Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Silvestre Gómez Xurxo'
Amosando noticias 1 a 14 de 14

Homenaxe en Vigo a Zulueta de Haz, presidente da institución de 2002 a 2006

O salón de actos da Casa Galega da Cultura de Vigo, sede da Fundación Penzol, acolle este mércores (19:00 horas) a presentación da publicación de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz (Vigo 1924-2017) con motivo do centenario do seu nacemento. Na homenaxe intervirán a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o presidente do Padroado da Fundación Penzol, Manuel Puga; o presidente da Sociedade de Estudos Publicacións e Traballos (SEPT), Silvestre Gómez Xurxo; e o presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión.

Ler máis

Unha xornada recupera o legado de Xohán Vicente Viqueira

“Xohán Vicente Viqueira (1886-1924) No centenario do seu pasamento” é o título da xornada que terá lugar o martes 22 de outubro (19:00 horas) no salón de actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo. O evento, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG), a Fundación Penzol e o Concello da cidade, afondará na produción e a vida deste intelectual galego. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez e o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga, inauguran esta cita coordinada por Malós Cabrera, vicepresidenta da fundación. A asistencia será libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Ler máis

Unha xornada lembra os movementos galeguizadores da Igrexa na Transición máis a figura de Alfonso Zulueta

A tradución da Biblia dos idiomas orixinais ao galego, galardoada no seu momento co Premio Nacional de Tradución, foi un acontecemento destacado no que tivo moito que ver o empeño de Alfonso Zulueta de Haz, expresidente do Consello da Cultura Galega (CCG) e naquel momento presidente da Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT). No ano en que se cumpre o centenario do nacemento de Zulueta, diferentes especialistas e teólogos lembraron a historia dos movementos sociais que impulsaron a galeguización da Igrexa e a figura de Zulueta. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, destacou na inauguración da xornada Igrexa e lingua na Transición “aqueles movementos illados e esperanzadores por unha liturxia en galego que foron paralelos á esperanza da recuperación dos dereitos lingüísticos tralo franquismo” ao tempo de lembrar a importancia que desenvolveu Zulueta neste contexto. Pola súa parte, Silvestre Gómez Xurxo, coordinador da cita, destacou que se quixo poñer o foco “en movementos destacados que van desde a tradución da Biblia ata as romaxes pasando pola revista Encrucillada”.

Ler máis

Unha xornada analiza a galeguización da Igrexa no centenario do nacemento de Alfonso Zulueta

Igrexa e lingua na Transición é o título da xornada coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) analizará, o vindeiro 23 de abril, os movementos e iniciativas a prol da galeguización da Igrexa neste período. A xornada é tamén unha homenaxe a figuras como Alfonso Zulueta de Haz, cando se fan cen anos do seu nacemento, quen tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego. A cita, coordinada por Silvestre Gómez Xurxo, ten aberta a súa inscrición.

Ler máis

A institución renovou a composición do seu Pleno

O Consello da Cultura Galega (CCG) realizou no serán deste xoves, 21 de marzo, unha sesión plenaria ordinaria na que se produciron cambios na súa composición. Nesta ocasión procedeuse a nomear os membros designados polas institucións que conforman o CCG e que ten lugar por quendas cada dous anos, en cumprimento da Lei de creación da institución e do seu regulamento. Ademais, abriuse e o prazo para a presentación de candidaturas na quenda de personalidades destacadas da cultura galega. Na sesión fíxose balance da actividade do primeiro trimestre e un avance da do segundo trimestre.

Ler máis

Unha xornada homenaxea o filósofo e médico tudense Francisco Sánchez

Neste 2023 cúmprense catro séculos do pasamento de Francisco Sánchez, auténtico prototipo do home do Renacemento que deixou unha obra predecesora da revolución filosófica dos séculos XVII e XVIII. Co gallo da efeméride, o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Concello e Tui celebran cunha xornada de homenaxe para dar a coñecer a súa figura e o valor do seu legado. O alcalde deste concello, Enrique Cabaleiro, o secretario do CCG, Silvestre Gomez Xurxo; a concelleira de ensino, cultura e mocidade, Sonsoles Vicente Solla; e o director do coro Vox Stellae presentaron hoxe en rolda de prensa o programa desta actividade que terá lugar o vindeiro martes, 14 de novembro, na Sala Félix Rodríguez. A cita remata cun concerto no Teatro Municipal. A entrada é libre ata completar a capacidade do lugar.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa alcaldesa de Santiago

A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa alcaldesa de Santiago

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín. Na xuntanza abordaron cuestións relativas á actividade e necesidades culturais así como futuras vías de colaboración entre ambas as entidades. A presidenta asistiu acompañada de parte da Comisión Execuiva, o secretario Silvestre Gómez Xurxo e o vogal Alejo Amoedo, mais o xerente Marcelino Fernández.

Ler máis

Emilia Pérez acada o Premio Andrés Gaos do V Certame de Canto Lírico

O Consello da Cultura Galega colabora coa Certame de Canto Lírico de Compostela na concesión do Premio Andrés Gaos, categoría sénior, que recoñece a voz galega máis destacada. A quinta edición do certame concedeu este premio, que consiste nunha actuación sufragada polo CCG, a Emilia Pérez. É un dos premios do V Certame de Canto Lírico Compostela que tivo lugar na fin de semana en Compostela. A gañadora do certame foi Carmen Buendía Santiago que recibirá 4.000 euros e tres actuacións de pago (coa Real Filharmonía de Galicia, a Ópera de Oviedo e o ciclo Les musicales du Luberon). O segundo premio, dotado con 2.000 euros e unha actuación de pago, foi para Andrea Niño. O terceiro premio foi concedido a Milan Perišić, que recibiu un premio de 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Ler máis

O alumnado do colexio arxentino galego Santiago Apóstol visitou a sede da insittución

O alumnado de 5º ano do Colegio Argentino Gallego Santiago Apóstol de Buenos Aires visitou hoxe a sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela, onde foron recibidos polo secretario, Silvestre Gómez Xurxo, e o técnico Manuel Gago. Os alumnos, en viaxe de estudos por Galicia, coñeceron distintos aspectos do traballo e as actividades da institución.

Ler máis

A presidenta e a Comisión Executiva reúnense co presidente do Parlamento de Galicia

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa Comisión Executiva da institución, reuníronse esta mañá co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices. A xuntanza foi solicitada polo CCG trala reelección da súa presidenta e o nomeamento da nova executiva para abordar os futuros proxectos desta institución.

Ler máis

A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A Presidenta e a Comisión Executiva reúnense con Alfonso Rueda, presidente da Xunta

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, acompañada da nova Comisión Executiva, reuniuse esta mañá con Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta de Galicia e presidente de honra do CCG. Na xuntanza falouse da situación actual do sector, da importancia da cooperación en material cultural e dos retos de futuro.

Ler máis

Rosario Álvarez destaca o proxecto compartido do Consello da Cultura Galega na súa reelección

“Pido a axuda de todos, individual e colectiva, para o cumprimento das altas tarefas que lle foron encomendadas a esta institución gardando o principio de independencia e obxectividade” afirmou Rosario Álvarez no seu discurso de toma de posesión como presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG). Nel destacou tamén a necesidade de “reforzar a marca do CCG, que descansa sobre catro piares: identidade, interese, rigor e innovación”. O presidente de honra da institución e presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, presidiu o acto, ao que asistiron numerosas autoridades e unha nutrida representación da política, da sociedade e da cultura galegas. Tras a toma de posesión tivo lugar unha sesión plenaria, na que se procedeu á elección da nova Comisión Executiva da institución e ao nomeamento de diferentes coordinadores de seccións e arquivos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega actualiza a composición do seu Pleno

O Consello da Cultura Galega actualiza a composición do seu Pleno

O Consello da Cultura Galega celebrou no serán deste xoves dúas sesións plenarias consecutivas. Na primeira tratáronse asuntos ordinarios da institución e na segunda procedeuse á renovación dos seus membros na quenda de personalidades destacadas. A remuda deste grupo afecta, tal e como establece o regulamento da institución, a unha parte dos membros. Incorpóranse ao Plenario Alejo Amoedo, Cristina Domínguez e Celia Pereira, mentres que Elena Vázquez Cendón, Xosé Manoel Núñez Seixas e Carme Adán renovan por outra lexislatura máis. Ademais, elexiuse a Silvestre Gómez Xurxo como secretario da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega reforzou a súa dimensión asesora durante a COVID-19

O Consello da Cultura Galega reforzou a súa dimensión asesora durante a COVID-19

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou no serán deste xoves dúas sesións plenarias nas que procedeu a informar da actividade desenvolvida pola institución durante este semestre e en especial durante o confinamento provocado pola COVID-19. A reprogramación e a adaptación a novos formatos foi a tónica xeral nun período en que se reforzou a realización de informes para coñecer o alcance real da situación no sector cultural. Ademais, en cumprimento do regulamento da institución, procedeuse á renovación da composición do plenario na quenda de persoas electivas e na de representativas.

Ler máis