Os libros tombos dos Boán: realidade e ficción

Incorporación a Proxector: 14/7/2023

Vídeo divulgativo (3´ 06´´), elaborado polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que trata sobre unha tipoloxía documental habitual nos arquivos das institucións relixiosas dende a Idade Media, que se fixo común nos arquivos das familias nobres durante a Idade Moderna. Estamos a falar do “libro tombo”, tamén coñecido como “cartulario” ou “libro becerro”. A súa finalidade era sistematizar a información relativa ao patrimonio da familia para facilitar a súa administración e defensa.

Arquivo Histórico Provincial de Ourense CREACIóN
14/7/2023
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Secundario    Universitario    NIVEL DE ENSINO