Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1241 a 1260 de 3724

Cultura e sustentabilidade

Cultura e sustentabilidade

Descarga do informe

Ler máis

Falan elas

Falan elas

Documental sobre a realidade trans en Galicia

Ler máis

O Consello da Cultura Galega pon na rede unha edición facsimilarVindicación. Vida e milagros de Pepe de Xan Baña

O Consello da Cultura Galega (CCG) puxo a disposición pública en Internet o libro Vindicación. Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba, do emigrante de Santa Comba Xosé Baña Pose. Este volume foi publicado orixinalmente en 1921 en La Habana, co obxectivo de ser repartido entre os veciños xalleiros na seguinte viaxe do escritor. O libro conta cun estudo introdutorio do profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Costas González, no que se analizan as particularidades da lingua galega empregada na publicación. Está editado na colección Clásicos da Emigración do CCG e a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

Ler máis

As xornadas 'Mulleres rurais' reclaman unha maior visibilización da súa realidade nas estatísticas e nas políticas do Estados

Onte presentáronse as conclusións da xornada 'Mulleres rurais. Unha ollada desde Galicia e América Latina', xa cal se celebraran as conferencias o 1 de xuño. A xornada, organizada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (CDIF) e a Valedoría do Pobo de Galicia, reuniu a destacadas expertas do país e de varios estados latinoamericanos para "intercambiar coñecementos, boas prácticas, ideas e propostas" en relación á realidade das mulleres rurais. Na presentación das conclusións participaron Rosario Álvarez, presidentas do Consello da Cultura Galega, e María Xosé Porteiro, vogal da Comisión Executiva e coordinadora do CDIF.

Ler máis

O CCG recomenda que os orzamentos públicos de cultura contribúan a reducir o desequilibrio entre as áreas rurais e urbanas do país

Nun contexto de despoboamento e transformación do rural, a cultura "contribúe á cohesión territorial e das comunidades locais" e pode ser "panca do cambio" necesario para un territorio máis sustentable. Estas son algunhas recomendacións contidas no informe Cultura e Sustentabilidade que o Consello da Cultura Galega presentou este xoves 8 pola tarde en Monterroso (Lugo). O informe, coordinado polo investigador Fran Quiroga, estuda 10 proxectos que "amosan unha diversidade de prácticas que dun xeito extenso responden á relación entre cultura e sustentabilidade", propón recomendacións para unhas políticas públicas activadoras do cambio e inclúe un mecanismo de "autoavaliación" para medir o grao de sustentabilidade dun proxecto cultural.

Ler máis

A biografía de Jesús Bal y Gay incorpórase ao Álbum de Galicia

O profesor emérito da USC Carlos Villanueva asina esta nova entrega do Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega que inclúe a posibilidade de escoita do seu Concerto Grosso

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega reflexiona sobre a ecoloxía e o feminismo

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este luns 5 de xullo unha xornada que xunta as loitas feministas e as ecoloxistas. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, inaugurará esta cita titulada “Ecofeminismos”. Está coordinada por Luz Darriba e Alba María Rodríguez e conta coa participación de destacadas especialistas nestas materias como Adela Figueroa, Sabela Facal ou Yayo Herrero. No marco da xornada estrearase a videocreación “Unha faba unha vida” realizada por Ugía Pedreira e Marina Oural a partir dun espectáculo homónimo. As prazas están esgotadas pero pode seguirse en directo polo web da institución.

Ler máis

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

Balance de 5 anos de investigación dende o colectivo de RomanArmy.eu

Ler máis

A biografía de Virxinia Pereira, muller de Castelao, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia incorpora hoxe a entrada de Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969). Ana Acuña asina o texto dunha destacada figura que foi moito máis que a muller de Castelao. A biografía, así como os materiais complementarios que a enriquecen, permiten ver a súa forte personalidade e o seu traballo en prol da causa antifranquista e a defensa da memoria do seu home.

Ler máis

Un informe do Observatorio da Cultura Galega destaca a relevancia sociocultural e formativa das bandas de música populares

As bandas de música populares teñen unha importancia social e histórica moi destacada no noso país. Roldan o centenar, están creadas por asociacións culturais, desempeñaron un papel moi importante no ámbito da música, pero tamén na dinamización das comunidades locais e na formación musical dunha parte importante da sociedade galega. O Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Federación Galega de Bandas de Música Populares, presenta o primeiro grande informe realizado polo Observatorio da Cultura Galega sobre un colectivo que integra a 7.100 persoas. O estudo dáse a coñecer na véspera da xornada “As bandas de música na memoria de Galicia”, que se desenvolverá presencialmente este xoves na sede da institución. A cita tamén se pode seguir en directo desde o web e as redes sociais.

