Reescrituras literarias

Incorporación a Proxector: 20/9/2022

Moitos dos filmes que chegan ás nosas pantallas son adaptacións cinematográficas de obras literarias creadas previamente, pero sabías que o proceso tamén pode darse á inversa?
Neste vídeo divulgativo (5´) Rocío G. Pedreira, profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na USC, explícanos en que consisten as reescrituras literarias de películas, un fenómeno que ten especial relevancia no ámbito da literatura infantil.

Rocío García Pedreira    AUTORÍA
20/9/2022
TEMÁTICAS
Galego    LINGUA
Universitario    NIVEL DE ENSINO