que foi editada en Bos Aires, pola imposibilidade da Editorial Galaxia de facelo debido á prohibición da censura franquista. O libro, traído a Galicia clandestinamente, acada pronto unha importante sona e sinala un fito histórico na renovación da nosa narrativa. Axiña foi considerada como a gran novela social da posguerra. A lingua popular empregada contrasta co galego requintado e por veces artificial doutros escritores do momento. A condición social dos personaxes e o ambiente marxinal en que se desenvolve a acción fan que se considere como unha novela social, chea de violencia e crueldade nalgunhas pasaxes. E destaca no texto a chuvia e as paisaxes urbanas de Auria, a ficticia cidade onde se desenvolve, recreación literaria de Ourense, a cidade natal do autor.
|
| 1959-07-19 | Conferencia de Emilio González López na Casa de Galicia de Caracas, 1959 |
Ver
Transcripción da Conferencia de Emilio González López na Casa de Galicia de Caracas, 1959 en 19/07/1959Emilio González López participou na Feira do Libro Galego realizada en Caracas nese ano cunha conferencia sobre o libro galego. Na mesa, ademais de varios directivos da entidade, podemos ver a escritora galega Pura Vázquez, quen emigrara había pouco tempo a Venezuela, onde participou na puxante vida cultural da colectividade galega alí asentada.
|
| 1959-08-24 | «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 |
Ver
Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
|
| 1960-00-00 | Familia galega no seu fogar en Caracas, 1960 |
Ver
Transcripción da Familia galega no seu fogar en Caracas, 1960 en 00/00/1960A familia Santamarina emigrou a Caracas en 1953. O pai, nacido en Lugo, exerceu na capital venezolana a súa profesión de xastre; a súa muller, madrileña, era costureira. Xuntos logran unha boa situación económica que lles permite vivir con todas as comodidades e dar unha educación universitaria ao seu fillo, que chegou a ser médico. Aquí posan nun retrato para a familia ante o televisor, algo moi habitual nos fogares venezolanos, así como os electrodomésticos máis modernos, que se importaban moitas veces dos Estados Unidos e que neses anos só podían desfrutar en España as clases máis acomodadas.
|
| 1960-00-00 | Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960 |
Ver
Transcripción da Homenaxe a Maruxa Boga no salón de actos da Federación, 1960 en 00/00/1960De esquerda a dereita podemos ver a Arturo Cuadrado, Alberto Portas (secretario xeral da FSG), Abelardo García, Maruxa Boga (actriz e directora da audición radial Recordando a Galicia), José Gil e Marta Portas. Nos anos 60 a Federación centrou as súas actividades no eido cultural, coa organización de actos como este recoñecemento a unha das figuras máis queridas e valoradas no seo da colectividade emigrada e que moitas veces colaborara coa Federación dende as ondas na reivindicación do papel dos e das emigrantes galegas na sociedade arxentina.
|
| 1960-00-00 | Recibo do pago da cota social, 1 de xaneiro de 1960 |
Ver
Transcripción da Recibo do pago da cota social, 1 de xaneiro de 1960 en 00/00/1960Os socios da Beneficencia debían acreditar o pago das cotas do último mes e presentar o seu carné de asociado para poder ser beneficiario dos dereitos sociais. Ademais dos particulares, as numerosas asociacións parroquiais de emigrantes galegos podían asociarse para contribuír aos fondos da entidade. O Círculo Habanero de la Devesa colaboraba coa entidade dende 1934. Neste recibo vemos tamén a boa relación entre as diversas asociacións benéficas e de axuda mutua da colectividade, pois promocionan e animan aos seus socios a inscribirse no Centro Galego e en Hijas de Galicia.
|
| 1960-00-00 | Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, Salvador de Bahia, 1960 |
Ver
Transcripción da Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, Salvador de Bahia, 1960 en 00/00/1960Esta sociedade de emigrantes galegos e galegas residentes en Salvador de Bahia foi fundada o 27 de novembro de 1960 co firme compromiso de manter e difundir a identidade galega a través do desenvolvemento de actividades de formación sobre cultura e lingua galegas entre os asociados e todas aquelas persoas interesadas no seu coñecemento, independentemente da súa procedencia.
|
| 1961-05-01 | Emigrante galego diante dun pozo petrolífero en Lagunillas, 1961 |
Ver
Transcripción da Emigrante galego diante dun pozo petrolífero en Lagunillas, 1961 en 01/05/1961Antonio era contable mercantil e emigrou a Venezuela coa súa esposa en 1959. Ambos os dous eran unha parella moza que iniciaban a súa vida en común nun país que lles ofrecía un amplo abano de posibilidades para medrar laboral e economicamente. Na parte de atrás da foto Antonio escribe: "Foto del petróleo que adquirí en mi paso por el Lago de Maracaibo (me deja una renta de Bs. 6000 diarios)". O desenvolvemento da economía venezolana estaba baseado na explotación petrolífera, que naqueles anos estaba en mans privadas. E, como vemos, os emigrantes que estaban en mellor posición económica podían participar mercando accións nas explotacións e obter grandes beneficios.
|
| 1962-00-00 | Manuel Puente e Xesús Canabal diante do escaparate de Ediciones Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1962 |
Ver
Transcripción da Manuel Puente e Xesús Canabal diante do escaparate de Ediciones Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1962 en 00/00/1962Manuel Puente e Xesús Canabal foron dous empresarios galegos de éxito que apoiaron economicamente moitas das iniciativas da colectividade a prol da cultura galega. Xa en vida de Castelao, Manuel Puente defendera o seu desexo da publicación dunha "Historia de Galicia". Na visita de Ramón Otero Pedrayo a Arxentina en 1947, este comprometeuse a levar a cabo esta ansiada obra, vello proxecto do Seminario de Estudos Galegos. Tras numerosos atrancos con editoriais e autores, finalmente en 1960 retomouse o proxecto. Otero Pedrayo foi o director da obra e Lois Tobío encargouse da súa coordinación técnica, mentres que Manuel Puente financiou a edición. Colaboraron na obra figuras tan senlleiras como Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Xaquín Lorenzo ou Taboada Chivite. En 1962 saíron publicados os dous primeiros tomos, que son presentados neste lugar emblemático.
|
| 1962-00-00 | A tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, 1962 |
Ver
Transcripción da A tripulación do pesqueiro Panchés, propiedade de galegos, 1962 en 00/00/1962No temón, Manuel García, e a estribor, con boina, Saturnino que acababa de chegar a Chimbote reclamado polo seu irmán. Este, xunto con Luís e Francisco Santiago Lago, tiña unha empresa con varios barcos da súa propiedade, como o barco da foto, dedicados á pesca de baixura pola costa peruana. A riqueza pesqueira desas augas e o duro traballo leváronos a acadar o éxito.
|
| 1962-05-00 | Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) |
Ver
Transcripción da Alén mar. Revista de la Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (Bos Aires, 1962) en 00/05/1962Esta revista naceu no ano 1961. As súa traxectoria foi moi curta, pois en novembro de 1963 saíu o seu último número. Tivo como directores a Antonio Pérez Prado e a Perfecto López Romero. A súa periodicidade era irregular e o financiamento proviña de fondos particulares. Aínda que non pasaba das oito páxinas, contou coa colaboración de figuras destacadas da cultura galega: Ramón Piñeiro, Basilio Losada, Ricardo Palmás, Domingo García-Sabell, Perfecto López Romero, P. Leirado e o propio Antonio Pérez Prado. Os contidos publicados tiñan un carácter eminentemente cultural, aínda que nalgúns casos tamén reivindicativo da cultura galega na Arxentina e crítico coa situación social en Galicia.
|
| 1962-07-28 | Inauguración da Escuela Galicia, Montevideo, 28 de xullo de 1962 |
Ver
Transcripción da Inauguración da Escuela Galicia, Montevideo, 28 de xullo de 1962 en 28/07/1962A presenza da colectividade galega emigrada no Uruguai foi moi destacada, así como o seu apoio ás numerosas actuacións a prol da cultura e o desenvolvemento de Galicia. Figuras sobresaíntes foron os irmáns Canabal —con Xesús como benfeitor e pioneiro na defensa do galeguismo e da cultura galega alén mar—, Manuel Meilán, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xosé Fernández Seivane e tantos outros.
