Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'José Manuel Sande'
Amosando noticias 1 a 11 de 11

Unha xornada reflexiona sobre a vixencia e desafíos do Centro Dramático Galego

“Centro Dramático Galego, vixencia e contribución da institución ao futuro da creación escénica galega” é o título da xornada coa que a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) revisa este martes (10:00 horas) a situación desta unidade de produción teatral pública. É tamén a primeira cita dun ciclo que afondará no papel das institucións culturais galegas actuais. Dolores Vilavedra, vicepresidenta do CCG, xunto con Cristina Domínguez, coordinadora da sección e tamén da xornada xunto con Eduardo Alonso e Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, inauguran esta sesión que se pode seguir en directo no web e na canle de YouTube da institución.

Ler máis

Unha xornada amosa experiencias singulares de pedagoxía do cine nas aulas

Cine e educación: experiencias de Galicia e Portugal é o título da xornada coa que a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Museo do Pobo Galego e a Asociación Cultural Olloboi, amosan este venres (10:00 horas) dinámicas consolidadas de pedagoxía do cine nas aulas galegas en diferentes niveis educativos. Ademais, tamén se achega ás prácticas que se están a desenvolver en Portugal. A sesión, coordinada por Cristina Domínguez, Beli Martínez, Ana Moreiras e José Manuel Sande, pódese seguir en directo desde o web institucional e a canle de Youtube.

Ler máis

Unha xornada analiza o cinema galego na Transición

“Cinema galego e Transición” é o título da xornada que a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) e a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), coa colaboración do Cineclube de Compostela, organizan este 21 de marzo no Museo do Pobo Galego. A actividade, coordinada por Beli Martínez e José Manuel Sande, ten como obxectivo contextualizar a Transición, afondar en diversos aspectos vinculados coas producións cinematográficas da época e analizar como este período histórico se está a representar no cine galego contemporáneo. A sesión é presencial, pero poderá seguirse en directo a través das redes sociais do Museo do Pobo Galego. Os vídeos coas intervencións estarán tamén dispoñibles proximamente na hemeroteca do CCG.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega analiza o legado das intérpretes galegas na diáspora

Con motivo da estrea en Galicia de Manuela Rey is in da house, obra teatral producida polo Centro Dramático Galego, o Teatro Nacional São João, o Teatro Nacional Dona Maria II e o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana, a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza a xornada Intérpretes galegas na emigración e no exilio. Coordinada por Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, Cristina Domínguez Dapena e Fran Núñez, a cita terá lugar este venres, 15 de marzo (16:15 horas), no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Non haberá emisión en directo, pero gravarase a sesión e subirase posteriormente á hemeroteca do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega dedica unha xornada aos compositores Manuel Balboa, Enrique Macías e Xan Viaño

Balboa, Macías e Viaño. Creación musical galega a finais do século XX é o título da xornada que a Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza este mércores, 13 de marzo (16:30 horas), na sede da institución. Nela, diversos especialistas analizarán a figura destes tres compositores. Inaugurarán a cita a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e a coordinadora da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, Cristina Domínguez Dapena. A actividade é presencial, pero poderá seguirse en directo a través do sitio web e das redes sociais corporativas.

Ler máis

O que pode a danza amosa o poder transformador social das artes do movemento

O que pode a danza é o novo produto audiovisual co que o Consello da Cultura Galega (CCG) se achega ao sector das artes do movemento. Trátase de oito pezas audiovisuais que nos achegan outras tantas experiencias singulares que amosan as conexións do mundo da danza coa sustentabilidade, co territorio ou coa empresa. Natalia Balseiro é a comisaria deste proxecto, que se acaba de presentar na Casa Vella de Amiadoso, en Ourense, e na Culturgal. A serie está dispoñible desde hoxe no web e nas redes sociais da institución.

Ler máis

Diferentes expertas e investigadoras reflexionan sobre o acoso sexual nunha xornada

O acoso sexual é unha realidade que está presente en moitos ámbitos da vida das mulleres desde a súa infancia. Co fin de afondar na súa concepción e nas diversas formas en que este se manifesta, o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF) do Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais da institución, organiza mañá martes (28 de novembro, 10:00 horas) a xornada Que é “si”? Sobre o acoso sexual. Na inauguración intervirán a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a coordinadora do CDIF, Carme Adán, e a da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, Cristina Domínguez. A xornada é presencial, pero poderá seguirse en directo a través do sitio web e as redes sociais da institución.

Ler máis

Os inicios da música escénica en Galicia analízanse nunha xornada que tamén pon en escena a tonadilla Los gustos estragados

A Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega (CCG) organiza mañá, 21 de marzo (17:00 horas), a xornada Os inicios da música escénica en Galicia. Nela representarase a tonadilla escénica de Melchor López Los gustos estragados, a única que se conserva das que foron compostas en Galicia. Antes da representación haberá unha mesa redonda, na que intervirán Montserrat Capelán, Javier Gándara e Joám Trilho. A actividade está coordinada pola propia Montserrat Capelán e por Cristina Domínguez Dapena. Ademais, conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais, do Centro Dramático Galego e do grupo de investigación Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As prazas están esgotadas, pero as intervencións poderán seguirse en directo a través do sitio web e as redes sociais da institución.

Ler máis

Unha xornada analiza a relevancia das corais

As corais: dinamizadoras imprescindibles do tecido cultural galego é o título da xornada que se celebra na tarde deste martes, 22 de novembro. Nela, analizarase a incidencia social das máis de trescentas corais existentes na nosa comunidade e se presentará o primeiro informe que analiza esta realidade. A actividade está organizada pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega CCG) baixo a coordinadción de Alejo Amoedo e Cristina Domínguez Dapena. Recoñecidos profesionais achegaranse á importante función divulgativa e pedagóxica que desempeñan as corais e, profundarán no seu papel como forzas vertebradoras e dinamizadoras do tecido cultural. A sesión é presencial, pero tamén se poderá seguir en directo a través das redes sociais da institución.

Ler máis

Diferentes expertos reivindican o papel singular das filmotecas

“As filmotecas somos institucións singulares na fronteira entre museos, arquivos e bibliotecas” asegurou Mariona Bruzzo, xefa do Centre de Conservació i Restauració da Filmoteca de Catalunya no marco da xornada "Filmotecas e patrimonio audiovisual” que organizou a Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG). A cita, coordinada por Sergio Lago e Jose Manuel Sande, afondou no papel que debe desenvolver unha filmoteca, centros que traballan co patrimonio audiovisual onde a conservación e a investigación son actividades centrais. Tamén deixaron abertos outros camiños, como a necesidade dunha actuación conxunta arredor da dixitalización.

Ler máis

O pioneiro director de cine Chano Piñeiro incorpórase ao Álbum de Galicia

Sempre Xonxa foi a primeira longametraxe oficial do cinema galego. Conta tamén con outros méritos como o feito de ser escrita, dirixida e interpretada na nosa lingua. O seu creador, Chano Piñeiro (Focarei, Pontevedra, 1954- Vigo, 1995) converteuse nun pioneiro ao tempo que abríu un camino para a construcción dun cinema nacional. José Manuel Sande asina a súa entrada que se acaba de incorporar ao Álbum de Galicia.

Ler máis