O Consello da Cultura Galega acollerá mañá, a partir das 12 h, a presentación do primeiro volume de "O proceso de normalización do idioma galego: 1980-2000", unha obra impulsada pola Sección de Lingua do CCG. Este acto, que contará coa presencia dos coordinadores do volume, Henrique Monteagudo e Xan Bouzada e o presidente do CCG, Alfonso Zulueta, supón facer público o primeiro froito dun traballo que ocupou á Sección de Lingua durante catro anos (1998-2002), tempo no que se elaborou un completo informe que se compón en total de catro volumes, o primeiro dos cales é o que se presenta mañá.
Ler máis