|
| 1962-07-28 | Grupo de alumnos e alumnas da Escuela Galicia, Montevideo, 1962 |
Ver
Transcripción da Grupo de alumnos e alumnas da Escuela Galicia, Montevideo, 1962 en 28/07/1962Vemos na imaxe un grupo do alumnado máis pequeno desta escola no seu acto de inauguración. Nenos e nenas co seu uniforme portan a bandeira de Galicia. É curiosa a anécdota de que nos actos públicos o estudantado cantaba o himno galego xunto co do Uruguai. Como non era un himno oficial, o consello escolar, do que formaban parte Antón Crestar, Xesús Canabal e Pepe Fernández, buscou a maneira de manter este costume: anunciábase como a interpretación da Canción dos piñeiros e así todo o público asistente honraba a Galicia e a súa cultura. Todos os galeguistas e persoeiros que visitaban a cidade eran convidados a visitar o centro educativo como un símbolo máis da pegada da galeguidade no país. E durante moitos anos os galegos e galegas do Uruguai apoiaron economicamente este centro educativo.
|
| 1963-00-00 | Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963 |
Ver
Transcripción da Consejos para trabajadores españoles empleados en la República Federal de Alemania, 1963 en 00/00/1963Este folleto foi publicado polo Instituto Federal de Colocación y Paro de Nüremberg en colaboración co Instituto Español de Emigración. Cando asinaba o contrato de traballo, a persoa emigrante recibía un exemplar para ter información sobre as cuestións laborais que podían atopar (condicións de traballo, contratos, dereitos e deberes, sindicatos) pero tamén sobre o reagrupamento familiar, as condicións de vida no país, como facer xiros bancarios a España ou como gozar do tempo de lecer. |
| 1963-00-00 | Panteón social de “Naturales de Galicia”, cemiterio Colón, A Habana, 1963 |
Ver
Transcripción da Panteón social de “Naturales de Galicia”, cemiterio Colón, A Habana, 1963 en 00/00/1963Nesta imaxe aparecen varios membros da SBNG diante do panteón social. Construído en 1936, trátase dun dos máis amplos e vistosos monumentos funerarios do cemiterio Colón. O material empregado para a súa construción foi granito natural noruegués e mármore. Está composto por 472 nichos e ten capacidade para 1121 osarios. Aínda que non se aprecia na fotografía, en cada esquina aparecen esculpidos os escudos das catro provincias galegas e no centro hai unha escultura en bronce que representa a unha familia aflixida.
|
| 1964-05-31 | Cartel deseñado por Luís Seoane para o Festival Céltico celebrado en Bos Aires, 1964 |
Ver
Transcripción da Cartel deseñado por Luís Seoane para o Festival Céltico celebrado en Bos Aires, 1964 en 31/05/1964Este festival, organizado polos centros provinciais e o Centro Galego de Bos Aires, contou con numerosas colaboracións de delegacións dos países que teñen a cultura celta como referencia, tales que Escocia, Gales, Irlanda e Portugal. O xerme céltico da nosa cultura, xa defendido por Manuel Murguía, continuaba a ser un referente. O espectáculo tivo un grande éxito de público e nel participaron grupos de música e coros das entidades galegas en Arxentina, como o coro "Brétemas e Raiolas" do Centro Coruñés de Bos Aires e os grupos folclóricos "Breogán", "Residentes de Vigo", "Rosalía de Castro", "Arrieiros de Mos" e "Airiños".
|
| 1965-00-00 | Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 |
Ver
Transcripción da Felicitación de Nadal de Juventud de Cecebre aos galegos de Nova York, 1965 en 00/00/1965Cambre e os concellos limítrofes de Sada, Oleiros e Bergondo da costa coruñesa foron focos salientables da emigración galega cara aos Estados Unidos; de aí pódese explicar a chegada dun importante número de veciños da parroquia de Cecebre á cidade dos rañaceos.
|
| 1965-00-00 | Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965 |
Ver
Transcripción da Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965 en 00/00/1965O 17 de maio de 1962 o profesor Amancio Peleteiro presentou —ante a asemblea de socios convocada polo Comité Executivo da Hermandad Gallega de Venezuela— o anteproxecto e informe preliminar para a fundación do Instituto Educacional da Hermandad Gallega. Peleteiro contaba cunha ampla traxectoria docente e desenvolvera un efectivo labor de xestión en Santiago de Compostela. Foi o creador do Colegio e Instituto Minerva en Caracas. O centro impartía clases diúrnas a rapaces de todos os niveis educativos, desde preescolar ata bacharelato. Pola noite o centro atendía as necesidades educativas dos adultos, con clases de bacharelato e contabilidade.
|
| 1965-07-10 | Festa de inauguración da Casa de España en Chimbote, 10 de xullo de 1965 |
Ver
Transcripción da Festa de inauguración da Casa de España en Chimbote, 10 de xullo de 1965 en 10/07/1965Na fotografía vemos un grupo de galegos, a gran maioría mariñeiros e patróns de pesca, pero tamén mecánicos, electricistas e donos de pequenos negocios, na celebración da fundación da Casa de España de Chimbote. Lugar de encontro da colectividade española, ademais de actividades recreativas –contaba cun bar e restaurante moi utilizado polos socios no seu tempo de lecer–, tamén se xestionaban axudas aos asociados e as súas familias en caso de necesidade. A gran maioría eran galegos, naturais da Costa da Morte (Malpica, Fisterra, Corcubión, Cee, Muxía ou Camariñas), tamén da zona de Marín e Pontevedra e, mesmo, de Ourense.
|
| 1967-00-00 | Xantar no salón de actos da Federación, 1967 |
Ver
Transcripción da Xantar no salón de actos da Federación, 1967 en 00/00/1967Na imaxe podemos ver a Arturo Cuadrado, Antonio Quintas e, de pé, Andrés Beade Dopico dirixíndose aos asistentes. Andrés Beade, fillo do último alcalde republicano da vila de Betanzos, emigrou a Arxentina a finais dos 50 por motivos económicos pero tamén pola represión que se vivía en Galicia contra as familias consideradas desafectas ao réxime. Afiliado e dirixente do Centro Betanzos, entrou na FSG nos 60 e foi redactor do Galicia dende 1964. En 1966 foi elixido secretario xeral, cargo que volveu ocupar en 1981; entrementres participou activamente ocupando diversos cargos na directiva federal ata 1983, ano en que retornou a Galicia.
|
| 1967-00-00 | Ficha da Comisión Católica Española de Migración dunha emigrante galega para poder emigrar a Perú, 1967 |
Ver
Transcripción da Ficha da Comisión Católica Española de Migración dunha emigrante galega para poder emigrar a Perú, 1967 en 00/00/1967Mª Angélica, casada por poderes, emigrou a Perú reclamada polo seu marido, quen fixo todas as xestións burocráticas a través da Comisión Católica Española de Migración (CCEM). Esta organización contaba con delegacións nos países de acollida e axudaba a tramitar a documentación para poder entrar legalmente no país de destino. O emigrante podía marchar con carta de chamada e contrato laboral ou por reagrupamento familiar, unha figura legal moi empregada na segunda metade do século XX e que explica a grande afluencia de mulleres, nenos e persoas de maior idade nas migracións destes anos. |
| 1969-00-00 | Capa do libro Castelao artista, publicado pola editorial Alborada da Federación de Sociedades Galegas, 1969 |
Ver
Transcripción da Capa do libro Castelao artista, publicado pola editorial Alborada da Federación de Sociedades Galegas, 1969 en 00/00/1969Este libro de Luís Seoane foi escrito en 1951, pero non foi ata novembro de 1969 cando saíu impreso baixo o selo da editorial da FSG e a dirección de Arturo Cuadrado. |
| 1969-00-00 | Reunión festiva de galegos en Chimbote, 1969 |
Ver
Transcripción da Reunión festiva de galegos en Chimbote, 1969 en 00/00/1969Os e as galegas estaban plenamente integrados no Perú, pero sobre todo na colectividade española que alí residía. Eran numerosas as reunións sociais que mantiñan e moi forte a rede de solidariedade creada en caso de necesidade. Xuntábanse para celebrar aniversarios, bautizos, vodas ou simplemente ceas de amigos nas que se lembraban da terra e da familia. Pero tamén sabían que podían contar coa axuda de todos en caso de enfermidade ou dunha mala situación laboral.
