Persoa: Isabel Martínez-Barbeito

Persoa: Isabel Martínez-Barbeito [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-11-08
Carta de Seoane a García Sabell. 1957
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1957 en 08/11/1957

Buenos Aires, 8 de novembro de 1957

Sr. D.
Domingo García Sabell
Santiago de Compostela.

Querido Domingo:

Por correio aparte mándoche o novo libro Segundo libro de tapas, que acaba de sair; é, de certo xeito, continuación de outro editado fai tres anos ou algo mais. Despóis diste, sal tamén istes días, penso, unha obra de teatro escrita en galego, A Soldadeira, traducida ao castelán, pubricada por unha editorial de teatro. Teño outra en iguales condiciós que sairá o próisimo ano tamén en castelán. Pinto moito, acabo de facer unha eisposición con moito éisito, e fun invitado por unha de New York, con outros quince pintores do resto do mundo, pra facer un gran cartel pra a Eisposición Internacional de Bruselas, i, en esa mesma cidade ganei estes días un concurso de acuarelas pra ser reproducidas. O númaro 10 de Gebrauchsgraphik diste ano, de Munich, adícame unhas páxinas con reproduciós en coor, é a segunda vez que o fai. Fálote de min. Escríbeme falándome de ti e do que fas.
Recibín a carta da irmán de Carlos Martínez Barbeito, Isabel, con unha nota túa, que teño de contestar. Dende logo enviareille cando poda, porque iso é dificil pol-as aduanas, unha obra miña pro museo. Tamén recibín, e agradézocho fondamente, o mañífico libro Opúsculos gallegos sobre bellas artes que intrésame moito. Eiquí traballamos moito, o que podemos. Pídoche que me enviedes artigos pra Galicia Emigrante coa documentación gráfica que poidades. Gustaríame algo sobor da meiciña aitual en Galicia, sobor dos traballos que se fan nesta cencia feito por tí o (sic) por algunha persona que tí conozas. Quixera tamén algo sobor das gárgolas do hospital, con fotografías. Gostaríame que vises quen pode facer isto.
Escríbeme longo. Recibide Elena e tí unha aperta de Maruxa e miña e tí unha grande do teu amigo:

Seoane


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Maiztegui, Isidro B.;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Ledo, Xohán;  Canabal, Xesús;  Díaz, Avelino;  Cabanillas, Ramón;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Pita, Emilio;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Eiroa, José Gabriel;  Baltar Domínguez, Antonio;  Cao Luaces, José María;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Fernández, Valentín;  Gómez Cobas, Casimiro;  Cruces, Fortunato;  Blanco Amor, José;  Villamarín Prieto, José;  Palmás Casal, Ricardo;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0