Verbas. Aula de lingua e cultura galegas. Sesión 2

Incorporación a Proxector: 24/2/2023

Segunda sesión do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta segunda lección (42´ 11´´) trátanse os seguintes temas: as diferentes acepcións que aparecen no dicionario para o termo "ola" (explicadas desde o punto de vista semántico, ortográfico e fonético); as diferenzas entre as vocais abertas e pechadas no sistema vocálico galego; o alfabeto galego e o nome das súas letras e dígrafos; algúns aspectos culturais relacionados coa onomástica galega; os termos empregados para denominar os diferentes parentescos dentro da familia e as formas do posesivo e mais do artigo en galego.

A sesión foi emitida o día 22 de febreiro de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.

Material didáctico complementario.

Concha Diéguez    AUTORÍA
Xunta de Galicia CREACIóN Reverso Comunicación CREACIóN
24/2/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    NIVEL DE ENSINO