Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2341 a 2360 de 3724

Os “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” centran a segunda sesión no Camiño de Santiago

Cal é a pegada do Camiño de Santiago nos peregrinos? E destes sobre os habitantes de Compostela? Estas son algunhas das premisas de partida dun proxecto do grupo de Estudos da Cultura Galabra que presenta os seus primeiros resultados no marco dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”. Esta sesión, que terá lugar mañá á tarde no Consello da Cultura Galega (CCG), insírese nunha liña de traballo da Sección de Patrimonio e Bens Culturais da institución, que busca xerar debate e difusión entre a cidadanía, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións. A xornada retransmitirase en directo a través do web da institución.

Ler máis

A familia e os contornos urbanos condicionan os hábitos culturais segundo un estudo do Observatorio da Cultura

Existe unha relación directa entre o grao de urbanización do lugar onde se vive e dos hábitos familiares coa participación cultural. Así o deduce o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega, na segunda parte do Documento de Traballo (DT-OCG) titulado Ocio e hábitos culturais (II), que mide as prácticas culturais e o noso tempo libre. As cidades e as vilas presentan mellores indicadores que a contorna rural no que ten que ver coa asistencia e a frecuencia de actividades de carácter cultural. Ademais, as cifras son máis positivas na mocidade cuxos pais teñen hábitos culturais frecuentes.

Ler máis

O Camiño de Santiago centra unha sesión de “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”

Comprender o Camiño de Santiago na súa totalidade, onde importan tanto peregrinos como habitantes de Compostela, é unha das orientacións do proxecto que o grupo de Estudos da Cultura Galabra presenta no marco dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”. Esta iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega busca xerar debate e difusión entre a cidadanía, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións. A cita deste novo encontro terá lugar o vindeiro venres 19 de febreiro na sede da institución.

Ler máis

Javier Moscoso falará mañá sobre a ambición no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

O doutor en Filosofía Javier Moscoso ofrecerá mañá (xoves 11, ás 17:00 horas) no Consello da Cultura Galega un relatorio que aborda a construción cultural da ambición, así como as súas repercusións en ámbitos como o da saúde ou o da historia. A cita titúlase "Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición" e forma parte do marco do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) que coordina o profesor Ramón Máiz.

Ler máis

Aberto o prazo de inscrición para a conferencia de Javier Moscoso no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

A ambición e os seus males centran a vindeira cita do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), seminario coordinado polo profesor Ramón Máiz. Nesta ocasión, o doutor en Filosofía Javier Moscoso ofrecerá no Consello da Cultura Galega un relatorio que aborda a construción cultural deste concepto así como as súas repercusións, que chegan a moitos ámbitos, como pode ser o da saúde. A cita, que terá lugar o xoves 11 de febreiro (17:00 horas), titúlase "Promesas incumpridas. Una historia cultural de la ambición" e xa ten aberto o prazo de inscrición.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega presenta os resultados das súas bolsas coa Casa de Velázquez

O Consello da Cultura Galega presenta os resultados das súas bolsas coa Casa de Velázquez

Unha investigación sobre a orixe do sistema bancario e a débeda pública actual e o deseño da escenografía dunha montaxe teatral son os proxectos resultantes das primeiras bolsas convocadas polo Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez. Unha iniciativa que xorde coa finalidade de contribuír á proxección da cultura galega no exterior e cuxos resultados se deron a coñecer esta mañá nunha rolda de prensa. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, destacou a relevancia desta liña de traballo e anunciou unha nova convocatoria destas bolsas para o mes de abril.

