Persoa: Gregorio Marañón

Persoa: Gregorio Marañón [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1960-09-14
Carta de Seoane a Piñeiro. 1960
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Piñeiro. 1960 en 14/09/1960



Buenos Aires, 14 de setembre de 1960

Sr. D.
Ramón Piñeiro
Santiago de Compostela.

Meu querido amigo:

Hoxe escribinlle a Domingo co gallo dun traballo moi bon, ao meu xuicio, que fixo encol do Dr. Marañón. A tí e a íl tiña de escribirvos fai xa casi tres meses, agradecéndovos os intres cordiás que nos adicáchedes facéndovos perder o voso tempo. Eu ganeino con vos e ganeino en Santiago en xeral, aínda que non sei si o ter pasado por Galicia, coma lle escribín a Domingo, fíxome ben. Dende logo sirvíume pra renovar a miña visión de moitas cousas que o tempo e a distancia fan esquecer. A única hora perdida en Galicia foi a do discurso que me botou no Café Español ise médico que falaba como o capitán de bombeiros de unha obra de Ionesco. Mais alegreime moito de ter estado con vos e ter renovado contigo, penso, a nosa amistade. Fun felis cos parentes e cos vellos amigos e compañeiros. Voltando a ver o mar de Malpica, as rúas de Santiago e as vagas do Orzán. Xa é moito pra quen tiña coma imposibre voltar a ise mundo, confinándoo durante tantos anos en si mesmo. Mais agora soio quero eispresarche o noso agradecimento, o de Maruja e meu, á tua dona e a tí, por todas as vosas atenciós. Non quero deixar pasar mais tempo sin decirche diste agradecimento.
Recibide Isabel e tí unha aperta de Maruja e miña, e tí outra forte de:

Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacOtero Pedrayo, RamónPaz-Andrade, ValentínCarballo Calero, RicardoDieste, RafaelVarela Vázquez, LorenzoArias “Mimina”, CarmenGarcía-Sabell, DomingoFernández del Riego, FranciscoDíaz, XoséCastelao, Cuadrado, ArturoDónega, MarinoGerstein, MarikaMuñoz Manzano, CarmenNúñez Búa, XoséLaxeiro, Scheimberg, SimónVázquez Freire, José LuísGil Varela, ÁlvaroRey Romero, JoséDíaz Arias de Castro, CamiloSofovich, BernardoPiñeiro López, RamónBurd, LipaPicasso, PabloFrontini, NorbertoLifschitz, RafaelBlanco Amor, EduardoBaltar Domínguez, AntonioGerstein, NoemíBaudizzone, LuísBurd, EstherColmeiro, ManuelLifschitz, EmmaRónai Pal, PauloOtero Espasandín, XoséNogueira, FedericoRodríguez de Prada, PilarFernández-Albalat Lois, AndrésFalcini, LuísDíaz Arias de Castro, RosendoMaside, CarlosAlvajar, AmparoLifschitz, CarlosSuárez, MarcialPrada, Lala dePondal, Eduardo Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesliteraturaartes visuaisColección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoaneespazos artísticos Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero A nova Sargadelosautores/asmigracións Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalemigraciónpolíticamedios de comunicaciónprensa escritaFábrica de Porcelanas La MagdalenaColección: Paulo Rónai con Paz-AndradeHistoria da Literatura Galega ContemporáneahistoriaGalería Boninoartes escénicasNadal [festa]Álbum de GaliciaColección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz PardoviaxecineGalería Sargadelos de BarcelonaexiliopremiosradioEdiciós do CastroenfermidadeSeminario de Estudos GalegosPedrón de OuroExposición de Luís Seoane. Colonia. 1967defunciónsInsectarioCeltia S. A.Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de SargadelosPescanovaMundial de Fútbol de 1978Homenaje a la Torre de HérculesA galecidade na obra de Guimarães RosaCastelao na luz e na sombraMar de histórias: antologia do conto mundial Epistolario de Ricardo Carballo CaleroLaboratorio de Formas de SargadelosEudebaHomenaje a VeneciaExposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0