Ler máis

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural fan balance do traballo do colectivo RomanArmy

Os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC), espazos de reflexión e debate arredor do patrimonio, regresan este martes despois de cinco meses. O encontro número 32 servirá para facer balance do traballo do colectivo RomanArmy, grupo que cumpre un lustro coa análise do estado romano no noroeste peninsular (Galicia, Asturias, occidente de León e Zamora e norte de Portugal). As prazas están esgotadas, pero pode seguirse en directo desde o web do CCG e as súas redes sociais.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recibe a visita do embaixador de Arxentina en España

O Consello da Cultura Galega recibe a visita do embaixador de Arxentina en España

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu hoxe ao embaixador de Arxentina en España, Ricardo Luis Alfonsín. É a primeira visita institucional do embaixador a Galicia tras tomar posesión do seu posto en setembro de 2020. No marco da xuntanza abordáronse posibles proxectos de colaboración entre as dúas entidades, como a consulta dos fondos consulares para afondar no coñecemento da emigración galega a Arxentina. Ademais, falaron da situación dos fondos documentais en Arxentina e concretaron os traballos de preparación da exposición sobre Luis Seoane. O embaixador asinou tamén no libro de honra da institución.

Ler máis

Pensar con orgullo II

Pensar con orgullo II

Ler máis

Os países de Lingua Portuguesa

Os países de Lingua Portuguesa

Estreitar as ligazóns que conectan Galicia coas redes e culturas de lingua portuguesa no mundo

Ler máis

Fernando Devoto

Fernando Devoto

Repensar os estudos migratorios

Ler máis

Brigitte Vasallo participa mañá no ciclo de reflexión “Pensarmos”, que para no verán

A escritora, profesora e activista Brigitte Vasallo (Barcelona, 1973) participa mañá no ciclo “Pensamos”, iniciativa da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG). Vasallo, coñecida especialmente pola súa crítica da islamofobia de xénero, a denuncia do purplewashing e o homonacionalismo, así como pola súa defensa do poliamor nas relacións afectivas, ofrecerá un relatorio titulado “As mentiras na linguaxe”. A profesora de Ciencias Políticas da USC Marta Lois dialogará con Vasallo no marco deste formato de reflexión coordinado por Carme Adán. As prazas están esgotadas, pero pode seguirse en directo desde o web do CCG e as súas redes sociais.

Ler máis

Eladio Rodríguez, autor do Diccionario enciclopédico gallego-castellano, incorpórase ao Álbum de Galicia

Eladio Rodríguez González foi, para todos, Don Eladio. A súa biografía confúndese coa do movemento político e cultural do galeguismo comprendido entre o último cuarto do século XIX e a metade do século XX. Este polígrafo ourensán, que residiu a maior parteda súa vida na Coruña, tivo un papel discreto pero extremadamente comprometido co proceso de construción dunha memoria cultural compartida. A súa grande obra, o Diccionario enciclopédico gallego-castellano, é un compendio etnográfico e, ao mesmo tempo, un instrumento lingüístico que servirá de base para o establecemento dunha posterior lexicografía galega, xa nos séculos XX e XXI. A súa entrada é a última incorporación ao Álbum de Galicia.

Ler máis

A vulnerabilidade na encrucillada

A vulnerabilidade na encrucillada

Pensadoras contemporáneas e experiencias no ámbito sanitario

Ler máis

O Consello da Cultura Galega conmemora o Día do Orgullo cunha xornada e novos materiais

Cada 28 de xuño a comunidade LGTBQ+ celebra unha serie de accións para reafirmaren a súa orientación sexual, reivindicaren os seus dereitos e mais para faceren denuncia das actitudes homófobas. Nas vésperas desta celebración, o Consello da Cultura Galega (CCG) prepara diferentes accións. Dunha banda, organizará mañá martes, 22 de xuño, a segunda edición da xornada “Pensar con orgullo”. No marco desa cita estrearase a curtametraxe documental “Dereito a existir: falan elas” dirixida por Carme Adán e Cristina de la Torre, que recolle o testemuño de tres xeracións de mulleres transexuais. Da outra banda, no propio día 28 incorporarase unha nova cabeceira ao repositorio documental hemerográfico “A saia”.

Ler máis

Novos medios galegos

Novos medios galegos

A especialización importa

Ler máis