Persoa: José Batlló

Persoa: José Batlló [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1969-08-25
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1969
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1969 en 25/08/1969


Habana, 25 de agosto do 1969

A Maruxa e Luis Seoane
Buenos Aires

Queridos amigos:

Acabamos de recibir, garimosamente adicadas, estas fermosas imaxes, estes belidos grabados que compoñen Homaxe a un paxariño (fóiseme, na máquina o diminutivo, que non corresponde esaitamente ó tiduo; talvez polo tamaño pequerrecho do hornero). Se a presencia desta serie é unha festa pra os ollos, polo seu movimento e colorido, a presentación é algo emocionante, que non se lle podería ocurrir a quen non fose un moi auténtico poeta e un home con fondura humán. A anéidota é sinxela, mínima e a un tempo de solidaridade simbolizada na lembranza perpetua por ese pequeno ser irracional. Un pode deducir alusiós moi trascendentes destas poucas verbas. A traxedia da emigración, a ameaza do lume nuclear que pende sobor da humanidade, a lembranza perenne, de homaxe solidario i entrañable, os pantasmas prohibidos. Vaian as nosas conmovidas felicitaciós, Seoane, por esta entrega, tan sinxela e tan grande.
José Batlló vén xuntando poemas nos catro idiomas de Hespaña, de diferentes autores, a Che. Era pra facer un libro de homaxe, que se non puido editar a Peninsua. Mandouno a Cuba. Aquí, o Instituto do Libro ampliou o plan, engadindo poemas de autores de toda América, pero a costa de reducir os traballos dos autores hespañoles. En galego, por exemplo, había 12 poemas e irán cinco. É decir, a maoría quedou fóra (sin apelación, por problemas de limitación de papel, etc.). Con todo quedará unha intresante antoloxía. A min encargáronme a tradución dos poemas galegos, que aparecerán en bilíngoe. Hainos tamén, craro, cataláns e vascos, amais dos que están en castelán. Cos restantes poemas, a maoría, os non incruídos, farase unha modesta separata no quincenario España Republicana. Así o propuxen e acetáronmo. Na portada desta modesta separata (que lle mandarei cando apareza) vai o retrato feito por vostede, o da esposición de 32 pintores. Tamén o Homaxe ó Che, de Isaac, será incruído.

E polo de hoxe namais. Cariños pra os dous de Anisia. E unha cordial, fraterna aperta de voso sempre

X. Neira Vilas


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Castelao, ;  Dieste, Rafael;  Velo Mosquera, Xosé;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Cuadrado, Arturo;  Tobío Fernández, Lois;  Piñeiro López, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Rama, Carlos M.;  González López, Emilio;  Fole, Ánxel;  Miranda, Anisia;  Núñez Búa, Xosé;  Neira Vilas, Xosé;  Serrano Plaja, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Dónega, Marino;  Alberti, Rafael;  ;  Eiroa, José Gabriel;  Paz-Andrade, Valentín;  Alvajar, Amparo;  Viqueira, Xohán Vicente;  Gascó Contell, Emilio;  Salas, Pelayo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Serra i Moret, Manuel;  Bernárdez, Francisco Luís;  Picasso, Pablo;  Otero Espasandín, Xosé;  Viqueira Landa, Luisa;  León Felipe, ;  Fernández, Valentín;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, José;  Dellepiane, Judith;  Castro, Plácido R.;  Cabanillas, Ramón;  Fernández Osorio-Tafall, Bibiano;  Cabanas, Constantino;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  literatura;  artes;  Álbum de Galicia;  emigración;  política;  asuntos particulares;  acción política;  Álbum Castelao na Casa de Galicia de Montevideo;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  artes visuais;  autores/as;  entrevista;  espazos artísticos;  Fardel d’eisilado;  historia;  Guerra Civil española (1936-1939);  Colección: Carlos M. Rama – Lois Tobío;  Exilio e ditaduras do Cono Sur;  medios de comunicación;  A nova Sargadelos;  franquismo;  Mulleres;  pintura galega do s. XX;  Historias de ida e volta;  represión;  Obra Completa de Ramón Cabanillas;  radio;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  prensa escrita;  cine;  Don Manuel del León;  nacionalismo galego;  cultura;  censura;  literatura galega do s. XX;  autobiografía;  nacionalidade;  biografía;  Vida cotiá, familia e saúde;  Libro de Tapas;  Precursores e novos;  «Reivindicación gallega de Valle-Inclán»;  «Galicia: Paisaje y Lirismo»;  Murales de Seoane en la Avenida Santa Fe;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Escolma de poesía medieval galega;  Terra Brava. Contos da Solaina;  I Congreso da Emigración Galega. 1956; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0