Este volume recolle os relatorios presentados ao congreso O contexto internacional das Irmandades da Fala. As nacionalidades na Europa de entreguerras: De imperios a nacións, celebrado no Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, os días 6 e 7 de outubro de 2016.
Os diversos capítulos, da man de historiadores, politólogos e lingüistas, deitan unha nova luz sobre o desenvolvemento político da cuestión das nacionalidades en Europa durante a Primeira Guerra Mundial e os anos sucesivos, e abranguen as formulacións e debates teóricos, as mobilizacións sociopolíticas e mais as perspectivas culturais. Tamén abordan a cuestión dende diferentes escalas, mesturando a perspectiva global e transnacional coa visión dende abaixo, nos contextos locais, con especial atención ás áreas periféricas do continente, tanto as nacionalidades de Europa centro-oriental como as da occidental, dende a Galicia ibérica ata o Cáucaso.
Táboa de contidos

| Título | The First World War and the Nationality Question in Europe Global Impact and Local Dynamics |
| Edición |
Xosé M. Núñez Seixas |
| Autoría |
Bence Bari Stefan Berger Miguel Cabo Villaverde Stefan Dyroff Lourenzo Fernández Prieto Johannes Kabatek Ramón Máiz Suárez Xosé M. Núñez Seixas Malte Rolf Ramón Villares Francesca Zantedeschi |
| Publicación | Leiden: Brill, 2021 |
| Edición | 1 |
| ISBN | 978-90-04-43795-1 |
| Colección | National Cultivation of Culture; Núm:23 |
| Materias | |
| Áreas |