Vídeo didáctico (5´ 23´´) no que se ofrecen os principais datos biográficos da mestra e escritora María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2018.
A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.

