Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 3541 a 3560 de 3724

EXPERTOS TOMARÁN AS EXPERIENCIAS DO ERIKA E O EXXON VALDEZ COMO BASE PARA UN INFORME SOBRE OS EFECTOS DO 'PRESTIGE'

Baixo a premisa fundamental de avaliar os danos que está a provocar a catástrofe do "Prestige" e favorecer a interacción entre as ciencias sociais e ambientais, o Consello da Cultura Galega presentou este luns o Seminario Científico Internacional "Efectos Económicos, Sociais e Ambientais da marea negra do 'Prestige'", que se desenvolverá en Santiago de Compostela os vindeiros 7 e 8 de marzo.

Ler máis

O CCG COLABORARÁ COA FUNDACIÓN ALEXANDRE BÓVEDA PARA RECUPERAR UN DOCUMENTO COA VOZ DO ILUSTRE GALEGUISTA

Co gallo da celebración do primeiro centenario do nacemento de Alexandre Bóveda, o Consello da Cultura Galega e a Fundación que leva o nome do ilustre galeguista decidiron levar adiante un proxecto en común como é a dixitalización dunha gravación orixinal da Coral Polifónica de Pontevedra coa voz de Alexandre Bóveda.

Ler máis

O CCG PRESENTA O PRIMEIRO ENCONTRO DE EXPERTOS PARA AVALIAR OS EFECTOS DA MAREA NEGRA DO ‘PRESTIGE’

Con motivo da presentación do primeiro seminario científico de carácter internacional que se desenvolverá para o estudio dos Efectos Económicos, Sociais e Ambientais da Marea Negra do "Prestige", os organizadores deste evento, o Consello da Cultura Galega e a Asociación de Economía dos Recursos Naturais e Ambientais (AERNA) convocan unha rolda de prensa que terá lugar o vindeiro luns, 17 de febreiro, ás 12,30h.

Ler máis

A PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA REQUIRE DIÁLOGO E CONSENSO, SEGUNDO AS CONCLUSIÓNS DO INFORME PRESENTADO ESTA MAÑÁ POLO CONSELLO DA CULTURA

A promoción do galego a través de políticas democráticas derivadas dun profundo diálogo político, social e institucional e a necesidade de promover planos de normalización da lingua que sexan claros nos seus obxectivos, cunha planificación detallada e que conteñan políticas de avaliación da eficiencia das súas accións foron as dúas primeiras conclusións que se extraeron do proxecto "O proceso de normalización do idioma galego: 1980-2000", promovido pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega e do que esta mañá se presentou o primeiro volume, "Política lingüística: análise e perspectivas".

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA LEMBRA MAÑÁ A CARLOS CASARES NO PRMEIRO CABODANO NO SEU PASAMENTO

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá, ás 12.30h. un acto de homenaxe ao que foi un dos seus presidentes máis queridos, Carlos Casares, falecido o pasado 9 de marzo. A homenaxe constará dun acto institucional e outro de carácter literario- musical, que se completará coa presentación do libro - CD "Carlos Casares: a semente aquecida da palabra".

Ler máis

O CCG PRESENTA MAÑÁ OS PRIMEIROS RESULTADOS DUN INFORME DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E NORMALIZACIÓN

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá, a partir das 12 h, a presentación do primeiro volume de "O proceso de normalización do idioma galego: 1980-2000", unha obra impulsada pola Sección de Lingua do CCG. Este acto, que contará coa presencia dos coordinadores do volume, Henrique Monteagudo e Xan Bouzada, supón facer público o primeiro froito dun traballo que ocupou á Sección de Lingua durante catro anos (1998-2002), tempo no que se elaborou un completo informe que se compón en total de catro volumes, o primeiro dos cales é o que se presenta mañá.

Ler máis

UN FORO DE CIENTÍFICOS ANALIZA A PARTIR DE MAÑÁ NO CCG AS CONSECUENCIAS DA CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"

O Consello da Cultura Galega acollerá mañá e pasado, 7 e 8 de marzo, o Seminario Científico Internacional "Efectos Económicos, Sociais e Ambientais da Marea Negra do 'Prestige'", un encontro de expertos que nace co obxectivo de ofrecer información obxectiva e coherente sobre as consecuencias do afundimento do petroleiro.

Ler máis

A INTRODUCCIÓN DA TECNOLOXÍA DIXITAL NO FOTOXORNALISMO OCUPARÁ UNHAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CCG EN PONTEVEDRA

O Consello da Cultura Galega, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, organizan os vindeiros días 27 e 28 deste mes unhas Xornadas Fotodixitais centradas en torno á introducción da tecnoloxía dixital na práctica fotográfica do xornalismo.

Ler máis

O CATEDRÁTICO RAMÓN VILLARES PAZ, ELIXIDO MEMBRO DO PLENO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

O Pleno do Consello da Cultura Galega (CCG) elixiu hoxe ó historiador e catedrático da Universidade de Santiago, Ramón Villares Paz, como novo membro en sustitución de Pilar Cagiao Vila, quen renunciou por razóns persoais. O novo conselleiro coordinará a Sección de Cultura Galega no Exterior e dirixirá o Arquivo da Emigración.

Ler máis

O CULTO A SANTIAGO E OS SANTUARIOS DE FRANCIA, MALTA E MÉXICO CENTRARON A ÚLTIMA XORNADA DUN CURSO NO CCG

O culto a Santiago e a rede de santuarios en Francia abriu a última xornada do curso intensivo "Os Santuarios como Orixe da Peregrinación no Mundo Cristián" que se ven desenvolvendo desde onte na sede do Consello da Cultura Galega e que esta tarde rematará cunha visita guiada á Catedral de Santiago.

