Prosa galega do primeiro terzo do século XX

Incorporación a Proxector: 18/11/2021

Vídeo didáctico (10´ 12´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que trata o tema da prosa galega do primeiro terzo do século XX. As súas explicacións axudaranche a entender as principais características da Xeración Nós, á que se adscriben autores como Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Alfonso D. Rodríguez Castelao. Así mesmo, tamén ofrece unha breve análise dunha das obras de prosa representativas do movemento das vangardas, "Dos arquivos do trasno", de Rafael Dieste.
Trátase da terceira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).


Nee Barros Fernández    AUTORÍA
18/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO