Esforzos tectónicos e introdución ás dobras

Incorporación a Proxector: 8/5/2019

Vídeo (7´ 27´´) que che axudará a entender como se forman as dobras que se orixinan cos esforzos tectónicos aos que está sometida a superficie terrestre. Explícanse as características dos tres tipos de esforzos tectónicos (comprensivos, distensivos e de cizalla), así como as diferentes tipoloxías de deformación que estes provocan na rocha (elástica, plástica e de rotura).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Adela Otero    Xacobo de Toro    AUTORÍA
8/5/2019
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO

Fonte: Youtube