Persoa: Manuel Daniel Varela Buxán

Persoa: Manuel Daniel Varela Buxán [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-12-05
Carta de Varela Buxán a Seoane. 1974
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Varela Buxán a Seoane. 1974 en 05/12/1974


Cercio, 5 de Nadal do 1974

Sr. Dn. Luis Seoane-Bs. Aires

Meu querido e nunca esquencido Seoane:

Perdóame que che haia cansado por mediación do noso amigo Tacholas co gallo de lograr un dibuxo pra ilustrar as tapas de dúas pezas miñas O ferreiro de Santán e Taberna sin dono, as dúas nun volume, prolongadas por Otero Pedrayo, e que sairán do prelo pra fins de xaneiro que vén. Remesaríache un orixinal, pero, antre doña Censura (que borrou Viva Galiza ceibe i outras cousas polo estilo) i a imprenta, deixáronme sin ningún. Dareiche algús datos: O meu teatro é realista-naturalista; moi aldeán, tudo discurre antre xentes labregas, de bons sentementos e ideias, tenras, intuitivas, inxenuas, de homildosa condición. A liña que eu adoito é a cómico-sentimental, anque, no fondo, decote hai algo de tráxico. Na peza O ferreiro de Santán, está composta de dezasete persoaxes, pero son tres os principaies: o vello Ferreiro, a súa dona i o fillo de ambos. Denredor distes tres persoaxes xira o tema i o argumento, que é unha loita política antre o fillo do Ferreiro (que é socialista) i o cacique da bisbarra. Entón, un dibuxo que persentara un pendello a modo de forxa galega, co pai i o fillo mallando no ferro i a muller pendurada na palanca do barquín (un fuelle antergo aicionado a palanca), simbolizaría moi ben ao pobo que traballa pra forxar ideias e sentementos. Pero... ¿que podo decirche eu distas cousas, irmán Seoane? Fai o que poidas, que se algo te diñas faguer, decote estará moi ben feito. En canto á outra peza, Taberna sin dono, trátase dun taberneiro tan nobre e sin caráiter que fía a todos e queda sin ren. En canto a coores, o mesmo me ten que seia a unha tinta coma a dúas ou tres; iso deixo ao teu bon criterio. A túa portentosa intelixencia de artista universal, nascido na nosa Galiza, saberá atopar un dibuxiño que de algún xeito simbolice as nosas aldeias ou a os seus parroquianos pra ilustrar as tapas do meu libro. Sosmentes debo acrararche que as miñas pezas desenrólanse en calisquera aldeia de Pontevedra aló polo ano de 1917.
A traveso dos xornaies (son corresponsal informativo de La Voz de Galicia en Lalín i a súa bisbarra do Deza), decote fun seguindo a túa laboura artística e festexando coma meus os teus muitos éisitos e trunfos, e fago votos porque a saúde che acompañe por muitos e longos anos pra poderes continuar a túa honrosa laboura, enoutecedora pra ti, pra tódolos teus, pra os amigos e pra Galiza inteira. E cando voltes á Terra (teño entendido que será pronto), non esquenzas que eiquí, en Cercio-Lalín, hai unha pequena casa pra ti, cuios mouradores che recibiremos cos brazos abertos.

Con muitos desexos de que teñas felices festas de Nadal i Aninovo, prégoche saúdes no meu nome á túa distinta compañeira e recebas fonda e fraterna aperta do teu vello amigo e irmán.

Varela Buxán

P.D. Direille a Tachola que che fale pra recoller o dibuxo e mo mande; ben entendido, eh: se é que mo podes faguer.


1974-12-16
Carta de Seoane a Varela Buxán. 1974
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a Varela Buxán. 1974 en 16/12/1974



Buenos Aires, 16 de decembro de 1974

Sr. D.
Manuel Varela Buxán
Cercio

Meu querido amigo:

Recibín a túa carta do 5 de decembro, que agradezo nos seus eloxios, pero onde non me dis o tamaño do teu libro, de xeito que poda facer a tapa sin complicacións. Eu pediríalle a Tacholas que ti lle dixeses as medidas dela e non debeu entenderme. Envíame as medidas, tratarei de mandarcha inmediatamente, pois eu viaxo a España en xaneiro, arredor do día 10, estarei pola Cruña a fins dese mes ou nos primeiros días de febreiro, e sinón fágocha alí. Mais si teño tempo logo que me contestes, tratarei de facela e remitireicha dende eiquí.
O noso enderezo na Cruña é, Paseo de Ronda 15, 6º izquierda e o teléfono é 25-57-56.

