Como lemos información HD nas árbores?

Incorporación a Proxector: 22/11/2021

Vídeo (14´ 27´´) de divulgación científica no que Manuel Souto Herrero, investigador do Departamento de Botánica da USC, nos fala da dendrocronoloxía, unha disciplina que nos permite ler información nos aneis das árbores. Nesta charla descubrirás como a través dos aneis de crecemento dunha árbore podemos saber, por exemplo, o seu ano de nacemento, a data exacta da súa corta, os períodos de crecemento rápido ou lento que tivo, as secas que padeceu ou os danos de incendio que sufriu. Tendo en conta que as árbores de contornos próximos teñen patróns de crecemento similares, a información dos seus aneis permítenos coñecer a historia ecolóxica e climática dun determinado lugar.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.


Manuel Souto Herrero    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
22/11/2021
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO