Entidade: Sociedad de Instrucción Progreso de Coles (A Habana, Cuba)

Entidade: Sociedad de Instrucción Progreso de Coles (A Habana, Cuba) [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946
Ver

Transcripción da Sociedad de Instrucción Progreso de Coles, ca. 1946

Fundada na Habana o 11 de novembro de 1910, esta sociedade de instrución e socorros mutuos foi creada por un grupo de emigrantes galegos naturais do concello de Coles.
A súa primeira directiva estivo presidida por Manuel García Vázquez e contaba con membros como José Otero, José Rivero, Antonio Cintas, Gerardo González e Aquilino Requejo. A construción dunha escola en Coles foi un claro obxectivo para os asociados desta entidade. Despois dun proceso un pouco complicado, finalmente foi inaugurado un centro educativo o 26 de novembro de 1913, denominado Colegio La Luz. En 1917 o centro escolar contaba con 105 estudantes e, máis adiante, en 1920, engadíase unha nova aula para que as nenas recibisen clase de corte e confección.
A casa do concello de Coles ocupa hoxe as instalacións da antiga escola e na actualidade esta asociación segue a funcionar con normalidade na Habana, presidida por Blas Nabel Pérez-Camejo.
Esta imaxe amosa membros da directiva e asociados de Progreso de Coles compartindo ideas de interese para a sociedade mentres degustan o menú servido en La Tropical, lugar de encontro típico entre os membros de todas as entidades microterritoriais de emigrantes galegos con sede na Habana.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Valcárcel, Marcos;  Cela, Camilo José;  Sixto Seco, Agustín;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Díaz, Avelino;  Vidal Carrera, Ramiro;  Cordo Boullosa, Manuel;  Casares, Carlos;  Castro, Rosalía de;  Castelao, ;  Tudela, Mariano;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Cruces, Fortunato;  Conde Picavea, María del Rosario;  López Romero, Perfecto;  Dios, Xosé Luís de;  Castaño, Marina;  Lugrís González, Urbano;  Álvarez, Bautista;  Caballero Bonald, Jose Manuel;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Guede, Manuel;  Losada, Benito;  Acuña, José María;  Gamallo Fierros, Dionisio;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Historias de ida e volta;  emigración;  sociedade;  acción sociocultural;  ensino;  prensa escrita;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  remesas;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  emigrantes;  identidade cultural;  educación;  acción política;  A pegada educativa da emigración galega en América;  Álbum de Galicia;  movemento obreiro;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  literatura;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  historia;  A pegada indiana na Mariña lucense;  movementos sociais;  Mulleres;  nacionalismo;  Defensa da lingua;  Asociacións culturais;  A emigración galega nos Estados Unidos;  coros;  artes plásticas;  lingua;  Acción sindical;  ocio;  O galeguismo en América;  Álbum da Emigración;  xornalismo;  autores/as;  poesía;  arquitectura;  música;  música tradicional;  deportes;  Procesos electorais;  OTAN;  política;  revolución;  axentes culturais; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0