Entidade: Editorial Castrelos

Entidade: Editorial Castrelos [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1971-02-03
Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e correccións manuscritas]

Transcripción da Carta de Blanco Amor a Seoane. 1971 en 03/02/1971


Barcelona, 3 de febreiro de 1971

Moi querido Luis:

Chégame eiquí tu [sic] carta do 2 de xaneiro. Ya [sic] antes me tiña dado os cartos, 5.800 pesetas, o amigo Palmás ó que me atopei casualmente nunha rua do barrio gótico. Agardézoche moito ise envío (do teu peto particular, naturalmente) como cancelación xenerosa duns direitos de autor que non figuraban en ningún contrato, esa é a verdade. Deus cho paguiño que me viñeron moi ben pra quedar eiquí un pouco mais, capeando o rexo inverno de Ourense, que non me vai ben pra saúde.
Xa falaremos do penoso asunto, do magoante e porco asunto, do Premio que coasi me leva a outro episodio cardíaco, tan a fondo me fireu. Alivia a miña concencia o feito de que non foi miña a culpa sino de quén, cegado polos cartos, coma decote, coasi fixo custión de fidelidade amistosa o que eu me presentase ou non. A aló foi a novela núa coma unha Susana diante dos vellos, duns vellos nin xiquera verdes. Asegún as marcas que eu puxen nos orixinaes e copias, lérona dous. Pódia que a novela da Xoana –que se portóu pésimamente no caso, anunciando a berros, dende dous meses antes, que o premio era seu– sexa un segundo Quixote, mais non terá nunca a significación lingüistica, literaria e, si cadra invountariamente, social que a miña tería que haber acadado dun xurado culto e galego. Pra min os treidores a iste orde de cousas –esplicadas ademais nun longo prólogo– son os dous únicos que pra min sinificaban unha garantía: Alvarez Blázquez e [o] filólogo grego. Dos outros tres, sabía dabondo que eran: unha estoa, un reaicionario e un cacique: Sebastián Risco... Polo visto, todo se armóu dende eí. Tratábase de conseguir unha novela de venta (claro, Adiós, María) pra “lanzar” á Editorial Castrelos versus Galaxia, con algo que non fosen reediciós, e pubricitado por un premio económicamente insólito; un nome de muller non viría mal. A xestión pra conquerir os cartos do premio foi agardecida con ese nomeamento de “Académico correspondente” a ise avolto persoaxe que está coroando tristemente o fin e remate da coleitividade galega de Bs. Aires. Eso se dixo...
Tamén me fun quedando eiquí porque o escelente Ricard Salvat encarregoume do asesoramento de El caballero de Olmedo que está a montar pra Compañía Nacional. Estamos traballando arreo e coido que con porveito. Estarei eiquí até fin diste mes.
Esquecíame. A miña novela (Xente ao lonxe) salvouse do meu pirmeiro pulo que foi botala de noite ó Orzán. Tróuxena eiquí pra que o Basilio me aconsellase, e foi íl quen a salvóu.(Mandeilla onte ó Paco del Riego). Tanto il coma o Salvat e mais a min, gostóunos moito a túa nova aventura. Non te cansas, ogallá non te canses nunca. Cantas veces o exempro da túa vountade, da túa xenial laboriosidade, do teu talento posto ó servicio de Galicia, me sostivo a min, tan propenso a deixarme cair...
Vinde pronto; decote facedes falla eiquí entre nós. Sin querer, estamos refacendo o eisilio; fáltanos o grande Lorenzo Varela...

Agarimos pra Maruxa e unha gran aperta.

Eduardo

[Manuscrita:] Teño “a vaga ideia” de terche xa contestado ista carta. Ando moi atafegado coisto da colaboración con Salvat, e pode que se me formase unha confusión. Mais, por si escaso, eí vai esta outra.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaMaside, CarlosDieste, RafaelVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínLaxeiro, Castelao, Maiztegui, Isidro B.Otero Pedrayo, RamónBlanco Amor, EduardoCañas, PilarArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoPiñeiro, RamónCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelFole, ÁnxelNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánCanabal, XesúsDíaz, AvelinoCabanillas, RamónOtero Espasandín, XoséLópez García-Picos, CarlosDíaz Dorado, DiegoDíaz Arias de Castro, CamiloFerreiro, Celso EmilioNeira Vilas, XoséVilanova Rodríguez, AlbertoCurros Enríquez, ManuelPita, EmilioÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaEiroa, José GabrielBaltar Domínguez, AntonioCao, José MaríaCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoGómez Cobas, CasimiroFernández, ValentínCruces, FortunatoPereira Caamaño, FernandoÁlvarez Blázquez, EmilioVillamarín Prieto, José Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesHistorias de ida e voltaÁlbum da EmigraciónÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisÁlbum de Galiciaautores/asFondos de Radio Nacional de España en Galiciamúsicaasociaciónsprensa escritamedios de comunicaciónasuntos particularesentrevistaColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneMullerespolíticasocioloxíaespazos artísticosacción socioculturalA nova SargadeloshistoriaMulleres no Álbum de GaliciaradioremesaseducaciónFábrica de Porcelanas La MagdalenaexilioensinopoesíaMulleres galegas na emigraciónAs iniciativas educativas da emigración galegaA cultura galega alén marNovas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XXO exilio galegoNo centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaVoceiros da colectividade galega na emigracionOutros destinos da emigración galega150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos A pegada educativa da emigración galega en AméricapremiosFardel d’eisiladonovela

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0