Ler máis

Luciano Concheiro achega as investigacións recentes sobre o exilio republicano en México no Consello da Cultura Galega

Luciano Concheiro achega as investigacións recentes sobre o exilio republicano en México no Consello da Cultura Galega

“Non son un especialista no exilio, pero vivilo permíteche apreciar outra realidade e entender por qué o goberno e o pobo de México se volcaron cos refuxiados españois”. Así comezou Luciano Concheiro a conferencia no Consello da Cultura Galega na que fixo un repaso polo que achegaron as últimas investigacións ao coñecemento dun fenómeno que afectou a máis de 40.000 españois entre 1939 e 1942. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, presentou ao conferenciante nunha biblioteca que tiña o seu aforo completo.

Ler máis

O Consello da Cultura afonda na figura de Rosendo Salvado cunha nova publicación

O Consello da Cultura afonda na figura de Rosendo Salvado cunha nova publicación

A divulgación da figura de Rosendo Salvado conta cunha nova achega. Trátase da publicación Rosendo Salvado e o mundo aborixe de Australia, que recolle as actas do Congreso realizado polo Consello da Cultura Galega en 2014 coa edición de Ramón Máiz e Thifany Shellan. A publicación, que xa se pode descargar desde o web do CCG, dá conta da relevancia do frade, quen desenvolveu en Australia un asentamento misioneiro desde un revolucionario punto de vista en época colonial, baseado na defensa dos dereitos dos aborixes. A presentación completouse coa conferencia da profesora australiana Anna Haebich sobre o legado musical de Salvado na educación dos aborixes.

Ler máis

O Observatorio da Cultura destaca a baixa participación cultural da cidadanía galega

O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega, acaba de facer pública a primeira parte dun Documento de Traballo (DT-OCG) titulado Hábitos e prácticas culturais (I), centrado nos indicadores de participación cultural en Galicia. Un documento que analiza o que lemos, escoitamos, vemos e facemos do ámbito cultural noso tempo libre. Como norma xeral, a asistencia a museos, galerías, bibliotecas, concertos, cine e teatro está por debaixo da media española. Como dato positivo, a cidadanía galega é das que máis libros le e dedica máis tempo a facelo. Alén da lectura, entre as nosas preferencias tamén está ler prensa e escoitar música.

Ler máis

O Plenario aprobou a programación nunha sesión extraordinaria á que asistiu o presidente da Xunta

O Plenario aprobou a programación nunha sesión extraordinaria á que asistiu o presidente da Xunta

O Consello da Cultura Galega realizou no serán deste xoves unha sesión plenaria extraordinaria na que deu conta do balance de actividades de 2015 e fixo un avance da programación de 2016. A xuntanza contou coa asistencia do presidente de honra da institución, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega celebra este serán unha sesión plenaria extraordinaria

O Consello da Cultura Galega celebra este serán (20:00 horas) unha sesión plenaria extraordinaria cun único punto na orde do día: balance de actividades de 2015 e avance da programación de 2016. A xuntanza contará coa asistencia do presidente de honra da institución, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Ler máis

Aberto o prazo de inscrición dunha xornada que analiza os desafíos para a cultura galega na sociedade en rede

Nos últimos tempos Galicia deu pasos para que a súa cultura forme parte da rede pero quedan aínda hai moitos retos por cumprir. Sobre eles reflexionará a xornada “Desafíos para a cultura galega no escenario interactivo da sociedade en rede”, que terá lugar no Consello da Cultura galega o vindeiro 24 de febreiro e que xa ten aberto o seu prazo de inscrición. A proposta está coordinada por Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago, e contará coa presenza de expertos como Mario Tascón ou Rosa Franquet para falar de novas dinámicas de socialización que inciden nos usos e consumos de produtos culturais.

Ler máis

Os Epistolarios

Os Epistolarios

Accede á correspondencia de destacadas figuras de Galicia como Luís Seoane e Rosalía de Castro.

Ler máis

A mostra sobre a repercusión internacional de Valle–Inclán chega á Pobra cando se cumpren 150 anos do seu nacemento

Este 2016 cúmprense 150 anos do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán (1866-1936). Unha efeméride que o Consello da Cultura Galega celebra con novos destinos para a exposición “Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1930-1936]”, que dá conta da dimensión internacional deste escritor a través das traducións das súas obras a outras linguas. O primeiro destino deste ano é a Pobra do Caramiñal, no museo que leva o nome do escritor e que hoxe inauguran o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, a comisaria desta mostra, Rosario Mascato e o alcalde desta localidade, Xosé Lois Piñeiro.

Ler máis

Un editor para un país

Un editor para un país

O 17 de decembro, a coincidir co nacemento de Ánxel Casal, celébrase o Día da Edición en Galicia. Recuperamos esta publicación que dá conta do seu labor.

Ler máis

Belo Horizonte acolle Os Adeuses, a mostra que documenta o último éxodo galego a América

Os Adeuses é a exposición que amosa, a través da ollada do fotógrafo Alberto Martí, os últimos momentos da emigración galega cara a América dos anos cincuenta do século pasado que tivo en Brasil e Uruguai os principais destinos. A mostra chega agora a Belo Horizonte (Brasil), onde se pode ver ata o día 27 de febreiro de 2016. Estará aberta no O CâmeraSete–Casa da Fotografia de Minas Gerais, un espazo dedicado ás artes visuais da Fundação Clóvis Salgado, resultado dunha colaboración entre a Secretaria de Estado de Cultura de Minas Gerais e o Instituto Moreira Salles.

Ler máis

Cartas para un centenario

Cartas para un centenario

Co gallo do centenario de Ramón Piñeiro (1915-1990) ofrecemos as cartas que intercambiou con Luís Seoane

Ler máis

Unha xornada destaca a excepcionalidade das figuras de Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena

O primeiro día das xornadas Ramón Piñeiro Koldo Mitxelena no seu centenario serviu para construír o relato dunha amizade pero tamén para dar a coñecer a excepcionalidade de dúas figuras fundamentais na cultura e na política galega e vasca. “É a historia de vidas paralelas con camiños diverxentes e un exemplo de posición persoal, política e cultural” afirmou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG) nunha sesión na que tamén se presentou a primeira fotobiografía como unha mostra da colaboración institucional. As xornadas trasládanse mañá venres ao Centro de Investigación Ramón Piñeiro onde conclúen cunha sesión dedicada a dar a coñecer novos epistolarios.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera a relación entre Piñeiro e Mitxelena no centenario dos seus nacementos

Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena comparten o feito de ser dúas figuras fundamentais nas súas respectivas culturas, a galega e a vasca, e unha traxectoria vital antifranquista que os levou a encontrarse nunha cadea madrileña nos anos corenta, onde forxaron unha amizade que mantiveron durante décadas. Ambos cumprirían neste 2015 cen anos. Unha efeméride que aproveita o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Ramón Piñeiro para lembrar a súa relevancia, a súa relación e a situación das linguas minoritarias no marco da España actual. A cita ten lugar os días 10 e 11 de decembro en Santiago.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega potenciará a acción exterior e as Irmandades da Fala en 2016

O Consello da Cultura Galega potenciará a acción exterior e as Irmandades da Fala en 2016

Contribuír á proxección exterior da cultura galega; atender a un sentido amplo da cultura que inclúe desde ciencia ata cinema, música ou patrimonio; reflexionar sobre as identidades e os movementos migratorios sen descoidar a recuperación e posta en valor da cultura galega son as liñas de traballo do Consello da Cultura Galega (CCG) para 2016. Así o acordou o Plenario da institución no marco dunha xuntanza ordinaria celebrada no serán deste xoves. Isto concrétase nun congreso sobre as Irmandades da Fala, unha exposición que constrúe o relato histórico de Galicia en cen obxectos, a recuperación da figura de Manuel María e un seminario sobre fronteiras, soberanías e migracións. En total están programadas máis de cincuenta actividades cun orzamento que se sitúa preto dos dous millóns e medio de euros.

Ler máis