Recibe unha fonda aperta e saúdos pra os teus, desexándovos a todos felices festas de Nadal e Ano Novo:

[Seoane]


1975-02-14
Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] Manuel D. Varela Buxán / CERCIO-LALÍN / (Pontevedra).

Transcripción da Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975 en 14/02/1975



14-II-75

Sr. Dn. Luis Seoane-A Cruña

Querido Seoane:

Escollín o día 12 dos correntes pra verche na Cruña. O fixen con tan ruín sorte que non puiden darme o pracer de abrazarche dimpois de tantos anos como aló van dende que por última vegada nos vimos; tamén quería darche as mui sentidas gracias polo incomparábel dibuxiño que me remesache pra o meu libro, que sairá niste mes se a Editorial cumpre a promesa. E pra aumento da ruín sorte que ise día me acompañou, ocurriume o que nunca nos corenta anos que levo manexando coches: xa mui perto da Cruña, por deterse onde non debía faguelo, un coche que viaxaba diante de min i estar a rúa esbarexadiza por barro i auga, derrapei e fun chocar cun ómnibus que alí estaba parado. Total: unha ferida no parietal izquerdo, sangante no parietal direito, un hematoma no pómulo direito i o coche imposibilitado pra seguir camiñando. A min reparáronme eí nunha Clínica; o coche virá pra Lalín nunha grúa, onde tamén será reparado. En canto me sexa entregado, repetirei o viaxe á Cruña pra poder verche, pero non o farei sin denantes falarche polo aramio e concertar entrevista contigo. Os domingos de carnavales falei á túa casa, pero se coñece que non había ninguén.

E ren máis, querido Luis. Remeso afeituoso saúdo pra túa distinta dona e sentida e fraterna aperta pra ti, repeténdoche gracias por tudo.

Varela Buxán


1975-05-20
Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] Manuel D. Varela Buxán / CERCIO-LALÍN / (Pontevedra).

Transcripción da Carta de Varela Buxán a Seoane. 1975 en 20/05/1975



Pontevedra 20-5-75

Sr. Dn. Luis Seoane

Querido Luis:

Remésoche o libro por correo que, ao fin, saíu nistes días. A saúde non me aconsellou saír da casa nistes derradeiros tempos. Penso visitarche na Cruña, mais non irei aló sin denantes falarche polo aramio pra concertar data.
Seguín de perto a traveso dos xornaies, radio e televexo a túa aituación en Madrí. Fólgome dos teus éisitos, que festexo coma propios.

Agarimosos saúdos prá túa dona e sentida aperta pra ti do teu bon i agradecido amigo,

Varela Buxán


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Otero Pedrayo, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Carballo Calero, Ricardo;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Arias “Mimina”, Carmen;  García-Sabell, Domingo;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz, Xosé;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Muñoz Manzano, Carmen;  Núñez Búa, Xosé;  Laxeiro, ;  Scheimberg, Simón;  Vázquez Freire, José Luís;  Gil Varela, Álvaro;  Rey Romero, José;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Sofovich, Bernardo;  Piñeiro López, Ramón;  Burd, Lipa;  Picasso, Pablo;  Frontini, Norberto;  Lifschitz, Rafael;  Blanco Amor, Eduardo;  Baltar Domínguez, Antonio;  Gerstein, Noemí;  Baudizzone, Luís;  Burd, Esther;  Colmeiro, Manuel;  Lifschitz, Emma;  Rónai Pal, Paulo;  Otero Espasandín, Xosé;  Nogueira, Federico;  Rodríguez de Prada, Pilar;  Fernández-Albalat Lois, Andrés;  Falcini, Luís;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Maside, Carlos;  Alvajar, Amparo;  Lifschitz, Carlos;  Suárez, Marcial;  Prada, Lala de;  Pondal, Eduardo;  Temáticas: Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  espazos artísticos;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  A nova Sargadelos;  autores/as;  migracións;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  emigración;  política;  medios de comunicación;  prensa escrita;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  historia;  Galería Bonino;  artes escénicas;  Nadal [festa];  Álbum de Galicia;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  cine;  Galería Sargadelos de Barcelona;  viaxe;  exilio;  premios;  radio;  Ediciós do Castro;  enfermidade;  Seminario de Estudos Galegos;  Exposición de Luís Seoane. Colonia. 1967;  Pedrón de Ouro;  Insectario;  Celtia S. A.;  Pescanova;  Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos;  Mundial de Fútbol de 1978;  defuncións;  Homenaje a la Torre de Hércules;  A galecidade na obra de Guimarães Rosa;  Castelao na luz e na sombra;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  Epistolario de Ricardo Carballo Calero;  Policlínico da Rosaleda;  Exposicion de Luís Seoane. Madrid. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bonn. 1967;  Martín Fierro; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0