Persoa: María Ignacia Ramos

Persoa: María Ignacia Ramos [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1960-09-30
Carta de Carballo Calero a Seoane (1960)
Ver [Carta mecanografada, con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Carballo Calero a Seoane (1960) en 30/09/1960

Lugo, 31 [sic] de setembro de 1960

Sr. D. Lois Seoane
Buenos Aires

Meu querido amigo:

Foi pra min unha ledicia recibir a túa carta. As túas verbas cariñosas –sentimental como eu son segredamente– énchenme de emoción. Es demasiado xeneroso ao lembrar con agrado unhas horas pasadas con un home envellecido e malencólico, pantasma de sí mesmo, supervivinte doutros tempos i estrano nístes. Só a resurreición do pasado, na persoa dos vellos amigos apertados dempóis de longa ausencia, torna a infundir algún quentor na miña friaxe. Se non me atopaches enteiramente cadavérico, como xustificadamente podía temer, a iso se debería. Houbera querido ter pra vós o agasallo dun pulso máis rexo, dun trato máis tónico. A miña soedade interior non é pra cultivar en mín unha sociabilidade que nunca poseín en grao sobresaliente. O certo é que a túa muller e ti deixáchedes na miña lembranza o mellor dos recordos; e María comparte enteiramente istes sentimentos. Sempre vos consideraremos dous irmáns, e onde queira que voltemos a nos ver, será pra nós un grande contento vervos.
Tardéi en che contestar mergullado na posta en marcha do Colexio no novo curso, o que sempre crea problemas máis dificis e pertubadores do que pode sospeitar quen non conoza as peculiaridades do caso. O meu traballo é dabondo esmagador, si se ten en conta que non podo escusarme de complicalo coas tarefas literarias que se me encomendan e que é o único que dá unha sombra de xustificación á miña vida. Mentras a Historia da Literatura que ando a facer non esteña rematada, teño hipotecada a miña esistencia. I eso vai pra longo.
Supoño que terás recibido o meu discurso de ingreso na Academia Galega, que trata sobre as fontes de Rosalía. Debíncho mandar, se non lembro mal, estando ti en Europa. Non sei se cho mandei ao Centro Galego. Coido que sí, o mesmo que outro exemprar que adiquéi a Blanco Amor.
Aínda non recibín a Obra Completa de Cabanillas, que ten xa moita xente por eiquí. En vista de elo, escribín ao Presidente do Centro, rogándolle que intervira persoalmente pra que cesara ista anomalía. Ao día seguinte, recibín carta de Emilio Pita, na que iste bo amigo me asegura que non tardaréi en recibir o volume. Polo de agora, non o teño. Logréi ver dous exemplares: o que se lle mandóu a Del Riego e o que se lle mandóu ao Director da revista Vida Gallega. Agardo que de calquer xeito non se demorará moito a chegada do meu exemprar.
Na túa carta, me falas de que por correo aparte me envías as túas obras de teatro. Non me chegóu nada diso; pero dende logo, La Soldadera i El irlandés astrólogo ma adicaches e regalaches en Lugo, xuntamente con As cicatrices. Como teño tamén Na brétema, Santiago e Fardel de emigrante, [sic] a túa bibliografía está bastante completa na miña libraría. Sempre leeréi con pracer o que queras me mandar.
María i eu vos enviamos apertas de todo corazón.

R. Carballo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Hervella Nieto, Evelina;  Maside, Carlos;  Dieste, Rafael;  Varela Vázquez, Lorenzo;  García-Sabell, Domingo;  Paz-Andrade, Valentín;  Laxeiro, ;  Castelao, ;  Maiztegui, Isidro B.;  Otero Pedrayo, Ramón;  Blanco Amor, Eduardo;  Cañas, Pilar;  Arias “Mimina”, Carmen;  Prada, Rodolfo;  Piñeiro López, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Colmeiro, Manuel;  Fole, Ánxel;  Núñez Búa, Xosé;  Díaz, Xosé;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Ledo, Xohán;  Canabal, Xesús;  Díaz, Avelino;  Cabanillas, Ramón;  Otero Espasandín, Xosé;  Díaz Dorado, Diego;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  López García-Picos, Carlos;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Neira Vilas, Xosé;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  Curros Enríquez, Manuel;  Pita, Emilio;  Baltar Domínguez, Antonio;  Eiroa, José Gabriel;  Cao Luaces, José María;  Cunqueiro, Álvaro;  Carballo Calero, Ricardo;  Gómez Cobas, Casimiro;  Fernández, Valentín;  Cruces, Fortunato;  Palmás Casal, Ricardo;  Pereira Caamaño, Fernando;  Álvarez Blázquez, Emilio;  Temáticas: migracións;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  Historias de ida e volta;  Álbum da Emigración;  Álbum de Galicia;  literatura;  artes visuais;  Álbum de Galicia;  autores/as;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  música;  asociacións;  prensa escrita;  medios de comunicación;  asuntos particulares;  entrevista;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Mulleres;  política;  socioloxía;  espazos artísticos;  acción sociocultural;  A nova Sargadelos;  historia;  Mulleres no Álbum de Galicia;  radio;  remesas;  educación;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  exilio;  ensino;  poesía;  Mulleres galegas na emigración;  As iniciativas educativas da emigración galega;  A cultura galega alén mar;  Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX;  O exilio galego;  No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  Outros destinos da emigración galega;  150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  A pegada educativa da emigración galega en América;  premios;  Fardel d’eisilado;  novela; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0