A estimulación cerebral profunda permítelles aos cirurxiáns colocar electrodos en case calquera zona do cerebro e acendela ou apagala, para corrixir disfuncións. Nesta charla de TED (15´ 34´´) o neurocirurxián Andrés Lozano fálanos desta técnica e da súa aplicación en pacientes con párkinson ou depresión.
A tradución ao galego é de Neila Cosme e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

