Temática: ensino

Temática: ensino [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1941-00-00
Colegio Madrid, Cidade de México, 1941
Ver

Transcripción da Colegio Madrid, Cidade de México, 1941 en 00/00/1941

Varios miles de españois, entre os que figuraban moitos galegos, foron obrigados a abandonar a súa patria tras o estoupido da Guerra Civil polo feito de permanecer fieis ao Goberno republicano legalmente constituído. Países como Francia e Portugal serviron principalmente como lugares de tránsito dos exiliados galegos cara a varios destinos americanos de acollida, entre os que destacaron México e A Arxentina. A experiencia migratoria —provocada por factores que escapaban á propia vontade persoal— non lles impediu alcanzar unha integración efectiva e desenvolver iniciativas de moi diversa índole, dada a súa notable formación académica e o seu previo desempeño laboral como profesionais tanto liberais como do corpo de docentes con certa actividade política. O apoio recibido polo Goberno mexicano foi fundamental para lograr o ascenso nos círculos sociais e económicos do país. O presidente Lázaro Cárdenas e o Partido Revolucionario Institucional (PRI) foron pezas claves. Os exiliados españois e galegos crearon institucións de carácter político (Alianza Nazonal Galega), societario, cultural, recreativo etc.
No ámbito educativo os exiliados fundaron centros docentes coñecidos como «colexios do exilio», un dos cales foi o emblemático Colegio Madrid, fundado na Cidade de México en 1941 e exemplo de desenvolvemento do proxecto educativo da Segunda República española, que seguía os valores republicanos de democracia, xustiza e equidade. Durante todas estas décadas de funcionamento logrou consolidarse como unha institución de excelencia académica e innovación pedagóxica.
Nesta imaxe atopamos a María Concepción Pazo Álvarez, profesora estradense, que tivo que deixar o seu traballo como agregada de Inspección en Santiago de Compostela en 1946 para reunirse co seu home, Celestino López López, quen xa levaba dez anos esperándoa na Cidade de México. Alí traballou como mestra de educación primaria no Colegio Madrid ata que retornou a Galicia en 1971.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Castelao, ;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Cuadrado, Arturo;  Tobío Fernández, Lois;  Piñeiro López, Ramón;  Hervella Nieto, Evelina;  Muñoz Manzano, Carmen;  Maside, Carlos;  Rama, Carlos M.;  González López, Emilio;  Fole, Ánxel;  Miranda, Anisia;  Núñez Búa, Xosé;  Neira Vilas, Xosé;  Serrano Plaja, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Dónega, Marino;  Alberti, Rafael;  Eiroa, José Gabriel;  Paz-Andrade, Valentín;  ;  Viqueira, Xohán Vicente;  Gascó Contell, Emilio;  Salas, Pelayo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Bernárdez, Francisco Luís;  Picasso, Pablo;  Serra i Moret, Manuel;  Otero Espasandín, Xosé;  León Felipe, ;  Viqueira Landa, Luisa;  Fernández, Valentín;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, José;  Alvajar, Amparo;  Frontini, Norberto;  Casona, Alejandro;  Pérez Prado, Antonio;  Coppola, Horacio;  Cabanas, Constantino;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  literatura;  artes;  Álbum de Galicia;  emigración;  política;  asuntos particulares;  acción política;  Álbum Castelao na Casa de Galicia de Montevideo;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  artes visuais;  autores/as;  entrevista;  espazos artísticos;  Fardel d’eisilado;  historia;  Guerra Civil española (1936-1939);  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  Exilio e ditaduras do Cono Sur;  medios de comunicación;  A nova Sargadelos;  franquismo;  Mulleres;  pintura galega do s. XX;  Historias de ida e volta;  represión;  Obra Completa de Ramón Cabanillas;  radio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  cine;  Don Manuel del León;  nacionalismo galego;  cultura;  censura;  literatura galega do s. XX;  autobiografía;  nacionalidade;  biografía;  Vida cotiá, familia e saúde;  Libro de Tapas;  Precursores e novos;  «Reivindicación gallega de Valle-Inclán»;  «Galicia: Paisaje y Lirismo»;  Murales de Seoane en la Avenida Santa Fe;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Escolma de poesía medieval galega;  Terra Brava. Contos da Solaina;  I Congreso da Emigración Galega. 1956; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0