O Consello da Cultura Galega presentou hoxe a versión intreractiva multimedia do libro “Os instrumentos musicais na tradición galega”, de Pablo Carpintero.
O Ano Cunqueiro empezou hoxe coa presentación pública do programa de actividades conmemorativas do centenario do escritor (1911-1981), que se iniciarán en Vigo en febreiro e rematarán en Mondoñedo a finais de decembro.
O Consello da Cultura Galega continúa acrecentando a presenza na rede cos seus traballos, publicacións e informes e nesa liña presentou hoxe o sitio do Observatorio da Cultura Galega (http://observatorio.consellodacultura.org).
Os movementos sociais e os conflitos emerxentes, fronte ao “neoliberalismo hexemónico”, falan dun aumento das reivindicacións a prol do retorno da política nas sociedades e na teorización sobre elas.
O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, expresou o seu pesar polo falecemento do xeógrafo, catedrático e escritor Francisco Xavier Rio Barja (Lugo, 1919), un dos fundadores da institución, da que foi membro desde 1983 ata 2010.