Entidade: Radio Nacional de España

Entidade: Radio Nacional de España [39]

Data Material Ver
Data Material Ver
RECITACION DE FERMIN BOUZA ALVAREZ DE UN POEMA JAPONES
DECLARACIONES DE XAVIER SEOANE SOBRE POESIA
RECITACION DE UNA POESIA DE SANCHO I "O VELLO"
RECITACION DE UNA POESIA DE AIRAS NUNES "ROMANCE DE DON VELA"
RECITACION DE UNA POESIA DE XOAN AIRAS
RECITACION DE UNA POESIA DE MARTIN CODAX
RECITACION DE UNA POESIA DE PAIO GOMEZ CHARIÑO
RECITACION DE UNA POESIA DE CAROLINA MICHAELIS
RECITACION DE UNA POESIA DE XOAN ROMEU DE LUGO
RECITACION DE UNA POESIA DE LOPO LIAS
RECITACION DE UNA POESIA DE DON DENIS
RECITACION DE UNA POESIA DE XOAN ZORRO
RECITACION DE UNA POESIA DE MACIAS
RECITACION DE UNA POESIA
RECITACION DE UNA POESIA DE ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE CONDESA DE ALTAMIRA
RECITACION DE UNA POESIA DE PEDRO VAZQUEZ
RECITACION DE UNA POESIA DE FRANCISCO ANTONIO DEL VALLE
RECITACION DE UNA POESIA DE PADRE MARTIN SARMIENTO
RECITACION DE UNA POESIA DE DIEGO ANTONIO CERNADAS DE CASTRO "CURA DE FRUIME"
RECITACION DE UNA POESIA DE JOSE CORNIDE SAAVEDRA
RECITACION DE UNA POESIA
RECITACION DE UNA POESIA
RECITACION DE UNA POESIA
RECITACION DE POESIA
DECLARACIONES DE XOSE HENRIQUE RIVADULLA CORCON SOBRE POESIA
1963-01-01
RETRANSMISION DE LA LECTURA DE JORGE LUIS BORGES DE VARIOS DE SUS POEMAS
1964-01-01
RECITACION DE NORBERTO LOPEZ CORA DE UNA POESIA
1981-06-07
COMENTARIO DE DOMINGO GARCIA-SABELL SOBRE EL ARTE Y LA POESIA
1987-07-30
TERTULIA SOBRE EL AMOR. CAPITULO: O AMOR EN GALICIA. PRIMERA PARTE
1987-07-30
TERTULIA SOBRE EL AMOR. CAPITULO: O AMOR EN GALICIA. SEGUNDA PARTE
1987-10-02
CONFERENCIA DE LUIS MARTULL TOBIO DENTRO DEL CICLO "PRESENCIA DE ESPAÑA EN AMERICA. EL APORTE GALLEGO"
1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 32: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 32: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿De que xeito todas as vivencias de Colombia afectan á túa poesía?
—Eu sempre tiven a poesía un pouco á marxe do que é o desenvolvemento natural da vida. A poesía sempre foi para min unha especie de refuxio onde, despois de todos estes avatares que se poden relatar, e que forman parte xa máis ben dun pasado que dun presente, tiña ese recuncho da poesía, espiritual, se se quere, para poder zafarme un pouco do andar aqueloutrado do que era en certo modo sobrevivir. Entón, pois non sei, algo se pode transvasar á poesía porque a vida á fin e ao cabo dalgunha maneira é un espello no que a poesía se reflicte ou viceversa. Pero non é precisamente toda esta cousa que se dixo antes, unha fonte esencial da poesía. A poesía é algo máis fonda, algo máis profunda, é ir desvelando o misterio das cousas. Se ten algo que ver algunha vivencia, algún xesto ou algunha cousa que a un lle queda, no fondo é máis ben ese refuxio que un busca.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 41: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 41: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿Como ves a poesía galega hoxe?
—Estamos vivindo un momento especial da poesía con todo o que se diga –e vós sabedes que se din moitas cousas de séculos de ouro e cousas desas, que todo, en certo modo, son palabras feitas–. Pero o certo é que se está vivindo un momento intenso da poesía en Galicia, porque hai unha verdadeira…, pois non sei cómo dicir, pero si hai un interese grande pola poesía, polo menos nalgúns círculos, e hai cantidade de xente preocupada por iso. Vese, por exemplo, en que a min cóntame Basilio Losada, nunha carta que me escribe agora, que en Barcelona están un pouco sorprendidos de que unha colección de poesía teña vinte libros publicados en dous anos ou tres e que teña para publicar dous anos máis. Entón os cataláns están un pouco sorprendidos de que se escriba, de que se faga tanto, e ademais libros de calidade. Non é que sexa o século de ouro pero estase facendo unha calidade poética de altura e interesante. Entón o poeta está tamén tendo unha incidencia na vida social da nosa terra como non tivo antes. Primeiro porque os medios de comunicación son outros; está máis presente neles, porque anda no medio da xente, vive no medio da xente e acabouse un pouco a figura do poeta romántico, do poeta soñador, do poeta vestido de negro e de capa e toda esa historia, e o poeta é un traballador máis que traballa nun eido en que as cousas son moi esenciais, e que está mesmo case traballando na raíz do que é o noso ser e a nosa terra.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 42: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 42: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—¿En que medida o poeta e a poesía ten que incidir e modificar o contorno en que vive?
—O noso país haino que facer, haino que construír ou reconstruír, desde moitas bandas, e o poeta ten que participar indubidablemente na reconstrucción do que é a identidade e no que é a reconstrucción do país galego. Entón non se pode ser neste momento un poeta de torre de marfil; ou sexa, subir o poeta á súa torre, agacharse un pouco de todo o que o rodea e escribir a súa obra perfecta e toda esa historia. O poeta ten que integrarse na loita común de todo o pobo galego porque o poeta tamén é unha especie de profeta, e unha especie de loitador que ten moito máis claras as esencias da patria do que as ten a xente común. Polo tanto, nun país que se está a refacer, a reconstruír, ou buscando, como se di agora, a súa propia identidade, o poeta ten que ser unha peza esencial desa loita de reconstrucción. Non pode esquivar esa loita nunca.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 50: Entrevista en RNE
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 50: Entrevista en RNE en 00/00/1988

