A dorna é unha embarcación tradicional das Rías Baixas. O alumnado do IES da Illa da Arousa explícalle a Esther Estévez neste vídeo didáctico (1´ 47´´) como se denominan en galego as diferentes partes desta embarcación.
A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.

