Arquivo de noticias do CCG

Limpar
Resultados da busca para: 'Pablo Figueroa'
Amosando noticias 1 a 11 de 11

Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega

Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán deste xoves na que acordou a concesión das súas medallas á filóloga estadounidense Kathleen March e ao edafólogo Francisco Díaz-Fierros, en recoñecemento á súa contribución nas actividades da institución. Ademais, aprobou as liñas xerais de programación de actividades para 2026 en que prestará atención aos medios de comunicación en galego, en conmemoración do 150 aniversario de O Tío Marcos d´a Portela, a primeira publicación de carácter xornalístico redactada integramente en lingua galega. Ademais da celebración do tradicional Concerto das Letras Galegas e do programa didáctico musical No bico un cantar, tamén organizará actividades arredor da figura de Begoña Caamaño, próxima homenaxeada no Día das Letras Galegas. As transferencias culturais derivadas dos procesos migratorios e o reforzo en acción exterior serán outras das liñas de acción prioritarias.

Ler máis

Luis García Montero e Helena González reciben as Medallas do Consello da Cultura Galega polo seu traballo de difusión e promoción no exterior

Luis García Montero e Helena González reciben as Medallas do Consello da Cultura Galega polo seu traballo de difusión e promoción no exterior

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, entregou no serán deste venres as Medallas de Honra da institución ao poeta e director do Instituto Cervantes, Luis García Montero (Granada, 1958), e á profesora da Universitat de Barcelona Helena González Fernández (Comesaña, Vigo, 1967) polo seu “labor a prol do diálogo entre a cultura galega e outras culturas irmás, fraternalmente, por enriba de muros e valados que non están nos nosos corazóns”. No acto estiveron presentes numerosas personalidades da sociedade e da cultura galega como o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; ou o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, entre outros.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega entrega este venres as súas Medallas de Honra

O Consello da Cultura Galega (CCG) entregará mañá, venres 25 de febreiro, as súas Medallas de Honra a Luis García Montero, poeta e actual director do Instituto Cervantes; e a Helena González Fernández, profesora da Universidade de Barcelona. Ambos os dous son recoñecidos pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior. O acto terá lugar ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela (USC), é de acceso libre ata completar a súa capacidade e será retransmitido en directo pola web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega entregará as súas medallas de honra o vindeiro 25 de febreiro

O Consello da Cultura Galega (CCG) entregará as súas medallas o vindeiro 25 de febreiro. A celebración terá lugar no paraninfo da Universidade de Santiago e será retransmitida en directo a través de Internet. Os galardoados son Luis García Montero, poeta e actual director do Instituto Cervantes, e Helena González Fernández, profesora da Universidade de Barcelona, pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega concede as súas Medallas a Luis García Montero e Helena González

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou unha sesión plenaria no serán deste mércores na que acordou a concesión das súas Medallas a Luis García Montero, director do instituto Cervantes, e a Helena González, profesora da Universidade de Barcelona, pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior. Ademais, aprobouse a programación de actividades para 2022 que prestará atención aos movementos sociais e culturais na forxa da autonomía; á cultura marítima e ao pasado, presente e futuro dos medios de comunicación en Galicia. Ademais da celebración do tradicional Concerto das Letras Galegas tamén se organizarán actividades arredor da figura de Delgado Gurriarán, próximo homenaxeado no Día das Letras Galegas, con accións que estarán vencelladas a análise dos exilios. No plenario tamén se presentou o balance do último trimestre, que estivo marcado pola recuperación da actividade presencial.

Ler máis

As primeiras Medallas de Honra do CCG celebran o traballo da diáspora e a acción cultural galega no exterior

As primeiras Medallas de Honra do CCG celebran o traballo da diáspora e a acción cultural galega no exterior

Nun emotivo acto celebrado no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, entregáronse hoxe pola mañá as primeiras Medallas de Honra do Consello da Cultura Galega. Os galardoados foron Pablo Figueroa Dorrego, Ana Paula Leborinho e, a título póstumo, Francisco Lores Mascato. As medallas foron entregadas por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia e Alberto Núñez Feijóo, presidente de honra do Consello da Cultura Galega e da Xunta de Galicia.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega está a preparar unha exposición sobre o discurso Alba de Gloria de Castelao

O Consello da Cultura Galega conmemorará cunha exposición o 70º aniversario da lectura do discurso Alba de Gloria de Daniel A. Rodríguez Castelao, segundo aprobou o Pleno da institución na tarde de onte, xoves 15 de marzo. A exposición inaugurarase nos inicios do outono e ten como obxectivo dar a coñecer a todo o público e, en especial, ás novas xeracións, o contido e orixes do discurso, o ambiente cultural e social da época na colonia galega e as relevantes figuras da cultura de Galicia mencionadas nel. Para iso, botará man dun concepto expositivo no que destacarán o uso das novas tecnoloxías e a participación activa do usuario.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura inicia unha viaxe a Brasil no marco da súa liña de acción exterior

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, inicia unha viaxe a Brasil co obxectivo de contribuír a difundir a cultura galega no exterior. A súa axenda comeza hoxe luns coa inauguración de Os adeuses, a exposición que amosa os últimos momentos da emigración galega cara a América dos anos cincuenta do século pasado. Na inauguración estará presente o director do Instituto Cervantes de Río de Xaneiro, Oscar Pujol; o presidente da Casa de España, Alexandre Bouzón; e Pablo Figueroa Dorrego, conselleiro de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Brasil. Contará tamén coa presenza da escritora e académica Nélida Piñón, de orixes galegas e autora do gran romance sobre a emigración galega no Brasil, A república dos sonhos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega presentou no Parlamento a primeira versión en galego da Constitución promulgada polas Cortes de Cádiz en 1812

O Consello da Cultura Galega presentou no Parlamento a primeira versión en galego da Constitución promulgada polas Cortes de Cádiz en 1812

O Consello da Cultura Galega presentou hoxe no Parlamento de Galicia a primeira versión en galego da “Constitución Política da Monarquía Española promulgada en Cádiz o 19 de marzo de 1812” e do “Discurso preliminar” lido nas Cortes de Cádiz ao presentar o proxeto. A edición, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, levouse a cabo coincidindo coa conmemoración do segundo centenario da promulgación de “La Pepa”, “a priemira constitución española e unha das tres primeiras de Europa”, aseverou o profesor Blanco Valdés. O volume de 514 páxinas, incorpora tamén a edición facsímile do texto constitucional xunto con estudos introdutorios de Ramón Villares, Roberto Blanco Valdés, Ramón Máiz e María de Lourdes Pérez González. No acto de presentación, na Sala Azul do Parlamento de Galicia, interviron Pilar Rojo, presidenta do Parlamento, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política da USC e Coordinador da Sección de Pensamento e Sociedade do CCG, e Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da USC. Ao acto asistiron os integrantes da Mesa do Parlamento e os portavoces e parlamentarios do PP e PS de G-PSOE.
Descargue a edición facsimilar na Mediateca

Ler máis

Unha delegación chinesa visitou o Consello da Cultura Galega e coñeceu as súas iniciativas en materia de acción exterior e cooperación intercultural

A delegación chinesa que visita Galicia e asiste ao  seminario "Autonomías en España e China. Galicia como exemplo" visitou esta tarde o Consello da Cultura Galega, onde foi recibida polo Presidente, Ramón Villares, o Xerente, Marcelino Fernández Santiago, e Emilia García López, da Comisión de Acción Exterior.

Ler máis

Consello da Cultura Galega e EGAP asinaron un convenio de colaboración

Ler máis