|
|
|
|
|
|
|
|
Ver
Transcripción da «25 de xulio: dia da patria galega»
Este cartel é representativo da retórica, símbolos e visión que tiña a esquerda nacionalista galega ante o proceso autonómico en discusión. A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) acababa de ser legalizada en marzo de 1978 e convocou para esa mañá do 25 de xullo unha manifestación seguida dunha "festa popular" pola tarde. Dende aquela segue a ser o esquema actual da convocatoria desa data. Na parte de atrás do panfleto, un debuxo de Castelao vinculando a autonomía aos caciques e ao sistema colonial español. Combinación de dous conceptos que trasmiten o pasado cara o presente dos setenta. Os dous paisanos conversan: "Ti estás cos de antes ou cos d'agora?: Eu estouche cos de despois".
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ver Panfleto
Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.
Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ver Panfleto
Transcripción da «Alberte Esteban, todolos loitadores presos: Amnistia Total»
Panfleto do Día da Patria Galega no que se solicita a liberación de presos políticos nacionalistas. Nadas na clandestinidade, durante o franquismo, algunhas organizacións nacionalistas de esquerdas como a ANPG ou a UPG contaban con membros que se viran implicados en organizacións que utilizaban a loita armada e ilegalizadas, do mesmo xeito que acontecía con outras forzas nacionalistas do Estado. Moitas destas persoas puideron acollerse á Lei de amnistía de 1977 e integrarse na normalidade da vida política, mentres que outras permaneceron realizando actividades ilegais ou no exilio.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Ver Adhesivo
Transcripción da «Eu apoio UPG ANPG, ilícito?»
Pequena pegatina demostrativa da adesión ao bloque constituído pola UPG e a ANPG.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 1975-09-00 |
|
|
| 1975-10-25 |
|
|
| 1976-00-00 |
|
|
| 1976-00-00 |
|
|
| 1976-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-00-00 |
|
|
| 1977-08-00 |
|
|
| 1977-11-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1978-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-00-00 |
|
|
| 1979-10-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-00-00 |
|
|
| 1980-07-00 |
|
|
| 1980-12-23 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-00-00 |
|
|
| 1981-02-17 |
|
|
| 1981-02-24 |
|
|
| 1981-02-24 |
|
|
| 1981-02-24 |
|
|
| 1981-02-24 |
|
|
| 1981-03-00 |
|
|
| 1981-03-00 |
|
|
| 1981-04-03 |
|
|
| 1981-04-06 |
|
|
| 1982-00-00 |
|
|
| 1982-00-00 |
|
|
| 1982-06-11 |
|
|
| 1982-10-00 |
|
|