Temática: agricultura

Temática: agricultura [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
O millo como marca americana nos cultivos de Galicia
Ver

Transcripción da O millo como marca americana nos cultivos de Galicia

Coma no resto de Europa, o sistema de alimentación e a paisaxe agraria galega víronse transformados pola introdución do millo, cereal procedente de América. Segundo o Boletín de la Real Academia de Historia de 1953, este último chegou a Europa en 1604. Existen varias teorías e numerosos estudos que nos falan sobre os pioneiros en traer o dito cereal a Galicia, as zonas onde se plantou por primeira vez e o primeiro uso que se fixo del. Nesta ocasión non imos deternos na súa historia pero queremos lembrar que tras a súa chegada non tivo boa acollida social. Utilizábase para o consumo dos animais. Co paso do tempo pasou a ser consumido por aquelas familias que non tiñan centeo para facer o pan. Marcábase así certo status social en función do tipo de pan que se consumía nos fogares galegos. Na actualidade esa connotación social negativa desapareceu e simplemente é unha cuestión de gustos. O certo é que Galicia cultiva o 75% de todo o millo forraxeiro español. A gandaría galega produtora de leite sustenta a súa alimentación a base deste gran como fonte de enerxía necesaria para a produción.


1964-12-31
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1964 en 31/12/1964

Vigo, 31 de Diciembre de 1964


Sr.D. Isaac Díaz Pardo
Cerámica Celtia S.A.
Magdalena F.N.G.R.
República Argentina


Querido Isaac:

A tua carta do 16, compre meditala moito. Eu ben quixera ter tempo para dar desenvolvemento a-os puntos que tocas. Doume conta de que os enfoques tradicionaes sobre o problema socio-económico da nosa terra, teñen feito sua camada nos espritos, mais coido que non darán remedio aos nosos males.
O plan promulgado pol-o goberno, aínda con dous polos de desenvolvimento industrial, fará máis agudo aínda o disparexo contraste do agro e da vila, da masa rural empobrecida, e de duas ou tres concentracións urbáns que medran en volume moito máis que en formación cultural. Coido que o erro fundamental está no medo que ten o poder central aos plans de desenvolvimento rexional, único camiño pra que a prostración das zonas deprimidas acabara, e puderan ir reflotando ao nivel das mais adiantadas.
Non se decideu dar a estrutura rexionalizadora ao plan, penso que por non instituír unha autoridade económica ao frente de cada demarcación. Esa autoridade podería ser o xerme de un poder autónomo, ao menos no orde material, e unha experiencia así dirixida, non cabe nos miolos dos planificadores centralistas.
Si veño loitando pol-a creación do Banco Rexional do Fomento é porque coido ter concencia de que todos os demais camiños estean pechados. Si creamos en Galicia un poder económico, fortemente dotado de capacidade, tanto como de técnica e cartos, gobernado por un pensamento dinámico e autenticamente galego, teremos dado o paso fundamental. Toda obra política descansa hoxe na actividade d-un órgao económico. Si non contamos con el facemos unha casa sin cimentos.
A revolución no campo galego, que poida dar asento definitivo aos homes nados xa con vocación de emigrar, non se fai suprimindo o minifundio ou aumentando as áreas de reforestación. Hai xente demais a vivir dela. Hai unha morada rural inhumán pra acobillar xente e facenda. Hai incultura literaria e técnica, pra obter rendimento dunha terra impropiamente explotada, que dá millo, centeo, ou patacas, nos surcos que deberan reservarse pra especies moito máis selectas e valorizadas. Xa te darás conta de que unha materia tan complexa e deturpada por vellos erros, non pode ser abordada no marco dunha epístola.
A emigración ultramariña vén decrecendo, mais pra Europa aumenta moito. No ano 1962, pasaron o Pirineo os seguintes traballadores galegos:

Da Cruña 2571
De Lugo 950
De Pontevedra 2989
De Ourense 4990

Non hai estadísticas de 1963, mais é certo que superará con moito estas cifras. O pensamento de Gallástegui era posibilista, encaixado no seu tempo. Era d-un home de cencia, non dun político nin de un economista. Pra nós é un bo punto de partida, mais é preciso forxar unha doctrina moito mais completa, profunda e enriquecida das esencias da hora que vivimos.
Todo o esforzo debe conxugarse cara a metas conqueribles, non a utopías precipitadas. Teño tanto anceio de voar co pensamento e dar solta ao sentimento como calquera de nós. Mais quero ser home do meu tempo, loitar con fórmulas facedeiras aínda que non teñan feitío de tanta pureza como certas posicións sacralizadas.
Con esta disposición estou totalmente á tua, sempre que as miñas forzas respondan.
Supoño que Seoane terá recibido nestos días unha carta miña. Dille axiña pra sua tranquilidade que a licencia de importación está concedida e remitida en tempo a Monfort. Coido que hoxe quedaría resolto o despacho.
A Pepe Núñez penso tamén escribirlle. Sei que Beamonte atópase en Madrid, mais eu non puiden velo aínda. Con Álvaro tuvo varios contactos.
Pilar, Alfonso i-eu facemos os mellores votos pol-a tua fortuna no Ano Novo, desexando que sea doce e medrado, coa máis forte aperta do teu sempre incondicioal,

Valentín


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaDieste, RafaelMaside, CarlosVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínLaxeiro, Otero Pedrayo, RamónPiñeiro, RamónArias “Mimina”, CarmenCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelBlanco Amor, EduardoCastelao, Prada, RodolfoFole, ÁnxelDelgado Gurriarán, FlorencioNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánOtero Espasandín, XoséCabanillas, RamónÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaDíaz Dorado, DiegoVilanova Rodríguez, AlbertoDíaz Arias de Castro, CamiloEiroa, José GabrielNeira Vilas, XoséBaltar Domínguez, AntonioFernández, ValentínCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoPalmás, RicardoMaiztegui, Isidro B.González López, EmilioVillamarín Prieto, JoséÁlvarez Blázquez, EmilioVelo Mosquera, XoséAlberti, RafaelMediante, FedericoValle-Inclán, Ramón MaríaFerreiro, Celso EmilioDíaz Arias de Castro, RosendoManuel María, Muñoz Manzano, Carmen Temáticas: emigración Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesliteraturaartes visuaisautores/asasuntos particularesÁlbum de Galiciamedios de comunicaciónexilioColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoanepolíticaespazos artísticosHistorias de ida e voltaA nova Sargadelosprensa escritaradioFábrica de Porcelanas La Magdalenaexilio galegoFardel d’eisiladoOutros destinos da emigración galegaGalicia onde todo retorna150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciapremiosMulleresComisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aireshistorianovelaacción políticaHistoria de la literatura gallega, de Del RiegoLibro de TapasDía de GaliciaPrecursores e novosXosé EiroaI Congreso da Emigración Galega. 1956artes escénicasCatro poemas para catro gravadosDiccionario bio-bibliográfico de escritoresLa Torre de marfil ou Paradojas de la Torre de MarfilcineXornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de MontevideoDanzas popularesAs cicatricesNa brétemaFigurando recuerdosBestiario, de A. GirriGalería BoninoHomenaje a la Torre de HérculesTres hojas de ruda y un ajo verdePremio Palanza

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0