Dinámica de poboacións: Modelo de Lotka-Volterra

Incorporación a Proxector: 7/3/2022

En outubro de 1859, o colono inglés Thomas Austin liberou en Australia 24 coellos salvaxes que lle enviaron desde Inglaterra para poder practicar o deporte da caza. Esta decisión desencadeou un grave problema de superpoboación de coellos que se mantén na actualidade. Neste vídeo didáctico (7´ 05´´) Óscar A. Otero Zarraquiños e Cristina Lois Prados, da Área de Análise Matemática da USC, ensínannos como pode explicarse matematicamente a evolución dunha ou varias especies en función de diversos parámetros, analizando modelos clásicos como o modelo Malthusiano e o modelo depredador-presa de Lotka-Volterra.

Cristina Lois Prados    Óscar A. Otero Zarraquiños    AUTORÍA
Universidade de Santiago de Compostela CREACIóN
7/3/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO