Persoa: Xesús Canabal

Persoa: Xesús Canabal [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1962-07-28
Inauguración da Escuela Galicia, Montevideo, 28 de xullo de 1962
Ver

Transcripción da Inauguración da Escuela Galicia, Montevideo, 28 de xullo de 1962 en 28/07/1962

A presenza da colectividade galega emigrada no Uruguai foi moi destacada, así como o seu apoio ás numerosas actuacións a prol da cultura e o desenvolvemento de Galicia. Figuras sobresaíntes foron os irmáns Canabal —con Xesús como benfeitor e pioneiro na defensa do galeguismo e da cultura galega alén mar—, Manuel Meilán, Antón Crestar, Pedro Couceiro, Xosé Fernández Seivane e tantos outros.
En 1961 o galeguista Antón Crestar, coñecido da mestra da aula de sexto grao do centro —un colexio público que, segundo o costume do país, era coñecido como Escuela nº 43—, foi invitado a dar unha conferencia. Tras impartir unha charla sobre Galicia e a súa cultura con grande éxito, no peche do acto o alumnado asistente cantou a canción A rianxeira como homenaxe á terra galega e á colectividade emigrada. Nunha reunión posterior coa Comisión de Fomento comentouse que a escola aínda non tiña nome e Crestar propuxo que se lle dese o nome de «Galicia». Era habitual que os centros educativos do Uruguai levasen o nome dun país, mais non así dunha rexión. Tras numerosos contactos coas autoridades, a Asemblea Xeral do Poder Lexislativo aprobou esta denominación. A partir de aí manifestouse a unión de toda a colectividade para mellorar as condicións da citada escola. Xesús Canabal, á fronte do Banco de Galicia, achegou fondos para levar a cabo obras de acondicionamento, mercar materiais educativos e mobiliario, etc.
O acto de inauguración foi presidido por Maravilla Pérez, esposa de Xesús Canabal, que estaba de viaxe, e a el asistiron numerosas autoridades e unha representación importante da colectividade, orgullosa de que unha escola uruguaia levase o nome da súa terra.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Agra Romero, María Xosé;  Vidal Martínez, Aurora;  Montero Díaz, Santiago;  Vazquez, Abelardo;  Gonzalez, Malena;  Vazquez, Luis;  Brey Guerra, Pedro;  Caneiro, Horacio;  Alonso Montero, Xesús;  Cores Trasmonte, Baldomero;  Peña, Marina de la;  Castelao, ;  Veiga Pombo, Manuel;  García Naveira, Jesús;  Cabanas, Constantino;  Perez, Carlos;  García Naveira, Juan;  Rico Verea, Manuel;  Filgueira Valverde, Xosé;  Ferradáns Ferradás, Míriam;  Fernández Paz, Agustín;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Pita, Luis;  García Martín, Manuel;  Gonzalez, Francisco;  Torres Ferrer, Sabino;  Vega, Agustín;  Mini;  Santamarina, Antón;  Prado Freire1, Camilo;  Blanco Santiago, Carlos;  Cela, Camilo José;  Núñez Seixas, Xosé M.;  Lopez Taboada, Carmela;  García Ramos, Daniel;  Lopez Iglesias, Jose Luis;  Otero Pedrayo, Ramón;  González, Flor;  Sánchez Cantón, Francisco Javier;  Fraga Iribarne, Manuel;  Costa Rico, Antón;  Fariña Cobián, Herminia;  Sánchez Arévalo, José;  Vara, Alfredo;  Trillo, Federico;  Corral, Jose Carlos;  Vázquez Iglesias, Pura;  Riba, Carles;  Puñal Rama, Belén;  Castro, Rosalía de;  Temáticas: Mulleres;  política;  filosofía;  feminismo;  xustiza;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum de Galicia;  acción política;  Acción sindical;  organizacións;  literatura;  nacionalismo;  sociedade;  emigración;  Historias de ida e volta;  universidade;  asociacións;  ensaio;  movementos sociais;  Defensa da lingua;  lingua;  entrevista;  A pegada educativa da emigración galega en América;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  identidade cultural;  Galego;  socioloxía;  fotografía;  etnografía;  teatro;  Economía. Dereito. Política;  remesas;  emigrantes;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  entroido;  festas;  tradición;  pedagoxía;  literatura española do s. XX;  Procesos electorais;  educación;  Asociacións culturais;  música;  idiomas;  inglés;  La familia de Pascual Duarte;  política institucional;  OTAN; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0