|
| 1970-00-00 | Unha familia de Brión na cidade australiana de Brisbane, 1970 |
Ver
Transcripción da Unha familia de Brión na cidade australiana de Brisbane, 1970 en 00/00/1970Na imaxe podemos ver a Marcelino Pose (coa toalla no pescozo) quen marchou en 1966 cara a Australia tras a súa moza, Eugenia Sóñora (sentada á súa beira). Ela e a súa irmá –a muller que ten no colo un neno e que casou co mozo das lentes, de orixe vasca– marcharan uns anos antes na "Operación Marta", organizada polo CCEM. Con este plan emigraron varios centos de rapazas españolas cara a Australia para traballar no servizo doméstico. Eugenia e Marcelino casaron no país austral e asentáronse en Brisbane, onde el traballou na construción. Xa no país, reclamou ao seu irmán José (con camisa branca) para traballar con el, pero este viaxou só, a súa familia quedou aquí. Anos despois, José retornou á súa localidade natal pero antes mandou chamar ao seu fillo maior, que aínda hoxe continúa a vivir en Australia.
|
| 1970-08-00 | Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) |
Ver
Transcripción da Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas, 1970) en 00/08/1970A Hermandad Gallega de Venezuela, sociedade máis importante e representativa da colectividade galega residente no país, vén publicando revistas e boletíns informativos ao longo da súa historia co fin de manter informados aos seus socios e socias. Nesta ocasión presentamos a cuberta do número especial de Hermandad Gallega, órgano difusor da entidade, dedicado ás festas de Galicia e publicado en agosto de 1970, dez anos despois da súa creación (1960), logo da fusión das seguintes entidades antecesoras: Lar Gallego (1945), Centro Gallego (1948) e Casa de Galicia (1956).
|
| 1971-00-00 | Fotografía enviada dende Melbourne á familia en Galicia, 1971 |
Ver
Transcripción da Fotografía enviada dende Melbourne á familia en Galicia, 1971 en 00/00/1971A ourensá Mercedes Barreiro Losada emigrou a Australia a mediados da década dos 60 reclamada polo seu irmán Jesús, que uns anos antes decidira probar fortuna neste país, atraído polas noticias que aparecían na prensa do momento. Alí conseguiu traballo e integrarse nun país onde o idioma e os costumes eran tan distintos aos da súa terra galega. Casou co asturiano Aurelio e en 1971 tiveron un fillo, Javier. Ela retornou coa súa familia e vive na terra do marido, pero o seu irmán non regresou.
|
| 1972-00-00 | Socios de Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nova York, desfilando pola Quinta Avenida, 1972 |
Ver
Transcripción da Socios de Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nova York, desfilando pola Quinta Avenida, 1972 en 00/00/1972A celebración anual do Día da Hispanidade en Nova York convocaba a todas as colectividades de emigrantes dos diferentes países asentados en Estados Unidos. A Casa de Galicia, representando a comunidade galega, participaba activamente co seu grupo folclórico e cos socios, levando a bandeira e a música galega polas rúas desta populosa cidade americana.
|
| 1972-00-00 | Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972 |
Ver
Transcripción da Manuel Bemposta con dous amigos galegos no seu tempo de lecer, 1972 en 00/00/1972A situación dos traballadores emigrantes en Alemaña non era tan idílica como ás veces queren mostrar nas fotografías que enviaban ás súas familias. Nesta imaxe vemos a Manuel cun compañeiro da fábrica de automóbiles onde traballaba e un amigo tamén emigrante en Alemaña que estaba de visita. Posan felices nunha cervexaría de Sttugart, cidade onde vivían.
|
| 1972-00-00 | Emilio Pita, A Coruña (1909) - Bos Aires (1981) |
Ver
Transcripción da Emilio Pita, A Coruña (1909) - Bos Aires (1981) en 00/00/1972Emilio Pita Robelo emigrou con doce anos ao Río da Prata. De formación autodidacta, foi un poeta e musicólogo moi recoñecido no seo da colectividade. Coa proclamación da II República volveu a Galicia, onde tomou contacto co Partido Galeguista e o nacionalismo galego.
|
| 1972-08-01 | Portada do número 1 de Breogán, publicación societaria do Centro Galego de Montreal, 1972 |
Ver
Transcripción da Portada do número 1 de Breogán, publicación societaria do Centro Galego de Montreal, 1972 en 01/08/1972Para combater a morriña e axudarse entre eles, a colectividade galega creou varias asociacións, como o Club Hispano de Toronto (1964) ou o Centro Galego de Montreal (1970). Alí reuníanse para bailar un pasodobre ou unha muiñeira ou para xantar comidas tradicionais como un cocido galego ou unha paella. Nestes centros sociais celebráronse vodas, nadais e noitevellas, aniversarios etc.
|
| 1974-00-00 | Díptico de actividades do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1974 |
Ver
Transcripción da Díptico de actividades do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1974 en 00/00/1974O Patronato da Cultura Galega foi fundado en xuño de 1964 por un grupo de galegos, entre os que destacaban Manuel Meilán e Xesús Canabal. O seu obxectivo principal era a difusión e defensa da cultura galega en Uruguai. Neste díptico podemos ver as diversas actividades realizadas no seu décimo aniversario: conferencias, exposicións do libro galego e de pintura, ciclo de cine galego e diversas homenaxes a persoeiros da colectividade. Esta entidade publica dende os seus inicios como voceiro social a revista Guieiro. Na actualidade continúa co seu labor cultural. |
| 1975-00-00 | Reunión do Padroado Museo Carlos Maside. Ca. 1975 |
Ver
Transcripción da Reunión do Padroado Museo Carlos Maside. Ca. 1975 en 00/00/1975Vemos de esquerda a dereita a Ricardo García Suárez, Ramón Piñeiro, Domingo García Sabell, Rafael Dieste, Sebastián Martínez Risco, Álvaro Gil, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego e Eduardo Blanco-Amor. Todos eles son membros do padroado para a creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside.
|
| 1975-00-00 | Permiso de condución internacional dun emigrante galego residente en Alemaña, 1975 |
Ver
Transcripción da Permiso de condución internacional dun emigrante galego residente en Alemaña, 1975 en 00/00/1975Emilio Villanueva emigrou en 1963 a Hanau (Hesse) para traballar na fábrica de pneumáticos Dunlop. Para emigrar realizou todas as xestións burocráticas a través do IEE en Pontevedra, onde se inscribiu para atopar un traballo. Incluso lle deron a opción de elixir o país de destino. Aínda que el non tiña ningún familiar que estivese en Alemaña, seguiu o consello dun veciño que xa estaba alí e que lle falou das boas condicións laborais do país. Traballou na mesma empresa toda a súa vida laboral, preto de 42 anos. |
| 1975-00-00 | Permiso de traballo dun emigrante galego en Bélxica, 1975 |
Ver
Transcripción da Permiso de traballo dun emigrante galego en Bélxica, 1975 en 00/00/1975Con este certificado emitido polo Goberno belga, o emigrante podía exercer calquera traballo e gozaba dos mesmos dereitos laborais que un traballador belga. Juan, mariñeiro de Ribeira, emigrou en 1953 a Bélxica, onde estivo case trinta anos, ata a súa xubilación. Traballaba para unha compañía navieira e tiña a residencia no país; tan só viña a Galicia para visitar a familia cando tiña vacacións. |
| 1975-09-24 | Folleto editado polo 75 aniversario fundacional da Federación, 1975 |
Ver
Transcripción da Folleto editado polo 75 aniversario fundacional da Federación, 1975 en 24/09/1975Neste folleto podemos ler unha pequena historia social das asociacións federadas nese momento. A caída da chegada de emigrantes cara a Arxentina a partir da década dos 60 e a diminución de socios e entidades federadas provocaron un cambio nas finalidades da FSG. Se ata o momento continuaba a súa loita antifranquista, a chegada da democracia en España fai virar as súas prioridades, centradas agora na defensa das condicións de vida da colectividade emigrada e da cultura galega en Arxentina. |
| 1977-00-00 | Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986) |
Ver
Transcripción da Manoel D. Varela Buxán, A Estrada (1909) - Lalín (1986) en 00/00/1977O estradense Manoel D. Varela Buxán emigrou cara a Arxentina en 1930 e axiña se converteu nun dos principais animadores do teatro galego no país. Actor e director en varias compañías dramáticas, escribiu numerosas pezas teatrais, todas elas de corte costumista e humorístico, aínda que non exentas de certa crítica social e anticaciquil. Fundou a compañía de teatro galego Aires da Terra, coa que estreou en 1938 a súa primeira obra como autor, Se o sei... non volvo a casa, con grande éxito na colectividade. Casou coa actriz Maruxa Villanueva e con ela acadou grandes triunfos nas súas actuacións. Ambos os dous empregaron o teatro como canle de identidade étnica dos galegos e galegas de alén mar.
|
| 1977-02-19 | Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977 |
Ver
Transcripción da Lorenzo Varela con Valentín Paz-Andrade e Luís Seoane (de costas), reunidos na casa de Ramón Piñeiro, 1977 en 19/02/1977Nesta reunión decidiuse a creación do Instituto Galego de Información (IGI). Lorenzo Varela e Luís Seoane, retornados a Galicia, desexaban crear un novo xornal galego e en galego, tal como aparece nos estatutos do IGI.
|
| 1977-05-30 | “Coman ahora y paguen despúes”, Cidade de Panamá, 1977 |
Ver
Transcripción da “Coman ahora y paguen despúes”, Cidade de Panamá, 1977 en 30/05/1977Manolo Barreiro, natural de Forcarei, é entrevistado pola revista panameña Más para todos. A popularidade do restaurante El Gato Negro, baixo a rexencia dos irmáns Barreiro, mantívose durante máis de vinte anos e iso foi motivo suficiente para converterse en centro de interese para a dita publicación. Por alí pasaban clientes do todos os estratos sociais, dende persoas sen recursos ás que se lles fiaban as comidas, ata políticos, como o presidente Arístides Royo, líderes revolucionarios, como Che Guevara, ou mesmo o campión mundial de boxeo Roberto Durán, alias “Mano de piedra”. Foi, sen dúbida, un referente para moitos emigrantes galegos acabados de chegar ao Istmo e sen traballo. Alí podían comer sen pagar ata que atopasen unha ocupación laboral. Chegaban cos petos baleiros e moita fame, polo que o réxime de pago ofrecido nese establecemento representaba un verdadeiro alivio físico e moral. |
| 1981-12-08 | Tres fillos, tres amores. Un día da nai especial. Changuinola, provincia de Bocas del Toro, Panamá, 8 de decembro de 1981 |
Ver
Transcripción da Tres fillos, tres amores. Un día da nai especial. Changuinola, provincia de Bocas del Toro, Panamá, 8 de decembro de 1981 en 08/12/1981Jacqueline, Francisco e Isabel son tres irmáns nacidos en Panamá e fillos do matrimonio galego formado por María Elena Benedetto Banga e Jaime Sieiro Sieiro. Imos contar aquí un pouco sobre o pioneiro desta aventura migratoria. Jaime marcha primeiro cara a Alemaña (Colonia) e logo dun tempo decide cambiar de rumbo. En 1968 diríxese cara a América, con destino a Panamá. Arredor desta data, a maioría de galegos e galegas collían rumbo a países europeos, pero Jaime fixo o xiro contrario. Foi un dos fundadores do Centro Español de Changuinola, unha pequena poboación da provincia de Bocas del Toro, situada a escasos quilómetros da fronteira con Costa Rica. Alí rexentou a “Mueblería y Joyería Santa Fe”. Os seus clientes eran, sobre todo, traballadores da compañía Chiquita da United Fruit Company.
|
| 1983-00-00 | Comisión de Damas da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1983 |
Ver
Transcripción da Comisión de Damas da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1983 en 00/00/1983A participación activa das mulleres na organización de actos festivos, así como o seu apoio incondicional en iniciativas a favor de toda clase de melloras nos servizos prestados ás persoas asociadas e da consecución de calquera proxecto impulsado pola xunta directiva, constitúe un labor inherente á comisión feminina da ABC del Partido de Corcubión desde a súa a fundación.
|
| 1984-00-00 | Centro Betanzos: de simple lugar de reunión a gran centro de axuda para os betanceiros, 1984 |
Ver
Transcripción da Centro Betanzos: de simple lugar de reunión a gran centro de axuda para os betanceiros, 1984 en 00/00/1984O 15 de setembro de 1897 un grupo de emigrantes brigantinos reuníase nunha casona do extenso barrio bonaerense de Palermo Viejo co fin de celebrar as festas patronais de San Roque. Aquel día foi clave para a historia dos fillos de Betanzos radicados en Arxentina, pois xurdiu a idea do que sería máis adiante a Sociedad Hijos de Betanzos, constituída oficialmente en 1905. Pouco a pouco foron medrando as súas finalidades, as cales se estenderon cara a unha vertente solidaria, ao ofrecer axuda aos galegos e galegas que periodicamente ían arribando a terras arxentinas. Como acontecía con moitas sociedades étnicas, que nalgún momento da súa traxectoria histórica cambiaban de nome, en 1930 a entidade pasou a denominarse Centro Social Betanzos, con sede na rúa Lima, nº 733. Pouco tempo despois produciuse unha escisión entre a colectividade betanceira residente en Bos Aires e en 1931 fundouse unha nova sociedade de emigrantes denominada Centro Cultural Betanzos. Nesta ocasión non podemos deternos nas razóns que provocaron esta separación nin nos demais pormenores da traxectoria desta importante asociación étnica, pero si podemos destacar que despois da Guerra Civil española se produciu unha reunificación dos betanceiros arredor do actual Centro Betanzos. Como representante non só da colectividade betanceira senón do resto de galegos e galegas, a entidade mantivo un compromiso político co apoio á defensa da República e ás familias exiliadas da Guerra Civil española. |
| 1984-02-00 | Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Órgano del Centro Gallego de México (México D. F., 1984) en 00/02/1984A revista galega máis coñecida editada polos galegos de México é Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México (1959-1968), cun claro ideario galeguista e literario. Porén, queremos dar a coñecer esta outra revista, voceiro do Centro Galego de México, a asociación que acolle o maior número de emigrantes galegos do país azteca. Esta publicación comeza a súa andaina en 1948 cuns claros obxectivos: informar aos seus socios e socias das diversas actividades da entidade, así como das súas propostas e logros, e servir de ponte entre a colectividade emigrada no país e a terra nai. Tamén informa dos feitos máis sobresaíntes da política, economía e cultura de Galicia. Conta con tres etapas editoriais, sempre baixo os auspicios do Centro Galego: unha primeira que empeza en 1948 e dura moi pouco tempo, unha segunda que se inicia en 1973 e unha terceira que comeza en 1990 e chega ata a actualidade.
|
| 1984-07-00 | Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) |
Ver
Transcripción da Guieiro. Órgao do Patronato da Cultura Galega (Montevideo, 1984) en 00/07/1984Esta revista, voceiro oficial do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ten dúas etapas editoriais. O seu primeiro número sae en 1965 como un suplemento a unha carta publicada polas sociedades galegas do Uruguai a prol do uso da lingua galega na liturxia católica. Nos seguintes números e ata 1968 pasa a informar das actividades do Patronato (autoridades, estatutos, visitas, campañas etc.), aínda que cunha clara orientación cultural, como podemos ver nos numerosos artigos que nos achegan a Galicia, á súa lingua (a revista está escrita en galego), á súa historia e á súa literatura, con colaboracións de intelectuais galegos.
|
| 1986-10-20 | A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) |
Ver
Transcripción da A Lareira. Voceiro da Casa de Galicia, Asociación cultural (París, 1986) en 20/10/1986A mediados do século XX a tendencia migratoria galega foi cambiando na elección dos países e comezou a etapa europea. Francia foi un dos destinos principais.
|
| 1987-00-00 | Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) |
Ver
Transcripción da Revista Deportiva. Centro Gallego de Montreal (1987) en 00/00/1987Se a comparamos coa doutros países americanos, a colectividade galega no Canadá é moito menos importante numericamente, pero aínda así nos seus principais lugares de asentamento —Montreal e Toronto— os galegos e galegas crearon as súas asociacións recreativas e culturais e deixaron a súa pegada. Os centros de ambas as dúas cidades publicaron varias revistas e boletíns para informar aos seus socios e socias das actividades e da marcha destas, sempre na defensa da súa identidade. Ademais dos voceiros sociais que se poden consultar nos fondos do AEG, destacamos, pola súa temática diferente, esta revista, que anualmente informaba e difundía as actividades deportivas desenvolvidas polos socios do Centro Galego de Montreal, ademais de recoller as noticias de interese das actividades deportivas que se organizaban nesta cidade canadense.
|
| 1988-00-00 | Prensa da colectividade galega en Lisboa, 1988 |
Ver
Transcripción da Prensa da colectividade galega en Lisboa, 1988 en 00/00/1988O Galego é unha revista societaria creada en 1988, coincidindo co oitenta aniversario da fundación da sociedade Xuventude de Galicia-Centro Galego de Lisboa. Toma o seu nome da primeira publicación en Lisboa escrita en galego e dirixida por Gumersindo la Rosa en 1881. Como o seu voceiro oficial, recolle noticias sobre as súas actividades, incluída a reprodución da memoria social dese ano. Así mesmo, ten un contido claramente cultural, nun intento de difundir a nosa cultura entre os galegos emigrados, polo que abundan os artigos sobre Galicia, a súa música, literatura, lingua, xeografía ou historia. Está escrita en castelán e portugués con algunhas colaboracións en galego.
|
| 1988-03-00 | Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) |
Ver
Transcripción da Revista de A Nosa Galiza (Xenebra, 1988) en 00/03/1988Este xornal aparece en 1973 cunha tirada inicial de 375 exemplares e os seus contidos en lingua galega. Foi creado pola Sociedade A Nosa Galiza, asociación étnica de emigrantes galegos residentes en Xenebra. A través das súas páxinas os socios e socias son debidamente informados sobre as actividades desenvolvidas pola entidade, xunto a outros temas de interese para a colectividade galega. Ao longo da súa historia sofre algúns cambios, e en marzo de 1988 reedítase e publica contidos literarios como relatos e poesías, ademais de obras inéditas da autoría de fieis colaboradores desta asociación galega en Suíza.
|
| 1988-09-00 | Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) |
Ver
Transcripción da Fogar de Breogán. Voceiro do Centro Galego de Hannover (1988) en 00/09/1988Os galegos e galegas residentes na capital alemá do estado da Baixa Saxonia, concretamente en Hannover, tamén contaron co seu voceiro, titulado Fogar de Breogán. Foi creado en 1988 como órgano de difusión do Centro Galego de Hannover, de curta extensión e publicado en lingua galega. Informaba sobre as diferentes actividades organizadas pola entidade editora. Contaba tamén con escritos sobre arte, cultura e tradicións galegas, así como cunha sección de pasatempos.
|
| 1989-10-01 | Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) |
Ver
Transcripción da Anduriña. Portavoz del Lar Gallego de Sevilla (1989) en 01/10/1989O órgano difusor da sociedade de emigrantes galegos Lar Gallego de Sevilla nace en 1959, baixo o título de Anduriña, e cesa co seu número de maio-xuño-xullo de 1962. Entendemos que a partir de entón a revista pasa a outra época, coa denominación que aparece na imaxe que expoñemos neste especial. Como a maioría das revistas societarias, a súa finalidade vén marcada pola necesidade de manter informados aos socios e socias sobre as distintas actividades desenvolvidas pola entidade (festivais musicais, concursos, obradoiros etc.). Por outra banda, a publicación achega aos seus lectores a cultura galega a través de páxinas literarias e artigos sobre lingua galega, gastronomía e historia dos lugares máis emblemáticos de Galicia. Tamén teñen lugar as notas de actualidade galega, entrevistas e reportaxes de diversa índole, sen descoidar o tratamento de aspectos da cultura tradicional sevillana.
|
| 1992-05-00 | Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) |
Ver
Transcripción da Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1992) en 00/05/1992Voceiro oficial dunha das máis importantes institucións da emigración galega na Arxentina, esta revista comezou a súa andaina en 1926 para informar das actividades e servizos que o Centro Galego ofrecía aos seus socios. Galicia destaca pola calidade e sinatura dos seus numerosos artigos sobre a cultura, a política, a economía, o patrimonio ou a literatura galegos, con extensas e interesantes reportaxes sobre a actualidade do momento. Nas súas páxinas pódense ler traballos de escritores galegos e arxentinos, así como de persoeiros da colectividade emigrada, como Antonio Pérez Prado, Ramón Suárez Picallo, Fiz Fernández, Xavier Bóveda, Ramón Rey Baltar, Francisco Camba, Alberto Vilanova Rodríguez, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade, Álvaro Cunqueiro, Domingo García-Sabell, Raimundo García Domínguez «Borobó», Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Xosé Neira Vilas, Xavier Alcalá ou Xosé Luís Méndez Ferrín, entre outros moitos; sen esquecer a Luís Seoane ou Eduardo Blanco-Amor, que foron os seus directores. Queremos destacar o labor xornalístico durante as décadas de 1940 e 1950 de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, quen na sección «Noticiero Gallego» informaba sobre os feitos culturais e sociais de Galicia.
|
| 1992-12-00 | Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) |
Ver
Transcripción da Ecos da Terra. Órgano Oficial de Casa de Galicia (Montevideo, 1992) en 00/12/1992Esta revista nace en Montevideo no ano 1981, constituída como o boletín informativo da Casa de Galicia e un dos seus difusores culturais. A maioría dos contidos versan sobre Galicia e a presenza dos galegos no Uruguai (actualidade, literatura, historia, notas biográficas, situación da cultura, lingua etc.). Tamén recolle todos os acontecementos sociais e culturais que se celebran na entidade e dá conta polo miúdo das actividades da institución (cursos, conferencias, actividades científicas…).
|
| 1993-07-00 | Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) |
Ver
Transcripción da Alborada. Periódico de la Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio (São Paulo, 1993) en 00/07/1993Esta sociedade foi creada en 1898 como Sociedad Española de Socorros Mutuos, coa finalidade de minimizar as dificultades que enfrontaban as e os inmigrantes españois que chegaban a São Paulo. A partir de 1950 cambia a súa denominación pola de Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos, Instrução e Recreio. Ademais, en 1975 pasa a ser integradora das antigas asociacións de emigrantes asentadas na cidade: Casa de Galicia, Centro Asturiano, Instituto Regional Valenciano, Centro Andaluz, Casa Aragón e Centro Dramático Hispanoamericano.
|
| 1995-00-00 | Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) |
Ver
Transcripción da Lonxe da Terriña (Santiago de Chile, 1995) en 00/00/1995Con saída anual, este voceiro do Lar Galego de Chile comeza a editarse en 1989. Con abundantes fotografías (da entidade editora pero tamén das paisaxes e do patrimonio cultural galego), a revista pretende servir como medio para promover a finalidade e as actividades da institución e «ser el centro de unión de nuestra colectividad para mantener vivas la cultura y las tradiciones de la Galicia ancestral». Contén numerosos artigos, entrevistas e escritos que se poden agrupar en cinco grandes liñas temáticas: histórico-cultural, social, política, a Galicia actual e as actividades do Lar (complementadas cunha reportaxe fotográfica). Tamén ten abundante publicidade, principalmente anuncios de tipo comercial, entre os que podemos citar as panadarías e industrias vinculadas a estas, sector en que a presenza de galegos é moi importante no país.
|
| 1996-06-00 | Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) |
Ver
Transcripción da Mundo Gallego. Revista del Centro Gallego de Madrid (1996) en 00/06/1996Esta revista aparece por primeira vez en xuño de 1952, baixo a dirección de Manuel Fraga de Lis e coa colaboración de destacados persoeiros da cultura galega como Ramón Cabanillas, Wenceslao Fernández Flórez, Vicente Risco, Ramón
|
| 1997-00-00 | Mantendo as tradicións alén mar, 1997 |
Ver
Transcripción da Mantendo as tradicións alén mar, 1997 en 00/00/1997Entre as numerosas actividades recreativas que realiza a ABC queremos destacar, pola súa tradición artesá, a creación en 2010 dunha escola de encaixe de palillos de Camariñas á que asisten numerosas socias. As alumnas reciben clases nas instalacións do Campo Corcubión desde marzo ata decembro. Os seus traballos son expostos durante a celebración das festas da Virxe da Barca, patroa de Muxía, que os seus conterráneos en Arxentina celebran co mesmo entusiasmo que na terra natal.
|
| 1998-00-00 | A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 |
Ver
Transcripción da A casa familiar dos García Naveira en Betanzos, 1998 en 00/00/1998Esta espléndido edificio encádrase no estilo ecléctico que dominaba a arquitectura de principios do século XX. Construído na praza do Campo, centro da vida urbana de Betanzos, axiña destacou pola súa grandiosidade, pola modernidade dos seus servizos e polos materiais da súa construción, con exteriores de granito de Parga e mármore e con interiores de caoba e doutras madeiras exóticas. O seu deseño foi obra do recoñecido arquitecto Juan de Ciórraga, que introduciu un estilo historicista de influencias francesas. A casa foi inaugurada en 1900, uns anos despois da chegada de Juan a Betanzos, e converteuse no fogar habitual e punto de reunión da familia. Continúa a destacar no urbanismo da vila como centro dunha praza que foi rebautizada como praza Irmáns García Naveira, en clara homenaxe a eles. En 1937, mortos xa os filántropos, o Concello de Betanzos colocou na súa fachada unha placa de mármore como agradecemento pola xenerosidade e filantropía dos irmáns Juan María e Jesús coa súa vila natal.
|
| 1998-00-00 | A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 |
Ver
Transcripción da A praza Irmáns García Naveira, centro da vida social e económica de Betanzos, ca. 1928 en 00/00/1998Os veciños e veciñas de Betanzos, beneficiarios da xenerosidade e altruísmo de Jesús e Juan María García Naveira, organizaron diversos actos de recoñecemento e agradecemento polo seu labor a prol dos máis desfavorecidos. Grazas ao seu legado construíronse numerosos edificios para mellorar a vida diaria dos máis necesitados da sociedade betanceira e que puideron gozar xeracións futuras.
|
| 2000-00-00 | Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, ca. 2000 |
Ver
Transcripción da Biblioteca América da Universidade de Santiago de Compostela, ca. 2000 en 00/00/2000A súa creación foi iniciativa de Gumersindo Busto, quen emigrou moi novo, primeiro a Montevideo e logo a Bos Aires, cidades en que se formou como avogado e escribán público. En 1904 tivo a idea de crear en Galicia unha Universidad Libre Hispanoamericana, que contase cunha gran biblioteca, co obxecto de difundir o coñecemento en Europa de todo o referente ao continente americano. A través da prensa espallou o seu proxecto en todos os países americanos con presenza galega destacada. E axiña comezou a recibir doazóns de materiais bibliográficos, cartográficos, bandeiras, moedas e medallas, bustos de próceres americanos e todo tipo de obxectos da cultura popular americana. Esta colección multidisciplinar foi enviada a Santiago e inaugurada na súa Universidade en 1909.
|
| 2000-07-25 | Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 |
Ver
Transcripción da Maruxa Boga e Clotilde Iglesias nunha homenaxe a Castelao no Teatro Bambalinas de Bos Aires, xullo de 2000 en 25/07/2000Mª Josefina Boga Romaní, máis coñecida como Maruxa Boga, foi a voz por excelencia dos e das galegas na sociedade arxentina. Filla de emigrantes, naceu en Bos Aires en 1916. Cun profundo amor pola terra dos seus pais, desde moi nova participou nos festivais e recitais organizados polas asociacións galegas, nos que se intentaba preservar e defender a identidade cultural e lingüística de noso. Con 17 anos comezou a traballar na radio coa actriz Maruxa Villanueva e en 1941 participou na estrea mundial de Os vellos non deben de namorarse, que supuxo un fito para a nosa cultura.
|
| 2001-00-00 | O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) |
Ver
Transcripción da O Xistral. Voceiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo (2001) en 00/00/2001Continuación da revista Vagalume (1981), en 1987 este centro de emigrantes galegos residentes na vila de Barakaldo pasou a editar unha nova publicación baixo o nome de O Xistral. O seu obxectivo era informar sobre o centro: estado de contas, directiva, actividades (entre as que destaca a celebración da Semana das Letras Galegas e do Día de Euskadi) etc. Tamén inclúe numerosos artigos sobre diferentes ámbitos da cultura galega: lingua e literatura galegas na sección «Vendo e aprendendo: vocabulario castelán-galego», historia, cultura popular, reportaxes sobre vilas e lugares de Galicia, rutas turísticas… Complétase con novas de actualidade, colaboracións literarias e outras seccións de carácter máis xeral con informacións deportivas e sanitarias, páxinas de humor e pasatempos. Neste número que amosamos conmemoran o centenario da fundación da asociación. En 1989 o centro publica A Catrapola como voceiro dos intereses dos seus socios máis novos.
|
| 2002-00-00 | Guía para emigrantes retornados: Galicia publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002 |
Ver
Transcripción da Guía para emigrantes retornados: Galicia publicada pola Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Dirección Xeral de Emigración, 2002 en 00/00/2002En resposta ás principais interrogantes que aparecen cando se fan plans de retorno á terra, publicáronse estas guías de orientación práctica, funcionando como ferramentas informativas moi útiles, sobre todo ante a necesidade de realizar trámites que requiren una folla de ruta para conseguir aquela documentación imprescindible para un retorno efectivo. Deste xeito, distintas consellarías, así como a Delegación do Goberno en Galicia, participaron na elaboración de guías coma esta. Entre os contidos delas pódese atopar información sobre: obtención de documentos persoais como o DNI, certificado de nacemento, pasaporte, execución da baixa consular, homologación de títulos, permiso de traballo, acceso ao sistema de ensino en Galicia, axudas para a vivenda, asistencia sanitaria, formación ocupacional, obradoiros de emprego, pensións asistenciais por ancianidade, subsidios de desemprego etc. Na actualidade a función destas guías impresas en papel é complementada con toda a información que facilmente poden atopar os emigrantes na web Galicia Aberta, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, así como nas súas redes sociais.
|
| 2002-00-00 | Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002 |
Ver
Transcripción da Reunión de socios da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia, ca. 2002 en 00/00/2002A reunión estivo presidida por Alfredo Gómez Gómez, no centro da fotografía. Alfredo Gómez emigrou a Cuba en 1957 dende Becerreá (Lugo) para traballar co seu tío. Coa súa presidencia logrou manter a sociedade activa. Neste novo milenio a sociedade benéfica ten que loitar co paso do tempo e as circunstancias económicas da illa. A maior parte dos socios son descendentes dos emigrantes galegos e galegas, e enfróntanse a un problema de envellecemento. Por outra lado, as necesidades son cada vez maiores e a consecución de fondos faise moi complicada. A Beneficencia continúa a ter as súas oficinas no antigo palacio do Centro Galego da Habana, onde xestionan as axudas aos seus socios máis necesitados e o mantemento do panteón social, auténtico orgullo para eles.
|
| 2002-00-00 | Alborada. ABC del Partido de Corcubión. Cuberta que conmemora o 80º aniversario da publicación, 1922-2002 |
Ver
Transcripción da Alborada. ABC del Partido de Corcubión. Cuberta que conmemora o 80º aniversario da publicación, 1922-2002 en 00/00/2002Un dos firmes propósitos desta importante asociación de emigrantes galegos en Bos Aires foi a edición dunha revista, como órgano xornalístico representativo. Así, o 25 de xuño de 1925 a comisión directiva fai a proposta de editar Alborada, que sería o voceiro da ABC del Partido de Corcubión. Esta publicación sempre foi transmisora non só das actividades propias da entidade, senón tamén de numerosos artigos e discursos de destacados persoeiros da cultura galega que pasaron pola súa sede social, como por exemplo Castelao, Antón Alonso Ríos ou Avelino Díaz, entre outros.
|
| 2004-00-00 | Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 |
Ver
Transcripción da Preservación do asociacionismo galego en Cuba: a custodia da súa memoria histórica, 2004 en 00/00/2004Co triunfo da Revolución cubana as propiedades do Centro Galego foron expropiadas, incluída a súa magnífica sede social. Ás asociacións que tiñan asinado un contrato de arrendamento para o uso destas instalacións permitíuselles continuar gozando dun espazo para as súas actividades sociais. Destinóuselles un salón cuns armarios onde custodiar os seus documentos, fotografías e recordos, e alí tamén dispuñan dun espazo onde levar a cabo as súas reunións. Aínda que a deterioración e a decadencia son evidentes, a presenza de socios e socias dignifica o lugar.
|
| 2006-00-00 | Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 |
Ver
Transcripción da Monumento dedicado a D. Pedro Murias situado na entrada do recinto escolar, ca. 1930 en 00/00/2006En 1929 remátase a construción de todos os edificios que forman a escola agrícola fundada polo filántropo. Como homenaxe e recoñecemento, a xunta de patróns mandou erixir este monumento que lembra a figura do indiano. Na placa pódese ler «La Junta de Patronos de esta escuela radicada en La Habana ha levantado este monumento en honor a la memoria de su fundador Don Pedro Murias y Rodríguez».
