Poesía galega do primeiro terzo do século XX

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (12´ 16´´) elaborado por Nee Barros Fernández. Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).
Neste vídeo ofrécenos, a xeito de resumo, os contidos incluídos no tema da poesía galega do primeiro terzo do século XX, centrándose concretamente nas Irmandades da Fala, unha organización nacionalista que tiña como obxectivos fundacionais a defensa, exaltación e fomento da lingua galega. A esta organización pertenceron poetas como Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, dos que se ofrece un perfil biográfico e bibliográfico.


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO