Recóllense neste volume boa parte dos contributos aos tres congresos que, co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala no 1916, foron realizados polo Consello da Cultura Galega os días 6 e 7 de outubro de 2016, 18 e 19 de outubro de 2017 e 4 e 5 de outubro de 2018. En cada un deles abordáronse tres cuestións específicas. En primeiro lugar, o contexto europeo e global no que xurdiron as Irmandades. A seguir, o seu contexto peninsular. En fin, a temperá interacción do novo galeguismo político coa diáspora americana e portuguesa.

No primeiro congreso (2016) abordouse o contexto internacional que condicionou o xurdimento do nacionalismo galego, marcado pola eclosión da cuestión das nacionalidades durante a Gran Guerra, a irrupción do principio de autodeterminación nacional na política internacional da man dos bolxeviques e do presidente dos EUA Woodrow Wilsone fitos singulares como a rebelión irlandesa de 1916.

O segundo congreso (2017)pasou revista ao contexto peninsular, tanto español como portugués, no que nace o nacionalismo galego. Ofrécense aquí varios dos textos presentados, que abranguen dende as relacións entre as Irmandades e a estratexia de proxección española do catalanismo político, ata o paralelo desenvolvemento do nacionalismo vasco, ou as reaccións da escritora Emilia Pardo Bazán.

O terceiro congreso (2018)esculcou nas dimensións transatlánticas do novo galeguismo. Abordáronse dende o seu encadramento dentro dos patróns relacionais dos nacionalismos europeos coas súas diásporas, ata o influxo dos retornados no desenvolvemento dos movementos sociais na Galicia do tempo, pasando polo papel da lingua galega nas colectividades de emigrantes, e os ecos das Irmandades en Cuba, no Río da Prata e Portugal.

Bríndase aquí, dese xeito, unha perspectiva calidoscópica sobre o tempo das Irmandades, con liñas que converxen nunha focaxe compartida que fai dialogar a experiencia galega con Europa e con América, como decote propoñían os membros do Grupo Nós e das Irmandades.
Titulo Irmandades da Fala no seu tempo, As
: perspectivas cruzadas
Edición Ramón Villares
Xosé M. Núñez Seixas
Ramón Máiz Suárez
Autoría Xusto G. Beramendi
Isabel Burdiel
Pilar Cagiao
José Luis de la Granja
Alfonso Iglesias Amorín
Emilio Xosé Insua López
Johannes Kabatek
Joep Leerssen
Henrique Monteagudo
Xosé M. Núñez Seixas
Carlos Pazos Justo
Borja de Riquer
Raúl Soutelo
Ramón Villares
Introdución Ramón Máiz Suárez
Xosé M. Núñez Seixas
Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª Edición
Descrición física 524 p.: il.; 24 cm
Notas Imaxe da cuberta: Membros da Irmandade da Fala de Betanzos indo cara ao concello, 1918. O portador da bandeira é o mestre e erudito Francisco Vales Villamarín. (Da publicación Xogos Froraes de Betanzos 1918, Betanzos, Imprenta de Manuel Villuendas, 1918. Cortesía do Arquivo Municipal de Betanzos)
ISBN 978-84-17802-28-8
Depósito Legal C 345-2021
DOI 10.17075/iftpc.2021
Url externa Catálogo RBG
Materias
Código QR

Xosé Manuel Núñez Seixas e Ramón Villares, editores, presentan a publicación As irmandades da fala no seu tempo: perspectivas cruzadas .