—Esta a piques de saír o teu novo libro As torres no ar, ¿que é este libro?
As torres no ar. Eu quería tamén unha especie de reencontro coa propia terra. Non soamente coa terra aberta do suco senón coa terra telúrica; e ao mesmo tempo é unha loita tamén contra o tempo que pasa, o tempo que nos vai desgastando permanentemente. Entón de aí ese
libro, que comeza cunha frase de miña nai que me dixo algún día e non hai moito; dixo “meu fillo, ti sempre estás a facer torres no ar”. Entón
decidinme a facer Torres no ar e a que quedara reflectida dalgunha maneira. Iso é o libro; está dividido en tres partes, unha parte que son
“Cantos a carón da terra”, que é achegarme á terra, precisamente, á terra de labranza e á terra como patria; despois está “O cántico das naves, elexías do mar”, porque eu sempre estou vendo pasar os veleiros na miña memoria; e hai unha última parte que é “A torre secreta”; todos os castelos teñen unha torre secreta, que son os sonetos amorosos, eróticos. Entón todo ese complexo forma ese libro que se chama As torres no ar, que podía levar cantidade de cousas porque un castelo ten cantidade de compartimentos e incluso sotos.


1988-00-00
Homenaxe a Avilés de Taramancos 51: «Chachahuí»
Ver Fragmento de entrevista radiofónica posteriormente dixitalizada

Transcripción da Homenaxe a Avilés de Taramancos 51: «Chachahuí» en 00/00/1988

Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipicio o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.

Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o miar estremecedor do puma negro.

Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.

Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.
Pero as estrelas son máis grandes.

Ter unha casa en Chachahuí.


1988-04-12
RECITACION DE JOSE ANGEL VALENTE DEL POEMA "EL SUR"
1992-03-10
RETRANSMISION DEL ACTO DE HOMENAJE A PURA VAZQUEZ
1992-03-10
RETRANSMISION DEL ACTO DE HOMENAJE A PURA VAZQUEZ
TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Fernández, SantiagoAvilés de Taramancos, AntónDíaz, AvelinoMateo, SeséBouza Brey, FermínCasas Vales, ArturoGarcía Lorca, FedericoFariña Cobián, HerminiaMaiztegui, Isidro B.Seoane, XavierVillar, MiroPiñeiro, RamónKruckenberg, María do CarmeDelgado Gurriarán, FlorencioVázquez Iglesias, PuraVelo Mosquera, XoséNavaza Blanco, GonzaloSánchez Iglesias, CesáreoLapa, Manuel RodriguesTorres, XohanaAfonso o Sabio, X de Castela e IX de León-Galicia, Fernández del Riego, FranciscoPaz-Andrade, ValentínVillar Janeiro, HelenaGarcía-Sabell, DomingoCampio Pereira, VíctorCastro, Rosalía deFraga, ModestoLopo, AntónFernán Vello, Miguel AnxoRilo, PacholaVilanova, ManuelTobío Fernández, LoisFonte, RamiroPita, EmilioBlanco Santiago, CarlosMiranda, XoséGarrido, EmilioRaña, RománCrespo, ÁngelRuiz, JavierMolina, César AntonioRey Baltar, RamónFerreiro, Celso EmilioLópez-Casanova, ArcadioTovar, AntónCastillo, JuliaAlonso Mateo, JoshuaÁlvarez Torneiro, ManuelCasares, Carlos Temáticas: literaturaÁlbum de GaliciaFondos de Radio Nacional de España en GaliciaemigraciónMulleressociedadeviolenciamúsicaÁlbum NósbiografíaMulleres no Álbum de Galiciaautores/asexilio galegoHistorias de ida e voltaA literatura galega da posguerra en Ámerica artesentrevistaFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolmigraciónslinguacantigaAfonso X e Galicia [CCG]Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalasuntos particularesGuerra Civil española (1936-1939)identidade“cartografías” do Álbum de mulleresradiopatrimonio culturalguerraamortraduciónidentidade culturalTirano BanderasLa anunciación de Valle-InclánNadal [festa]Colección: Paulo Rónai con Paz-AndradeSementeira do vento Colección: Valentín Paz-Andrade e Guilherme de Almeida Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-AndradeO fío de PenélopeÁlbum de Galiciaconferenciaslingua galegaobra literariaObra poética [libro de Seoane]familiaformaciónretorno

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0