Entidade: Casa de Santa Marta de Ortigueira. Miami

Entidade: Casa de Santa Marta de Ortigueira. Miami [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, ca. 2000
Ver

Transcripción da Sede social da Casa de Santa Marta de Ortigueira en Miami, ca. 2000

A maioría dos e das emigrantes galegas residentes no estado de Florida iniciaron o seu proceso migratorio na illa de Cuba. Tras o triunfo da revolución castrista, moitos cubanos e cubanas fuxiron de Cuba e asentáronse neste estado, nomeadamente en Miami. Entre esta numerosa colonia de exiliados había moitos galegos ou de orixe galega.
A Casa de Santa Marta de Ortigueira de Miami foi fundada o 30 de xaneiro de 1972 por un grupo de galegos ou descendentes deste concello coruñés liderados por Antonio Couzo García. Este emigrante fora un dos fundadores da sociedade habaneira Naturales de Ortigueira, creada en 1928 e que aínda hoxe continúa existindo. No seu exilio en Miami decide reproducir esta asociación e os seus valores no seu novo país de acollida. Este centro recreativo, cultural e de beneficencia para os e as asociados foi progresando cos anos e hoxe en día está considerado como a asociación étnica máis importante do sur do estado de Florida. Un dos seus logros máis salientables é a propiedade dunha sede social. Os asociados e as súas familias reúnense habitualmente neste edificio, situado no barrio de North River Drive. Dispón de amplas e modernas instalacións para a organización de eventos festivos, como banquetes e bailes sociais, romarías campestres..., onde se recrean as festas e comidas típicas galegas amenizadas polo seu grupo coral, Aires da Terra. É moi recoñecido o seu restaurante, no que se pode degustar cociña galega e cubana.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Maiztegui, Isidro B.;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Canabal, Xesús;  Cabanillas, Ramón;  Díaz, Avelino;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Pita, Emilio;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Baltar Domínguez, Antonio;  Eiroa, José Gabriel;  Cao Luaces, José María;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Fernández, Valentín;  Gómez Cobas, Casimiro;  Cruces, Fortunato;  Blanco Amor, José;  Villamarín Prieto, José;  Palmás Casal, Ricardo;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0