Temática: empresas [2]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1906-04-29 | Balneario e Augas do Lérez, lugar de saúde e ocio |
Ver
Transcripción da Balneario e Augas do Lérez, lugar de saúde e ocio en 29/04/1906Casimiro Gómez (1854) era natural de Cotobade. Emigrou a Bos Aires con apenas 13 anos e fixo unha gran fortuna no sector do coiro e talabartaría. A súa empresa expandiuse por todo o país e fíxose famosa a nivel internacional despois de recibir varios premios nas Exposicións Internacionais de Bos Aires, París e Chicago. Casimiro chegou a converterse nun gran terratenente e criaba o gando do que extraía as peles que lle servirían de materia prima para a fabricación dos seus produtos. O mundo do coiro e talabartaría non foi a súa única iniciativa empresarial, interveu tamén en compañías de seguros, entre outras actividades. Foi fundador e vicepresidente do Centro Industrial Argentino e integrante do consello de administración da Unión Industrial, así como membro importante dos círculos máis selectos da sociedade porteña e de varias sociedades de emigrantes.
|
| 1980-00-00 | Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998 |
Ver
Transcripción da Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998 en 00/00/1980O retorno das e dos emigrantes galegos non sempre se presenta de igual forma, está determinado baixo condicións diversas, que van desde a situación política e socioeconómica, que exerce de factor de expulsión do país de destino, ata causas moito máis íntimas, como o desexo de retornar á terra por causa da morriña ou simple cambio de etapa vital. En numerosas ocasións o retorno non é de anciáns senón de galegos en idade activa. Nestes casos, o retorno non é só físico, senón que leva consigo experiencia laboral, cartos aforrados e gañas de emprender un negocio propio. Establecementos coma este chaman a atención sobre experiencias vividas lonxe da terra e lémbrannos que para os seus donos pagou a pena volver. A través deses nomes gardan anaquiños doutras terras e recordan a súa condición de emigrantes.
|


