Temática: Historias de ida e volta

Temática: Historias de ida e volta [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
Folleto publicitario do buque Santa Maria, sen data
Ver

Transcripción da Folleto publicitario do buque Santa Maria, sen data

A navieira portuguesa Companhia Colonial de Navegação publicaba estes folletos para dar a coñecer as rutas da súa frota de buques de transporte de pasaxeiros entre Europa e América. O Santa Maria, botado en 1953, contaba con todos os adiantos técnicos da época, e era un dos seus barcos máis rápidos e luxosos.
Como aparece neste folleto, o transatlántico cubría principalmente a chamada ruta caribeña, con amarres nos portos de Vigo, Lisboa, Madeira, Tenerife, A Guaira en Venezuela, Curaçao, San Xoán de Porto Rico e Miami. Ofertaba unhas instalacións modernas e de gran calidade, con capacidade de máis de 1100 pasaxeiros e unha tripulación de 293 persoas para os atender coa maior eficacia.


1931-00-00
Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995). Figura intensa e orixinal de vangarda da preguerra
Ver

Transcripción da Maruxa Mallo (Viveiro 1902 - Madrid 1995). Figura intensa e orixinal de vangarda da preguerra en 00/00/1931

Ana María Gómez González Mallo, así era o verdadeiro nome desta viveirense de nacemento. Formou parte dese grupo de mulleres que fixeron achegas igual de importantes de toda unha xeración, coñecida como a Xeración do 27. A súa condición de filla dun funcionario de aduanas fixo que o seu horizonte se vise ampliado desde pequena. Os destinos adxudicados ao seu pai foron todo un escenario de oportunidades para desenvolver o seu talento innato. Esta circunstancia persoal permitiulle estudar en Madrid, na Escola de Belas Artes de San Fernando. Inmersa nun ambiente cultural efervescente, toma contacto cos membros da Residencia de Estudiantes, como Federico García Lorca, que a introduce nas que el chamaba “Juergas Líricas”. Tratábase de reunións de estudantes nas que se daba renda solta a esas ideas dos que serían, nun futuro próximo, figuras sobresaíntes no panorama artístico español, por exemplo Dalí ou Buñuel, ademais doutros persoeiros transcendentes no mundo da arte, da literatura e do teatro. Maruxa chegaría a ser, sen dúbida, unha desas figuras pois a súa pintura causaba sensación. Na súa obra pictórica as mulleres adquiren un papel preponderante.
Maruxa saía dos patróns de conduta convencionais da época. Facía deporte como símbolo de modernidade e foi unha das pioneiras do chamado “sensombreirismo”, xunto a Margarita Manso, Dalí e Lorca, manifestación de ruptura de convencionalismos imperantes na sociedade madrileña. Desde moi cedo a súa obra pictórica impresiona aos entendidos da arte da época. En 1928 Ortega y Gasset organiza a exposición dunha mostra da obra de Maruxa, nas instalacións da Revista de Occidente, que alcanza eloxios da crítica máis prestixiosa. Vánselle abrindo portas e marcha a París cunha bolsa académica. Alí coñecerá a Miró, Magrit e André Bretón. Este último, pai do surrealismo, mercoulle o cadro titulado El espantapájaros, da serie pictórica “Cloacas y campanarios”. De regreso a España a súa obra afástase do surrealismo e entra nunha etapa marcada polas formas xeométricas, sendo as clases populares galegas a súa inspiración. Fai unha obra plástica en gran formato, na que recolle estampas do traballo do campo e do mar galego. Comparte o ideario da Segunda República, participa nas Misións Pedagóxicas e manifesta preocupación polas reivindicacións sociais, sendo fiel exemplo diso o seu cadro titulado "Sorpresa del trigo", inspirado nunha manifestación do 1º de Maio. Tras o golpe de Estado de 1936, Bos Aires sería o seu primeiro destino no exilio, grazas á axuda de Gabriela Mistral, embaixadora de Chile en Portugal. Neruda e outros intelectuais latinoamericanos serán as súas novas amizades, así como tamén varios membros da comunidade de exiliados galegos, como foi o caso de Luís Seoane. O seu exilio, ao contrario do de moitos galegos e galegas, foi bastante frutífero. Grazas aos seus contactos e recoñecemento artístico, viaxou por América do Sur e expuxo a súa obra en Nova York, París e Arxentina. A súa obra cobra un interese internacional. Nos anos 60 decide retornar a España e atópase con que non ten un lugar de recoñecemento artístico na elite de pintores españois. Os seus amigos máis próximos morreran ou vivían fóra do país. A pesar de todo, ela segue pintando e convértese nunha figura excéntrica e extravagante. Nos anos 80 comézase a reivindicar a súa figura e recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes de Madrid. Este acontecemento verase reflectido en Galicia, onde foi condecorada coa Medalla de Galicia. En 1993 o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) abre as súas portas cunha exposición pictórica antolóxica de Maruxa Mallo. En 1995 falece en Madrid esta magnífica pintora galega, figura intensa e irrepetible.


