Poesía de vangarda galega

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (12´ 26´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que explica en que consistiron os movementos de vangarda en Europa e trata especificamente a poesía de vangarda en Galicia durante o primeiro terzo do século XX. Descubrirás as principais características de movementos como o surrealismo, o creacionismo, o hilozoísmo e o neotrobadorismo, e cales foron os principais poetas galegos que se inscribiron dentro deles (Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e Xosé María Álvarez Blázquez).
Trátase da segunda entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO