“Todo é unha cuestión de toma de posición e co que fas contribúes a que se amplíen os espazos de emancipación”. Desta maneira, Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 1951) sintetizou o fío que atravesa a súa traxectoria vital, política e creativa. Na entrevista que lle fixo Mar Mato no marco da xornada “O punto de vista involucrado” reivindicou tamén o pracer de vivir ese compromiso: “E é cuestión de divertirte máis con isto que con calquera outra cousa” apuntou Ledo. Ao longo de todo o día diferentes especialistas contribuíron a revisar, ampliar e traducir a traxectoria desta xornalista, escritora, promotora de publicacións, activista, pioneira do feminismo, ensaísta, profesora e cineasta. A sesión organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG) foi gravada e está a disposición da cidadanía na canle de YouTube.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Margarita Ledo Andión'
Amosando noticias 1 a 17 de 17