|
| 2006-00-00 | Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI |
Ver
Transcripción da Vista xeral das instalacións da Escola Agrícola Pedro Murias no século XXI en 00/00/2006A única condición que puxo Pedro Murias para a súa fundación filantrópica foi que debía estar radicada na parroquia da Devesa. A compra deste extenso predio tivo lugar entre 1916 e 1924, período en que a fundación mercou no lugar de Vilaframil unhas 65 parcelas de preto de 15 hectáreas, formado por monte baixo, prados, terreos de labradío e secaño etc. Levou tempo acondicionar os terreos para uso agrícola e gandeiro e para a construción das numerosas dependencias pois houbo que sanear as zonas pantanosas, construír camiños, cavar e repoboar o monte, demoler lindes, instalar mecanismos de regadío... En 1929 o recinto estivo rematado.
|
| 2006-00-00 | O legado de Pedro Murias na actualidade |
Ver
Transcripción da O legado de Pedro Murias na actualidade en 00/00/2006Tras un longo declive en que o centro educativo chegou a pecharse e as instalacións e os terreos quedaron practicamente abandonados, en 1993 a Xunta de Galicia retoma o proxecto de Pedro Murias. Comeza ese ano a rehabilitación das instalacións e apróbase a creación dun centro de formación profesional dedicado á formación e experimentación agroforestal para que os e as estudantes galegas coñezan de primeira man as novidades do sector e contribúan á modernización e progreso do rural galego. Por suposto, este centro mantén o nome do indiano iniciador do proxecto a comezos do pasado século. Galicia e a comarca da Mariña honran a este filántropo a través da continuidade da súa obra. Cen anos despois, o nome de Pedro Murias permanece na memoria colectiva como un referente nos estudos agrarios de Galicia.
|
| 2007-00-00 | A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 |
Ver
Transcripción da A primeira escola fundada pola ABC na aldea muxiá de Nemiña, 2007 en 00/00/2007No ano 1929 a entidade inicia o seu proxecto educativo coa decisión de construír nunha primeira fase catro escolas nos concellos de Muxía, Vimianzo, Fisterra e Cee. O primeiro centro escolar en ser rematado estaba en Nemiña.
|
| 2008-00-00 | O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 |
Ver
Transcripción da O edificio escolar da vila de Ares construído polos seus emigrantes, 2008 en 00/00/2008Este magnífico edificio é o mellor símbolo para lembrar a todos os seus emigrantes e todo o ben que estes fixeron para o progreso e modernización dos seus veciños e veciñas. A edificación ten unha clara inspiración indiana, cunha rica decoración que lle proporciona uniformidade ao conxunto pese a ter varias fases na súa construción. Tal como podemos ler na memoria social da Alianza Aresana de 1908, decídese «construir el aula de los niños, la más urgente para trasladar a ella a los alumnos que se encuentran ya escolarizados, en la segunda el aula de las niñas y en la tercera el módulo de unión entre ambas. Esta subdivisión del proyecto se debe a que la disponibilidad económica actual no permite abordar el total de la obra. [...] El importe de la obra realizada asciende a 7773 pesetas, en las que se incluye mobiliario y material escolar».
|
| 2008-00-00 | Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008 |
Ver
Transcripción da Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008Nun principio, as actividades académicas iniciáronse sen unha sede propia, e impartíanse clases desde educación infantil, coñecida popularmente como «Kinder», ata os primeiros cursos de educación primaria. Pouco a pouco foise ampliando a cobertura educativa e a partir do curso 1987-1988 acada a etapa de bacharelato. En 1999-2000 o Colegio Castelao estrea nova sede nas instalacións da propia Hermandad Gallega de Venezuela, e nese ano académico conta cunha poboación escolar de máis de catrocentos alumnos. Hoxe esta institución educativa leva 58 anos de andaina e está perfectamente consolidada como tal, cun prestixio crecente na comunidade de acollida.
|
| 2008-00-00 | «Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 |
Ver
Transcripción da «Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008Un dos obxectivos principais da Unidad Educativa Colegio Castelao é o de brindar unha educación integral e de calidade aos fillos e fillas dos socios, como forma de apoiar as familias, nun contexto en que se difundan e defendan a lingua e a cultura galegas, ademais de ofrecer un coñecemento profundo dos valores, a cultura e as tradicións de Venezuela.
|
| 2009-00-00 | Edificio das Escolas Matías López en Sarria, 2009 |
Ver
Transcripción da Edificio das Escolas Matías López en Sarria, 2009 en 00/00/2009Este edificio foi construído grazas ao legado do sarriao Matías López y López, quen emigrou a Madrid, onde conseguiu triunfar como empresario chocolateiro. Moi vinculado á súa vila natal, deixou un importante legado no seu testamento: "(...) cien mil para la construcción de un edificio para Escuela pública de niños y niñas del partido municipal que a ellas concurran y las diez mil restantes para el material de las mismas (...)". Desexo que foi levado a bo fin pola súa familia. O edificio escolar foi inaugurado en 1896 e funcionou como centro de ensino durante moitos anos.
|
| 2009-00-00 | Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925 |
Ver
Transcripción da Monumento homenaxe aos irmáns García Naveira na súa vila natal de Betanzos, inaugurado en 1925 en 00/00/2009Juan María e Jesús García Naveira emigraron a Arxentina e alí lograron unha gran fortuna. Ambos os irmáns foron socios nos negocios e tamén na actividade benéfica e filantrópica que levaron a cabo na súa terra natal. Crearon un padroado benéfico-docente para construír un asilo e un edificio escolar, ademais de varias obras públicas. As Escolas García Hermanos foron inauguradas en 1914, dous anos despois da morte de Jesús na Arxentina. Este, no seu testamento, deixou un legado para construír outro centro educativo que levaría o seu nome e que foi inaugurado en 1918. Juan María residiu coa súa familia en Betanzos ata a súa morte en 1933, rodeado do recoñecemento e gratitude dos seus paisanos.
|
| 2009-00-00 | O colexio Marcos M. de Avellaneda na parroquia de Banga (O Carballiño), 2009 |
Ver
Transcripción da O colexio Marcos M. de Avellaneda na parroquia de Banga (O Carballiño), 2009 en 00/00/2009Este edificio foi promovido pola sociedade instrutiva Hijos de Banga en Buenos Aires, tamén coñecida como Pro-escuela en Banga, nome que xa nos acredita a súa funcionalidade. Contaba con poucos socios e xa dende o primeiro momento dirixiuse aos seus conveciños para pedir colaboración económica e axuda para levar a cabo a súa tarefa. Finalmente o edificio escolar foi inaugurado en 1931, aínda que continuaron as obras varios anos despois.
|
| 2009-00-00 | A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 |
Ver
Transcripción da A casa-escola de Estorde (Cee) rehabilitada, 2009 en 00/00/2009A elección de Estorde para construír a escola vén precedida de polémica, pois desde a corporación preferíase outra localización. A doazón de 1000 pesos e da madeira necesaria para a súa construción por parte de Marcial González, directivo da ABC e natural desta aldea, fixo que a sociedade optase por este lugar. A escola inaugurouse en 1931 e na fachada principal aínda se conserva unha placa de mármore na que podemos ler «ESCUELA MARCIAL GONZÁLEZ, Nº 4 DE LA "ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN" DE BUENOS AIRES». Funcionou como aula de primaria ata os anos 80, cando a falta de alumnado provocou o seu peche. En 2006, o Concello de Cee promoveu a súa rehabilitación e a do seu recinto.
|
| 2009-00-00 | Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009 |
Ver
Transcripción da Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009 en 00/00/2009Ao longo destes anos a entidade tivo e ten unha estreita relación con Galicia nunha historia de ida e volta. Non só os directivos e mais os socios e socias da ABC visitan a súa terra natal, senón que tamén reciben visitas de autoridades galegas que viaxan a Arxentina. Este contacto estreito cos nosos emigrantes é unha tarefa que levan a cabo alcaldes e membros das institucións e do Goberno de Galicia. Nesta fotografía vemos a recepción que se lles fixo aos representantes da Deputación da Coruña. Nesta visita inaugurouse o salón principal da sede social da entidade sita na rúa Venezuela, ampliado e adaptado ás necesidades dos e das socias de maior idade grazas a un convenio asinado coa Deputación.
|
| 2009-00-00 | Directiva da ABC del Partido de Corcubión, grande anfitrioa, 2009 |
Ver
Transcripción da Directiva da ABC del Partido de Corcubión, grande anfitrioa, 2009 en 00/00/2009As directivas da ABC del Partido de Corcubión caracterizáronse, desde os seus inicios, polo seu alto grao de actividade e iniciativas que impulsaron á entidade a seguir subindo os banzos propios dun arduo traballo en equipo.