Ler máis

OS SANTUARIOS COMO ORIXE DAS PEREGRINACIÓNS CENTRAN UN CURSO QUE SE DESENVOLVE NO CCG

Desde esta mañá, ás 10h., o Consello da Cultura Galega acolle un curso intensivo sobre "Os santuarios como Orixe da Peregrinación no Mundo Cristián", un curso que ocupará dúas xornadas, luns e martes, na sede do Consello da Cultura Galega co obxectivo de reunir a expertos e estudiosos sobre o fenómeno das peregrinacións de moi distintas procedencias (México, Finlandia, Polonia ou Portugal).

Ler máis

O CCG PRESENTA A EDICIÓN COMPLETA EN GALEGO DE ‘LA GALICE’, A OBRA DE REFERENCIA DO XEÓGRAFO ABEL BOUHIER

O Consello da Cultura Galega acolle mañá, mércores 11 de decembro, ás 19h. a presentación do libro "Galicia. Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario", a obra de referencia do xeógrafo francés Abel Bouhier "La Galice. Essai géographique d'analyse et d'interprétation d'un vieux complexe agraire" que agora o CCG presenta completa - dous tomos máis un, que recolle mapas e gráficos - e nunha traducción ó galego a cargo de Benxamín Casal.

Ler máis

A MOSTRA GALICIA- AMÉRICA CHEGA A BETANZOS PARA AMOSAR OS VÍNCULOS ENTRE OS DOUS POBOS Ó LONGO DOS SÉCULOS

A exposición Galicia - América. Cinco séculos de historia, organizada polo Consello da Cultura Galega en 1992, segue a súa andaina. Agora no Concello de Betanzos que acollerá esta mostra na planta alta do seu Edificio do Liceo a partir de mañá, xoves, 5 de decembro, ás 20.30h nun acto que contará coa presencia do presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

Ler máis

COMUNICADO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
PERANTE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Ler máis

O CCG INTERCAMBIARÁ EXPERIENCIAS E PROXECTOS CUNHA REPRESENTACIÓN DO CONSELL VALENCIÀ DE CULTURA

A Comisión Executiva do Consell Valencià de Cultura realizará unha visita oficial este martes e mércores ó Consello da Cultura Galega. A Comisión estará encabezada polo Presidente da institución, Santiago Grisolía.

Ler máis

AS MEMORIAS DE RAMÓN PIÑEIRO, A DERRADEIRA OBRA DE CARLOS CASARES, PRESÉNTASE MAÑÁ NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A autobiografía de Ramón Piñeiro ou, en palabras de Carlos Casares, o que se puido "salvar e compoñer" a partir de horas de conversas entre Casares e Piñeiro. Esto é "Da miña acordanza. Memorias de Ramón Piñeiro", o derradeiro traballo do que foi presidente do Consello da Cultura Galega e director de Galaxia, Carlos Casares, e que mañá se presenta oficialmente nun acto que terá lugar mañá, martes, 26 de novembro, ás 20h. na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O PERFIL E CONDICIÓNS LABORAIS DO XORNALISTA
EN INTERNET CENTRAN A NOVA PUBLICACIÓN DO CCG

Os avances tecnolóxicos dos últimos anos están a cambiar as formas de comunicación e facendo que xurdan novas canles que esixen dos xornalistas unha adaptación. O xornalismo en Internet, a súa situación laboral e as súas actitudes profesionais e, sobre todo, a definición das funcións do xornalista en Internet eran cuestións pendentes que o Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Comunicación, decidiu abordar a través dun miúdo estudio que agora se presenta dentro da colección de Informes baixo o título "Xornalismo en Internet. Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña".

Ler máis

UN INFORME DO CCG DESTACA AS PRECARIAS CONDICIÓNS NO TRABALLO DOS XORNALISTAS DE MEDIOS ELECTRÓNICOS

Home, menor de trinta anos, licenciado en Xornalismo, que traballa a xornada completa, cun salario de entre 600 e 900 euros ó mes e que fai horas extras que case nunca cobra. Este é o perfil do xornalista galego en Internet, segundo se desprende do Informe que baixo o título "Xornalismo en Internet. Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña" presentou esta mañá o coordinador da Sección de Comunicación do CCG, Xosé López.

Ler máis

PONTEVEDRA ACOLLE UN ENCONTRO PARA ESTUDIA-LAS PREMISAS DUNHA LEI DE PROTOCOLO DE GALICIA

Os conflictos que xorden á hora de aplicar as regras do protocolo español e as das diferentes Comunidades Autónomas será un dos temas centrais que se abordarán ó longo das dúas xornadas das que se compón o I Encontro de Protocolo e Cerimonial en Galicia, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo o xoves e o venres, 14 e 15 de novembro.

Ler máis

O MUSEO DO POBO GALEGO ACOLLE A HISTORIA DOS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA ATA FINAIS DE ANO

O Museo do Pobo Galego, en San Domigos de Bonaval (Santiago de Compostela), acollerá desde mañá, mércores 13 de novembro, e ata finais de ano a mostra "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos". O acto de apertura oficial da exposición terá lugar no Museo do Pobo Galego ás 13h. e contará coa participación do presidente do Conselo da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

Ler máis