1941-00-00
Colegio Madrid, Cidade de México, 1941
Ver

Transcripción da Colegio Madrid, Cidade de México, 1941 en 00/00/1941

Varios miles de españois, entre os que figuraban moitos galegos, foron obrigados a abandonar a súa patria tras o estoupido da Guerra Civil polo feito de permanecer fieis ao Goberno republicano legalmente constituído. Países como Francia e Portugal serviron principalmente como lugares de tránsito dos exiliados galegos cara a varios destinos americanos de acollida, entre os que destacaron México e A Arxentina. A experiencia migratoria —provocada por factores que escapaban á propia vontade persoal— non lles impediu alcanzar unha integración efectiva e desenvolver iniciativas de moi diversa índole, dada a súa notable formación académica e o seu previo desempeño laboral como profesionais tanto liberais como do corpo de docentes con certa actividade política. O apoio recibido polo Goberno mexicano foi fundamental para lograr o ascenso nos círculos sociais e económicos do país. O presidente Lázaro Cárdenas e o Partido Revolucionario Institucional (PRI) foron pezas claves. Os exiliados españois e galegos crearon institucións de carácter político (Alianza Nazonal Galega), societario, cultural, recreativo etc.
No ámbito educativo os exiliados fundaron centros docentes coñecidos como «colexios do exilio», un dos cales foi o emblemático Colegio Madrid, fundado na Cidade de México en 1941 e exemplo de desenvolvemento do proxecto educativo da Segunda República española, que seguía os valores republicanos de democracia, xustiza e equidade. Durante todas estas décadas de funcionamento logrou consolidarse como unha institución de excelencia académica e innovación pedagóxica.
Nesta imaxe atopamos a María Concepción Pazo Álvarez, profesora estradense, que tivo que deixar o seu traballo como agregada de Inspección en Santiago de Compostela en 1946 para reunirse co seu home, Celestino López López, quen xa levaba dez anos esperándoa na Cidade de México. Alí traballou como mestra de educación primaria no Colegio Madrid ata que retornou a Galicia en 1971.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaCastelao, Dieste, RafaelVelo Mosquera, XoséDelgado Gurriarán, FlorencioDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoVarela Vázquez, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoCuadrado, ArturoPiñeiro López, RamónHervella Nieto, EvelinaMuñoz Manzano, CarmenMaside, CarlosGonzález López, EmilioFole, ÁnxelMiranda, AnisiaNúñez Búa, XoséNeira Vilas, XoséSerrano Plaja, ArturoColmeiro, ManuelBlanco Amor, EduardoCañas, PilarDónega, MarinoAlberti, Rafael Eiroa, José GabrielPaz-Andrade, ValentínGascó Contell, EmilioSalas, PelayoBaltar Domínguez, AntonioSerra i Moret, ManuelBernárdez, Francisco LuísPicasso, PabloOtero Espasandín, XoséViqueira Landa, LuisaLeón Felipe, Fernández, ValentínOtero Pedrayo, RamónBlanco Amor, JoséTobío Fernández, LoisAlvajar, AmparoViqueira, Xohán VicenteRubia Barcia, JoséCastro, AméricoGoya, Francisco dePita, EmilioGonzález Carbalho, JoséCastagnino, Juan Carlos Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. literaturaartesÁlbum de Galiciaemigraciónpolíticaasuntos particularesacción políticaÁlbum Castelao na Casa de Galicia de MontevideoFondos de Radio Nacional de España en Galiciaartes visuaisautores/asentrevistaespazos artísticosFardel d’eisiladoGuerra Civil española (1936-1939)historiamedios de comunicaciónA nova SargadelosfranquismoMullerespintura galega do s. XXHistorias de ida e voltaObra Completa de Ramón CabanillasradioColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneprensa escritacineDon Manuel del Leónnacionalismo galegoculturaliteratura galega do s. XXautobiografíabiografíaLibro de TapasPrecursores e novos«Reivindicación gallega de Valle-Inclán»«Galicia: Paisaje y Lirismo»Murales de Seoane en la Avenida Santa FeDiccionario bio-bibliográfico de escritoresEscolma de poesía medieval galegaTerra Brava. Contos da SolainaI Congreso da Emigración Galega. 1956Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimentoExposición de Luís Seoane. Nova York. 1961Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1961Llanto por la muerte de Sánchez MejíasMiguel de Unamuno. Cancionero. Diario poéticoLa insepulta de Paita

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0