|
| 2009-00-00 | Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 |
Ver
Transcripción da Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 en 00/00/2009No testamento de Jesús García Naveira aparece especificado o legado de 50 000 pesetas para a construción dun novo edificio educativo para a vila. Debía ser unha escola municipal de ensino primario para os nenos e nenas da localidade. A única condición para construíla era a cesión por parte do Concello do soar no Picardel, preto da igrexa de San Francisco.
|
| 2011-00-00 | Grupo escolar Barcia en Padróns (Ponteareas), 2011 |
Ver
Transcripción da Grupo escolar Barcia en Padróns (Ponteareas), 2011 en 00/00/2011Este edificio foi mandado construír polos irmáns José, Benito e Generoso Barcia Boente. De familia moi humilde, emigraron a Iquitos (Perú), onde fixeron fortuna coa extracción e venda de caucho. En 1913 inaugurouse o edificio, que comezou a funcionar como centro de ensino primario en 1915, con todos os adiantos educativos e pedagóxicos. O seu mantemento foi sostido co patrimonio dos doadores ata mediados dos anos 20. Ao morrer Generoso, o último propietario, en 1951, deixou como herdeiros os veciños da parroquia.
|
| 2011-00-00 | Edificio escolar La Devesana, no concello de Ortigueira, 2011 |
Ver
Transcripción da Edificio escolar La Devesana, no concello de Ortigueira, 2011 en 00/00/2011Este concello é un dos municipios galegos con maior número de "escolas de americanos". A pegada da súa emigración é patente en moitas das súas aldeas e parroquias. Este edificio foi inaugurado en 1912 pola Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana, fundada na Habana en 1907 coa finalidade principal da creación e mantemento dun centro de ensinanza na súa parroquia natal. A escola contaba con dúas aulas con capacidade para 90 alumnos de ambos os dous sexos e a ensinanza impartida era gratuíta e laica.
|
| 2011-00-00 | Salón de Usos Múltiples Juan Graíño, cidade de Vicente López, Provincia de Bos Aires, 2011 |
Ver
Transcripción da Salón de Usos Múltiples Juan Graíño, cidade de Vicente López, Provincia de Bos Aires, 2011 en 00/00/2011Aos propósitos de beneficencia, cultura e recreación da ABC del Partido de Corcubión súmase o deporte. Vese así ampliada a esfera de interacción social entre os asociados e, neste caso, o resto da comunidade arxentina. Esta obra recibiu o apoio da Deputación da Coruña e tamén foi impulsada polo intendente de Vicente López Enrique García. A cancha, en principio, está destinada para a práctica de fútbol sala e voleibol, e nela teñen lugar numerosas competicións amigables co equipo da ABC del Partido de Corcubión.
|
| 2012-00-00 | Alumnado do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, 2012 |
Ver
Transcripción da Alumnado do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, 2012 en 00/00/2012O Instituto Argentigo-Gallego Santiago Apóstol é o primeiro centro educativo galego oficial creado fóra de Galicia. Fundouse en 1998 e localízase no barrio de Once da capital bonaerense. A construción do edificio levouse a cabo en distintas fases, pois as súas infraestruturas fóronse ampliando ano tras ano, o que non impediu o seu funcionamento xa desde o principio, co desenvolvemento das clases nos primeiros graos de educación infantil e primaria. No ano 2005 tivo lugar o comezo do nivel secundario, co que se mantivo o propósito de desenvolver un proxecto educativo bicultural en todos os niveis de ensino. Cada ano, a promoción das rapazas e rapaces egresados do instituto realiza unha viaxe a Galicia para coñecela e materializar os coñecementos adquiridos sobre ela ao longo dos seus anos de estudo no instituto. Visitan institucións públicas e os concellos galegos de procedencia de cada un dos homenaxeados no Día das Letras Galegas, entre outras actividades culturais e recreativas que fan da súa estadía unha experiencia inesquecible.
|
| 2019-00-00 | Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 |
Ver
Transcripción da Acto de homenaxe á ABC del Partido de Corcubión na escola de Suarriba, en Fisterra, 2019 en 00/00/2019O meritorio labor do Concello de Fisterra pola rehabilitación da casa-escola de Suarriba, construída en 1930, viuse coroado por un acto de recoñecemento á entidade arxentina coa recuperación e colocación da antiga placa de mármore que tiña a escola e que se perdera. Así, agora na fachada principal do antigo centro educativo podemos ler, como outrora, «“ESCUELA JUAN DÍAZ FERNÁNDEZ”, Nº 3, DE LA “ABC DEL PARTIDO DE CORCUBIÓN” DE BUENOS AIRES».
|
| 2019-00-00 | Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 |
Ver
Transcripción da Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 en 00/00/2019Na actualidade este edificio continúa a ser un referente no sistema educativo cubano como centro de estudo de numerosas xeracións de nenos e nenas cubanas. O actual Plantel Escolar Concepción Arenal segue levando o nome que lle deran os seus creadores, os emigrantes galegos instalados na illa de Cuba. Isto debe ser un orgullo para Galicia como un símbolo das iniciativas dos nosos paisanos alén mar a prol da cultura e da educación.
|
| 2020-00-00 | Sede da Federación na rúa Chacabuco, 2020 |
Ver
Transcripción da Sede da Federación na rúa Chacabuco, 2020 en 00/00/2020Dende a súa fundación a FSG, ocupou diversas sedes alugadas que ían cambiando ben por motivos económicos, ben polas necesidades do seu funcionamento. Coa reunificación federativa, o desexo de ter unha sede propia máis ampla para poder acoller a todas as sociedades federadas levou á creación dunha comisión “Pro-Casa Propia”, dirixida por Antón Alonso Pérez e co obxectivo de recadar fondos para mercar un edificio e acondicionalo para o seu uso. En 1942, tras unha intensa campaña na prensa da colectividade e coa axuda económica do seu principal valedor, consegue mercar un edificio no número 955 da rúa Chacabuco, que hoxe en día continúa a ser a sede federal e onde está instalado o Museo de la Emigración Gallega en la Argentina Francisco “Paco” Lores (MEGA). Neste museo pódense visitar numerosas exposicións e consultar o patrimonio documental desta centenaria institución.
|
| 2020-00-00 | Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 |
Ver
Transcripción da Unha das casas indianas que se conservan na vila mariñeira de Ares, 2020 en 00/00/2020Esta fermosa casa foi construída a finais dos anos 20 do pasado século sobre a antiga casa familiar dos Ramos Bugallo, situada nunha das principais rúas de Ares. Foi herdada polas irmás Josefa e Sara, casadas cos emigrantes aresáns en Cuba Arturo Fuentes Rodríguez e Emilio Fernández López, que ao regresar decidiron instalarse na súa vila natal. En realidade estamos a falar de dúas vivendas separadas por unha medianeira e cuxas fachadas teñen un esquema compositivo moi similar que lles aporta unidade. Destacan as grandes galerías de estilo modernista con vidros de cores e molduras decorativas, obra do recoñecido carpinteiro aresán Ángel García. Tamén hai que salientar as cornixas e os ornamentos de forxa de clara inspiración modernista.
|
| 2022-00-00 | Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. |
Ver
Transcripción da Florencio Delgado Gurriarán, Córgomo (1903) - Fair Oaks, Estados Unidos (1987) et. al. en 00/00/2022Este libro fora publicado en 1943 na capital mexicana por iniciativa do Partido Galeguista. Trátase dunha antoloxía de textos poéticos cos que se quería homenaxear aos “compañeiros caídos na Guerra Civil española”. O editor literario desta obra colectiva foi Florencio Delgado Gurriarán, quen achegou catorce poemas da súa autoría. Tamén colaboraron Ramón Cabanillas Álvarez, fillo do poeta, Emilio Pita, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Bieito Búa Rivas e Ramón Rey Baltar, todos asinando con pseudónimos. Hai tamén un poema de Concepción Lamas Barreiro (Chita Lamas), considerada polo profesor Xesús Alonso Montero como a primeira voz feminina do exilio galego.
|
| 2022-00-00 | Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 |
Ver
Transcripción da Colaboración emigrante nas obras públicas da comarca, o cemiterio de Xerdiz en Ourol, 2022 en 00/00/2022Este fermoso e singular cemiterio foi construído en 1908 grazas ás doazóns de moitos dos veciños da parroquia de Xerdiz residentes na illa de Cuba. Dos 110 doantes, cuxos nomes aparecen nunha placa de homenaxe que se conserva, 64 eran emigrantes na Habana e achegaron máis do 75 por cento do custo total da obra.
|


