Persoa: Inés Canosa

Persoa: Inés Canosa [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1973-02-13
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973 en 13/02/1973


A Habana, 13 de febreiro do 1973

Queridos amigos Maruxa e Luis Seoane:

Xa saberedes que Anisia e mais eu andivemos por Galicia. Pra min foi coma unha resurreución. Algo inexpricable. Foron cuasemente 24 anos de ausencia. Vivir longos anos en función dun país entrañable do que se non ten a presencia física, e voltar logo a recoñecelo é algo moi singular. Certo é que o país en si, o país físico, sería somentes unha parte se non fose polo home, o ser humán que o habita. E no noso caso, no meu caso, foi o reencontro coa familia, pais, seis irmaos (miña irmán nova tiña sete anos e anda por trinta), amigos (os que xa coñecía, como Isaac e Dieste, por exemplo) e os outros, os que foron xurdindo ó son de ideas comúns, inquedanzas comúns, ó son de libros, etc. Eran, pois, a miña xente, o país físico, os amigos, pero aínda eran moitas máis cousas, entre elas o contacto coa língoa. Escrebir nun idioma casi todos os días, idioma que non teño dende fai anos con quen utilizar en vivo, é algo estraño, e chegar de pronto ó esceario vivo desa língoa, parolar coa xente (non soio co home culto ou o que por patriotismo e hastra por esnobismo emprega hoxe o galego, senón co home común da aldea, coa muller común aldeana, cos nenos que anque na escola empreguen un castelán a remolque, no camiño da escola, e na casa, e nos agros falan un galego natural, tan natural coma cando eu me fun...). Todo eso, esa confrontación foi pra min emocionante ó tempo que necesaria. O tempo chegounos a pouco, non poidemos cumprir unha chea de invitación (coma a de Carmen e Rafael Dieste, de ir a Rianxo), non poidemos falar de vagar con moita xente amiga, non poidemos siquera adicar todo o tempo deseable á familia, non poidemos ver todas as persoas que quixeramos ver, pero unha das cousas que máis lamento e que foi relativamente pouco o tempo que adiquei a falar coa xente común da miña comarca. Andiven por agros e camiños, visitamos escolas, fun ós atrios das igrexas onde a xente parola, entrei en tabernas e feiras e un par de romarías, mais quedei con ganas de seguir falando, anotando, sentindo o vibrar da nosa língoa auténtica, viva, ferramenta entrañable dunha vocación de por vida.
Polo demais, agasalláronnos moito, atendéronnos cicais mellor do que merecemos. Hai xestos inesquecíbeles. Actos como o do Museo Carlos Maside ó que foi xente de casi toda Galicia, non moita, pero máis ou menos siñificativa. E nin falar das atenciós e agasallos e consideraciós que pra conosco tivo Isaac, no Castro, en Sargadelos, na miña propia aldeia (Gres, Ponte Ledesma) a onde foi o mesmo día da nosa chegada, dende a Coruña e estivo a tomarnos fotos con nosos, con meus pais. Isaac, por quen tivemos sempre grande ademiración e aprecio, quedou dende este viaxe unido pra sempre moi á beira do noso corazón, como amigo, galego, artista, creador en xeral. Poidemos ademirar a obra (na que vostede ten importante parte tamén) de Sargadelos, o Museo, o Castro, o Laboratorio de Formas, a galería de Barcelona (en Barcelona dimos o noso derradeiro abrazo a Isaac, Mimina, Inés) os plans da Escola Cerámica e do Instituto de Arte Galego, etc., etc.
Entre os nosos entrañables, faltaron vostedes. E que por pouquiño, pois disque en xaneiro chegaban a ahí. Que lástima. Pra outra será. Nós non podiamos demorar máis tempo. Aquí quedara o pai de Anisia, que inda que está ben ten moitos anos, e quedaron os meus compromisos de traballo, entre eles dúas esposiciós na Sección Galega. E viñémonos. Saímos de Madrid o 19-11.
E namais por hoxe, amigos. Moitas máis cousas quixerams decirlles. Pero mellor, en persoa. Non sei cando nin onde, pero será. Craro que si. E falaremos a treu.

Cariños de Anisia pra os dous. Unha aperta fraterna de voso sempre amigo leal

Xosé Neira Vilas


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDieste, RafaelVelo Mosquera, XoséDelgado Gurriarán, FlorencioDíaz Pardo, IsaacFernández del Riego, FranciscoGarcía-Sabell, DomingoVarela, LorenzoCuadrado, ArturoPiñeiro, RamónCastelao, Hervella, EvelinaMuñoz Manzano, CarmenMaside, CarlosGonzález López, EmilioFole, ÁnxelMiranda, AnisiaNúñez Búa, XoséNeira Vilas, XoséSerrano Plaja, ArturoColmeiro, ManuelBlanco Amor, EduardoCañas, PilarDónega, MarinoAlberti, RafaelEiroa, José GabrielPaz-Andrade, ValentínViqueira, Xohán VicenteGascó Contell, EmilioBaltar Domínguez, AntonioBernárdez, Francisco LuísPicasso, PabloOtero Espasandín, XoséLeón Felipe, Viqueira Landa, LuisaFernández, ValentínOtero Pedrayo, RamónBlanco Amor, JoséTobío Fernández, LoisAlvajar, AmparoFrontini, NorbertoCasona, AlejandroPérez Prado, AntonioCoppola, HoracioCabanas, ConstantinoCastro, AméricoGoya, Francisco deRubia Barcia, JoséPita, Emilio Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. literaturaartesÁlbum de Galiciaemigraciónpolíticaasuntos particularesacción políticaFondos de Radio Nacional de España en Galiciaartes visuaisautores/asentrevistaespazos artísticosFardel d’eisiladoGuerra Civil española (1936-1939)historiamedios de comunicaciónA nova SargadelosfranquismoMullerespintura galega do s. XXHistorias de ida e voltaObra Completa de Ramón CabanillasradioColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneprensa escritacineDon Manuel del Leónnacionalismo galegoculturaliteratura galega do s. XXautobiografíabiografíaLibro de TapasPrecursores e novos«Reivindicación gallega de Valle-Inclán»«Galicia: Paisaje y Lirismo»Murales de Seoane en la Avenida Santa FeDiccionario bio-bibliográfico de escritoresEscolma de poesía medieval galegaTerra Brava. Contos da SolainaI Congreso da Emigración Galega. 1956Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacimentoExposición de Luís Seoane. Nova York. 1961Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1961Llanto por la muerte de Sánchez MejíasMiguel de Unamuno. Cancionero. Diario poéticoLa insepulta de PaitaEscuela Española de Middlebury College

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0