Persoa: Aníbal Ponce

Persoa: Aníbal Ponce [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1973-11-11
Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Neira Vilas a Luís e Maruxa Seoane. 1973 en 11/11/1973


Habana, 11-11-73

A Maruxa e Luis Seoane
Coruña

Queridos amigos:

Onte recibimos carta de Isaac, e por ela soupemos do malfadado acidente. Non poden maxinar canto o lamentamos. Anisia e mais eu estivemos a cavilar arreo en vostedes, a falar de vostedes. Dinos Isaac que Maruxa vai ben, pero que Luis crebou unha perna e unha man –as dereitas– amais doutras lesiós. Esto ten que ser pra vostede, Luis, algo tremendo, non somente polo que representa en molestias unha recuperación desta índole, senón tamén por a súa dinámica, polo seu quefacer constante, por ese traballar sin descanso tendo que agora aturar unha inmovilidade seguramente prolongada. Esto debe ser torturante. En fin, busquemos a parte boa do lerio: un aicidente desta magnitude poidera ter sido fatal (penso en Aníbal Ponce, en Camus, en Martín Santos...) e por fortuna non o foi. Viven! Témolos! Uns trastazos, duros de curar, pero que sabemos que curan, que é cuestión de unhas semáns de paciencia. A vida soe gardarnos esas solpresas, eses contratempos, pero o caso é que siga sendo vida. Ánimo, amigos.
Fai uns quince días chegoume de Galaxia Comunicaciós mesturadas. Estupenda coleición. Eu lémbrome de cando vin na casa de vostedes unha carpeta de anillas, de cuberta negra onde tiñan estes editoriales (ou como se chame) da audición Galicia emigrante (craro que esto foi alá polo 60 e dende entón escribeu moitos máis) e falamos da posible edición, pois eu que os escoitaba domingo tras domingo estaba entusiasmado co seu valor documental. Ratifico o mesmo entusiasmo agora que os vexo (a seleición que escolleu) en libro. Felicítoo por esa decisión. De seguro que o libro sobre Montenegro, o aventureiro aquel de fins do século XIX. Eu tiña lido o artigo de Vilanova e tiña engadido algús datos que se non consignan como é o de que en 1892 dirixeu na Habana un semanario tiduado La Voz de Galicia e que El brujo estaba dibuxado enteiramente por el (tiven fai poucos días exemplares de ambos nas miñas mans). Estes son detalles para engadir, pois o que di vostede e o que di Vilanova é amplísimo. Outro detalle: o cadro de Brocos La defensa de Lugo, coido que si, que houbo unha iniciativa de donación por parte do Centro Galego, pero non chegou a donarse, e inda fica no palacio do dito Centro, hoxe estinguido, sede da Sociedad de Amistad Cubano Española, onde hai outras obras. Algún día ampliarei un chisco este formidable traballo seu (eu case non sabía quen era Brocos) engadindo, por exemplo, canto pagou polo cadro o Centro Galego cando o mercou, etc. O cadro ocupa un lugar de preferencia no vestíbulo central, baixo o escudo de Galicia. Consérvase ben anque un destes días vou ir por alí con un profesor de artes plásticas e escultor amigo pra ver de analizar o seu estado detidamente, e tamén de outras obras (un retrato de Rosalía, outro de Concepción Arenal, Pastor Díaz, W. A. Insua).
De Galicia, mandáronme (Alonso Montero) a Figuración feita por vostede da miña persoa, pubricada en La Voz de Galicia. Gárdoa con agarimo, por ser de vostede a quen –fai falla repetilo?– aprecio e respeto fondamente. Hónrame moito as súas palabras alí verquidas. Palabras que sei son sinceiras; palabras de amigo.
Lémbrase da esposición de 1960 sobre o periodismo galego na Arxentina? Pois acabo de montar (agosto pasado) unha sobor do de Cuba, moito máis ampla aínda (mentras en Bos Aires abundan as revistas de sociedades, aquí destacan as revistas e semanarios independentes). Tomei, pra a crónica que escribín, unhas palabras súas porque resultan moi axeitadas. Vai recorte coa presente.

Namais. Que se poña ben axiña. Apertas fraternas ós dous, de Anisia e

Xosé Neira


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Paz-Andrade, Valentín;  García-Sabell, Domingo;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Maiztegui, Isidro B.;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Díaz, Xosé;  Canabal, Xesús;  Ledo, Xohán;  Cabanillas, Ramón;  Díaz, Avelino;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Otero Espasandín, Xosé;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Neira Vilas, Xosé;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Pita, Emilio;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Baltar Domínguez, Antonio;  Eiroa, José Gabriel;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Cao Luaces, José María;  Fernández, Valentín;  Gómez Cobas, Casimiro;  Cruces, Fortunato;  Pereira Caamaño, Fernando;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Blanco Amor, José;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0