Entidade: Centro Noia-Rianxo. Bos Aires

Entidade: Centro Noia-Rianxo. Bos Aires [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913
Ver

Transcripción da Homenaxe a un dos seus veciños máis ilustres: os socios e socias de Hijos de Rianjo posan diante dun cadro de Castelao, ca. 1913

Esta sociedade foi creada como unha asociación instrutiva o 26 de abril de 1911 coa intención prioritaria de construír unha escola no seu concello natal. En Rianxo nacera o 29 de xaneiro de 1886 Daniel A. Castelao, referente da cultura e identidade de Galicia.
Na imaxe vemos os socios e socias de Hijos de Rianjo admirando un dos seus cadros, que ten como nome Camiño da festa de Guadalupe, a festa da súa patroa. A obra estivo durante uns anos na sede da entidade rianxeira en Bos Aires como unha das súas propiedades máis queridas, aínda que despois pasou a formar parte dos fondos do Centro Galego de Bos Aires.
Os emigrantes do concello de Rianxo crearon varias asociacións na capital bonaerense, como a Sociedad Protectora Agrícola y Cultural del Ayuntamiento de Rianjo (1923) ou o Centro Cultural de Rianjo (1929). Fusionáronse todas en 1930 baixo a denominación de Sociedad Cultural y Protectora de Rianjo. Castelao, durante o seu exilio, estivo moi vinculado a esta asociación, que lle tributou numerosas homenaxes.


1948-09-09
A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948
Ver

Transcripción da A música galega como sinal de identidade cultural alén mar, 9 de setembro de 1948 en 09/09/1948

Na fotografía vemos o Coro Castelao, integrado polos socios e socias de Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo, durante a gravación do Himno a Rianjo, escrito polo xornalista e músico José Arcos Moldes. Este himno era música obrigada nas festas organizadas por esta asociación de rianxeiros e rianxeiras en Arxentina.
A sociedade fundouse en 1934 con finalidades culturais e recreativas. O seu obxectivo principal foi «fomentar entre los asociados el arte musical y escénico y todo lo que se considere útil para la elevación del nivel moral, social, cultural y económico de los socios y sus familiares en particular, y en general, ocuparse del mejoramiento de la clase trabajadora», e para iso creou este coro, de gran sona nas celebracións da colectividade.
En 1963 participou na fusión de todas as entidades microterritoriais do concello de Rianxo, para constituír o Centro Ayuntamiento de Rianjo. A fusión foi o instrumento de supervivencia de moitas destas pequenas asociacións en número de socios, que, co paso do tempo e o descenso da corrente migratoria nos anos sesenta, contaban cunha masa societaria moi envellecida e diminuída. En 1986 as e os rianxeiros e noieses, paisanos de concellos veciños, únense e crean o Centro Noia-Rianxo, que hoxe en día continúa co seu labor de defensa da cultura galega e a fraternidade dos seus integrantes.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Valcárcel, Marcos;  Cela, Camilo José;  Sixto Seco, Agustín;  Díaz, Avelino;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Vidal Carrera, Ramiro;  Cordo Boullosa, Manuel;  Castro, Rosalía de;  Castelao, ;  Casares, Carlos;  Conde Picavea, María del Rosario;  López Romero, Perfecto;  Dios, Xosé Luís de;  Castaño, Marina;  Lugrís González, Urbano;  Álvarez, Bautista;  Caballero Bonald, Jose Manuel;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Guede, Manuel;  Losada, Benito;  Acuña, José María;  Gamallo Fierros, Dionisio;  Tudela, Mariano;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Cruces, Fortunato;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Historias de ida e volta;  emigración;  sociedade;  acción sociocultural;  ensino;  prensa escrita;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  remesas;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  emigrantes;  identidade cultural;  educación;  acción política;  A pegada educativa da emigración galega en América;  Álbum de Galicia;  movemento obreiro;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  literatura;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  historia;  A pegada indiana na Mariña lucense;  movementos sociais;  Mulleres;  nacionalismo;  Defensa da lingua;  Asociacións culturais;  A emigración galega nos Estados Unidos;  coros;  artes plásticas;  lingua;  Acción sindical;  ocio;  O galeguismo en América;  Álbum da Emigración;  xornalismo;  autores/as;  poesía;  arquitectura;  música;  música tradicional;  deportes;  Procesos electorais;  OTAN;  política;  revolución;  axentes culturais; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0