Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2421 a 2440 de 3724

350 nenas e nenos cantan a poesía de Ramón Cabanillas en Cambados

O poeta Ramón Cabanillas (1987-1959) é o protagonista da terceira edición de “No bico un cantar”, un programa que une poesía, música e mocidade e organizan o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A praza de Fefiñáns, en Cambados, acollerá este venres un gran coro de 350 nenas e nenos chegados dos conservatorios de música profesional de Galicia cantando poemas do poeta Cabanillas baixo a dirección de Maximino Zumalave. A cita suporá a estrea da versión musicada do poema “Fala unha laverca”, que o CCG lle encargou á compositora Margarita Soto Viso.

Ler máis

O Observatorio da Cultura constata o incremento de usuarios e préstamos nas bibliotecas

No ano 2013 as bibliotecas galegas rexistraron cinco millóns e medio de visitantes e preto de dous millóns e medio de préstamos. Unhas cifras positivas que amosan un incremento continuado desde o ano 2009. O último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (DT-OCG) chámase “Os arquivos e a protección do patrimonio documental” e recolle os datos das actividades de bibliotecas e de arquivos. Este documento tamén destaca que Galicia está nos postos de cabeza do número de arquivos, dos que máis da metade son de titularidade relixiosa.

Ler máis

O vicepresidente do Consello da Cultura Galega participa no acto de homenaxe a Ramón Piñeiro

Ramón Piñeiro desenvolveu un papel básico na política e na cultura galega da segunda metade do século XX. Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, fundador da Editorial Galaxia, codirector de Grial, entre moitas outras iniciativas. Este domingo cúmprense cen anos do seu nacemento e está previsto que se celebre en Compostela un acto de homenaxe á súa figura no que o Consello da Cultura Galega participa a través do seu vicepresidente, Francisco Díaz- Fierros.

Ler máis

O ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego destaca a necesidade de xestionar a cultura como un dereito da cidadanía

O ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego destaca a necesidade de xestionar a cultura como un dereito da cidadanía

Como deseñar a programación dun teatro, que infraestruturas construír sobre un territorio ou que proxectos promover son exemplos de xestión cultural. Sobre este aspecto centrouse a segunda sesión do ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020 puxo sobre a mesa as necesidades e esixencias da xestión cultural. Alfons Martinell, director honorífico da Cátedra Unesco Políticas Culturais e Cooperación, enumerou algúns dos retos que ten ese traballo que, na súa opinión “ha de pensar máis no futuro e menos no pasado”. Canda el participaron João B. Serra, presidente da Fundação Cidade de Guimarães, Teresa Albuquerque, da Fundação Casa Mateus e o economista e consultor cultural Marcos Lorenzo que reforzaron a idea de que a cultura é un dereito do cidadán.

Ler máis

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2015

Ler máis

Alfons Martinell falará da xestión da cultura na segunda sesión do ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020

“A visión de que todo é cultura e que a cultura está en todo convértese nun conxunto ingobernable desde a teoría e no que hai que integrar numerosos factores” afirma Alfons Martinell, director honorífico da Cátedra Unesco Políticas Culturais e Cooperación e unha das voces destacadas da sesión que terá lugar o vindeiro martes 26 de maio no Consello da Cultura Galega. Insírese no ciclo Desafíos do ecosistema cultural galego ante a Axenda Europa 2020, coordinado por Xosé López, encamiñado a coñecer a relevancia e o papel que desenvolve a cultura perante a Axenda Europa 2020.

Ler máis

O Concerto das Letras Galegas abre as celebracións do 17 de maio con música

O Concerto das Letras Galegas abre as celebracións do 17 de maio con música

A cidade de Pontevedra volcouse para homenaxear a Xosé Filgueira Valverde na quinta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa promovida polo Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar de xeito festivo o 17 de maio. O auditorio sede de A Fundación completou o seu aforo nunha proposta na que destacou a estrea da obra de Xavier de Paz sobre dúas cantigas de Filgueira Valverde, así como a presenza da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. Entre os asistentes estaban Ramón Villares, presidente do CCG; Pilar Rojo, presidenta do Parlamento de Galicia; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Anxos Riveiro, concelleira de cultura de Pontevedra; Pedro Otero, director xerente de Afundación e unha nutrida representación da familia Filgueira, entre outras autoridades e personalidades do ámbito cultural e social.

Ler máis

O Consello da Cultura celebra o Día das Letras Galegas co seu tradicional concerto

No extenso e prolífico labor cultural de Filgueira Valverde, a música ten un protagonismo destacado. Foi un dos promotores da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e impulsor do Festival da Canción que se desenvolveu na cidade onde foi alcalde, entre moitos outros logros. Unha traxectoria que o Consello da Cultura Galega recupera no programa do seu tradicional Concerto das Letras Galegas, que terá lugar o vindeiro sábado 16 no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.

Ler máis

As xornadas sobre a dixitalización das institucións da memoria aluden á necesidade dun plan estratéxico da información

Acceder ao catastro, relacionar esa busca cos mapas históricos depositados nun arquivo ou cos recursos depositados nunha biblioteca e facelo sen saír da casa. Son algunhas das utilidades que ten a dixitalización da información que repousa en arquivos, bibliotecas, museos e na propia Administración. De todo isto falouse durante dous días nas xornadas “Converxencia dixital das institucións da memoria”, que se desenvolveron ata hoxe no Consello da Cultura Galega (CCG). Os responsables dos centros presentes na cita puxeron sobre a mesa a necesidade dun plan estratéxico da información que xunte os esforzos e iniciativas que “ata o de agora se fixeron de xeito illado e descoordinado”, segundo afirmou Gabriel Quiroga, membro do comité científico.

Ler máis

Unhas xornadas do Consello da Cultura analizan a dixitalización nas institucións da memoria

Arquivos, bibliotecas e museos son as “institucións da memoria” dun país. As súas diferenzas estiveron sempre claras ata a chegada do contexto dixital, que fixo que se esvaecesen os límites e se abrisen novos retos para os usuarios pero tamén para os profesionais. Sobre eles falarán especialistas e responsables da súa xestión nas xornadas “Converxencia dixital das institucións da memoria”, que comeza mañá no Consello da Cultura Galega (CCG). O vicepresidente do CCG, Francisco Díaz-Fierros, e Gabriel Quiroga, membro do comité científico inaugurarán ás 10:00 horas esta cita que ten o aforo cuberto.

Ler máis

Convocatoria pública de tres bolsas de colaboración en proxectos de
investigación do Consello da Cultura Galega

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2015

Ler máis

Suspendida a conferencia de Luis Moreno prevista para esta tarde

A conferencia prevista para esta tarde queda suspendida debido á cancelación do voo que debía traer ao relator a Santiago da Compostela. A súa participación no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) adíase a unha nova data, aínda por fixar.

Ler máis

O ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) aborda a crise do estado do benestar con Luis Moreno

Moitas das conquistas sociais que parecían irreversibles desapareceron nos últimos anos. O estado do benestar atravesa unha crise severa marcada por un individualismo posesivo e unha Europa asocial, tal e como explicará nunha conferencia o sociólogo e politólogo Luis Moreno. A cita terá lugar este mércores 29 (17:00 horas) e insírese no ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), seminario do Consello da Cultura Galega coordinado polo profesor Ramón Máiz.

Ler máis

Publicacións e cifras do Consello da Cultura Galega no Día Internacional do Libro

Hoxe é o Dia Internacional do Libro. Unha efeméride instituída pola UNESCO en 1996 nunha data na que coinciden o pasamento de escritores como Cervantes ou Shakespeare, entre outros. Aproveitamos esa festividade para ofrecer recursos relacionados co mundo editorial.

Ler máis

Descende a asistencia e a programación de música clásica en Galicia segundo o Observatorio da Cultura

En 2013 tiveron lugar 1172 concertos de música clásica, o que nos sitúa no sexto posto no conxunto de España. Pero se trasladamos este feito ao plano económico, temos un panorama ben diferente. A recadación en Galicia nese ano supuxo un 1,8% do conxunto total do Estado. Todo isto nun conxunto continuado de descenso que arrincou en 2007 ao coincidir coa crise. Son cifras do estudo “A música clásica e popular en Galicia”, o último documento de traballo do Observatorio da Cultura Galega (OCG-DT), que tamén analiza outros xéneros musicais.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura Galega recibe a proposta do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, recibiu esta mañá de mans do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o Documento estrutural básico do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020. O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Real Academia Galega (RAG) son as dúas primeiras entidades en recibir este documento que contén a proposta inicial de traballo. O encontro tivo lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura no que tamén participaron Xesús Alonso Montero e Henrique Monteagudo, presidente e secretario da RAG, respectivamente, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.

Ler máis

Unhas xornadas analizan a dixitalización nas institucións da memoria

Arquivos, bibliotecas e museos son as “institucións da memoria” dun país. As súas diferenzas estiveron sempre claras ata a chegada do contexto dixital, que fixo que se esvaecesen os límites e se abrisen novos retos para os usuarios pero tamén para os profesionais. Sobre eles falarán especialistas e responsables da súa xestión nas xornadas “Converxencia dixital das institucións da memoria”, que o Consello da Cultura Galega organiza os días 6 e 7 de maio. Está aberto o prazo de inscrición e hai cen prazas.

Ler máis

A vicepresidenta do Consello da Cultura Galega participa no I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos

Mañá comeza na Universidade Federal da Bahia (UFBA) o I Encontro Brasileiro de Estudos Galegos (I EBEG), unha cita que ten tres obxectivos: conmemorar o aniversario do Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA), homenaxear a fundadora do Centro de Estudos Galegos na Bahia, a profesora Rosario Suárez Albán, así como intensificar o diálogo intelectual entre investigadores brasileiros e estranxeiros que se dediquen aos estudos galegos. Nesta cita, que se estende ata o mércores 15, estará presente Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega reedita Os nenos, obra literaria de Filgueira Valverde que dá as claves do seu contexto

O Consello da Cultura Galega reedita Os nenos, obra literaria de Filgueira Valverde que dá as claves do seu contexto

“Aínda non cumprira os vinte anos cando Filgueira Valverde escribiu Os nenos, un libro de creación literaria que dá as claves do que pensaba a xeración do Seminario de Estudos Galegos”, explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), na presentación desenvolvida esta mañá. Canda el estaba Fernando Filgueira, presidente da fundación que leva o nome do polígrafo pontevedrés; Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura; Maximino Zumalave, vocal do CCG; Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e David Pintor, autor das ilustracións que acompañan a edición facsimilar deste texto, enriquecido con dous estudos críticos. A publicación insírese nas actividades previstas polo CCG para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas dedicado a “unha figura esencial na construción das institucións do século XX”, en palabras de Ramón Villares.

Ler máis

Aberto o prazo de recepcion de papers para o primeiro Mateus DOC- Galicia

O concepto Migración inaugura o primeiro Mateus DOC Galicia. Un encontro de reflexión e debate interdisciplinar entre doutorandos e postdocs que segue o espírito do programa Mateus DOC que se desenvolverá entre os días 18 e 20 de setembro de 20015. A cita está organizada polo Instituto Internacional Casa de Mateus e o Consello da Cultura Galega.

Ler máis