Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Ãngel Rodulfo'
Amosando noticias 1 a 7 de 7

O Álbum de Galicia incorpora a biografía do compositor José Torres Creo

A José Torres Creo (Pontecesures, 1874 – Vigo, 1939) debémoslle a composición de O sol da primaveira (tamén coñecida como Alborada), Mozos e mozas, San Campio e O Neno Xesús, presentes nos repertorios de múltiples orfeóns e corais, ademáis de formar parte do catálogo clásico da música coral galega. A súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), é da autoría de Pablo Abreu Fernández.

Ler máis

A entrada de Francisco Javier Río Barja incorpórase ao Álbum de Galicia

Francisco Javier Río Barja (Lugo, 1919 – Santa Cruz de Tenerife, 2011) consolidouse como unha figura sobranceira da investigación e da didáctica da xeografía galega, disciplina á que dedicou toda a súa vida. Estivo vinculado ao Consello da Cultura Galega (CCG) como membro do seu Plenario entre 1983 e 2011, período en que ocupou tamén unha cadeira como académico numerario da Real Academia Galega. Asina a súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o CCG, Xosé Ramón Fandiño.

Ler máis

O Álbum de Galicia suma a biografía da química Elisa Díaz Riva

O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega, incorpora a entrada de Elisa Díaz Riva (Santiago de Compostela, 1914 – Cidade de México, ?). Química de formación, dedicou a súa vida profesional ao ensino, primeiro en Barcelona e, posteriormente, no exilio en México. A súa é un “exemplo de carreira truncada por culpa da Guerra Civil e a posterior ditadura”. Así o subliña a autora da súa biografía, Carlota Guede Pujales.

Ler máis

A biografía de Francisco Pillado Mayor incorpórase ao Álbum de Galicia

Francisco Pillado Mayor (A Coruña, 1941–2021) consolidouse como un dos grandes impulsores e estudosos do teatro galego. Dramaturgo, director teatral e investigador, foi un dos fundadores da Agrupación Cultural O Facho e da Escola Dramática Galega. Ademais, desenvolveu un importante labor como escritor, tradutor e editor, malia que “a súa gran paixón e vocación” foi a música, na que sobresaíu como pianista. Así o subliña Ana Abad de Larriva na entrada que asina para o Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O Álbum de Galicia actualiza a entrada de Luísa Villalta

Luísa Villalta (A Coruña, 1957–2004) destacou como escritora en lingua galega cunha obra na que cultivou diferentes xéneros, como a poesía, a narrativa ou o teatro. Ademais, colaborou con diferentes cabeceiras xornalísticas, elaborou traducións e foi tamén violinista. Cun fondo sentido da xustiza e da conciencia social, sobresaíu “pola forza da súa voz” e por estar “sempre do lado das persoas máis desfavorecidas”, subliña Silverio Cerradelo. El é o autor da súa entrada no Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), entrada á que hoxe se incorporan novos recursos e materiais. Con esta actualización, o CCG súmase ao recoñecemento de Luísa Villalta como autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a entrada do crego e músico Ángel Rodulfo

Ángel Rodulfo (Baiona, 1880 – Vigo, 1956) compaxinou o seu ministerio sacerdotal cunha ampla actividade no eido da música. Foi compositor, instrumentista, docente e pedagogo musical e, aínda que “adquiriu xusta fama no seu tempo”, na actualidade “forma parte daqueles músicos galegos ‘esquecidos’ que, no entanto, merecen un estudo rigoroso”. Así o subliña Javier Jurado na entrada que asina para o Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera e edita catro partituras do crego baionés Ángel Rodulfo

Ángel Rodulfo (1880-1956) foi un crego e músico que desenvolveu unha grande actividade tanto no ámbito compositivo, como no docente e no interpretativo. Era un bo coñecedor do xénero vocal e abordou tamén o xénero da balada baixo o subtítulo de Melodía gallega. O Consello da Cultura Galega (CCG), no marco da súa liña de traballo de recupberación do patrimonio musical galego, presenta Melodía galega unha obra editada por Javier Jurado que recolle partituras e textos de catro cancións creadas por este músico vigués que se sitúan na tradición da canción en galego.

Ler máis