Javier Vázquez Iglesias (1899-1969)
Fondo: Lois Tobío no seu arquivo persoal
Chegou a Arxentina coa súa familia en 1912, onde foi un dos empresarios máis importantes. Tivo empresas metalúrxicas e de rodas e neumáticos. Tamén se dedicou á importación de vehículos. Foi designado, ademais, presidente do "Banco Español del Río de la Plata y del Crédito Español". Ocupou os cargos de presidente do Centro Lucense e do Centro Galego. Apoiou economicamente á revista e ao programa de radio que dirixiu Luís Seoane, "Galicia Emigrante". En 1963 o Centro Galego e os catro centros rexionais organizaron unha homenaxe na súa honra.
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
|---|---|---|---|---|
| Data | Título | Orixe-Destino | Relación | [ O. ] |
| 1952-05-07 | Carta do Centro Gallego de Bos Aires asinada por Javier Vázquez Iglesias, presidente e Manuel Alén, como secretario, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1952. |
Bos Aires - Montevideo | Remitente |
Orixinal -
Transcrición
Transcripción da Carta do Centro Gallego de Bos Aires asinada por Javier Vázquez Iglesias, presidente e Manuel Alén, como secretario, dirixida a Lois Tobío Fernández, 1952. en 07/05/1952CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES |


