Persoa: Evaristo Vázquez Juncal

Persoa: Evaristo Vázquez Juncal [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1957-10-05
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 1562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1957 en 05/10/1957


5 oct. 1957

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Pintor
Bartolomé Mitre 3793, 2º, F
Buenos Aires

Querido Luis:

Somentes agora escomenzo a ter un pouco de marxe nas miñas angueiras pra me comunicar con vos. Un chega co-a y-alma poboada de imaxes quentes, que siguen vivindo nun, e que cecais fan menos doada a readaptación ao crima tradicional. Os sentimentos latentes reacendense e un volta co curazón cheo de dividas, que ben quixera pagar e cecais non poida.
Maside foi operado en Santiago. Tiña un bullote calcareo na vexiga, que debia agravar o seu proceso diabético. A intervención foi rápida –4 ou 5 minutos–, e ao seguinte dia, cheo de ledicia, escoitéi a sua voz pol-o telefono. Liberamon-os todos d-unha grave inquedanza. Isaac leva unhos gravados en madeira que Carlos envia pra tí. Isaac sahiu no Alberto Dodero e coido que chegará o 17 ou 18. Estuvemos a bordo pra despedil-o.
Escribín a Barcelona pol-o anuncio de qué falamos. A xestión foi encomendada a Luis Suarez Delgado, Av. Mistral, 22. E dime en carta do 27:

“a pubricidade de Empresa fáise nas representacións, por conta das mesmas, cada localidade, con absoluta autonomia. Eiquí supervisan a propaganda e, en alguns artigos, recomendana, pero non a dirixen nin a pagan, por estar comprendida nas concesións”.

Suarez dime que con moito gusto serviría a Galicia Emigrante, da que xa ten conocimento. En Sao Paulo faléi do asunto con Luis Vidal Reis, Medico, Barao de Itapetininga, 120. É unha gran persoa, con sentimento galego, mais preside a “Casa de Cervantes”, filial do Instituto de C[ultura] H[ispánica]. Alí hai mais xente galega, e unha nacente “Casa de Galicia”, presidida por un elemento estimable, Evaristo Vazquez Juncal, Rua Sao Joaquim, 567. Cecais a persoa mais axeitada para representar a Galicia Emigrante pudera ser Jacobo Caldelas Nuñes, rapaz novo, galego, Direitor de Pubricidade do Programa 7 Días na TV, semanario. Ten un estudo-apartamento en Rua Frederico Steidel, 137, 2º andar.
En Rio estuven con algunha xente intresante tamen, mais coido que a relación debe ser estabelecida con José Landeira Irago. Foi redactor-xefe de La Noche en Santiago. Vive en Miguel Lemos 124, apto. 803, Copacabana, Rio de Janeiro. É un rapaz moi ao dia, de boa pruma e crara mentalidade.
Non esquecin canto falamos de compoñer un comentario pra cada numaro sobre un tema economico galego. Cecais logo poida enviarche o primeiro. Estóu por agora poñendo en punto moitas cousas, pra recomenzar a traballar arréu e a fundo, se podo. Quero despachar o libro das conferenzas, ainda que unha cousa non impedirá outra.
Os libros que me entregache ao sahir –un sobre Braque e outro de reproduccións clásicas–, non viñan adicados nin con destiñatario expreso. Si de palabra me foi dito, esquecín a indicación.
Por Isaac terás información de que os choidos en si mesmos siguen na sua. E até chegando a unha frialdade persoal molesta, como se un tuvera que eisaminar a conciencia. Agora preparan unha edición moi costosa d-un diccionario semi-enciclopedico, con leixico galego e narración castelán, escomenzado hai 50 anos por don Eladio Rodriguez Gonzalez. A obra cecais teña moito de aproveitable, no tocante a aportación directa do autor, mais sospeito que hoxe resultará anacrónica en canto a tecnica e a outros aspectos. Teremos de seguir moito tempo ainda sen dispor d-un verdadeiro instrumento de traballo, moderno, practico e compreto.
Chegóu Vazquez Iglesias, pra reembarcar. Onte a noite foille oferecida unha comida pol-o pequeno clan, gardandose moito de enteirar os demais. Se non fora que Otero canta todo non nos enteirariamos siquera, é o festexado tampouco da motivazon das ausenzas.
Teño a miña xente en Valdeorras. Non voltará até o 13 ou 14, mais tanto Alfonsiño como Pilar, pra Maruxa e prá ti, envian a lembranza mais viva.

Recibidea coa mellor e mais fonda aperta de

Valentín

P.D. Pra facer o reportaxe en Vida Gallega, ademais das fotos que truxen, precisaria un retrato teu, e si pudera ser, unha boa do mural de Centro Lucense.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaFernández del Riego, FranciscoDíaz Pardo, IsaacHervella, EvelinaMaside, CarlosDieste, RafaelVarela, LorenzoGarcía-Sabell, DomingoPaz-Andrade, ValentínLaxeiro, Castelao, Maiztegui, Isidro B.Otero Pedrayo, RamónBlanco Amor, EduardoCañas, PilarArias “Mimina”, CarmenPrada, RodolfoPiñeiro, RamónCuadrado, ArturoColmeiro, ManuelFole, ÁnxelNúñez Búa, XoséIglesia Alvariño, AquilinoDíaz, XoséLedo, XohánCanabal, XesúsDíaz, AvelinoCabanillas, RamónOtero Espasandín, XoséLópez García-Picos, CarlosDíaz Dorado, DiegoDíaz Arias de Castro, CamiloFerreiro, Celso EmilioNeira Vilas, XoséVilanova Rodríguez, AlbertoCurros Enríquez, ManuelPita, EmilioÁlvarez Blázquez, Xosé MaríaEiroa, José GabrielBaltar Domínguez, AntonioCao, José MaríaCunqueiro, ÁlvaroCarballo Calero, RicardoGómez Cobas, CasimiroFernández, ValentínCruces, FortunatoPereira Caamaño, FernandoÁlvarez Blázquez, EmilioVillamarín Prieto, José Temáticas: migracións Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. artesHistorias de ida e voltaÁlbum da EmigraciónÁlbum de Galicialiteraturaartes visuaisÁlbum de Galiciaautores/asFondos de Radio Nacional de España en Galiciamúsicaasociaciónsprensa escritamedios de comunicaciónasuntos particularesentrevistaColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoaneMullerespolíticasocioloxíaespazos artísticosacción socioculturalA nova SargadeloshistoriaMulleres no Álbum de GaliciaradioremesaseducaciónFábrica de Porcelanas La MagdalenaexilioensinopoesíaMulleres galegas na emigraciónAs iniciativas educativas da emigración galegaA cultura galega alén marNovas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XXO exilio galegoNo centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en ArxentinaVoceiros da colectividade galega na emigracionOutros destinos da emigración galega150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de GaliciaO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos A pegada educativa da emigración galega en AméricapremiosFardel d’eisiladonovela

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0